Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Bioloxía  »  Información da Materia

P1072108 - Alimentación e nutrición animal (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 9.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Fisioloxía
  • Áreas: Fisioloxía
  • Centro: Facultade de Bioloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Andrés González, Mª Dolores.NON
Rebolledo Varela, Emilia.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Coñecemento dos principios básicos da alimentación e nutrición nos principais grupos
    de animais susceptibles do uso na acuicultura (peixes, moluscos e crustáceos).

    Contidos
    - Conduta alimentaria. Diversidade na procura de alimento en peixes. Sistemas sensoriais implicados. Factores que influencian a aceptación do alimento. Métodos de identificación de estimulantes.

    -Conduta alimentaria e control da inxesta. Sinais a curto, medio e longo prazo. Factores p eriféricos e centrais.

    - Hábitos alimentarios en moluscos e crustáceos. Organización e regionalización funcional do tubo dixestivo. Fisioloxía dixestiva.

    - Anatomía e fisioloxía dixestiva en peixes. Control dos procesos dixestivos.

    - Necesidades dietéticas dos animais en cultivo. Enerxía e nutrientes. Requirimento e métodos de cuantificación.

    - Proteínas e aminoácidos esenciais. Lípidos e acedos grasos esenciais. Efectos carenciales. Oxidación de lípidos: mecanismos, consecuencias e protección.

    -Nutrición glucídica: interese e límites do achegue de glúcidos. Vitaminas e Minerais. Carotenoides.

    - Dietas/pensos. Ingredientes: tipos e criterios de selección. Consideracións básicas na formulación de dietas/pensos. Métodos de formulación.

    Bibliografía básica e complementaria
    -Bell, J.B. y cols. (2003). Optimising lipid nutrition in first-feeding flatfish larvae. Aquaculture 227:211-220.
    -De Silva, S. y Anderson, T. (1995) Fish nutrition in aquaculture. Chapman y Hall.
    -Fernandez,I. y Gisbert, E. (2011) The effect of vitamin A on flatfish development and sheletogenesis: A review. Aquaculture 315:34-48
    -Gosling, E. (2003) Bivalve molluscs. Fishing News Books.
    -Guillaume, J. (2004) Nutrición y alimentación de peces y crustáceos. Mundi-Prensa.
    -Halver, J.E. y Hardy, R.W. (eds.) (2002) Fish nutrition. Academic Press.
    -Hoskins, L.J. y Volkoff,H.(2012) The comparative endocrinology of feeding in fish: Insights and challenges. Gen.Comp.Endocrinol.,176: 327-335.
    -Houliham, D., Boujard, T. y Jobling, M. (eds.) (2001) Food intake in fish. Blackwell Science, USA.
    -Izquierdo, M.S. y cols. (2001) Effect of broodstock nutrition on reproductive performance of fish. Aquaculture 197:25-42.
    -Kasumyan, A.O. y Douing, K.B. (2003) Taste preferences in fishes. Fish and Fisheries 4: 289-347.
    -Lin, Ch. Y Webster, C.D. (eds.) (2001) Nutrition and fish health. Food Products Press.
    -Merchie, G. Y cols. (1997) Optimization of dietary vitamin C in fish and crustacean larvae: a review. Aquaculture 155:165-181.
    -Mourente, G. y cols. (2007) Does dietary tocopherol level affect fatty acid metabolism in fish? Fish Physiol.Biochem. 33:269-280.
    -Rainuzzo, J.R. y cols. (1997). The significance of lipids at early stages of marine fish: a review. Aquaculture 155: 103-115.
    -Sanz, F. (Coord.) (2009). La nutrición y alimentación en piscicultura. Publicaciones científicas y tecnológicas de la Fundación. Observatorio Español de Acuicultura.

    Revisión de artigos en revistas especializadas:
    -American Journal of Physiology
    -Aquaculture
    -Aquaculture Nutrition
    -Aquaculture Research
    -Comparative Biochemistry and Physiology
    -Fish Physiology and Biochemistry
    -Fish and Fisheries
    -Journal of Experimental Marine Biology and Ecology
    -Journal of experimental biology
    -Journal of experimental zoology
    -Journal of Comparative physiology
    - Marine Biology, etc.

