P2012217 - Neuroanatomía Comparada (Módulo Neurobioloxía Celular e Molecular) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 20.50
- Clase Interactiva Laboratorio: 4.50
- Clase Interactiva Seminario: 4.50
- Horas de Titorías: 0.50
- Total: 30.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Bioloxía Celular e Ecoloxía
- Áreas: Bioloxía Celular
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia- Coñecer as bases teóricas e experimentais do estudio da organización do sistema nervioso.
- Entende-la organización funcional das principais estructuras do sistema nervioso central e periférico.
- Usa-los principios da morfoloxía comparada como ferramenta para a interpretación e comprensión dos sistemas nerviosos nos diferentes grupos.
- Adestrase no manexo de bibliografía especializada, así como no uso das TIC para preparar a materia.
Contidos1. Introducción á Neuroanatomía Comparada. O desenvolvemento do sistema nervioso nos vertebrados e a homoloxía das rexións encefálicas.
2. Visión comparada dos compoñentes do sistema nervioso: neuronas, glia, vasos e meninxes.
3. Neuroanatomía química: una visión comparada. Principias neurotransmisores, neuropéptidos e receptores.
4. O sistema nervioso dos deuterostomos primitivos: O sistema nervioso do amphioxus como Cordado modelo.
5. Receptores cutáneos e propiorreceptores: circuítos funcionais. Principios organizativos da medula espiñal nos vertebrados.
6. Os nervios craniais: categorías e o seu significado funcional.
7. Orixe e organización comparada do labirinto nos vertebrados. Vías e centros octavolaterais. O cerebelo e a súa evolución nos vertebrados.
8. Organización do istmo e do mesencéfalo en vertebrados. Sistemas reticulares do tronco cerebral. Sistemas catecolaminérxicos, serotoninérxicos e colinérxicos do tronco cerebral.
9. Organización comparada da retina dos vertebrados. Vías ópticas e centros visuais.
10. Organización comparada do diencéfalo. Modelos clásicos e segmentarios de organización. Epitálamo: Complexo pineal e habénulas. Tálamos.
11. Hipotálamo. Eixe hipotálamo-hipofisario. Órganos circumventriculares. O saco vasculoso.
12. Principios de organización do telencéfalo de vertebrados. Sistemas comisurais na evolución. Palio e Subpalio. Ganglios da base.
13. Evolución do palio e as súas conexións. Corteza piriforme. Amígdala. Hipocampo e sistema límbico.
14. A isocorteza dos mamíferos. As áreas corticais. Relacións con estructuras subcorticais.
15. O sistemas olfatorio, vomeronasal e do nervio terminal na evolución.
16. Organización comparada do sistema nervioso autónomo de vertebrados: SNA simpático e parasimpático.
17. Sistemas nerviosos nos celentéreos: redes neurais e órganos sensoriais.
Ganglios cerebroides e cordóns nerviosos nos anélidos. Cadea ganglionar ventral. Fibras xigantes.
18. O sistema nervioso dun animal modelo: Caenorhabditis elegans.
19. Sistemas nerviosos de moluscos. Os cefalópodos: bases da organización do cerebro.
20. O sistema nervioso dos artrópodos: nocións comparadas. Neuroanatomía experimental de insectos.
Práctica 1. Uso de mapas cerebrais. Caracterización das rexións e principais núcleos e tractos en seccións do encéfalo de peixes ou anfibios.
Práctica 2. Análise de seccións de encéfalos marcados con trazadores e con técnicas inmunohistoquímicas.
Práctica 3. Interpretación de seccións representativas do encéfalo de rata e mono.
Bibliografía básica e complementariaLibros
Ariëns Kappers, Huber e Crosby, Comparative Anatomy of the Central Nervous System of Vertebrates, including man, Hafner, New York, 1967.
Bolam, Experimental Neuroanatomy: A Practical Approach, IRL Press, Oxford, 1992.
Bullock e Horridge, Structure and Function in the Nervous System of Invertebrates, Freeman, San Francisco, 1965.
Butler e Hodos, Comparative Vertebrate Neuroanatomy, Wiley-Liss, New York, 1995, ou a 2nda edición (2005)
Delgado e outros, Manual de Neurociencia, Síntesis, Madrid, 1998.
Eccles, La Evolución del Cerebro: creación de la conciencia, Labor, Barcelona, 1992.
Emson, Chemical Neuroanatomy, Raven, New York, 1983.
Jerison, Evolution of the Brain and Intelligence, Academic Press, New York, 1973.
Kaas, Evolution of Nervous Systems, 4 volumes, Academic Press, 2007.
Kandel, Schwartz e Jessell, Principios de Neurociencia, 4ª ed., McGraw-Hill, 2001.
Kuhlenbeck, The Central Nervous System of Vertebrates, 5 vols., Karger, Bassel, 1967.
