P1121212 - Biodiversidade de animais mariños (Bioloxía Mariña) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Zooloxía e Antropoloxía Física, Departamento Externo
- Áreas: Zooloxía, Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaINVERTEBRADOS MARIÑOS
• Profundizar no coñecemento dos distintos grupos de invertebrados mariños, con especial atención aos que viven nas costas galegas.
• Coñecer os principais modos de alimentación, ciclos vitais e modos de reprodución de cada grupo e analizar as principais interacións ecolóxicas entre os distintos grupos de invertebrados mariños.
• Identificar o hábitat das especies máis características de cada grupo nas costas galegas, facendo referencia ás súas sinalizacións previas para establecer a súa área de distribución, prestando particular atención ás especies introducidas e ás que se encontran ameazadas.
• Discutir as relacións evolutivas entre os diferentes taxóns de invertebrados mariños.
ContidosINVERTEBRADOS MARIÑOS
1. Programa teórico
Tema 1.- Poríferos e cnidarios. Reprodución, ciclos vitais e estados larvarios. Ecoloxía (movilidade, nutrición e hábitat). Identificación dos principais grupos da fauna de Galicia.
Tema 2.- Anélidos poliquetos. Modos de vida. Ecoloxía. Especies indicadoras. Identificación de familias de poliquetos errantes e sedentarios da fauna de Galicia.
Tema 3.- Moluscos gasterópodos, bivalvos, cefalópodos e clases menores. Modos de vida. Ecoloxía. Especies indicadoras. Identificación dos principais grupos. Estudo das especies máis comúns e representativas da fauna de Galicia.
Tema 4.- Crustáceos. Modos de vida. Ecoloxía. Especies indicadoras. Identificación dos principais grupos. Estudo das especies máis comúns e representativas da fauna de Galicia.
Tema 5.- Lofoforados: Definición. Extensión do grupo: Posición filoxenética.- Estudo de Foronídeos e Braquiópodos. Briozoos. Mención dos Entoproctos. Modos de vida. Ecoloxía. Especies indicadoras. Identificación dos principais grupos. Estudo das especies máis comúns e representativas da fauna de Galicia.
Tema 6.- Equinodermos. Modos de vida. Ecoloxía. Especies indicadoras. Identificación dos principais grupos. Estudo das especies máis comúns e representativas da fauna de Galicia.
Tema 7.- Grupos menores. Mención de Ctenóforos, Turbelarios, Nemertinos, Sipuncúlidos, Equiúridos, Quelicerados, Pogonóforos, Quetognatos, Tunicados, Cefalocordados, Hemicordados. Modos de vida. Ecoloxía. Especies indicadoras. Identificación dos principais grupos. Estudo das especies máis comúns e representativas da fauna de Galicia.
Tema 8.- Evolución e relacións filoxenéticas entre os distintos grupos de invertebrados mariños.
2. Programa práctico
Práctica 1.- Métodos de mostraxe, recoleción, conservación, preparación, observación e estudio dos invertebrados mariños.
Práctica 2.- Recollida de mostras nas zonas intermareal e infralitoral, a pé e mediante dragados e inmersións.
Práctica 3.- Separación, identificación e estudo en laboratorio dos exemplares obtidos a partir das mostras.
As prácticas realizaránse nos laboratorios da Estación de Bioloxía Mariña da Graña.
Bibliografía básica e complementariaINVERTEBRADOS MARIÑOS
1. Bibliografía básica
ALVAREZ MARTÍNEZ, F., EMIG, C.C, ROLDÁN, C. & VIEITEZ, J.M (2005). Lophophorata: Phoronida, Brachiopoda. Fauna Ibérica, Vol 27: 276 pp.
BARNES, R.S.K. & HUGHES, R.N. 1988. An introduction to Marine Ecology. Blackwell. Oxford, 351 pp.
BRUSCA, R.C. & BRUSCA, G.J. 2005. Invertebrados. McGraw-Hill. Interamericana. Madrid.
CASTRO, P. & HUBER, M.E. 2007. Biología marina. McGraw-Hill Interamericana, Madrid.
COGNETTI, G., SARÁ, M. & MAGAZZÚ, G. 2001. Biología Marina. Ariel Ciencia. Barcelona, 619 pp.
ELEFTHERIOU, A. & MCINTYRE, A. 2005. Methods for the study of marine benthos. Blakwell, Oxford, 418 pp.
GUERRA, A. 1992. Mollusca. Cephalopoda. Fauna Iberica, vol. 1.
