Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Bioloxía  »  Información da Materia

P2012102 - Neuroquímica (Módulo Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.00
  • Total: 4.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
  • Clase Interactiva Seminario: 8.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 40.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
  • Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
  • Centro: Facultade de Bioloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
MENDEZ ALVAREZ, ESTEFANIA MARIA SALOME.NON
Sierra Paredes, German.NON
SOTO OTERO, RAMON.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Francés
  • Alemán
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Coñecemento dos mecanismos moleculares implicados na neurotransmisión sináptica.
    - Coñecemento das bases moleculares da fisiopatoloxía cerebral relacionada coa neurotransmisión sináptica.
    - Coñecemento dos mecanismos moleculares implicados na sinalización intraneuronal.
    - Coñecemento das bases moleculares da fisiopatoloxía cerebral relacionada coa sinalización intraneuronal.
    - Coñecemento dos mecanismos bioquímicos implicados nas funcións da barreira hematoencefálica e do líquido cefalorraquídeo

    Contidos
    TEMA 1. Introdución a Neuroquímica
    Neuroquímica: concepto e contidos. Historia da Neuroquímica. Relación da Neuroquímica con outras Neurociencias.
    TEMA 2. Bioquímica do medio interno cerebral
    Características do medio interno cerebral. Relación neuroquímica neurona-glía. Constitución e características bioquímicas da barreira hematoencefálica. Formación e composición do líquido cefalorraquídeo. Función do líquido cefalorraquídeo.
    TEMA 3. Fundamentos bioquímicos da neurotransmisión sináptica
    Xeneralidades sobre a morfoloxía da sinapse. Neurotransmisores e neuromoduladores. Etapas na sinapse química.
    TEMA 4. Acetilcolina
    Biosíntese e almacenamento de acetilcolina. Liberación e inactivación de acetilcolina. Receptores colinérxicos. Bioquímica das alteracións relacionadas coa neurotransmisión colinérxica.
    TEMA 5. Catecolaminas
    Biosíntese e almacenamento de catecolaminas. Liberación e inactivación de catecolaminas. Receptores catecolaminérxicos. Bioquímica das alteracións relacionadas coa neurotransmisión catecolaminérxica.
    TEMA 6. Serotonina.
    Biosíntese e almacenamento de serotonina. Liberación e inactivación de serotonina. Receptores serotonérxicos. Bioquímica das alteracións relacionadas coa neurotransmisión serotonérxica.
    TEMA 7. Histamina
    Biosíntese e almacenamento de histamina. Liberación e inactivación de histamina. Receptores histaminérxicos. Bioquímica das alteracións relacionadas coa neurotransmisión histaminérxica
    TEMA 8. Glutamato e aspartato
    Biosíntese e almacenamento de glutamato e aspartato. Liberación e inactivación de glutamato e aspartato. Receptores glutaminérxicos. Bioquímica das alteracions relacionadas coa neurotransmisión glutaminérxica.
    TEMA 9. Glicina e GABA
    Biosíntese e almacenamento de glicina e GABA. Liberación e inactivación de glicina e GABA. Receptores de glicina e receptores GABAérxicos. Bioquímica das alteracións relacionadas coa nerotransmisión GABAérgxica.
    TEMA 10. Sistema purinérxico
    Biosíntese e liberación de purinas. Inactivación de purinas. Receptores purinérxicos. Bioquímica das alteracións relacionadas coa neurotransmisión purinérxica.
    TEMA 11. Neuropéptidos
    Biosíntese e almacenamento de neuropéptidos. Liberación e inactivación de neuropéptidos. Receptores de neuropéptidos. Bioquímica das alteracions relacionadas coa acción peptidérxica.

    Bibliografía básica e complementaria
    - SIEGEL, G., ALBERS, R.W., BRADY, S., PRICE, D. (eds) Basic Neurochemistry: Molecular, Cellular and Medical Aspects. Seventh Edition. Elsevier, New York, 2005.
    - COWAN, W.M., SÜDHOF, T.C., STEVENS, C.F. (eds) Synapses. The John Hopkins University Press, New York, 2001.
    - COOPER, J.R., BLOOM, F.E., ROTH, R.H. (eds) The Biochemical Basis of Neuropharmacology. 8th edition. Oxford University Press, New York, 2003.
    - NESTLER, E.J., HYMAN, S.E., MALENKA, R.C. (eds) Molecular Neuropharmacology. McGraw-Hill, New York, 2001.
    - GRADFORD, H.F. (ed) Fundamentos de Neuroquímica, Editorial Labor, Barcelona, 1988.
    - STRANGE, P.G. (ed) Brain Biochemistry and Brain Disorders. Oxford University Press, Oxford, 1992.
    - NICHOLLS, D.G. (ed) Proteins, Transmitters and Synapses. Blackwell Scientific Publications, Oxford, 1994.
    - TURNE, A.J., BACHELARD, H.S. (eds) Neurochemistry. A Practical Approach. IRL Press, Oxford, 1997.

    Competencias
    O alumno deberá posuír e potencia-las seguintes competencias e destrezas xenéricas:
    - fluidez e capacidade de comunicación oral e escrita, tanto nas linguas propias da comunidade como en inglés.
    - compromiso persoal de esforzo para a aprendizaxe.
    - capacidade de análise e síntese.
    - habilidades para a análise da información provinte de diferentes fontes.
    - capacidade de crítica e autocrítica.
    - capacidade para aplicar a teoría a práctica.
    - habilidade para traballar de forma autónoma e en equipo.

    Metodoloxía da ensinanza
    Utilizaranse:
    - clases maxistrais
    - prácticas de laboratorio
    - seminarios impartidos polos alumnos

    Sistema de evaluación
    - Os alumnos deberán superar un exame da materia, que representará o 60% da nota final, e que incluirá tanto a materia teórica como a materia práctica.
    - Os alumnos deberán participar obrigatoriamente e expoñer os seminarios que lle sexan asignados polo profesor, o que suporá o 20% da nota final.
    - A asistencia as clases teóricas será tida en conta, e suporá o 10% da nota final.
    - Tamén será obrigatoria a súa asistencia as prácticas, o que suporá un 10% da nota final.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    4 créditos ECTs, calculando 27 horas por crédito (presenciais e non presenciais), temos un total de 108 horas que se reparten da seguinte maneira:
    - teoría: 24 horas presenciais e 36 horas de traballo persoal (horas totais: 60)
    - clases prácticas: 16 horas presenciais e 10 horas de traballo persoal (horas totais: 26)
    - asistencia, preparación e exposición de seminarios: 8 horas presenciais e 10 horas de traballo persoal (horas totais: 18)
    - titorías personalizadas: 1 hora.
    - exame teórico e práctico: 3 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Aconséllaselle o alumno a realización dun estudo persoal diario para a fixación dos coñecementos impartidos, tanto nas clases de teoría como nas prácticas de laboratorio
    - Tamén resulta aconsellable a asistencia as titorías personalizadas, co fin de resolver todas aquelas dúbidas que xurdan durante o traballo persoal do alumno.





    1º e 2º ciclo (en extinción)