Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Bioloxía  »  Información da Materia

P2012201 - Técnicas psicofisiolóxicas (Módulo Neurociencia Cognitiva) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 13.50
  • Clase Interactiva Laboratorio: 13.50
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 30.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
  • Áreas: Psicobioloxía
  • Centro: Facultade de Bioloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CARRILLO DE LA PEÑA, MARIA TERESA.SI
PAZO ALVAREZ, PAULA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Xerais:
    1. Capacidade de análise e síntese de documentación científica
    2. Capacidade de comunicación oral e escrita de resultados científicos
    3. Capacidade de xestión da información
    4. Capacidade de resolución de problemas
    5. Capacidade de toma de decisións
    6. Capacidade para traballar en equipo e colaborar eficazmente con outras persoas
    7. Capacidade para traballar en equipos de carácter interdisciplinar
    8. Capacidade para traballar nun contexto internacional
    9. Capacidade de razoamento crítico
    10. Compromiso ético coa investigación

    Específicos:
    1. Acadar os coñecementos e habilidades necesarios sobre a técnica dos potenciais evocados (PE) no ámbito de investigación da Neurociencia Cognitiva en xeral e da Psicofisioloxía en particular
    2. Desenvolver unha capacidade de valoración crítica das posibilidades e limitacións desta técnica na investigación básica e aplicada do comportamento humano
    3. Coñecer e dominar os principios conceptuais da técnica de PE e as distintas modalidades de PE
    4. Coñecer e saber acceder ás fontes documentais máis importantes sobre a investigación nesta técnica psicofisiolóxica
    5. Adquirir as habilidades necesarias para o rexistro autónomo de PE e aprender a adquirir, analizar e interpretar os rexistros de PE no marco da Neurociencia Cognitiva en xeral e da Psicofisioloxía en particular
    6. Aprender a elaborar informes de investigación (en formato escrito e oral) no marco dos estudos psicofisiolóxicos de PEs

    Contidos
    Teóricos:
    - I. Introdución: definición de PE e orixes neurais
    - II. Metodoloxía de rexistro: descrición do equipo para o rexistro dos PE. O sistema de emprazamento 10-20. Fontes de artefactos e métodos para o seu control. Amplificación e filtrado. A conversión analóxico-dixital. Descrición da técnica de media: razón sinal/ruído
    - III. Principais compoñentes dos PE: Definición de compoñente. Clasificación dos PE
    - IV. PE auditivos de latencia curta e media: PE auditivos de latencia curta: compoñentes e bases neurais. PE auditivos de latencia media: compoñentes e bases neurais
    - V. PE visuais: compoñentes e bases neurais dos PE visuais ante flashes e inversión de patrón.
    - VI. Introdución aos PE endóxenos: descrición de principais compoñentes

    Prácticos:
    - Introdución ao uso de equipamento para o rexistro de PE nun laboratorio de psicofisioloxía. Medidas de seguridade que hai que ter en conta
    - Procedemento de preparación do suxeito e colocación de eléctrodos de superficie (S.I. 10/20) para a adquisición de PE
    - Parámetros de adquisición dos PE
    - Parámetros de estimulación e planificación de tarefas que se van empregar para o rexistro de PE asociados a procesos psicolóxicos
    - Procesado do sinal EEG para a obtención dos PE tras a adquisición
    - Interpretación dos principais parámetros dos PE e a súa relación coa estimulación empregada e coa tarefa realizada polo suxeito experimental durante o rexistro
    - Planificación e realización dun experimento psicofisiolóxico mediante PE cunha mostra de 5-10 suxeitos

    Bibliografía básica e complementaria
    Parte teórica:
    Cacioppo, J.T., Tassinary, L.G., Berntson, G.G. (Eds.) (2000). Handbook of Psychophysiology, second edition. Capítulo 3. Cambridge, UK: Cambridge University Press
    Carretié Arangüena, L. (2001). Psicofisiología. Pirámide: Madrid. Capítulos 1 e 2.
    Hugdahl, K. (1995). Psychophysiology: The mind-body perspective. Cambridge: Harvard University Press. Capítulo 12.
    Rugg, M.D. y Coles, M.G.H. (1995). Electrophysiology of mind: event-related brain potentials and cognition. Oxford: Oxford University Press. Capítulo 1.

    Parte práctica:
    Cacioppo, J.T., Tassinary, L.G., Berntson, G.G. (Eds.) (2000). Handbook of Psychophysiology, second edition. Partes 5 e 6. Cambridge, UK: Cambridge University Press.
    Electrode Position Nomenclature Commitee (1991). American Electroencephalographic Society guidelines for standard electrode position nomenclature. Journal of Clinical Neurophysiology, 8(2), 200-202.
    Picton, T.W., Bentin, S., Berg, P., Donchin, E., Hillyard, S.A., Johnson Jr., R., Miller, G.A., Ritter, W., Ruchkin, D.S., Rugg, M.D., Taylor, M.J. (2000). Guidelines for using human event-related potentials to study cognition: Recording standards and publication criteria. Psychophysiology, 37, 127-152.
    Stern, R.M., Ray, W.J., Quigley, K.S. (2001). Psychophysiological recording, second edition. Oxford: Oxford University Press.

