Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Bioloxía  »  Información da Materia

P2012213 - Neurofarmacoloxía (Módulo Neurobioloxía Celular e Molecular) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 25.00
  • Clase Interactiva Seminario: 4.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 30.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Farmacoloxía, Departamento Externo
  • Áreas: Farmacoloxía, Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Facultade de Bioloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Cadavid Torres, María Isabel.SI
Fontenla Gil, José Angel.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Fluidez e propiedade na comunicación oral e escrita.
    - Capacidade de aplica-los principios xerais a situacións reais.
    - Habilidade / capacidade de traballo individual, en pequeno grupo i en equipos pluridisciplinares, conxugando visións especializadas, intermedias e de conxunto.
    - Capacidade para acceder a fontes de información, seleccionala, preparala e presentala dun modo axeitado nos seminarios

    Contidos
    Principios xerais de farmacoloxía e neurofarmacoloxía
    1. Introdución ás ciencias farmacolóxicas
    2. Farmacocinética básica. Factores que determinan a absorción, distribución, metabolismo e excreción dos fármacos. Paso da barreira hematoencefálica e acceso dos fármacos ao sistema nervioso central.
    3. Farmacodinamia xeral. Mecanismos xerais da acción dos fármacos, fármacos específicos e inespecíficos. Lugares diana nucleicos e proteicos.
    4. Os receptores farmacolóxicos: axustados a canles, con actividade encimática, intracelulares, axustados a proteínas G. Interaccións fármaco-receptor e curvas doses-resposta, afinidade e eficacia, a súa cuantificación.
    5. Variacións farmacodinámicas e farmacocinéticas en relación coa resposta aos fármacos: regulación dos receptores, variables farmacoxenéticas, interaccións e reaccións adversas.
    6. Descubrimento e desenvolvemento de fármacos en neuropsicofarmacoloxía. Pasos requiridos para que un novo fármaco sexa aprobado para uso humano.
    Psicofarmacoloxía
    7. Farmacoloxía da ansiedade e insomnio
    8. Farmacoloxía da depresión
    9. Farmacoloxía dos trastornos obsesivo-compulsivos, desordes de pánico e fobias
    10. Farmacoloxía dos desordes da alimentación
    11. Farmacoloxía da esquizofrenia
    12. Farmacoloxía das dependencias e adiccións
    Neurofarmacoloxía
    13. Farmacoloxía da enfermidade de Parkinson
    14. Farmacoloxía da enfermidade de Alzheimer
    15. Farmacoloxía da deterioración cognitiva e demencias
    16. Farmacoloxía das escleroses
    17. Farmacoloxía da epilepsia e convulsións



    PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS
    Práctica 1. Funcionamento dunha plataforma de screening de psicofármacos
    Práctica 2. Estudo de fármacos útiles en enfermidades neurodexenerativas

    SEMINARIOS
    Deseños de fervenzas de screening para programas de descubrimento de neuropsicofármacos.
    Os alumnos prepararán os traballos programados utilizando a bibliografía proporcionada e a de máis recente aparición concernente ao tema proposto

    Bibliografía básica e complementaria
    Di Chiara G (ed) Handbook of experimental pharmacology (vol 154/I and 154/II) Dopamine in the CNS. Springer-Verlag, Berlin, 2002.
    Holden C. Drugs and placebos look alike in the brain. Science 2002; 295:947-8.
    Kobiler, D.; Lustig, S.; Shapira, S. (eds) Blood-brain barrier, drug delivery and brain pathology. Kluwer Academic / Plenum Publishers, New York, 2001.
    Miras, M. T. Enfermedades neurales y neurodegenerativas, nuevos avances moleculares y farmacológicos. Instituto de España, 2004.
    Rethinking Drug Discovery. Series of articles in Science Vol. 303, March 19, 2004. Páginas 1795-1822. Páginas: 1795-1799.
    Stahl, S.M. Essential psychopharmacology, Cambridge University Press, Cambridge, MA, 2000.

    Competencias
    Tras completa-lo curso, os estudantes serán capaces de:
    - Describi-las dianas terapéuticas, receptores, canais, transportadores, enzimas, así como as súas rutas de señalización e os mecanismos transduccionales relevantes para las acciones de los fármacos, incluindo os modernos conceptos de caracterización conformacional.
    - Describir como os fármacos, a nivel molecular, afectan á transmisión de sinais, nos trastornos neuropsiquiátricos, os seus mecanismos e accións.
    - Describi-los efectos dos fármacos nos signos e síntomas dos trastornos neuropsiquiátricos e a súa relación cos seus mecanismos moleculares de acción.

    Metodoloxía da ensinanza
    TRABALLO PRESENCIAL NO AULA

    Clases expositivas 22 horas
    Clases interactivas: Seminarios ou prácticas 4 horas
    Titorías en grupos reducidos ou individualizadas 1 hora
    Actividades de evaluación 3 horas

    Total horas de traballo presencial 30



    TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO

    Estudo individual 35 horas
    Elaboración de memorias de prácticas, traballos 10 horas

    Total horas de traballo persoal do estudante 45

    Sistema de evaluación
    - Examen teórico (50% da nota final): os alumnos deberán superar un exame sobre os contidos do curso, o aprobado está en 5 sobre 10.

    - Traballo en equipo (30% da nota final) os alumnos deben participar obligatoriamente nos equipos que se formen e cada un deles deberá responsabilizarse da adecuada realización do traballo que lle corresponda, o cal será asignado de mutuo acordo entre eles (valorarase a calificación que lle otorgue cada un dos seus compañeiros de equipo polo traballo realizado). Ademais, deberá participar nas exposicións que lle correspondan.

    - Evaluación continuada (20% da nota final). É obrigatoria a asistencia ás clases, seminarios e prácticas. En todo momento terase en conta a participación/implicación do estudante ao longo do curso.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    VER METODOLOXIA DE APRENDIZAXE
    Recomendacións para o estudo da materia
    Estudar os contidos resolver as dudas conceptuais. É importante relacionar os conceptos básicos ó longo da materia.
    Utilizar a bibliografía recomendada e aclarar conceptos para afianzar coñecementos e adquirir destreza na resolución de problemas.




    1º e 2º ciclo (en extinción)