P1072103 - Fisioloxía dos animais acuícolas cultivables (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 4.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 54.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Fisioloxía, Departamento Externo
- Áreas: Fisioloxía, Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCoñecemento dos principios básicos de metabolismo, crecemento e reproducción nos principais grupos de animais susceptibles de uso en acuicultura (peixes, moluscos e crustáceos).
Aprendizaxe dos mecanismos fisiolóxicos que os distintos animais poñen en marcha na súa adaptación ambiental, de forma xeral e específicamente, frente a cambios en parámetros físicoquímicos do medio (luz, temperatura, pH, salinidade, ...).
Monitorización e análise de parámetros fisiolóxicos indicativos do grao de benestar de especies en cultivo.
Coñecemento do efecto que producen as condicións de cultivo e estabulación, sobre parámetros indicativos do benestar animal e a súa repercusión na explotación.
Coñecemento das propiedades rítmicas dos parámetros fisiolóxicos implicados en procesos vitais (inxesta, reproducción, actividade motora, etc.)
ContidosTemario teoría:
Ecofisioloxía: Profesor José Luis Soengas
- Natureza, niveis e mecanismos de adaptación fisiolóxica a cambios nos parámetros ambientais
- Efecto da temperatura sobre os animais de interese en acuicultura: mecanismos e adaptacións
- Efecto da salinidade sobre os animais de interese en acuicultura: mecanismos e adaptacións
- Efecto dos niveis de osíxeno e dióxido de carbono sobre os animais de interese en acuicultura: mecanismos e adaptacións
- Efecto do pH sobre os animais de interese en acuicultura: mecanismos e adaptacións
Crecimiento e enerxética: Profesores José Luis Soengas e Jesús Míguez
- Características e control do crecemento en moluscos, crustáceos e peixes
- Métodos de estudo e análise cuantitativo do crecemento. Balance enerxético
- Respiración e metabolismo. Factores que afectan ó gasto enerxético
- Crecemento potencial e retención neta. Influencias abióticas e bióticas
Reproducción: Profesores Joaquín Espinosa y Marcos López
- Gametoxénese e liñas xerminais
- Determinación do sexo e cambio de sexo
- Ciclos reproductivos e acondicionamento
- Formación de triploides
- Control nervioso e endocrino da maduración e a reproducción
- Control da reproducción por parámetros ambientais
Benestar animal: Profesores Manuel Aldegunde e Jesús Míguez
- Benestar animal: Concepto
- O estrés e o seu efecto sobre as especies acuícolas en cultivo
- Avaliación do benestar animal
- Ritmicidade biolóxica: influencia sobre o bienestar animal e o cultivo de especies acuícolas
Temario Prácticas
Profesores Jesús Míguez e José Luis Soengas (Fisioloxía animal, Facultade de Bioloxía, UVI)
- Monitorización de parámetros biolóxicos indicativos do benestar animal e adaptación ambiental en peixes: toma de mostras e avaliación.
Profesor Joaquín Espinosa (Fisioloxía animal, Facultade de Farmacia, USC)
- Gametoxénese, liñas xerminais e ciclos reproductivos en bivalvos
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
Adams, S.M. Biological indicators of aquatic stress. Ed. American Fisheries Society, 2002.
Atkinson D.E. (1977) Cellular Energy Metabolism and its Regulation.Academic Press, Inc
Baldiserotto, B. Et al. Fish osmoregulation. Ed. Science publishers, 2007.
Balm, P. Stress physiology in animals. Ed. Blackwell, 1999.
Bennet, P.B. y Marquis, R.E. Basic and applied high pressure biology. Ed. University of Rochester Press, 1994.
Dantzler, W .H. Comparative physiology .Ed. Oxford University Press, 1997
De los Monteros, E y Labarta, U. (1987) Reproducción en acuicultura
Eckert R. (1999). Fisiología animal. Mecanismos y adaptaciones. Interamericana/McGraw Hill
Evans, D.H. The physiology of fishes. 3ª Edicion. CRC Press, 2006.