HAYWARD, B.W. & RYLAND, J. 2003. The marine fauna of the British Isles and North-West Europe. Oxford University Press, Oxford, 992 pp.
HONDT J.-L., d’ 1999. Les invertébrés marins méconnus. Institute Océanographique (ed.): 444 pp.
LEVINTON, J.S. 1995. Marine Biology. Function, biodiversity, ecology. Oxford Univ. Press, Oxford, 420 pp.
NYBAKKEN, J.W. 2001. Marine Biology: An ecological approach. Benjamin Cummings, San Francisco. 516 pp.
PEARSE, V., PEARSE, J., BUSCHSBAUM, M. & BUSCHSBAUM, R. 1987. Living Invertebrates. Blackwell Scientific. Boston, Massachusetts.
PECHENIK, J.A. 2005. Biology of Invertebrates. McGraw-Hill. Boston, Massachusetts.
RODRÍGUEZ IGLESIAS, F. (ed.). Galicia. Natureza. Volúmenes 37 a 40 (a.i.). Hércules edicións, A Coruña.
RUPPERT, E.E. & BARNES, R.D. 1995. Zoología de los Invertebrados. McGraw-Hill, Interamericana, Madrid.
VIÉITEZ, J.M., ALÓS, C., PARAPAR, J., BESTEIRO, C., MOREIRA, J., NÚÑEZ, J., LABORDA, A. & SAN MARTÍN, G. 2004. Annelida Polychaeta I. Fauna Iberica, vol. 25.
2. Bibliografía complementaria
BRUNTON, H. & CURRY, G.B. 1979. British Brachiopods. Synopses of the British Fauna N.S. nº 17.
CUSHING, D.H. & WALSH, J.J. 1976. The ecology of the seas. Blackwell, Oxford, 467 pp.
EMIG, C.C. 1979. British and other Phoronids. Synopses of the British Fauna N.S. nº 13.
FALCIAI, L. & MINERVINI, R. 1995. Guía de los Crustáceos Decápodos de Europa. Omega. Barcelona.
FINCHAM, A. 1992. Biología marina básica. Omega. Barcelona, 287 pp.
GUERRA, A. 1992. Mollusca, Cephalopoda. En: Fauna Ibérica, vol. 1. Ramos, M.A. et al. (Eds.) Museo Nacional de Ciencias Naturales. CSIC. Madrid.
HAYWARD, P.J. & RYLAND, J.S. 1985. Cyclostome Bryozoans. Synopses of the British Fauna, NS, 34. E.J. Brill, Leiden.
HAYWARD, P.J. & RYLAND, J.S. 1998. Cheilostomatous bryozoa, part I, Aeteoidea - Cribrilinoidea. Synopses of the British Fauna, 10 (28 ed.). Field Studies Council, Shrewsbury.
HAYWARD P.J. & RYLAND J.S. 1999. Cheilostomatous bryozoa, part II, Hippothooidea - Celleporoidea. Synopses of the British Fauna, 14. Field Studies Council, Shrewsbury.
HAYWARD, P.J. (1985). Ctenostome Bryozoans. Synopses of the British Fauna, NS, 33. E.J. Brill, Leiden.
HOUSEMAN, J. 2002. Digital Zoology. Version 1.0. CD Rom and Student Workbook. McGraw-Hill. New York.
KINNE, O. 1973-1984. Marine Ecology. A comprehensive , integrated treatise on life in oceans and coastal waters. Vols 1- 5. Wiley Interscience. Chichester.
NIELSEN, C. 1989. Entoprocts. Synopses of the British Fauna, N S., nº 41. E.J. Brill, Leiden.
NYBAKKEN, J.W. 1996. Diversity of Invertebrates. A laboratory manual. Wm. C. Brown Publishers. Boston.
RIEDL, R. 2000. Fauna y Flora del Mar Mediterráneo. Omega. Barcelona.
SÁIZ SALINAS, J.I. 1993. Sipuncula. En: Fauna Ibérica, vol. 4. Ramos, M.A. et al. (Eds.) Museo Nacional de Ciencias Naturales. CSIC. Madrid.
VERNBERG, F.J. & VERNBERG, W.B. 1981. Functional adaptations of marine organisms. Academic Press. New York, 347 pp.
