P1072101 - Bioloxía dos animais acuícolas cultivables (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 15.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Departamento Externo
- Áreas: Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaAprendizaxe da morfoloxía externa e interna dos animais que se cultivan. Coñecemento dos seus modos de vida e de comportamento, non somentes das súas fases xuvenís e adultas senón tamén larvarias. Comprensión do funcionamiento dos órganos. Dominio da reproducción, o desenvolmento embrionario, larvario e a metamorfosis. Dado que o éxito de calquer cultivo depende en gran medida da comprensión dos ciclos de vida das especies e da súa ecoloxía, se poñerá énfasis no coñecemento dos ciclos vitais das especies e en cómo a súa comprensión é esencial á hora de desenvolver un cultivo con éxito, ben sexa experimental ou industrial
ContidosTemario teoría
INTRODUCCION. Concepto e características das especies cultivables. Principais grupos de especies cultivables
MOLUSCOS
2.1. Características xerais. Clasificación. Moluscos cultivables.
2.2. Gasterópodos. Morfoloxía externa. Modos de vida. Sistema nervioso e órganos dos sentidos. Locomoción. Alimentación. Circulación de agua e intercambio gaseoso. Excreción. Transporte interno. Reproducción. Desenvolvemento embrionario e larvario. Metamorfose. Ciclo de vida de Haliotis spp.
2.3. Bivalvos. Morfoloxía externa. Modos de vida. Sistema nervioso e órganos dos sentidos. Locomoción. Alimentación. Circulación de agua e intercambio gaseoso. Excreción. Transporte interno. Reproducción. Desenvolvemento embrionario e larvario. Metamorfose. Ciclos de vida das principais cultivables
2.4. Cefalópodos cultivables. Morfoloxía externa. Modos de vida. Sistema nervioso e órganos dos sentidos. Locomoción e flotabilidade. Alimentación. Intercambio gaseoso. Excreción. Transporte interno. Reproducción. Desenvolvemento. Ciclos de vida das principais especies cultivables.
CRUSTACEOS.
3.1. Características xerais. Clasificación. Crustáceos cultivables.
3.2. Decápodos. Morfoloxía externa. Modos de vida. Sistema nervioso e órganos dos sentidos. Locomoción. Alimentación. Circulación de agua e intercambio gaseoso. Excreción. Transporte interno. Crecemiento e muda. Reproducción. Desenvolvemento embrionario e larvario. Metamorfose. Ciclos de vida das principais especies cultivables.
3.3. Outros crustáceos cultivables (misidáceos, copépodos, branquiópodos).
PECES
4.1. Características xerais. Clasificación. Peces cultivables. Morfoloxía externa. Modos de vida. Sistema nervioso e órganos dos sentidos. Locomoción. Alimentación. Circulación de agua e intercambio gaseoso. Excreción. Transporte interno.
4.2. Crecemento. Reproducción. Desenvolvemento embrionario e larvario. Metamorfose. Ciclos de vida das principais especies cultivables
Temario Prácticas
1. Moluscos: Estudo das diferenzas morfológicas entre as distintas especies cultivables ou potencialmente cultivables. Estudo exhaustivo da anatomía interna comparada mediante disección de bivalvos e cefalópodos.
2. Crustáceos. Estudo das diferenzas morfológicas entre as distintas especies cultivables ou potencialmente cultivables. Estudo exhaustivo da anatomía interna.
3. Peces. Estudo da morfología externa de distintas especies cultivables ou potencialmente cultivables. Parámetros merísticos utilizados no seguimento do crecemento en cultivo. Estudo exhaustivo da anatomía interna comparada mediante disección. Determinación con claves de distintas especies.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
Barnabé, G. 1996. Bases biológicas y ecológicas de la acuicultura. Acribia, Zaragoza, 519 pp.
Boyle, P.R. (ed.) 1983. Cephalopod Life Cycles. Vol. 1. Species Accounts. Academic Press, London.
Boyle, P.R. (ed.) 1987. Cephalopod Life Cycles. Vol. 2. Comparative Reviews. Academic Press, London.
Brusca, RC & Brusca GJ. (2005) Invertebrados. 2ª Edición. McGraw-Hill.
Colignon, J. 1991. Écologie et biologie marines. Introduction à l’halieutique. Masson, Paris, 298 pp.
Hart PJB & Reynolds JD (2002). Handbook of fish biology and fisheries. Blackwell
Kardong, KV (1999). Vertebrados: anatomía comparada, función, evolución. McGraw-Hill. Interamericana
Mangold, K. (Editor) 1989. Céphalopodes. Traité de Zoologie. Anatomie, Systématique, Biologie (P. P. Grassé, editor). Tome 5, Fascicule 4. Masson, Paris, 804 pp.
Bibliografía complementaria:
Bauer, RT & Martin, JW (1991). Crustacean sexual biology. Columbia University Press.
Fernández Domonte, F.A. (dir. tecn.). 1995. Guía para a identificación dos mariscos en Galicia. Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, Xunta de Galicia, 64 pp.
Guerra, A. 1992. Mollusca, Cephalopoda. En: Fauna Ibérica, Vol. 1. Ramos, M.A. et al. (Eds.). Museo Nacional de Ciencias Naturales. CSIC. Madrid.
Jereb, P. y Roper, C.F.E. (eds.) 2005. Cephalopods of the world. An annotated and illustrated catalogue of cephalopod species known to date. Vol. 1. Chambered nautiluses and sepioids (Nautilidae, Sepiidae, Sepiolidae, Sepiadariidae, Idiosepiidae and Spirulidae). FAO Species Catalogue for Fishery Purposes, Nº4, Vol 1. Roma, FAO.