Fernandes, M.N. et al. Fish respiration and environment. Ed. Science publishers, 2007.
Hazon, N. and Flik, G. Osmoregulation and drinking in vertebrates. Ed. Bios, 2002.
Herring, P.J., Campbell, A.K., Whitfield, M. y Maddock, L. Light and Iife in the sea. Ed. Cambridge University Press, 1990.
Jobling, M. (1994) Fish bioenergetics Chapman y Hall.
Johnston, I.A. y Bennett, A.F. Animals and temperature. Ed. Cambridge University Press, 1996.
Johnston,I.A. (ed.) (2001) Muscle development and growth. Fish Physiology Vol. 18 Academic Press
Joy, KP, Krishna A and Haldar C. (1999) Comparative Endocrinology and Reproduction. Narosa Publishing House
Laverack, M.S. PhysiologicaI adaptations of marine animals. Ed. Cambridge University Press, 1984.
Laufer, H. and Downer, GH. Invertebrate endocrinology. Vol I y II.Alan R. Liss (New York), 1983 y 1988
Lucas A. (1997) Bioenergetics of Aquatic Animals. Taylor & Francis.
Maina, J.N. The gas exchangers. Ed. Springer, 1998.
Norris, D. (2007) Vertebrate Endocrinology. Academic Press
Ostrander, G.K. (2000) The Laboratory Fish. Academic Press
Palmer, J.D. The biologicaI rhythms and clocks of intertidaI animals. Ed. Oxford University Press, 1995.
Perry, S.F. and Tufts, B. Fish respiration. Ed. Academic Press, 1998.
Portner, H.O. Cold ocean physiology. Ed. Cambridge University Press, 1998.
Randall, D.J. Deep sea fishes. Ed. Academic Press, 1997.
Reinecke, M.; Zaccone, G. and Kapoor, B.G. (2006) Fish Endocrinology vol I y vol II. Science Publishers (Enfield)
Rocha, M.J.; Arukwe, A. and Kapoor. B.G. (2008) Fish Reproduction. Science Publishers (Enfield).
Wilbur, K.M. (1983) The Mollusca Vol 4, pp 407-515. Academic Press
Schmidt-Nielsen, K. Animal physiology. Adaptation and Environment (5a ed). Ed. Cambridge University Press, 1997.
Trouchot, J .R. Comparative aspects of extracellular acid-base balance. Ed. Springer Verlag, 1987.
Vogel, S. Life in moving fluids. Ed. Princeton University Press, 1994.
Willmer, P., Stone, G., Johnston, I.Environmental physiology of animals, second edition. Blackwell science, 2005.
Wood, C.M. y Shuttleworth, T.J. Cellular and molecular approaches to fish ionic regulation. Ed. Associated Press, 1995.
Bibliografía complementaria:
As oportunas e necesarias en cada momento ademáis de
Revisión de artigos en revistas especializadas:
- Aquaculture
- Journal of Experimental Marine Biology and Ecology
- Marine Biology
- Aquaculture Research
- Comparative Biochemistry and Physiology
- American Journal of Physiology
- Journal of experimental biology
- Journal of experimental zoology
- Journal of Comparative physiology, etc
Recursos web:
Consulta de páxinas web de organismos, asociacións científicas e asociacións profesionais no ámbito da acuicultura (OESA, EAS, etc)
Outros materiais de apoio:
Os alumnos matriculados disporán do acceso á web do máster onde atoparán as ferramentas necesarias para un mellor desenvolvemento da materia
CompetenciasCompetencias xeráis:
• CX01- Adquisición de capacidades de análise e prospeción sobre a situación actual e futura da acuicultura.
• CX02- Apreciar a importancia do debate e traballo en equipo, a comunicación interpersoal e a responsabilidade.
• CX03- Valorar a importancia dos análises multidisciplinares e a relación entre coñecementos para a resolución de problemas e análises de puntos críticos.
