P1121210 - Conservación e ordenación das poboacións piscícolas epicontinentais ibéricas (Sistemas Acuaticos) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Zooloxía e Antropoloxía Física
- Áreas: Zooloxía
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Conquerir que o alumno adquira un bon coñecemento das especies ícticas das aguas doces ibéricas, das suas características morfolóxicas, da sua distribución e dos seus hábitos ecolóxicos e reproductores.
- Conquerir que coñeza as bases metodolóxicas para a ordenación das poboacións ícticas.
- Adquisición por parte do alumno de criterios correctos de avaliación e decisión relativos ás medidas para a conservación e mellora das poboacións de peixes de auga doce e do seu hábitat.
ContidosPrograma teórico
Tema 1 (2 horas).- Introducción ó estudo dos peixes. Morfoloxía xeral. Principais características anatómicas e fisiolóxicas. Reproducción e reclutamento nas especies doceacuícolas. Crecemento e alimentación no medio natural. Rusticidade. Migracións. Sistemática.
Tema 2 (2 horas).- Peixes ibéricos de auga doce. I. Morfoloxía, características biolóxicas e distribución. Lamprea marina. Lamprea de río. Lampreíña. Sollo rei. Sábalo. Savela. Anguila.
Tema 3 (2 horas).- Peixes ibéricos de auga doce. II. Morfoloxía, características biolóxicas e distribución de salmoniformes. Troita de río. Reo. Salmón atlántico. Troita arco da vella. Troita de fontana. Salmón do Pacífico. Salmón do Danubio. Lucio.
Tema 4 (2 horas).- Peixes ibéricos de auga doce. III. Morfoloxía, características biolóxicas e distribución de ciprínidos. Carpa. Carpín. Brema blanca. Alburno. Xarabugo. Barbos. Loina. Boga do Douro. Boga de río. Boga do Guadiana. Pardilla. Madrilla. Madrijxa. Gobio. Piscardo. Rutilo. Gardí. Calandino. Escalo. Bagre. Bogardilla. Cacho. Tenca.
Tema 5 (2 horas).- Peixes ibéricos de auga doce. IV. Morfoloxía, características biolóxicas e distribución. Cobítidos. Balitóridos. Silúridos. Ictalúridos. Ciprinodóntidos. Poecílidos. Aterínidos. Mugílidos. Gasterosteidos. Cótidos. Blénidos. Cíclidos. Centrárquidos. Pércidos. Singnátidos.
Tema 6 (2 horas).- Avaliación e seguimento das poboacións ícticas.- Métodos de captura e censo. Tomas de datos de interese. Determinación da idade dos peixes. Curvas de crecemento baseadas no retrocálculo e na distribución de frecuencias. Productividade. Capacidade bioxénica. Mortalidade. Reclutamento.
Tema 7 (2 horas).- Peixes migratorios e libre circulación. Tipos de peixes migratorios e niveis de actividade natatoria e resistencia. Capacidade de salto. Obstáculos á circulación. Restablecimento da libre circulación: consecución, consideracións biolóxicas e técnicas. Pasos y escalas para peixes: o principio dos pasos para peixes; escalas de depósitos sucesivos; escalas con ralentizadores; esclusas; escalas de ascensor. Problemas que plantea a baixada, acondicionamentos e solucións.
Tema 8 (2 horas).- Ordenación íctiolóxica, técnicas para a mellora do hábitat e a xestión das poboacións.- Introducción. Procedementos metodolóxicos para a evaluación do hábitat. Concepto de caudales ecolóxicos. O Plan de Ordenación Ictiolóxica. Clasificación das masas de auga según a sua aptitude pesqueira. A presión de pesca. Fixación dos tramos de pesca e das técnicas permitidas. Tallas mínimas. Técnicas de mellora do hábitat para os peixes. Cría en cautividade e repoboacións.
Programa de prácticas/seminarios:
Práctica 1.- Idfentificación en laboratorio das especies ictiolóxicas ibéricas tratadas no tema 2 coa axuda de chaves dicotómicas (1 hora).
Práctica 2.- Idfentificación en laboratorio das especies ictiolóxicas ibéricas tratadas no tema 3 coa axuda de chaves dicotómicas (1 hora).
Práctica 3.- Idfentificación en laboratorio das especies ictiolóxicas ibéricas tratadas no tema 4 coa axuda de chaves dicotómicas (1 hora).
Práctica 4.- Idfentificación en laboratorio das especies ictiolóxicas ibéricas tratadas no tema 5 coa axuda de chaves dicotómicas (1 hora).
Práctica 5.- Captura de peixes nun río e toma de mostras corporais e medidas de diferentes parámetros para determinar o estado da poboación (3 horas).
Práctica 6.- Visita a unha piscifactoría de repoboación e a diferentes obras de acondicionamento e mellora do hábitat que permitan a superación de obstáculos por parte dos peixes (3 horas).
Seminario 1.- Exposición e avaliación dos resultados obtidos na práctica 5 (1 hora).
Seminario 2.- Exposición e avaliación do observado nas visitas á piscifactoría e ás obras na práctica 6 (1 hora).
Bibliografía básica e complementariaBAGLINIERE, J. L. & G. MAISSE (1991).- La Truite: Biologie et ecologie. INRA Ed., Versailles, 303 pp.
BERRA, T. M. (2001).- Freshwater Fish Distribution. Univ. Nebraska Press, Lincoln and London, 576 pp.
BRUSLÉ, J. & QUIGNARD, J-P. (2001).- Biologie des poissons d'eau douce européens. Ed. Tec & Doc, Paris, 625 pp.
CLAY, C. H. (2nd ed) (1995).- Design of fishways and other fish facilities. Lewis Publishers, Boca Raton, USA, 248 pp.
