P2012103 - Neuroanatomia (Módulo Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.00
- Total: 4.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 27.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 7.00
- Clase Interactiva Seminario: 2.00
- Horas de Titorías: 4.00
- Total: 40.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias Morfolóxicas
- Áreas: Anatomía e Embrioloxía Humana
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia- Coñecer o sistema nervioso humano e profundizar no coñecemento da neuroanatomía a nivel macroscópico e microscópico.
- Manexar a terminoloxía neuroanatómica con precisión.
- Identificar e describir con precisión as estructuras do sistema nervioso central humano.
- Adestrarse no manexo de bibliografía e ferramentas adecuadas para preparar a materia.
- Coñecer os conceptos actuais e os fundamentos das técnicas empregadas neste ámbito.
ContidosPROGRAMA DE CLASES EXPOSITIVAS
1. Sistema nervioso da vida de relación e sistema nervioso autónomo. Sistema nervioso central e sistema nervioso periférico.
2. Sistema nervioso periférico. Aspectos recentes relacionados coa clasificación dos nervios periféricos e a estrutura e distribución dos nervios raquídeos.
3. Coñecementos actuais sobre a organización do sistema nervioso vexetativo.
4. Configuración exterior do SNC: Médula espiñal, bulbo raquídeo, ponte e mesencéfalo.
5. Configuración exterior do SNC: Cerebelo. Cerebro: telencéfalo, diencéfalo e ventrículo diencefálico.
6. Conformación exterior dos hemisferios. Formacións interhemisféricas. Ganglios Basales. Ventrículos telencefálicos.
7. Actualización sobre meninxes e líquido cefalorraquídeo. Barrera hemato-encefálica.
8. Médula espiñal: Fundamentos neuroanatómicos e aspectos avanzados sobre a neuroanatomía da médula.
9. Tronco encefálico. Aspectos xerais e actualización en neuromorfoloxía do tronco.
10. Cerebelo. Xeralidades sobre a súa estrutura e función. Avances recentes no coñecemento do cerebelo.
11. Diencéfalo. Xeralidades sobre a súa estrutura. Novos aspectos relacionados coa neuroanatomía do subtálamo e epitálamo.
12. Tálamo. Estrutura e conexións. Últimos coñecementos no ámbito.
13. Hipotálamo. Estrutura e conexións. Últimos coñecementos no ámbito.
14. Telencéfalo. Estrutura e núcleos basais. Avances no coñecemento do telencéfalo.
15. Corteza cerebral. Xeralidades e actualización sobre aspectos estruturais e funcionais da corteza cerebral.
16. Sistema límbico. Aspectos actuais sobre a súa estrutura e función.
17. Neuroanatomía das vías motoras. Actualización sobre aspectos funcionais.
18. Neuroanatomía das vías da sensibilidade. Actualización sobre aspectos funcionais.
PROGRAMA DE CLASES INTERACTIVAS
Práctica 1. Observación e identificación de estruturas neuroanatómicas da médula e o tronco cerebral utilizando maquetas e preparacións reais.
Práctica 2. Observación e identificación de estructuras neuroanatómicas no cerebelo e no diencéfalo utilizando maquetas e preparacións reais.
Práctica 3. Observación e identificación de estruturas neuroanatómicas no telencéfalo utilizando maquetas e preparacións reais. Ganglios basais e ventrículos telencefálicos.
Práctica 4. Observación e identificación de estruturas neuroanatómicas no telencéfalo utilizando maquetas e preparacións reais. Configuración exterior da corteza cerebral.
SEMINARIOS
Realizaranse seminarios por parte dos alumnos que completen a formación obtida a partir das clases teóricas e prácticas, empregando bibliografía avanzada e textos ou artigos recentes sobre os plantexamentos actuais no ámbito.