• CX04- Utilizar as terminoloxías científicas adecuadas.
• CX05- Redactar e defender informes profesionais e publicacións científicas, fomentando a expresión audiovisual, oral e escrita.
• CX06- Atopar as fontes de información e bases de datos necesarias; consultalas e analizar e sintetizar documentos.
• CX07- Contribuir a incrementar o coñecemento plantexando e desenrrolando proxectos de investigación e cultivo.
• CX08- Potencialo manexo de idiomas estranxeiros
• CX09- Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo
• CX10- Capacidade de traballar de forma individual no deseño experimental, amosando autonomía no traballo de laboratorio.
Competencias específicas
• CE04- Controlar todoslos factores fisiolóxicos, metabólicos, inmunolóxicos, ambientais, de alimentación, … que afectan ó benestar, e implementar os procesos de reproducción, producción, mantemento e patoloxía de especies clave e especies potenciais na acuicultura.
• CE06- Realizar controis de calidade e trazabilidade.
• CE09- Organizala producción asegurando a súa viabilidade.
• CE10- Identificar obxectivos relevantes de investigación e planificar a súa consecución.
Competencias básicas
• CB01- Garantizarase que os estudantes sepan aplicalos coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa sua área de estudo;
• CB02- Garantizarase que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrentarse á complexidade de formular xuizos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobor das responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecemeentos e xuizos;
• CB03- Garantizarase que os estudantes sepan comunicar as suas conclusións (e coñecemeentos e razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sin ambigüedades;
• CB04- Garantizarase que os estudantes teñan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Metodoloxía da ensinanza Clases teóricas. O profesor, después de plantexar o sistema de traballo e definir conceptos claves, desenvolverá, ca participación dos alumnos, cada un dos temas na orde establecida no programa
Seminarios. Ó inicio de curso se expoñerá ós alumnos un conxunto de posibles traballos a realizar por parellas nun tema concreto de investigación relacionado con un dos 4 bloques da materia. Os alumnos se distribuirán de xeito que non existan repeticións e haxa traballos en cada un dos catro bloques da materia. Deberán expoñer un resumo dese tema que será debatido na sesión correspondente:
Ecofisioloxía (José Luis Soengas)
Crecemento e enerxética (Jesús Miguez)
Reproducción (Marcos López)
Benestar animal (Manuel Aldegunde)
Clases prácticas. Os alumnos realizarán prácticas no laboratorio en grupos e elaborarán unha memoria das mesmas
Sistema de evaluaciónConsideracións xerais:
O alumno será avaliado polo seu traballo persoal e polos coñecementos sobre os contidos da materia
Aspectos e criterios de avaliación:
Sistema de avaliación:
1. Examen escrito sobre os contidos teóricos da materia: 60% da nota
2. Seminario: preparación e exposición dun tema relacionado ca materia: 20% da nota
3. Realización das prácticas da materia: 20% da nota (50% asistencia e participación, 50% memoria escrita das mesmas)
O aprobado se fixa en 5 puntos
Tempo de estudo e traballo persoal• 6 créditos ECTS x 25 = 150 horas curso.
Horas presenciais:
Clases maxistrais: 32
Prácticas de laboratorio: 12
Seminarios: 4
Titorías: 6
Totais presenciais: 54
Horas non presenciais:
Clases maxistrais: 64
Prácticas de laboratorio: 6
Seminarios: 12
Preparación das clases expositivas: 9
Preparación das clases interactivas: 2
Exame das clases teóricas: 2
Revisión exames: 1
Totais non presenciais: 96
Totais presenciais + non presenciais = 150
Recomendacións para o estudo da materiaAsistir ás clases
Consultar a bibliografía recomendada
Asistir a titorías
Participar nas clases
Estudar de xeito regular
ObservaciónsPrerrequisitos:
Aconsellable que o alumno teña coñecementos de Histoloxía, Citoloxía, Bioquímica, Fisioloxía animal e zooloxía.