Mizzaro-Wimmer, M. & Salvini-Plawen, L. 2001. Praktische Malakologie. Springer. 188 pp.
Padilla, F. 1998. Biología, una introducción a la diversidad de formas vivientes. Servicio de Publicaciones, Universidad de Córdoba, 440 pp.
Ramonell, R. 1985. Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo, 293 pp.
Recursos web:
Cefalópodos: www.thecephalopodpage.org/
Outros materiais de apoio:
Aos alumnos facilitaráselles bibliografía tanto xeral como específica. Esta última proporcionaráselles como documentos PDF que terán á súa disposición nas plataformas de teledocencia das universidades implicadas. As presentacións utilizadas nas clases teóricas tamén estarán á súa disposición en devandita plataforma. Esta plataforma tamén se utilizará para consultar dúbidas, tutorizar a distancia aqueles alumnos que non se atopen na universidade onde o profesor imparte a súa docencia
CompetenciasCompetencias xeráis:
• CX01- Adquisición de capacidades de análise e prospeción sobre a situación actual e futura da acuicultura.
• CX02- Apreciar a importancia do debate e traballo en equipo, a comunicación interpersoal e a responsabilidade.
• CX03- Valorar a importancia dos análises multidisciplinares e a relación entre coñecementos para a resolución de problemas e análises de puntos críticos.
• CX04- Utilizar as terminoloxías científicas adecuadas.
• CX05- Redactar e defender informes profesionais e publicacións científicas, fomentando a expresión audiovisual, oral e escrita.
• CX06- Atopar as fontes de información e bases de datos necesarias; consultalas e analizar e sintetizar documentos.
• CX07- Contribuir a incrementar o coñecemento plantexando e desenrrolando proxectos de investigación e cultivo.
• CX08- Potencialo manexo de idiomas estranxeiros
• CX09- Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo
• CX10- Capacidade de traballar de forma individual no deseño experimental, amosando autonomía no traballo de laboratorio.
Competencias específicas
• CE02- Coñecemento do ciclo biolóxico e aspectos fisiolóxicos e morfolóxicos dos animáis e algas de cultivo.
• CE04- Controlar todoslos factores fisiolóxicos, metabólicos, inmunolóxicos, ambientais, de alimentación, … que afectan ó benestar, e implementar os procesos de reproducción, producción, mantemento e patoloxía de especies clave e especies potenciais na acuicultura.
• CE09- Organizala producción asegurando a súa viabilidade.
• CE10- Identificar obxectivos relevantes de investigación e planificar a súa consecución.
Competencias básicas
• CB01- Garantizarase que os estudantes sepan aplicalos coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa sua área de estudo;
• CB02- Garantizarase que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrentarse á complexidade de formular xuizos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobor das responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecemeentos e xuizos;
• CB03- Garantizarase que os estudantes sepan comunicar as suas conclusións (e coñecemeentos e razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sin ambigüedades;
• CB04- Garantizarase que os estudantes teñan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Metodoloxía da ensinanza • Clases teóricas. Exposición oral da materia que comprende o programa da materia. O profesor explica os fundamentos teóricos e o alumno asimila, toma apuntes e expón dúbidas. Os alumnos terán á súa disposición nas plataformas de ensino virtual antes de comezar as clases todas as presentacións de power point que se utilizan para desenvolver o tema.
• Clases prácticas. Constitúen un complemento fundamental das clases teóricas. Desenvólvense no laboratorio onde se presentan os obxectivos, oriéntase e tutoriza o seguimento das prácticas. Para aproveitar ao máximo estas prácticas o alumno disporá do guión correspondente con toda a información posible onde se especifica a formulación do fundamento teórico, o obxectivo da práctica e a descrición do traballo a realizar
• Tutorías. Nelas trataranse as dúbidas relativas a calquera aspecto da materia. Tamén as plataformas virtuais e o correo electrónico utilizaranse como ferramenta para tutorías non presenciais.
Sistema de evaluaciónConsideracións xerais:
Teoría. Realizarase un exame único de teoría de preguntas tipo test. Os exames realizaranse nas convocatorias e datas determinadas pola normativa vixente. O exame terá unha duración de 2 horas.
Prácticas. No mesmo exame de teoría propondranse preguntas tipo test do estudado nas prácticas.
O único exame que realizarase coas preguntas das clases teóricas e das sesiones prácticas será a única proba que computará para a avaliación final. Será o 100% da avaliación.
Tempo de estudo e traballo persoal- 3 créditos ECTS x 25 = 75 horas curso.
Horas presenciais:
Clases maxistrais:15
Clases prácticas Laboratorio: 6
Titorías personalizadas: 3
Totales: 24
Horas non presenciais:
Clases maxistrais: 15x factor 2,5 = 37
Clases prácticas Laboratorio: 6 x 2= 12
Exame clases teóricas: 2
Totais: 51
Horas presenciais + non presenciais: 24 + 51 = 75
Recomendacións para o estudo da materiaTraballar todos apuntes recollidos en clase, contrastalos coa bibliografía recomendada, cos esquemas facilitados polos profesores e co aprendido nas prácticas. Participar activamente nas clases onde se poden expor as dúbidas xurdidas durante o estudo.
ObservaciónsPrerrequisitos:
Coñecementos de bioloxía xeral, zooloxía xeral e fisioloxía animal xeral