    Recursos web:
    Consulta de páxinas web de organismos, asociacións científicas e asociacións profesionais no ámbito da acuicultura (OESA, EAS, etc.)
    Outros materiais de apoio:
    Os alumnos matriculados disporán do acceso á Web do Máster onde atoparán as ferramentas necesarias para un mellor desenvolvemento da materia
    Competencias
    Competencias xeráis:
    • CX01- Adquisición de capacidades de análise e prospeción sobre a situación actual e futura da acuicultura.
    • CX02- Apreciar a importancia do debate e traballo en equipo, a comunicación interpersoal e a responsabilidade.
    • CX03- Valorar a importancia dos análises multidisciplinares e a relación entre coñecementos para a resolución de problemas e análises de puntos críticos.
    • CX04- Utilizar as terminoloxías científicas adecuadas.
    • CX05- Redactar e defender informes profesionais e publicacións científicas, fomentando a expresión audiovisual, oral e escrita.
    • CX06- Atopar as fontes de información e bases de datos necesarias; consultalas e analizar e sintetizar documentos.
    • CX07- Contribuir a incrementar o coñecemento plantexando e desenrrolando proxectos de investigación e cultivo.
    • CX08- Potencialo manexo de idiomas estranxeiros
    • CX09- Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo
    • CX10- Capacidade de traballar de forma individual no deseño experimental, amosando autonomía no traballo de laboratorio.

    Competencias específicas
    • CE04- Controlar todos os factores fisiolóxicos, metabólicos, inmunolóxicos, ambientais, de alimentación, … que afectan ó benestar, e implementar os procesos de reproducción, producción, mantemento e patoloxía de especies clave e especies potenciais na acuicultura.
    • CE05- Diagnosticar, preveir e controlar enfermidades.
    • CE06- Realizar controis de calidade e trazabilidade.
    • CE08- Previr o potencial impacto ambiental.
    • CE09- Organizala producción asegurando a súa viabilidade.
    • CE10- Identificar obxectivos relevantes de investigación e planificar a súa consecución.

    Competencias básicas
    • CB01- Garantizarase que os estudantes posúan e comprendan coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación;
    • CB02- Garantizarase que os estudantes sepan aplicalos coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa sua área de estudo;
    • CB03- Garantizarase que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrentarse á complexidade de formular xuizos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobor das responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecemeentos e xuizos;
    • CB04- Garantizarase que os estudantes sepan comunicar as suas conclusións (e coñecementos e razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sin ambigüedades;
    • CB05- Garantizarase que os estudantes teñan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.

    Metodoloxía da ensinanza
    Clases teóricas. O profesor, logo de expor o sistema de traballo e definir conceptos craves, desenvolverá, con participación dos alumnos, cada un dos temas na orde establecida no programa.

    Seminarios.

    1. Análise crítica de artigos de investigación relacionados cos temas explicados nas clases.

    2. Procura de información e resolución de casos prácticos relacionados coa formulación de dietas para peixes.


    Sistema de evaluación
    Consideracións xerais:

    O alumno será avaliado polo seu traballo persoal e polos seus coñecementos sobre os contidos da materia nun exame escrito no día e hora sinalado.

    Aspectos e criterios de avaliación:

    Sistema de avaliación:

    1. Primeiro criterio: asistencia e participación en clase: 10%
    2. Segundo criterio: análise e debate dos traballos asignados en seminario: 30%
    3. Exame escrito sobre os contidos da materia: 60%

    O alumno deberá obter polo menos 2,5 puntos sobre 6 no exame para que se lle some a cualificación obtida nos puntos anteriores.

    Aprobado 5 puntos


    Tempo de estudo e traballo persoal
    • Nº créditos 3 ECTS x 25 = 75 horas curso.

    Horas presenciais:
    - Clases maxistrais: 14
    - Seminarios: 7
    - Tutorías: 3

    Horas totais presenciais: 24

    Factor estimado de horas non presenciais:

    - Clases maxistrais: 2
    - Seminarios: 1,5


    Horas non presenciais:

    - Clases maxistrais: 28
    - Seminarios: 10,5
    - Estudo preparación exame: 9,5
    - Realización exame: 2
    - Revisión de exame: 1


    Horas totais non presenciais: 51


    Horas totais 24 + 51 = 75


    Recomendacións para o estudo da materia
    -Asistir as clases
    -Consultar a bibliografía recomendada
    -Asistir as tutorías
    -Participar nas clases
    -Estudiar de manera regular o longo do curso
    Observacións
    O aproveitamento da materia require coñecer as bases do funcionamento dos animais. Por iso é altamente aconsellable cursar as materias de Zoología, Bioquímica e Fisiología Animal.
    É aconsellable tamén o coñecemento e manexo de bases de datos e revistas electrónicas de interese para a Acuicultura e que os alumnos teñan coñecementos básicos de inglés que lles facilite o uso obrigado e continuo da bibliografía requirida, tanto esencial como complementaria, para a aprendizaxe da materia.






    1º e 2º ciclo (en extinción)