VIÉITEZ, J.M., ALÓS, C., PARAPAR, J., BESTEIRO, C., MOREIRA, J., NÚÑEZ, J., LABORDA, J. & SAN MARTÍN, G. (2004). Annelida Polychaeta I. En: Fauna Ibérica, vol. 25. RAMOS, M.A. et al. (Eds.) Museo Nacional de Ciencias Naturales. CSIC. Madrid.
WARNER, G.F. 1984. Diving and Marine Biology. Cambridge Univ. Press. Cambridge, 210 pp.
WOOD, T.S. & OKAMURA, B. 2005: A new key to the freshwater bryozoans of Brytain, Ireland and continental Europe, with notes on their ecology. Freshwater Biological Association. Scientific Publication, Nº 63, D. W. Sutcliffe (ed): 113 pp.
CompetenciasINVERTEBRADOS MARIÑOS
O alumno, unha vez superada a materia, deberá ter adquirido as seguintes competencias:
• Coñecemento da anatomía externa e interna dos invertebrados mariños.
• Interpretación das adaptacións dos invertebrados ao medio mariño.
• Coñecemento do modo de vida e do comportamento dos invertebrados mariños, non só das fases adultas, senon tamén das formas xuvenís e das fases larvarias e embrionarias.
• Coñecemento dos mecanismos de reprodución, desenvolvemento embrionario, larvario e metamorfose.
• Recoñecemento das principais especies de invertebrados mariños habitantes das costas galegas.
• Capacidade para recolectar, separar, procesar, etiquetar e conservar mostras de invertebrados mariños.
• Capacidade para realizar descripcións técnicas das especies de invertebrados mariños.
• Capacidade para elaborar informes sobre os invertebrados mariños dun hábitat dado.
Metodoloxía da ensinanza INVERTEBRADOS MARIÑOS
1. Clases teóricas
Exposición oral, por parte dos profesores, dos contidos que configuran o programa teórico. Valorarase a asistencia e a participación.
2. Clases prácticas.
Considéranse a parte fundamental de traballo nesta materia. Desenvolveranse no mar e no laboratorio, simulando a realización dun traballo de investigación sobre invertebrados mariños, no que o alumno recolle mostras de animais, fai o seu tratamento (separación, anestesia) e estudia os exemplares, identificándoos ao nível indicado segundo a súa dificultade. Teñen carácter de asistencia e participación obligatorias.
3. TItorías
Utilizaranse para tratar as dúbidas relativas a calquera aspecto relacionado coa materia.
Sistema de evaluaciónINVERTEBRADOS MARIÑOS
1. Consideracións xerais
Dado o carácter eminentemente práctico da materia, farase un seguimento e avaliación continuos dos alumnos, prescindindo da realización de exames, tanto teóricos como prácticos.
2. Aspectos e criterios de avaliación
A calificación final obterase tendo en conta os seguintes valores das distintas actividades:
Asistencia e participación nas clases teóricas: 25% da nota
Asistencia e participación nas saídas ao mar: 25% da nota
Asistencia e participación nas sesións de laboratorio: 50% da nota
Tempo de estudo e traballo persoalINVERTEBRADOS MARIÑOS
5 créditos ECTS x 25 = 125 horas curso
Clases teóricas: 30 horas presenciais, 30 non presenciais
Total: 60 horas, 2'40 créditos ECTS
Saídas ao mar: 12 horas presenciais
Total: 12 horas, 0'48 créditos ECTS
Prácticas de laboratorio: 30 horas presenciais, 15 horas non presenciais
Total: 45 horas, 1'80 créditos ECTS
Titorías: 8 horas presenciais
Total: 8 horas, 0'32 créditos
TOTAL: 80 horas presenciais, 45 horas non presenciais
Total: 125 horas, 5 créditos ECTS.
Recomendacións para o estudo da materiaINVERTEBRADOS MARIÑOS
Como xa se indicou en parágrafos anteriores, a materia xira arredor do traballo no mar e no laboratorio, aos que o alumno deberá prestar a máxima atención.
ObservaciónsA materia "Biodiversidade e conservación dos animais mariños" está dividida en dúas partes: "Invertebrados mariños" e "Biodiversidade e conservación dos mamíferos marños".
INVERTEBRADOS MARIÑOS
Esta parte (5 créditos ECTS) é impartida polos seguintes profesores:
- Mª Celia Besteiro Rodríguez
- Eugenio Fernández Pulpeiro
- Victoriano Urgorri Carrasco,
xunto cos doutores:
- Óscar García Álvarez
- Juan Moreira Da Rocha
- Óscar Reverter Gil