Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Bioloxía  »  Información da Materia

P1072105 - Inmunoloxía (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 12.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
  • Clase Interactiva Seminario: 3.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Bioloxía Celular e Ecoloxía, Departamento Externo
  • Áreas: Bioloxía Celular, Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Facultade de Bioloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
LAMAS FERNANDEZ, JESUS.SI
NOIA GULDRIS, MANUEL.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Posuír un amplo coñecemento teórico dos compoñentes (órganos, tecidos, células, xenes e moléculas) do sistema inmunitario de peixes e de invertebrados mariños de interese na acuicultura.
    - Ser capaz de localizar e identificar os órganos e células do sistema inmunitario.
    - Coñecer o funcionamento do sistema inmunitario.
    - Coñecer a importancia da alimentación e dos inmunoestimulantes na función do sistema inmunitario e na resistencia a patóxenos.
    - Coñecer as técnicas utilizadas para avaliar o estado do sistema inmunitario así como a metodoloxía utilizada para determinar os efectos da dieta, estrés, inmunoestimulantes e inmunización sobre o sistema inmunitario.
    - Ser capaz de elaborar un deseño experimental que permita analizar as respostas inmunitarias.
    - Manipular experimentalmente o sistema inmunitario.
    - Coñecer e manexar as principais fontes de información en inmunoloxía.

    Contidos
    Temario de teoría:
    1. Introdución o sistema inmunitario
    1.a. Historia da inmunoloxía.
    1.b. Xeneralidades do sistema inmunitario.
    1.c. Compoñentes celulares e humorais do sistema inmunitario innato
    1.d. Compoñentes celulares e humorais do sistema inmunitario adquirido
    1.c. Anticorpos monoclonais: usos potenciais

    2. Filoxenia dos mecanismos de defensa.

    3. O sistema inmunitario de peixes.
    3.a. Órganos linfomieloides en peixes agnatos, condrictios e osteíctios. Tipos e características xerais.
    3.b. Inmunidade innata. Características. Compoñentes celulares: monocitos/macrófagos, granulocitos, células citotóxicas naturais, células cebadas. Compoñentes humorais: complemento, lisozima e péptidos antimicrobianos, antiproteases, anticorpos naturais, lectinas, citocinas. A resposta inflamatoria en peixes.
    3.c. Inmunidade adquirida. Linfocitos B e T. Inmunoglobulinas: estrutura e función. Xenes das inmunoglobulinas. Receptores de células T. Citocinas. Células presentadoras de antíxeno. O sistema principal de histocompatibilidade.
    3.d. Ontoxenia das respostas inmunitarias. Formación de órganos linfomieloides. Desenvolvemento da inmunidade innata e adquirida. Influencia da temperatura e o fotoperiodo no desenvolvemento e función do sistema inmunitario.
    3.e. Inmunidade fronte a bacterias, virus e parasitos.
    3.f. Inmunización. Regulación da resposta inmunitaria en peixes. Adxuvantes e resposta inflamatoria. Tolerancia inmunolóxica.
    3.g. O estrés e a resposta inmunitaria. Efectos do estrés sobre a función inmunitaria e sobre a resistencia a enfermidades.
    3.h. Nutrición e sistema inmunitario. Efecto dos compoñentes da dieta (lípidos, vitaminas, micronutrientes…) sobre a resposta inmunitaria e sobre a resistencia a patóxenos.
    3.i. Inmunomodulación. Inmunoestimulantes: tipos e modo de acción. Os inmunoestimulantes e a resistencia a patóxenos

    4. O sistema inmunitario de moluscos e crustáceos.
    4.a. Compoñentes celulares (hemocitos e hematopoese).
    4.b. Compoñentes humorais (lectinas, péptidos bioactivos, complemento,..).

    Temario de prácticas:
    1. Estudo dos hemocitos e hemolinfa de mexillón (2h).
    2. Estudo macro e microscópico das células, tecidos e órganos do sistema inmunitario de peixes.
    3. Obtención de células do sistema inmunitario de rodaballo. Reconto celular. Viabilidade celular. Separación dos distintos tipos de leucocitos. Medida de varias actividades celulares.
    4. Determinación de varias actividades en soro de rodaballo (complemento, lisozima, actividade microbicida).

    Bibliografía básica e complementaria
    • Libros xerais de inmunoloxía:
    • - Abbas et al (2012) Inmunología celular y molecular, 7th ed. Elsevier. ISBN: 9788480863117
    • - Janeway et al. (2011). Immunobiology. 8th ed. Garland Science Publishing. Nueva York
    • - Regueiro, JR, et al (2010). Inmunología. Biología y patología del sistema inmunitario. 4th ed. Editorial Médica Panamericana

    • Libros xerais de inmunoloxía de peixes:
    • -Swain, P, Sahoo, P.K., Ayyappan, S. (eds). (2006). Fish and shellfish immunology: an introduction. Vedams Books, India
    • -Zaccone, E., Meseguer, J., Kapoor, B.G. (eds.) (2009). Fish Defenses. Vol. I. Immunology. Science Publishers. Enfield, EEUU.
    • - Tizard, IR. Veterinary Immunology (2009) Saunders Elsevier. (traducido al castellano)

