Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Bioloxía  »  Información da Materia

P2012215 - Desenvolvemento do Sistema Nervioso (Módulo Neurobioloxía Celular e Molecular) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 2.00
  • Clase Interactiva Seminario: 7.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 30.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Bioloxía Celular e Ecoloxía
  • Áreas: Bioloxía Celular
  • Centro: Facultade de Bioloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Adrio Fondevila, Maria Fatima.SI
RODRIGUEZ-MOLDES REY, Ma ISABEL.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Coñecer a base celular e molecular do desenvolvemento do sistema nervioso.
    - Coñecer as técnicas experimentais e modelos animais que se utilizan para a súa investigación.
    - Adestrarse no manexo de bibliografía especializada.
    Contidos
    PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS.
    1.- Xeneralidades. Aspectos comparativos do desenvolvemento neural en vertebrados e invertebrados. Orixe embrionaria do sistema nervioso de vertebrados. Neurulación. Indución neural. Conceptos de determinación e diferenciación. Desenvolvemento temperán do encéfalo. Análise das técnicas experimentais básicas empregadas nos estudos de desenvolvemento do sistema nervioso.
    2.-Polaridade e rexionalización do sistema nervioso. Establecemento dos eixos antero-posterior e dorso-ventral. Formación das principais subdivisións do encéfalo. Neuromería. Patróns de expresión xénica.
    3.- Organización histolóxica do sistema nervioso central ao longo do desenvolvemento. Formación das zonas básicas na medula espiñal. Formación do cerebelo. Formación do córtex cerebral.
    4.- Morfoxénese no sistema nervioso central. Proliferación celular, migración, diferenciación e morte celular. Neuroxénese e glioxénese. Xeración da diversidade neuronal. Adhesión celular e guía por contacto. Selección de branco. Formación de sinapses. Refinamento da conectividade sináptica. Formación de mapas de proxección neuronal.
    5.- A crista neural e a morfoxénese do sistema nervioso periférico. Especificación e rexionalización da crista neural. Crista neural troncal e cranial. Vías e mecanismos de migración das células da crista neural. Diferenciación das células da crista neural.
    6.- Desenvolvemento dos órganos dos sentidos. Placodas. Desenvolvemento do oído. Desenvolvemento do olfacto. Desenvolvemento do ollo e formación de mapas.

    PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS.
    Práctica 1. Análise comparada do desenvolvemento do sistema nervioso en vertebrados: observación á lupa de embrións de polo e rato, e estudo neuroanatómico ao microscopio óptico de seccións de embrións de polo e rato.
    Práctica 2. Estudo da morfoxénese do encéfalo e ollo mediante marcadores de proliferación, migración, diferenciación e morte celular.

    SEMINARIOS
    Cada alumno/a deberá realizar un seminario dalgún tema relacionado co desenvolvemento do sistema nervioso, para o que utilizará artigos e revisións científicas recentes. Ditos seminarios deberán ser expostos polos/las estudantes e debatidos na aula.

    Bibliografía básica e complementaria
    Brown M, Keynes R, Lumsden A. The Developing Brain. Oxford: Oxford University Press. 2001.
    Butler AB, Hodos W. Comparative Vertebrate Neuroanatomy. New York: Wiley-Liss.1996 (1ª ed.). 2005 (2ª ed.)
    Cowan WM, Jessel TM, Zipursky SL, eds. Molecular and Cellular Approaches to Neural Development. Oxford: Oxford University Press. 1997.
    Gage FH, Kempermann G, Song H (eds.) Adult neurogenesis. Cold Spring Harbor, New York. 2008
    Gilbert SF. Developmental Biology. Massachusetts: Sinauer Associates. 2010 (9ª ed.).
    Jacobson M. Developmental neurobiology. New York: Plenum Press. 1993 (3rd ed., [2nd printing]).
    Mueller T, Wullimann M. Atlas of Early Zebrafish Brain Development. Elsevier. 2005.
    Nieuwenhuys R, ten Donkelaar HJ, Nicholson C, eds. The Central Nervous System of Vertebrates. Vols. 1-3. Berlin: Springer-Verlag. 1998.
    Paxinos G, Ashwell KWS, Törk I. Atlas of the developing rat nervous system. San Diego: Academic Press, 1994 (2nd ed)
    Puelles L. Neuroanatomía. Médica Panamericana: Madrid. 2008.
    Rao MS, Jacobson M. Developmental neurobiology. New York : Kluwer Academic / Plenum Publishers, 2005 (4th ed)
    Sanes DH, Reh TA, Harris WA. Development of the Nervous System. California: Academic Press. 2012 (3º ed.).
    Squire LR, Bloom FE, McConnell SK, Roberts JL, Spitzer NC, Zigmond MJ. Fundamental Neuroscience. San Diego: Academic Press. 2003.
    Wolpert L, Jessell T, Lawrence P, Meyerowitz EM. Principios del desarrollo. Médica Panamericana: Madrid. 2009 (3ª ed).
    Zigmond MJ, Bloom FE, Landis SC, Roberts JL, Squire LR. Fundamental Neuroscience. San Diego: Academic Press. 1999

    Competencias
    O alumnado deberá posuír e potenciar as seguintes competencias e destrezas xenéricas:
    - Compromiso persoal de esforzo para a aprendizaxe.
    - Capacidade de análise e síntese.
    - Habilidades para conseguir analizar información dende diferentes fontes.
    - Capacidade de crítica e autocrítica.
    - Capacidade para aplicar a teoría á práctica.

    Metodoloxía da ensinanza
    Utilizaránse:
    - Clases maxistrais.
    - Prácticas de laboratorio.
    - Seminarios impartidos polos/las estudantes.

    Sistema de evaluación
    Para a superación da materia será obrigatoria a asistencia ás clases e a realización de seminarios, prácticas e exame de teoría. A puntuación máxima total que se poderá acadar é de 10 puntos e con 5 puntos terase superada a materia. Os 10 puntos repartiranse do seguinte xeito:
    - O exame de teoría representará o 50% da nota final.
    - A realización e exposición dos seminarios suporá o 30% da nota final.
    - A asistencia e participación nas prácticas suporá un 10% da nota final.
    - A asistencia e participación nas clases teóricas suporá o 10% da nota final.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    3 créditos ECTS, calculando 27 horas por crédito (presenciais e non presenciais) temos un total de 81 horas que repártense do seguinte xeito:
    34 horas de DOCENCIA (presenciais) distribuidas entre Teoría (18 h), Seminarios (7h), Prácticas (2h), Titorías (3h) e realización do exame teórico (4h); e 47 h de Traballo PERSOAL (non presenciais) do alumnado que inclúen as horas adicadas ao estudo da teoría (34 h), á preparación dos seminarios (15h).

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistencia e participación activa nas clases e seminarios.
    - Estudo e revisión periódica da materia impartida, utilizando material bibliográfico para comprender e afondar na información obtida nas clases.
    - Aclaración co profesorado das posibles dúbidas .





    1º e 2º ciclo (en extinción)