P1121209 - Funcionamento dos sistemas acuáticos epicontinentais (Sistemas Acuaticos) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Zooloxía e Antropoloxía Física
- Áreas: Zooloxía
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaAnalízanse os elementos básicos que describen a estrutura dos trazos físico- químicos, geomorfolóxicos e biolóxicos dos ecosistemas acuáticos epicontinentais, así como a forma dinámica en que se achan entrelazados, o cal permite obter unha visión integral do seu funcionamento ecolóxico.
Preténdese ademais familiarizar ao alumno coas técnicas básicas de instigación en Hidrobioloxía.
Esta visión holística interdisciplinaria ten como finalidade práctica a resolución de problemas relacionados co uso sostible dos recursos acuáticos.
ContidosPROGRAMA DE TEORÍA
TEMA 1. Introdución histórica. Conceptos e anotación de termos. A auga desde o punto de vista físico-químico. O ciclo da auga. Nocións de Hidroloxía.
TEMA 2. Tipoloxía das augas epicontinentais. Lagos e ríos. Hábitats especiais.
TEMA 3. Plancto e Neusto. Ecoloxía do fitoplancto. Microconsumidores do Fitoplancto. O Zooplancto: Composición, diversidade e distribución das comunidades.
TEMA 4. O Neusto: A vida na superficie da auga.
TEMA 5. O Bentos. Algas e macrofitas. Tipos biolóxicos e morfoloxía funcional. Composición, estrutura e distribución das comunidades.
TEMA 6. Invertebrados bentónicos. Composición e diversidade das comunidades. Grupos tróficos. Principais factores de distribución.
TEMA 7. Zonación. Deriva e recolonización.
TEMA 5. Peixes: Alimentación: réximes, mecanismos e comportamento alimentario. Principais factores de distribución e zonas ictiolóxicas..
TEMA 6. Interaccións no seo das comunidades. Competencia e segregación de nichos. Relacións tróficas nas comunidades fluviais e lacustres. Parasitismo.
TEMA 7. Bioxeografia das augas doces. A orixe dos organismos doceacuícolas. Dispersión, illamento e especiación. Pautas xerais de distribución dos grupos máis representativos: As rexións bioxeográficas. Paleolimnoloxía.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS
2.- Prácticas de campo
Obxectivos:
Deseño de estratexias de mostraxe
Rexistro dos parámetros fisico-químicos máis representativos (Temperatura, pH, Conductividade e Osíxeno disolvido).
Toma de datos para a determinación de caudais mediante transectos.
Valoración do hábitat: Substrato, cobertura vexetal, etc.
Toma de mostras de fauna bentónica segundo o substrato (macrófitas, depósitos vexetais e substrato mineral)
2.- Prácticas de laboratorio
Obxectivos:
Separación e identificación de material.
Elaboración da táboa de resultados
3.-Prácticas de encerado: Análise de datos
Obxectivos:
Variables hidrolóxicas.- Cálculo de caudais, perfís, índices de compacidade, sinusoidade, etc.
Descrición do hábitat.- Fisico-química da auga. Composición do substrato. Determinación da enerxía específica e número de Froude. Vexetación de ribeira
Parámetros poboacionais.- Densidade, Diversidade, Equidade, etc.
Análise cenóticos.- Índices de Similitude. Agrupacións.
Estrutura trófica.
CompetenciasCoñecemento da interrelación dos factores abióticos e bióticos dos medios acuáticos continentais, desde o punto de vista descritivo e funcional, que permita comprender a base fisico-química e xeomorfológica dos procesos ecolóxicos que se desenvolven nestes ecosistemas.
Comprender os mecanismos que explican as pautas xerais de distribución dos grupos máis representativos. Alimentación: réximes, mecanismos e comportamento alimentario. Principais factores de distribución. Zonación. Deriva e recolonización. Interaccións no seo das comunidades. Competencia e segregación de nichos. Relacións tróficas nas comunidades fluviais e lacustres.
Coñecer as bases dos métodos de investigación en Hidrobioloxía.
Metodoloxía da ensinanza Clases teóricas, prácticas e tutorías ata completar os tres créditos. As prácticas (laboratorio, seminarios e prácticas de campo) serán impartidas utilizando para iso as instalacións e equipamento da Estación de Hidrobioloxía "Encoro do Con" da USC (Vilagarcía).
Sistema de evaluaciónAsistencia e participación nas actividades programadas (10%).
Elaboración dunha memoria de prácticas e a súa presentación (30%).
Exame test (60%).
Tempo de estudo e traballo persoalA materia consta de 3 créditos, calculando unha carga total de traballo para o alumno de 45 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia ás clases teóricas e prácticas impartidas e manexo da bibliografía recomendada.
Facer uso das horas de tutoría para aclarar e discutir as posibles dúbidas que se susciten sobre os contidos impartidos.
ObservaciónsAs prácticas impartiranse na Estación de Hidrobioloxía da USC "Encoro do Con" en Vilagarcía de Arousa.