Laget, Éléments de neuro-anatomie fonctionnelle, 5 vols., Masson, Paris, 1973-76.
McGeer, Eccles e McGeer, Molecular Neurobiology of the Mammalian Brain, Plenum Press, London, 1987.
Nieuwenhuys e outros, The Central Nervous System of Vertebrates, 3 vols., Springer Verlag, Berlín, 1998.
Nilsson e Holmgren, Comparative Physiology and Evolution of the Autonomic Nervous System, Hardwood Academic Publishers, 1993.
Paxinos, The Rat Nervous System, 3ª ed., Academic Press, New York, 2004.
Pick, The Autonomic Nervous System: Morphological, Comparative, Clinical and Surgical Aspects, Lippincott, Philadelphia, 1970.
Purves e outros, Invitación a la Neurociencia, Editorial Médica Panamericana, Madrid, 2001.
Ramón y Cajal, Histologie du Système Nerveux de l’Homme et des Vertebrées, A. Maloine, París, 1909-1911. Reimpreso polo C.S.I.C., Madrid, 1952.
Sarnat e Netsky, Evolución del Sistema Nervioso, Blume, Madrid, 1976.
Sarnat e Netsky, Evolution of the Nervous System, 2.ª ed., Oxford UP, New York, 1981.
Shepherd, The Synaptic Organization of the Brain, 4.ª ed., Oxford UP, Oxford, 1998.
Wullimann, Rupp e Reichert, Neuroanatomy of the Zebrafish Brain: a Topological Atlas, Birkhäuser, Basel, 1995.
Young, La vida de los vertebrados, Omega, Barcelona, 1977.
Young, The Anatomy of the Nervous System of Octopus vulgaris, Clarendon Press, Oxford, 1971.
Zigmond e outros, Fundamental Neuroscience, Academic Press, San Diego, 1999.
BASES DE DATOS:
- ENTREZ, Pubmed:
http://www.ncbi.nlm.nih.gov/entrez/query.fcgi?db=PubMed
Imaxes de seccións de cerebros:
- Comparative Mammalian Brain Collections:
http://brainmuseum.org/
- High Resolution Mouse Brain Atlas - Harvard Medical School
http://www.hms.harvard.edu/research/brain/
- Fruit Fly Brain Atlas - University of Arizona
http://flybrain.neurobio.arizona.edu/Flybrain/html/atlas/index.html
Revistas:
- The Journal of Comparative Neurology (dende 1891, revista de referencia en Neuroanatomía Comparada. Dende 1996, tese acceso en liña desde a USC ó texto completo dos traballos):
http://www3.interscience.wiley.com/cgi-bin/jhome/
- Brain Research. (Dende 1999, tese acceso en liña desde a USC ó texto completo dos traballos)
CompetenciasO alumno deberá potencia-las seguintes competencias e destrezas xenéricas:
- Fluidez e propiedade na comunicación oral e escrita tanto nas linguas propias da comunidade como en inglés.
- Habilidades para obter e analizar información dende diferentes fontes.
- Capacidade de crítica e autocrítica.
- Capacidade de inducción para interrelaciona-la teoría e a práctica.
- Habilidade para traballar de forma autónoma e en equipo.
- Capacidade de comparación e integración de información obtida de imaxes microscópicas e macroscópicas de sistemas nerviosos de vertebrados.
Metodoloxía da ensinanza Utilizaranse:
- Clases maxistrais
- Seminarios impartidos polos alumnos
- Prácticas utilizando as salas de microscopía e as bases de datos dispoñibles.
Sistema de evaluación- A asistencia e participación nas clases suporá o 30% da nota final.
- A asistencia a prácticas é necesaria para a superación da mesmas. O traballo feito nas prácticas suporá un 30% da nota final.
- Os alumnos deben superar un exame teórico que representará o 20% da nota final. O aprobado está en 5 sobre 10.
- Os alumnos tamén deben obrigatoriamente participar e expoñer os seminarios que lle sexan asignados polo profesor, o que suporá o 20% da nota final.
Tempo de estudo e traballo persoal3 créditos ECTS, calculando 27 horas por crédito (presenciais e non presenciais) temos un total de 81 horas que se reparten da seguinte maneira:
- Teoría: 20 horas presenciais e 25 horas de traballo persoal (horas totais: 45)
- Asistencia, preparación e exposición de seminarios: 4 horas presenciais e 17,5 horas de traballo persoal (horas totais: 21,5)
- Clases prácticas: 6 horas presenciais e 6 horas de traballo persoal (horas totais: 12)
- Titorías personalizadas: 0,5 horas.
- Exame teórico: 2 horas.
Recomendacións para o estudo da materia- Asistencia e participación activa nas clases e seminarios.
- Estudio e revisión periódica da materia impartida, utilizando material bibliográfico para comprender e asimilar a información obtida nas clases.
- Aclaración co profesor de posibles dúbidas.