P1072102 - Bioloxía das algas cultivables (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 12.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 8.00
- Clase Interactiva Seminario: 1.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Departamento Externo
- Áreas: Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCapacitarase e instruirá ao estudante cos coñecementos básicos sobre a diversidade, a bioloxía, a reprodución, os ciclos biolóxicos e a ecoloxía das algas cultivables, así como a súa relación co medio e os principais factores ambientais relacionados coa nutrición, crecemento, supervivencia e reprodución, con obxecto de aplicalos noutras materias do master.
Desenvolveranse destrezas e aptitudes necesarias para a súa aplicación no cultivo de algas e o desenvolvemento de investigacións en acuicultura, así como para o deseño e control de instalacións
ContidosTemario teoría
Tema 1 Introdución ao estudo das algas cultivables. Morfoloxía, reprodución e ciclos biolóxicos: monoxenéticos, dixenéticos e trixenéticos. Tipos biolóxicos e grupos morfofuncionais.
Tema 2 Diversidade morfolóxica, reprodutiva e fisiolóxica de Cyanophyta: Spirulina, Anabaina.
Tema 3 Diversidade morfolóxica, reprodutiva e fisiolóxica de Rhodophyta: Porphyra, Chondrus, Gigartina, Gracilaria, Gelidium, Eucheuma, Furcellaria, Kappaphycus, Hypnea, Mastocarpus, Palmaria.
Tema 4 Diversidade morfolóxica, reprodutiva e fisiolóxica de Ochrophyta: Phaeophyceae y Bacillariophyceae: Cladosiphon, Laminaria, Macrocystis, Nereocystis, Lessonia, Durvillaea, Undaria, Fucus, Hizikia, Chaetoceros, Thalassiosira, Phaeodactylon, Skeletonema.
Tema 5 Diversidade morfolóxica, reprodutiva e fisiolóxica de Haptophyta, Cryptophyta. Dinophyta e Euglenophyta: Isochrysis, Monochrysis, Rhodomonas, Ceratium, Prorocentrum, Dinophysis, Gymnodinium, Alexandrium.
Tema 6 Diversidade morfolóxica, reprodutiva e fisiolóxica de Chlorophyta: Chlorella, Ulva, Monostroma, Caulerpa, Codium, Haematococcus, Tetraselmis, Chlamydomonas, Dunaliella, Scenedesmus.
Tema 7 Factores reguladores do crecemento e reprodución das algas cultivadas (luz, temperatura, salinidade, pH, nutrientes, hidrodinamismo, mareas, substrato).
Tema 8 Adaptacións morfolóxicas e fisiolóxicas, e interaccións biolóxicas (luz, temperatura, salinidade, hidrodinamismo, competencia, epifitismo, parasitismo).
Temario Prácticas
Práctica 1 Estudo da morfología, reprodución e ciclos de algas vermellas.
Práctica 1 Estudo da morfología, reprodución e ciclos de algas vermellas.
Práctica 3 Estudo da morfología, reprodución e ciclos de algas pardas.
Práctica 4 Estudo da morfología, reprodución e ciclos de algas verdes.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
Bold, H.C. & M. J. Wynne (1985) Introduction to the Algae, Structure and Reproduction. 2ª Ed. Prentice Hall, Englewood Cliffs. New Jersey.
Dawes, C.J. (1997) Marine Botany. John Wiley & Sons, Inc., New York.
Graham, L.E., J.M. Graham & L.W. Wilcox (2009) Algae. Second edition. Pearson.
Hoek, C. van den, D.G. Mann, H.M. Jahns (1995) Algae: An Introduction to phycology. Cambridge Univ. Press, Cambridge.
Lee, R. E. (2008) Phycology. Cambridge Univ. Press, Cambridge, Fourth Edition
Lobban, C.S. & P.J. Harrison (1994) Seaweed ecology and physiology. Cambridge Univ. Press, Cambridge.
Lüning, K. (1990). Seaweeds their environment, biogeography and ecophysiology. John Wiley & Sons, Inc. Toronto, 572 pp.
Reviers, B de (2002) Biologie et phylogénie des algues, tome 1. Belin éd., Paris.
Reviers, B de (2003) Biologie et phylogénie des algues, tome 2. Belin éd., Paris.
South, G.R. & A. Whittick (1987) Introduction to Phycology. Blackwell Scientific Publications, Oxford.
Bibliografía complementaria:
Abalde, J., Cid, A., Fidalgo, P., Torres, E. & Herrero, C. (1995) Microalgas: cultivo y aplicaciones. Universidade da Coruña. A Coruña.
Andersen, Robert A. (2005) Algal culturing techniques. Academic Press.
Barsanti, L. & P. Gualtieri (2006) Algae: Anatomy, Biochemistry, & Biotechnology. Taylor & Francis.
Cole, K.M. & R.G. Sheath (eds.) (1990) Biology of the red algae. Cambridge Univ. Press, Cambridge.
Pérez, R., Kaas, R., Campello, F., Arbault, S. & Barbaroux, O. (1992) La culture des algues marines dans le monde. Service de la Documentation et des Publications (SDP). IFREMER. Plouzane.
