P1121213 - Componentes vexetais da rede natura 2000: hábitats e especies (Conservación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Botánica
- Áreas: Botánica
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia- Dar a coñece-lo deseño da Rede Natura 2000 como estratexia conceptual europea e da Directiva Hábitats como instrumento para a sua implementación.
- Mostrar a diversidade de flora e vexetación que ten Galicia e a sua aportación a Rede Natura 2000.
- Valorar e interpretar os compoñentes vexetais do territorio galego e a sua importancia na Comunidade Europea.
- Presentar, desde unha visión botánica, os elementos de interese conservacionista para a xestión territorial.
- Formar o/a alumno/a na caracterización, interpretación e avaliación dos hábitats nos espazos naturais que forman parte da Rede Natura 2000 en Galicia.
- Instruir o/a alumno/a na avaliación dos espacios da Rede Natura 2000 atendendo ao estado de conservación dos seus hábitats e da sua flora de interese no ámetos comunitario e galego.
Contidos• Consideracións, conceptos e definicións da Directiva 92/43/CEE
• Estudo dos hábitats da Directiva 92/43/CEE con representación en Galicia: Tipoloxía, caracterización e especies diagnósticas.
• Flora de interese comunitario con poboacións naturais en Galicia. Identificación das especies, coroloxía e distribución. Estudo da sua situación actual.
• Flora de interese galego presente nos hábitats da Rede Natura 2000.
Bibliografía básica e complementariaBAÑARES, Á., A. BLANCA, J. GÜEMES, J.C. MORENO & S. ORTIZ, 2004. Atlas y Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España, 2ª ed. Dirección General para la Biodiversidad, Publicaciones del O.A.P.N., Madrid.
BARTOLOMÉ C., ALVÁREZ J., VAQUERO J., COSTA M., CASERMEIRO M.A., GIRALDO J. & ZAMORA J. 2005. Los tipos de hábitat de interés comunitario de España. Ministerio de Medio Ambiente, 283 pp. Madrid
DA SILVA J.M., ESPIRITO-SANTO M.D., COSTA J.C., CAPELO J.H. & FERNÁNDEZ-LOUSÂ M. 1998. Habitats Naturais e Seminaturais de Portugal Continental: 156-164. ─ Instituto da Conservaçao da Natureza. Lisboa
IZCO, J., 2003. Panorámica sobre la diversidad de la flora y la vegetación. En J.J. Casares Long (Coord.). Reflexiones sobre el medio ambiente en Galicia. Consellería de Medio Ambiente, Xunta de Galicia: 276-321.
ORTIZ, S., J. RODRÍGUEZ-OUBIÑA & I. PULGAR, 1998. Unha primeira aproximación ao listado da flora rara e ameazada de Galicia (NO da Península Ibérica). Nova Acta Ci. Compost. (Bioloxía) 8: 95-101.
ROMERO, M.I., 2005. Flora endémica amenazada del litoral de Galicia: una visión actual. Recursos Rurais (ser. Cursos) 2: 1-10.
ROMERO M.I. La Flora vascular amenazada de Galicia. Catalogación y protección de las especies. Naturalia Cantábricae 3, 15-24. 2007.
UICN, 2001. Categorías y Criterios de la Lista Roja de la UICN, Versión 3.1. Comisión de Supervivencia de Especies de la UICN. UICN, Gland, Switzerland and Cambridge, United Kingdom.
VIGO J., CARRERAS J. & FERRÉ A. 2006. Cartografía dels hábitats a Catalunya. Manual d’interpretaciò. Departament del Medi Ambient, Generalitat de Catalunya, 343 pp. Barcelona
VV. AA., 2000. Lista Roja de la Flora Vascular Española (valoración según categorías UICN). Conservación Vegetal 6 (extra): 11-38.
Direcciones de interés
http://www.globalbioclimatics.org/
http://www.centre.ecologie.gouv.fr/Natura2000/docob.htm
http://ec.europa.eu/environment/nature/legislation/habitatsdirective/docs/2007_07_im.pdf
http://www.sivim.info/sivi/
http://biodiversity-chm.eea.europa.eu/information/document/F1088156525/F1125582140
CompetenciasCompetencias específicas
- Coñecemento das especies de plantas vasculares de Galicia de importancia para a conservación.
- Coñecemento dos hábitats tipificados pola Directiva 92/43CEE existentes en Galicia, distinguindo os prioritarios.
- Deseño de protocolos de valoración da flora e a vexetación polo seu interese para a conservación
Competencias persoais
- Capacidade de análise e síntese
- Capacidade de organización e planificación
- Traballo en equipo
Outras competencias
- Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Metodoloxía da ensinanza O curso impartirase no Campus Vida de Santiago, no segundo cuatrimestre. A docencia presencial corresponderase coas clases maxistrais teóricas, distribuidas en tres días, de 3 horas de duración. A docencia práctica realizarase, preferiblemente en 2 xornadas de medio día de duración. Ista docencia presencial contará con apoio dun aula virtual específica para a materia, onde se aloxarán os contidos tratados, así como as lecturas recomendadas.
Os/As alumnos/as realizarán un traballo autónomo, que podrán elexir de entre varios propostos polos profesores; con él, exercitaranse na búsqueda da información, no manexo da documentación centífica e na linguaxe técnica necesaria para aplicar coñecementos botánicos á valoración do territorio.
Para a realización do traballo contarán con 3 horas de titorías por parte do profesorado. Ademáis serán atendidos o longo do curso mediante a aula virtual. O traballo debe ser entregado na data que se estableza para a sua posterior avaliación.
Sistema de evaluación- Valoración do traballo autónomo (70%)
- Asistencia, rendemento e participación nas actividades docentes (30%)
Tempo de estudo e traballo persoal. Horas presenciais: 24 (expositivas 9, prácticas de campo 12 e titorías 3)
. Horas de traballo persoal do estudante: 51 (estudo individual 26, elaboración do traballo 15, lecturas recomendadas 10)
Recomendacións para o estudo da materia-A asistencia as clases teóricas e prácticas permiten obter un maior grado de coñecemento da materia, axudando a establecer as relacións entre os contidos presentados sobre flora e vexetación.
-O uso das titorías ademáis de establecer orientación na materia facilitarán a sus aprendizaxe.
-Realizar as actividades propostas.