P2012209 - Fundamentos de Neuroloxía (Módulo Neurociencia Cognitiva) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 4.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 5.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 30.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Medicina
- Áreas: Medicina
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaA primeira definición amplamente admitida da Neuroloxía foi proposta no ano 1918 por von Monakow. Segundo este autor, a Neuroloxía é a ciencia da estrutura e función do sistema nervioso en estado de saúde e de enfermidade. Dende entón a Neuroloxía constitúese como a parte da Neurociencia cunha maior utilidade práctica para o ser humano. Posteriormente, no ano 1957, durante o Primeiro Congreso Internacional de Ciencias Neurolóxicas, celebrado en Bruxelas, aceptouse a definición proposta por Sir Francis Walshe, que aínda segue vixente nos nosos días: "A Neuroloxía é a ciencia que estuda a morfoloxía e fisioloxía do sistema nervioso, a súa química e a súa física, en estado normal e alterado pola enfermidade e a agresión... para un fin práctico: a curación e a prevención da enfermidade que afecta ao sistema nervioso humano".
Este fin pragmático da Neuroloxía é o que obriga ao desenvolvemento dunha investigación translacional, que dende o traballo de disciplinas básicas busca a aplicabilidade destes para aliviar as enfermidades neurolóxicas, que na actualidade constitúen a primeira causa de morbilidade e de mortalidade no noso medio. O envellecemento da poboación implica un incremento progresivo das enfermidades neurodexenerativas, que seguirá en progresión polo menos durante os próximos 50 anos.
Dende estas bases planificouse esta materia de Neuroloxía para alumnos de MÁSTER EN NEUROCIENCIAS: coñecemento das enfermidades neurolóxicas humanas e da aplicabilidade da investigación básica e clínica na busca de novos coñecementos sobre a estrutura e función do sistema nervioso normal e alterado pola enfermidade e na identificación de novas dianas diagnósticas, prognosticas e, sobre todo, terapéuticas.
ContidosPrograma teórico (7 h)
1) Presentación do curso
2) Neuroloxía Concepto, obxectivos, método. A exploración neurolóxica. Clasificación das
enfermidades neurolóxicas. Epidemioloxía.
3) A investigación en neuroloxía. O método experimental. A investigación translacional. Liñas de
investigación en neuroloxía.
4) Enfermidades neurodexenerativas e sistema nervioso periférico.
5) Enfermidades cerebrovasculares infecciosas e tumorais do sistema nervioso.
6) Manifestacións psicolóxicas das enfermidades neurolóxicas.
7) Enfermidades desmielinizantes, neurometabólicas e neuronutricionales.
Clases interactivas (20 h)
1) Aplicación de modelos animais na investigación neurolóxica.
Práctica: Cirurxía e exploración funcional dun modelo animal de ictus
2) Técnicas avanzadas de neuroimxe I: Resoancia Magnética.
Práctica: Evolución de lesións cerebrovasculares mediante técnicas de RM avanzadas
3) Aplicación dos cultivos celulares na investigación neurolóxica.
Práctica: Cultivos celulares neuronais, modelo de isquemia cerebral
4) Métodos bioquímicos aplicados á investigación das enfermidades neurolóxicas.
Práctica: Estudos bioquímicos/citolóxicos de mostras de sangue periférico
5) Técnicas avanzadas de neuroimaxe II: Resoancia magnética funcional.
Práctica: Resoancia magnética funcional en animal san/isquémico
Bibliografía básica e complementariaZARRANZ, J.J. Neurología. Elsevier Science. Madrid, 2003.
BRADLEY, W.G., DAROFF, R.B., FENICHEL, G.M., MARSDEN, C.D. (eds) Neurology in Clinical Practice. Butterworth Heinemann, Boston, 2005.
VICTOR, M., ROPPER, A.H. (eds) Principles of Neurology. McGraw Hill. New York, 2004.
CompetenciasPreparar o alumno para o coñecemento do método neurolóxico e da neuroloxía dotándoo de:
1) Formación metodolóxica para recoller e medir os fenómenos producidos pola enfermidade, así como o coñecemento das técnicas experimentais que exploran as causas dos mecanismos das enfermidades neurolóxicas e a súa posible modificación pola terapéutica.
2) Afondamento en modelos experimentais en investigación neurolóxica, con espírito trasnacional cara a problemas reais na práctica clínica neurolóxica, intentando espertar o interese do alumno pola investigación.
3) Adestrar o alumno no manexo de bibliografía especializada, así como no uso das TIC para preparar a materia.
Metodoloxía da ensinanza Desenvolveuse un programa estruturado en horas teóricas, de asistencia obrigatoria e no que se impartirá o coñecemento teórico necesario. Realizaranse prácticas no Laboratorio de Neurociencias Clínicas por parte dun equipo interdisciplinar de investigadores experimentados, incluíndo médicos, biólogos, químicos e físicos. O alumno coñecerá de primeira man as técnicas experimentais máis avanzadas no campo das neurociencias. Finalmente pediráselles aos alumnos que presenten unha memoria sobre un tema relacionado coa neuroloxía.
Sistema de evaluación1) A asistencia é obrigatoria e indispensable para ser avaliado.
2) Presentación dunha memoria escrita sobre un tema relevante para o curso
3) Presentación oral resumindo o traballo práctico realizado (simulacro de comunicación a congreso científico)
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA Horas
Clases expositivas 7
Clases interactivas: Seminarios ou prácticas 20
Actividades de avaliación 3
Total horas de traballo presencial 30
Estudo individual 15
Elaboración de memorias de prácticas, traballos 30
Total horas de traballo persoal do estudante 45
Recomendacións para o estudo da materia- Asistencia e participación activa nas clases e seminarios.
- Traballo activo no laboratorio de investigación (manexaranse animais de experimentación)
- Estudo e revisión da materia impartida, utilizando material bibliográfico.
- Aclaración cos profesores de posibles dúbidas.