Recursos web:
Bases de datos BUGALICIA
http://www.algaebase.org/
Outros materiais de apoio:
Revistas
Aquaculture
Botanica Marina
Bulletin of the Faculty of Fisheries
Canadian Journal of Botany
Ciencias Marinas
Cryptogamie, Algologie
European Journal of Phycology
Hydrobiologia
Journal of Applied Phycology
Journal of Experimental Marine Biology and Ecology
Journal of Phycology
Marine and Freshwater Research
Marine Biology
Marine Ecology
Phycologia
The Korean Journal of Phycology
CompetenciasCompetencias xeráis:
• CX01- Adquisición de capacidades de análise e prospeción sobre a situación actual e futura da acuicultura.
• CX02- Apreciar a importancia do debate e traballo en equipo, a comunicación interpersoal e a responsabilidade.
• CX03- Valorar a importancia dos análises multidisciplinares e a relación entre coñecementos para a resolución de problemas e análises de puntos críticos.
• CX04- Utilizar as terminoloxías científicas adecuadas.
• CX05- Redactar e defender informes profesionais e publicacións científicas, fomentando a expresión audiovisual, oral e escrita.
• CX06- Atopar as fontes de información e bases de datos necesarias; consultalas e analizar e sintetizar documentos.
• CX07- Contribuir a incrementar o coñecemento plantexando e desenrrolando proxectos de investigación e cultivo.
• CX08- Potencialo manexo de idiomas estranxeiros
• CX09- Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo
• CX10- Capacidade de traballar de forma individual no deseño experimental, amosando autonomía no traballo de laboratorio.
Competencias específicas
• CE02- Coñecemento do ciclo biolóxico e aspectos fisiolóxicos e morfolóxicos dos animáis e algas de cultivo.
• CE03- Desenvolver e coñecer as técnicas de cultivo de peixes, moluscos, outros invertebrados, de algas, auxiliares e de produción.
• CE04- Controlar todoslos factores fisiolóxicos, metabólicos, inmunolóxicos, ambientais, de alimentación, … que afectan ó benestar, e implementar os procesos de reproducción, producción, mantemento e patoloxía de especies clave e especies potenciais na acuicultura.
• CE09- Organizala producción asegurando a súa viabilidade.
• CE10- Identificar obxectivos relevantes de investigación e planificar a súa consecución.
Competencias básicas
• CB01- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
• CB02- Garantizarase que os estudantes sepan aplicalos coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa sua área de estudo.;
• CB03- Garantizarase que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrentarse á complexidade de formular xuizos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobor das responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecemeentos e xuizos.
• CB04- Garantizarase que os estudantes sepan comunicar as suas conclusións (e coñecemeentos e razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sin ambigüedades.
• CB05- Garantizarase que os estudantes teñan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Metodoloxía da ensinanza Clases presenciais para exposición do temario de teoría e para o desenvolvemento do seminario.
Clases presenciais no laboratorio para desenvolver o temario de prácticas.
Traballo autónomo do alumno para o estudo e comprensión dos conceptos de teoría e prácticas, así como para a procura de información e bibliografía para a realización do seminario.
Tutorías personalizadas para a resolución de dúbidas do alumno e formulacións de novos obxectivos e retos na materia.
Sistema de evaluaciónConsideracións xerais:
Terase en conta os coñecementos e as destrezas adquiridas polo alumno, mediante proba escrita e avaliación continua.
Aspectos e criterios de avaliación:
Proba escrita: Avaliarase a adquisición dos principais conceptos teóricos a través de preguntas test, preguntas curtas, temas, etc (60%).
Proba escrita e participación colectiva en semirarios (10%).
Proba práctica: Mediante preguntas sobre as prácticas de laboratorio incluídas na proba escrita (20%).
Avaliación continua: Avaliarase de xeito continuo a actitude e participación do alumno nas clases teóricas e prácticas, etc. (10%).
Tempo de estudo e traballo persoal3 créditos ECTS x 25 = 75 horas curso
Horas presenciais:
Clases maxistrais: 12
laboratorio: 8
seminarios: 1
Titorías: 3
Totais: 24
Horas non presenciais:
Clases maxistrais: 12 x 1 = 12
laboratorio: 8 x 1 = 8
seminarios: 1 x 2 = 2
Preparación exame das clases expositivas: 27
Exame das clases teóricas: 1,5
Revisión exames: 0,5
Totais: 51
Presenciais + non presenciais: 24 + 51 = 75
Recomendacións para o estudo da materiaAsistir e participar nas clases de teoría, prácticas e tutorías.
Consultar a bibliografía recomendada.
Dedicación continuada ao estudo da materia durante o período de impartición da docencia teórica e práctica
ObservaciónsPrerrequisitos
Coñecementos mínimos sobre: (a) características xenerais dos principais grupos de algas e a súa clasificación e (b) procesos básicos de reprodución e ciclos biolóxicos das algas.
Destreza no uso de técnicas de observación e descripció, así como de disección e estudo de microalgas e macroalgas, ao microscopio óptico e estereomicroscopio.