Bibliografía básica e complementariaA) XERAL
Autor: Crossman
Título: Neuroanatomía
Editorial: Elsevier
Autor: Haines
Titulo: Principios de Neurociencia
Editorial: Elsevier
Autor: Rubin y Safdieh
Titulo: Neuroanatomía esencial. Netter
Editorial: Masson-Elsevier
Autor: Carpenter
Título: Fundamentos de Neuroanatomía
Editorial: Panamericana
Autor: Kiernan
Título: Sistema Nervioso humano
Editorial: McGraw-Hill/Interamericana
Autor: Novack, Strominger y Demarest
Título: Sistema Nervioso: Introducción y Repaso
Editorial: Interamericana McGraw-Hill
B) AVANZADA:
Autor: Young y Young
Título: Neuroanatomía clínica y funcional
Editorial: Masson
Autor: Snell
Título: Neuroanatomía Clínica
Editorial: Panamericana
Autor Afifi y Bergman
Título: Neuroanatomía Funcional
Editorial: McGraw-Hill/Interamericana.
Autor: Puelles, Martínez Pérez y Martínez de la Torre
Título: Neuroanatomía
Editorial: Panamericana
C) ATLAS:
Autor: Nolte y Angevine
Título: El encéfalo humano en fotografías y esquemas
Editorial: Elsevier Mosby
Autor: Sobotta. Putz-Pabst
Título: Sobotta. Atlas de Anatomía Humana. Tomo 1
Editorial: Panamericana
Autor: Netter
Título: Netter. Atlas de Anatomía Humana
Editorial: Masson
Autor: Kahle y Frotscher
Título: Atlas de Anatomía con correlación clínica
Editorial: Panamericana
Autor: Schünke
Título: Prometheus. Texto y Atlas de Anatomía
Editorial: Panamericana
Competencias- Fluidez e propiedade na utilización da terminoloxía neuroanatómica.
- Compromiso personal de esforzo para a aprendizaxe.
- Capacidade de análise e síntese.
- Habilidades para conseguir analizar información dende diferentes fontes.
- Capacidade de crítica e autocrítica.
- Capacidade para aplicar a teoría á práctica.
- Habilidade para traballar de forma autónoma e en equipo.
Metodoloxía da ensinanza Como metodoloxías de ensinanza-aprendizaxe utilizaranse:
- Clases maxistrais
- Seminarios impartidos polos alumnos
- Prácticas utilizando maquetas e pezas neuroanatómicas reais
Sistema de evaluación- Os alumnos deben superar un exame que representará o 50% da nota final. O aprobado está en 5 sobre 10.
- Os alumnos tamén deben obrigatoriamente participar e expoñer os seminarios asignados polo profesor, o que suporá o 20% da nota final.
- É obrigatoria a asistencia a prácticas, sendo esto necesario para a superación das mesmas. A súa vez haberá un exame de prácticas que suporá un 10% da nota final.
- A asistencia e participación nas clases tamén se terá en conta e suporá o 20% da nota final.
Tempo de estudo e traballo persoalClases expositivas: 28h
Estudo individual: 40h
Clases interactivas:
-Seminarios ou prácticas: 9h
- Elaboración de memorias de prácticas, traballos: 10h
- Titorías en grupos reducidos ou individualizadas: 1h
- Actividades de avaliación
Presencial: 2h
Traballo persoal: 10h
- Total horas de traballo presencial: 40h
- Total horas de traballo persoal do estudante: 60h
Recomendacións para o estudo da materiaLevar a cabo unha aprendizaxe activa dos coñecementos que se adquiren co desenvolvemento do temario, empregando esquemas organizados e realizando nexos entre os coñecementos propios e os novos. Ademais, recomendase a asistencia e participación nas clases e seminarios, o estudio periódico da materia impartida e a utilización das horas de titorías.
Adquirir conciencia da importancia da comprensión do fundamento dos métodos e técnicas descritas, para desenvolver destrezas para a súa aplicación fronte a problemas prácticos na súa futura vida profesional.