    • Revisiones recentes sobre inmunoloxía de peixes
    • -Alejo A, Tafalla C. (2011). Chemokines in teleost fish species. Dev Comp Immunol. 35(12):1215-22.
    • -Boehm T. (2012). Evolution of vertebrate immunity. Curr Biol. 22:R722-32.
    • -Crivellato E, Ribatti D. (2010). The mast cell: an evolutionary perspective. Biol Rev Camb Philos Soc. 85(2):347-60.
    • -Laing KJ, Hansen JD. (2011). Fish T cells: recent advances through genomics. Dev Comp Immunol. 35(12):1282-95.
    • -Lieschke GJ, Trede NS. (2009). Fish immunology. Curr Biol. 19(16):R678-82
    • -Magnadottir B. (2010). Immunological control of fish diseases. Mar Biotechnol (NY). 12(4):361-79.
    • -Nakanishi T, Toda H, Shibasaki Y, Somamoto T. (2011). Cytotoxic T cells in teleost fish. Dev Comp Immunol. 35(12):1317-23.
    • -Nakao M, Tsujikura M, Ichiki S, Vo TK, Somamoto T. (2011). The complement system in teleost fish: progress of post-homolog-hunting researches.Dev Comp Immunol. 35(12):1296-308.
    • -Palti Y. (2011). Toll-like receptors in bony fish: from genomics to function. Dev Comp Immunol. 35(12):1263-72.
    • -Rieger AM, Barreda DR. (2011). Antimicrobial mechanisms of fish leukocytes. Dev Comp Immunol. 35(12):1238-45.
    • -Salinas I, Zhang YA, Sunyer JO. (2011). Mucosal immunoglobulins and B cells of teleost fish. Dev Comp Immunol. 35(12):1346-65.
    • -Secombes CJ, Wang T, Bird S. (2011). The interleukins of fish. Dev Comp Immunol. 35(12):1336-45.
    • -Swain P, Nayak SK. (2009). Role of maternally derived immunity in fish. Fish Shellfish Immunol. 27(2):89-99.
    • -Tort L. (2011). Stress and immune modulation in fish. Dev Comp Immunol. 35(12):1366-75.
    • -Vasta GR, Nita-Lazar M, Giomarelli B, Ahmed H, Du S, Cammarata M, Parrinello N, Bianchet MA, Amzel LM. (2011). Structural and functional diversity of the lectin repertoire in teleost fish: relevance to innate and adaptive immunity. Dev Comp Immunol. 35(12):1388-99.
    • -Zapata A, Diez B, Cejalvo T, Gutiérrez-de Frías C, Cortés A. (2006). Ontogeny of the immune system of fish. Fish Shellfish Immunol. 20(2):126-36.
    • - Zou J, Secombes CJ. (2011). Teleost fish interferons and their role in immunity. Dev Comp Immunol. 35(12):1376-87.

    • Libros e revisións sobre inmunoloxía de moluscos e crustáceos
    • - Cooper EL (Ed.), 1996. Invertebrate Immune Responses: Cell Activities and the Environment (Advances in Comparative and Environmental Physiology). Springer-Verlag Telos
- Soderhall S, Iwanaga S, Vasta GR, 1995. New Directions in Invertebrate Immunology, SOS Publications (NJ)
    • - Soderhall S, 1999. Invertebrate immunology (special issue vol.23/4-5 of Journal of Developmental and Comparative Immunology).


    Competencias
    O alumno adquirirá coñecementos básicos e aplicados no campo da inmunoloxía de diversas especies mariñas. Estes coñecementos permitiranlle afondar no funcionamento do sistema inmunitario destas especies, valorar os métodos de prevención de enfermidades infecciosas como o uso de vacinas en peixes, optimizar os métodos de acuicultura en base ao coñecemento da susceptibilidade e resistencias de organismos mariños a patóxenos, e valorar a importancia da alimentación, dos inmunoestimulantes e do estrés sobre o sistema inmunitario.
    Os coñecementos que obteña no curso permitiranlle acercarse tamén ao campo da investigación, afondando no método científico, nos coñecementos teóricos sobre inmunoloxía e nas técnicas inmunolóxicas.
    Metodoloxía da ensinanza
    Utilizaranse:
    - Clases maxistrais.
    - Técnicas de grupo, con participación de todos os alumnos na elaboración e estudo de contidos.
    - Prácticas de laboratorio.
    - Titorías personalizadas obrigatorias.
    - Realización de traballos dirixidos.

    Sistema de evaluación
    Ao final do curso realizarase un exame que abarcará as partes teórica e práctica da materia. Terase en conta a asistencia as clases teóricas e prácticas na valoración final.
    - Os alumnos deben superar un exame da parte teórica que representará o 70% da nota final. O aprobado está en 5 sobre 10.
    - A asistencia as clases prácticas é necesaria para a superación das mesmas. Farase un exame da parte práctica que representará o 20% da nota final.
    - Valorarase a asistencia as clases teóricas, o que suporá o 10% da nota final.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Clases maxistrais: 12h, tempo de estudo: 3h por clase, dedicación total: 36h.

    Prácticas de laboratorio: 6h, tempo de estudo: 1h por clase, dedicación total: 12h.

    Clases de pizarra: 3h, tempo de estudo: 3h por clase, dedicación total: 9h.

    Titorías: 3h.


    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistencia e participación activa na clase.
    - Estudo e revisión semanal da materia impartida, utilizando material bibliográfico para comprender e afondar na información obtida na clase.
    - Aclaración co profesor de posibles dúbidas.





    1º e 2º ciclo (en extinción)