    Competencias
    Xerais:
    1. Capacidade de análise e síntese de documentación científica
    2. Capacidade de comunicación oral e escrita de resultados científicos
    3. Capacidade de xestión da información
    4. Capacidade de resolución de problemas
    5. Capacidade de toma de decisións
    6. Capacidade para traballar en equipo e colaborar eficazmente con outras persoas
    7. Capacidade para traballar en equipos de carácter interdisciplinar
    8. Capacidade para traballar nun contexto internacional
    9. Capacidade de razoamento crítico
    10. Compromiso ético coa investigación

    Específicas:
    1. Acadar os coñecementos e habilidades necesarios sobre a técnica dos potenciais evocados (PE) no ámbito de investigación da Neurociencia Cognitiva en xeral e da Psicofisioloxía en particular
    2. Desenvolver unha capacidade de valoración crítica das posibilidades e limitacións desta técnica na investigación básica e aplicada do comportamento humano
    3. Coñecer e dominar os principios conceptuais da técnica de PE, e as distintas modalidades de PE
    4. Coñecer e saber acceder ás fontes documentais máis importantes sobre a investigación nesta técnica psicofisiolóxica
    5. Adquirir as habilidades necesarias para o rexistro autónomo de PE, e aprender a adquirir, analizar e interpretar os rexistros de PE no marco da Neurociencia Cognitiva en xeral e da Psicofisioloxía en particular
    6. Aprender a elaborar informes de investigación (en formato escrito e oral) no marco dos estudos psicofisiolóxicos de PEs

    Metodoloxía da ensinanza
    A ensinanza desta materia basearase na combinación das sesións presenciais coa realización por parte do/a estudante de tarefas de busca de documentación orientada polas profesoras, a elaboración de informes escritos e a súa preparación para a presentación oral.

    As sesións presenciais desenvolveránse o longo de 10 semanas no segundo cuadrimestre. Consistirán, na parte teórica, en 6 seminarios (2 horas a 1ª semana, 4 horas as semanas 3ª, 5ª e 6ª, e 3 horas as semanas 9ª e 10ª). No primeiro deles, faráselles entrega aos estudantes da bibliografía específica e presentarase a dinámica de traballo para os dous seguintes. O segundo seminario consistirá na supervisión do traballo dos alumnos e na resolución de dúbidas. Nas sesións 5ª e 6ª na realización, por parte dos alumnos, dunha presentación oral dos fundamentos teóricos e metodolóxicos da técnica dos potenciais evocados. As últimas dúas sesións dedicaranse á presentación dun resumo de traballos de PE relevantes no ámbito de interese científico de cada estudante.

    Na parte práctica, as sesións presenciais realizaranse no laboratorio de Psicofisioloxía da Facultade de Psicoloxía (2 horas a 1ª semana, e 4 horas as semanas 2ª, 4ª, 7ª e 8ª). Nestas sesións ensinaráselles aos/ás estudantes o procedemento xeral de captación, rexistro e análise de PE (1ª sesión), procederase á presentación e explicación do deseño dos rexistros e análises que deberán realizar os/as estudantes (2ª sesión), posteriormente tutelarase a realización deses rexistros e análises (sesións 4ª, 7ª) e se revisarán os resultados dos rexistros e análises (8ª sesión). O día 16 de xuño os estudantes deberán entregar o informe, en formato artigo científico, dos resultados.

    A ensinanza non presencial consistirá, na parte teórica, na lectura e síntese da información proporcionada na bibliografía específica, a organización dos conceptos esenciais, a preparación dunha presentación oral en formato Power Point (ou semellante) dos fundamentos teóricos e metodolóxicos da técnica dos PE, e a elaboración dun informe escrito segundo un guión proporcionado previamente. Os estudantes deberán facer tamén un rastreo bibliográfico sobre estudos que empreguen PE na súa área de traballo, e preparar unha presentación oral que resuma o estado da cuestión.

    Na parte práctica, na realización por parte dos/as estudantes, dun informe en formato artigo científico dos resultados obtidos a partir dos rexistros realizados no laboratorio.

    Tanto na parte teórica como na práctica, existirán titorías individualizadas para resolver dúbidas e orientar o traballo do/a estudante.

    Sistema de evaluación
    A avaliación descansará esencialmente na valoración continua da execución dos/as estudantes ao longo das sesións presenciais e na corrección dos informes, tanto na parte teórica como na práctica. Cada unha das partes representa o 50 % da materia.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo total de estudo e traballo do/a estudante para superar esta materia é de 108 horas, distribuídas do seguinte xeito:
    Clases teóricas: 20 presenciais, 31 de traballo persoal; total: 51
    Clases prácticas 20 presenciais, 31 de traballo persoal; total: 51
    Titorías: 1
    Exame: 5

    Recomendacións para o estudo da materia
    Ter formación de nivel de grao nas bases biolóxicas do comportamento humano (Fundamentos de Psicobioloxía –Neurofisioloxía e Neuroanatomía–, Psicoloxía Fisiolóxica, Psicofisioloxía, Neuropsicoloxía). É recomendable que o estudante se matricule tamén nas outras materias adscritas a área de Psicobioloxía neste Posgrao, xa que complementan os contidos desta.
    Observacións
    Esta materia versa sobre unha metodoloxía de investigación moi empregada no contexto da Neurociencia Cognitiva, e máis concretamente da Psicofisioloxía. Trátase dos métodos e técnicas para a captación, rexistro, procesado e análise de potenciais evocados cerebrais (PE).

    Os PE son cambios rápidos na actividade electroencefalográfica (EEG) que se producen tras a presentación de estímulos e durante a realización de tarefas. A elevada resolución temporal coa que se producen e captan (en milisegundos) permite estudar os procesos electrofisiolóxicos cerebrais asociados a procesos psicolóxicos en tempo real, e a súa combinación con outras técnicas de análise e con técnicas neurofuncionais permite aproximarnos á localización neural deses procesos.

    A aprendizaxe dos contidos e destrezas propias desta materia capacitan a/o estudante para a realización de traballos de investigación no contexto do estudo das relacións entre comportamento e actividade electrofisiolóxica cerebral.

    DESCRITORES: Neurociencia cognitiva, psicofisioloxía, humanos, procesos psicolóxicos, EEG, PE





    1º e 2º ciclo (en extinción)