P1121214 - Técnicas de análise de imaxe (Conservación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Botánica
- Áreas: Botánica
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaFacilitar ao alumno o coñecemento das principais técnicas de procesado e obtención de información de imaxes dixitais, que lle poidan resultar de utilidade en distintos campos de investigación en Bioloxía, e especialmente naqueles relacionados coa Biodiversidade e a Conservación.
ContidosPrograma teórico
Tema 1. Introdución. Procesado e análise de imaxe. Conceptos informáticos básicos. Sistemas de análise de imaxe: hardware e software. Dixitalización. Atributos da imaxe dixital: resolución, profundidade e modos de cor. Formatos de imaxe e tipo de arquivos.
Tema 2. Medidas en análises de imaxe. Parámetros de campo e parámetros de obxecto. Morfometría e densitometría. Análise do histograma. Paletas de pseudocolor.
Tema 3. Análise da imaxe binaria. Métodos de segmentación. Segmentación da imaxe en cor. Procesado de imaxes binarias. Morfoloxía matemática. Operacións lóxicas con imaxes binarias. Detección e medición de obxectos usando a imaxe binaria.
Tema 4. Procesado de imaxe I: Operacións punto a punto. Modificacións do histograma: normalización, ecualización e outras operacións. Operacións aritméticas con imaxes.
Tema 5. Procesado de imaxe II: Operacións entre píxeles veciños. Filtros matriciais de suavizado e enfatizado. Detección de marxes: tipos de bordes, operadores laplacianos e operadores direccionais.
Tema 6. Aplicacións de análises de imaxe en Bioloxía. Análise de imaxe en microscopía. Imaxes de sensores remotos. Outras aplicacións e exemplos.
Programa de prácticas
Práctica 1. Instalación e manexo de software de análise de imaxe.
Práctica 2. Estudo da imaxe digital: resolución, profundidade, modos de cor e formatos de arquivos.
Práctica 3. Análise de imaxe manual: parámetros morfométricos e densitométricos.
Práctica 4. Estudo do histograma e segmentación de imaxes.
Práctica 5. Procesamento de imaxe: operacións de imaxes e aplicación do filtros.
Práctica 6. Exemplos prácticos de análises de imaxe en Bioloxía.
Bibliografía básica e complementariaBurger, W. & Burge, M.J. (2008). Digital Image Processing. An algorithmic introduction using Java. Springer-Verlag. New York. 564 pp.
Glasbey, C.A. & Horgan G.W. (1995). Image Analysis for the Biological Sciences. John Wiley and Sons, Chichester, UK. 230 pp.
Ferreira, T. & Rasband, W. (2011). ImageJ User Guide. [rsbweb.nih.gov/ij/docs/user-guide.pdf] (publicación electrónica).
Jensen, J.R. (1996). Introductory digital image processing. A remote sensing perspective. Prentice Hall. New Jersey. 316 pp.
Pertusa, J.F. (2003). Técnicas de análisis de imagen. Publicacions de la Universitat de València, Valencia. 352 pp.
Russ, J.C. (2002). The Image Processing Handbook. CRC Press. 748 pp.
Tso, B. & Mather, P.M. (2001): Classification methods for remotely sensed data. Taylor & Francis. London. 325 pp.
Algunhas direccións de interese:
http://www.uv.es/~acuna/
http://rst.gsfc.nasa.gov/
http://rsbweb.nih.gov/ij/
http://www.landcover.org/index.shtml
http://bigwww.epfl.ch/teaching/iplabsite/download.php
http://amrita.vlab.co.in/?sub=3&brch=278
CompetenciasAo concluír esta materia, os alunos deben ser competentes en varios aspectos:
1) Competencias específicas
• Coñecemento dos principais tipos de imaxes dixitais empregadas na análise da biodiversidade a diferentes escalas
• Uso de técnicas específicas de análises dos diferentes tipos de imaxes
2) Competencias instrumentais
• Capacidade de análise e síntese
• Capacidade de organización e planificación
• Resolución de problemas
3) Competencias persoais
• Traballo en equipo
4) Competencias sistémicas
• Aprendizaxe autónoma
5) Outras competencias
• Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
Metodoloxía da ensinanza Ao tratarse dun curso de carácter marcadamente práctico, nas clases teóricas só se introducirán os conceptos nos cales o aluno traballará durante as sesións prácticas. Tanto a parte teórica como a práctica constituirán a parte presencial da materia.
No traballo autónomo, o alumno tratará de profundar na comprensión dos conceptos aprendidos durante as sesións presenciales, así como no manexo de software de análise de imaxe, co fin de resolver os problemas que poidan serlle de aplicación no seu campo de traballo. Durante este traballo o aluno deberá desenvolver un caso práctico que será fundamental para a súa avaliación.
Sistema de evaluaciónA asistencia ás sesións teóricas e prácticas será obligatoria, e o seu aproveitamento constituirá un 25% da cualificación final. Ademais, cada alumno deberá resolver un caso práctico baseado en análise de imaxe, entregando unha memoria do mesmo, que será a base para avaliación da asignatura (75%).
Tempo de estudo e traballo persoalA materia consta de 3 créditos ECTS (25 horas presenciais) cunha carga total de traballo autónomo do aluno de 50 horas. A distribución de horas para cada actividade móstrase a continuación
9 horas para clases expositivas
12 horas para prácticas interactivas
3 horas de tutorías
50 horas para traballo persoal e preparación do traballo do curso
1 hora para avaliación e revisión
Total 75 horas
Recomendacións para o estudo da materiaAsistir participativamente ás clases teóricas e prácticas
Analizar a bibliografía e os exemplos facilitados
Tratar de solucionar problemas formulados co software de análise de imaxe