P2012203 - Procesos Psiquicos Superiores (Módulo Neurociencia Cognitiva) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 9.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 30.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Áreas: Psicobioloxía
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaOBXECTIVOS XERALES:
Ofrecer ao alumno un panorama xeral sobre o estudo dos procesos psíquicos dende a perspectiva psicobiolóxica e da Neurociencia Cognitiva.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:
- Integrar as aportacións da Psicofisioloxía e da Neuropsicoloxía ao estudo dos procesos psíquicos superiores.
- Introducir ao alumno no uso das fontes bibliográficas de referencia no ámbito da Neurociencia cognitiva.
- Estimular o espíritu crítico do alumno na súa aproximación á literatura científica, así como aos procedementos de investigación en Neurociencia Cognitiva.
ContidosContidos teóricos:
1- Procesos psíquicos superiores: Aportacións da psicofisioloxía e a neuropsicoloxía.
2- Percepción e Atención.
3- Procesos motores.
4- Memoria.
5- Linguaxe.
6- Funcións executivas.
Contidos prácticos:
1- Índices psicofisiolóxicos (potenciais evocados) dos procesos cognitivos.
2- Interpretación de datos neuropsicolóxicos.
Bibliografía básica e complementariaAndreassi, J.L. (2007). Psychophysiology: Human behavior and physiological response, 5th ed. Mahwah, NJ: Lawrence Erlbaum Assoc.
Cacioppo, J.T., Tassinary, L.G. y Berntson, G.G. (Eds.) (2007). Handbook of Psychophysiology, 3rd ed. Cambridge, UK: Cambridge Univ Press.
Carretié, L. (2001). Psicofisiología. Madrid: Pirámide.
Damasio, H. e Damasio, A.R. (1989). Lesion analysis in neuropsychology. New York: Oxford Press.
Damasio, A.R. (2001). La sensación de lo que ocurre. Madrid: Debate.
Fuster, J.M. (2003) Cortex and mind : unifying cognition. Oxford: Oxford University Press.
Gil, R. (1999). Neuropsicología. Barcelona: Masson.
Junqué, C. e Barroso, J. (2009). Manual de Neuropsicología. Madrid: Síntesis.
Lezak, M.D. (2004). Neuropsychological Assessment. New York: Oxford University Press (Sección I, pp. 1-334).
Mitrushina, M., Boone, K.B., Razani, J., D'Elia, L.F. (2005) Handbook of normative data for neuropsychological assessment. New York : Oxford University.
Rains, G.D. (2004) Principios de Neuropsicología Humana. Madrid: McGraw-Hill.
Competencias- Coñecemento das bases anatomofuncionais dos procesos psíquicos.
- Capacidade de integración dos datos procedentes de diferentes perspectivas: psicofisiolóxica e neuropsicolóxica.
- Capacidade para o manexo de diferentes fontes documentais.
- Capacidade para manexar información e realizar revisións críticas da literatura científica en diferentes idiomas.
- Capacidade para desenvolver as diferentes fases dunha investigación en Neurociencia Cognitiva.
Metodoloxía da ensinanza Clases presenciais (seminarios, sesións de debate, prácticas de laboratorio...) e actividades dirixidas (búsquedas bibliográficas, revisións críticas, informe de investigación....).
Sistema de evaluaciónRealizarse unha avaliación continua na que se terán en conta:
- A participación activa nas clases teóricas e prácticas, e nos debates.
- A execución de rexistros psicofisiolóxicos e a avaliación neuropsicolóxica.
- A elaboración e presentación dun informe no que se integren, de forma crítica, os contidos teóricos cos resultados das probas neuropsicolóxicas e os rexistros psicofisiolóxicos.
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo total de estudo e traballo do estudante para superar esta materia será de 75 horas das que 27 horas serán presenciais (18 h. de contidos teóricos, 9 h de prácticas), 45 horas serán non presenciais (traballo autónomo individual ou en grupo, e horas de estudio) e 3 h serán de titoría en grupos reducidos ou individualizadas.
Recomendacións para o estudo da materiaTer formación de nivel de grao nas bases biolóxicas do comportamento humán (Fundamentos de Psicobioloxía -neurofisioloxía e neuroanatomía-, Psicoloxía Fisiolóxica, Psicofisioloxía, Neuropsicoloxía). En canto ao posgrao, é necesario que o estudante curse a materia “Técnicas psicofisiolóxicas”; e recomendable que se matricule nas outras materias adscritas á área de Psicobioloxía, así como en materias sobre neuroimaxe, xa que fundamentan os contidos desta.
ObservaciónsEsta materia versa sobre as bases biolóxicas dos procesos psíquicos complexos e abórdaos dende dúas perspectivas diferentes pero complementarias: psicofisiolóxica e neuropsicolóxica. Esto contribúe a que o estudante comprenda a importancia da abordaxe multidisciplinar dos temas de estudo.
A aprendizaxe dos contidos e destrezas propias desta materia capacitan ao estudante para realizar propostas de investigación no contexto da Neurociencia cognitiva.