P1121211 - Avaliación da contaminación e métodos de restauración en ecosistemas acuáticos continentais (Sistemas Acuaticos) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Zooloxía e Antropoloxía Física, Departamento Externo
- Áreas: Zooloxía, Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCoñecer os principais efectos dos diversos tipos de contaminación sobre os organismos e as poboacións. Preténdese ademais familiarizar ao alumno coas técnicas básicas de instigación en Hidrobioloxía, tanto no que concirne á metodoloxía de mostraxe, como aos fundamentos dos principais métodos de caracterización biolóxica da calidade da auga.
ContidosAlteracións das augas doces por actividades humanas. Contaminación orgánica. Eutrofización. Contaminación tóxica. Alteracións físicas .Efectos dos diversos tipos de contaminación sobre os organismos e as poboacións. Diagnose, vixilancia e restauración do ecosistema. Métodos para a caracterización biolóxica da calidade da auga. Principios básicos para a restauración de ríos e ribeiras. Restauración de lagos. Estudos de impacto.
PROGRAMA DE TEORÍA
TEMA 1. Alteracións das augas doces por actividades humanas: Contaminación orgánica. Contaminación tóxica. Alteracións físicas.
TEMA 2. O efecto biolóxico da contaminación: tensión ambiental e respostas biolóxicas.
TEMA 3. Niveis de resposta biolóxica: individual, interespecífico e ecosistémico.
TEMA 4. Respostas morfolóxicas (Teratoloxía e Asimetría Flutuante). Indicadores bioquímicos (biomarcadores). Indicadores fisiolóxicos (bioestímulos). Organismos sentinela (bioacumulación). Indicadores histolóxicos e ultraestructurais.
TEMA 5. Probas de toxicidade.
TEMA 6. Métodos globais: Parámetros ecolóxicos descritivos. Análise cenóticos. Índices bióticos.
TEMA 7. Métodos preditivos. Métodos de determinación do tipo de contaminación.
TEMA 8. Restauración, rehabilitación e conceptos relacionados. Sistemas de diagnose e avaliación do hábitat.
TEMA 9 Principios básicos para a restauración de ríos e ribeiras.
TEMA 10. Restauración de medios lénticos.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS
2.- Prácticas de campo
Obxectivos:
Deseño de estratexias de mostraxe
Toma de datos para a aplicación de índices de avaliación do hábitat.
Mostraxe de macroinvertebrados para índices bióticos
2.- Prácticas de laboratorio
Obxectivos:
Separación e identificación de material.
Elaboración da táboa de resultados
3.-Prácticas de lousa: Análise de datos
Obxectivos:
Avaliación do hábitat.
Interpretación dos parámetros ecolóxicos descritivos.
Análise cenóticos.
Estrutura trófica.
Calidade Biolóxica.- Índices bióticos.
Bibliografía básica e complementariaALLAN, D. J. Stream Ecology. Structure and function of running waters. Chapman & Hall. 1995
COBO, F.; GONZÁLEZ, M.A.; VIEIRA-LANERO, R. & SERVIA, M.J..- “O río animado” Biodiversidade dos ecosistemas acuáticos continentais galegos. Fernando Cobo Ed. Unidixital. Santiago de Compostela. 2006
GONZÁLEZ, M.A y COBO, F. Los macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia. Hércules de ediciones. A Coruña, 2006.
GONZALEZ DEL TÁNAGO, M.y GARCIA DE JALÓN LASTRA, D. 2001. Restauración de Ríos y Riberas Editorial : MUNDI-PRENSA. Madrid. 319 pp.
GONZALEZ DEL TÁNAGO, M.y GARCIA DE JALÓN LASTRA, D 2007. Restauración de ríos: guía metodológica para la elaboración de proyectos. Editorial: Ministerio de Medio Ambiente
EDMONDSON, W.T. y G.G. WINBERG. 1971. A manual on methods for the assessment of secondary productivity in fresh waters. IBP handbook 17. Blackwell. Oxford. HUTCHINSON, G.E.- A treatise on limnology. Vol. IV. The zoobenthos. (Y.H. Edmondson, ed.) Wiley. Nueva York. 1993.
HAUER, F.R. & LAMBERTI, G.A. Methods in Stream Ecology. Academic press. 1996
HELLAWELL, J.M. 1986 Biological Indicators of Freshwater Pollution and Environmental Management. Kluwer Academic Publishers Group
JEFFRIES, M. Y D. MILLS. 1990. Freshwater ecology principles and applications. Belhaven. Londres.
LIND, T.O. 1979. Handbook of common methods in Limnology. 2nd. Ed.. The C.V. Mosby Co., St. Louis. ROSENBERG, D.M. y RESH, V.H. Ed.- Freshwater biomonitoring and benthic macroinvertebrates. Chapman & Hall, Inc. 1993
MASON, C.F.- Biología de la contaminación del agua dulce. Col. Exedra nº 142. Ed Alhambra. 1984.
ROSENBERG, D.M. y RESH, V.H. Ed.- Freshwater biomonitoring and benthic macroinvertebrates. Chapman & Hall, Inc. 1993.
CompetenciasAo terminar o curso, o alumno será capaz de expor as análises básicas necesarios para a avaliación do estres ambiental en augas continentais.
Metodoloxía da ensinanza Clases teóricas e prácticas ata completar os tres créditos. As prácticas (laboratorio, seminarios e prácticas de campo) serán impartidas utilizando para iso as instalacións e equipamento da Estación de Hidrobioloxía "Encoro do Con" da USC (Vilagarcía).
Sistema de evaluaciónAsistencia e participación nas actividades programadas (10%).
Elaboración dunha memoria de prácticas e a súa presentación (30%).
Exame test (60%).
Tempo de estudo e traballo persoalA materia consta de 3 créditos, calculando unha carga total de traballo para o alumno de 45 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia ás clases teóricas e prácticas impartidas e manexo da bibliografía recomendada.
Facer uso das horas de tutoría para aclarar e discutir as posibles dúbidas que se susciten sobre os contidos impartidos.
ObservaciónsAs prácticas impartiranse na Estación de Hidrobioloxía da USC "Encoro do Con" en Vilagarcía de Arousa.