DOADRIO, I. (2001).- Atlas y libro rojo de los peces continentales de España. Dirección General de Conservación de la Naturaleza. Ministerio de Medio Ambiente. Madrid.
GARCÍA DE JALÓN, D.; M. MAYO; F. HERVELLA; E. BARCELÓ y T. FERNÁNDEZ (1993).- Principios y técnicas de gestión de la pesca en aguas continentales. Mundi-Prensa, Madrid, 247 pp
GONZÁLEZ DEL TÁNAGO, M. y D. GARCÍA DE JALÓN (1995).- Restauración de ríos y riberas. Ed. Fundación Conde del Valle de Salazar, Madrid, 319 pp.
GUEGUEN, J. et P. PROUZET (1994).- Le saumon atlantique. Editions de L’ IFREMER, Plouzané (France), 330 pp.
HERVELLA, F. y CABALLERO, P. (1999).- Inventario piscícola dos ríos galegos. Ed. Consellaería de Medio Ambiente, Xunta de Galicia, Santiago. 126 pp.
HELFMAN, G.S.; B.B. COLLETTE & D.E. FACEY (1997).- The Diversity of Fishes. Ed. Blackwell Science, Inc., U.S.A., 528 pp.
HUET, M. (1983).- Tratado de piscicultura. Mundi-Prensa, Madrid, 753 pp.
JUNGWIRTH, M.; S. SCHMUTZ & S. WEISS (ed.) (1998).- Fish migration and Fish Bypasses. University Press, Cambridge, U K, 438 pp.
KOTTELAT, M. & J. FREYHOF (2007).- Handbook of European Freshwater Fishes. Publications Kottelat, Cornol, Switzerland, 646 pp.
LACROIX, G. (1992).- Lagos y ríos. Medios vivos. Ed. Plural de Ediciones, S.A. Barcelona, 255 pp.
LOBÓN CERVIÁ, JAVIER (1991).- Dinámica de poblaciones de peces en ríos. Pesca eléctrica y métodos de capturas sucesivas en la estima de abundancias. Monografías. Museo Nacional de Ciencias Naturales, CSIC, nº 3, 156 pp.
MUUS, B. & P. DAHLSTÖM (1970).- Los peces de agua dulce de España y de Europa; pesca, biología, importancia económica. Ed. OMEGA, S.A., Barcelona, 232 pp.
TEMPLETON, R. (2nd ed.) (1998).- Freshwater Fisheries Management. Fisging News Books. Oxford, 241 pp.
VOLLMAN-SCHIPPER, F. (1978).- Transporte de peces vivos. Ed. Acribia, S. A., 90 pp.
Competencias1) Competencias específicas
- Identificación das especies ictiolóxicas de auga doce da Península Ibérica.
- Uso de técnicas específicas para o censo e avaliación das suas poblacións.
- Coñecemento da distribución e particularidades biolóxicas de cada unha das especies.
- Coñecemento dos métodos para o mantemento e a mellora do hábitat ictiolóxico.
2) Competencias instrumentais
- Capacidade de análise e síntese.
- Capacidade de organización e planificación
- Resolución de problemas
3) Competencias personais
- Traballo en equipo
4) Competencias sistémicas
- Aprendizaxe autónomo
5) Outras competencias
- Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Metodoloxía da ensinanza Horas presenciais
Nas clases maxistrais expoñeranse ó alumno as bases teóricas e os contidos que deberán asimilar para un correcto aproveitamento da materia, así como as fontes documentai nas que poderán completaqr a información que se lles suministra. Co as clases prácticas poderán conquerir una observación directa de aquelas cuestións que se lles explican y aprender a manexar conceptos que requiran certa práctica de uso. Co a preparación y exposición dos seminarios se pretende que os alumnos evalúen as duas prácticas de campo (prácticas 5 e 6), discutan en equipo os resultados que obteñan e fagan unha exposición dos mesmos.
Horas de traballo autónomo
Trátase de que o alumno profundice no manexo das fontes de información no correcto uso da linguaxe científica ó mesmo tempo que afirma e apousa os coñecementos conqueridos. A preparación dos seminarios serviralle para mellorar a sua capacidade de traballo en equipo e as suas habilidades para sacar conclusións das prácticas 5 e 6. Por outra banda, o alumno deberá elaborar un caderno de prácticas que evaluará o profesor.
O examen consistirá nunha breve proba escrita, na que o alumno deberá contestar correctamente ás cuestiones que se plantexen.
Sistema de evaluaciónPara a obtención da nota final será importante a nota do examen; pero será de igual importancia a asistencia ás actividades programadas, a preparación dos seminarios e a participación nos mesmos e a elaboración do caderno de prácticas e a sua presentación. O peso das diferentes actividades na cualificación final poderá cuantificarse do modo seguinte:
50% da cualificación
- Examen de coñecementos.
50% da cualificación
- Asistencia ás actividades programadas.
- Preparación e participación nos seminarios.
- Elaboración do caderno de prácticas e a sua presentación.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia consta de 3 créditos, calculando una carga total de traballo para o alumno de 31 horas presenciais (HP) + 44 horas de traballo autónomo (HTA). O desglose de horas para cada unha das actividades implicadas na materia lévase a cabo na seguinte taboa:
Proposta de distribución da carga en créditos ECTS.
C. maxistrais: 16 HP + 32 HTA
Sem./Prács: 12 HP + 4 HTA
Titorías: 2 HP
Cad. prácticas: 3 HTA
Examen 1 HP + 5 HTA
Total 31 HP + 44 HTA
Recomendacións para o estudo da materia- Asistir participativamente ás clases teóricas e prácticas.
- Analizar a bibliografía facilitada.