P1072201 - Cultivo de macroalgas (Produción Acuícola) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 12.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 4.00
- Clase Interactiva Seminario: 5.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Departamento Externo
- Áreas: Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaComprensión da importancia do cultivo de produtores primarios como as macroalgas mariñas no contexto da acuicultura mundial.
Recoñecemento da idiosincrasia das macroalgas mariñas e dos principais aspectos que diferencian as súas técnicas de cultivos dos doutros organismos.
Coñecemento dos distintos tipos de ficocultura, os seus fundamentos, vantaxes e inconvenientes e aplicacións principais.
Descritiva das técnicas de cultivo empregadas nas especies máis importantes a nivel mundial.
Desenvolvemento a capacidade de deseño de proxectos de cultivo destes organismos.
Coñecemento dos principais aspectos que poden afectar negativamente á viabilidade destes cultivos e das tendencias futuras desta actividade.
ContidosTemario teoría
Tema 1. Cultivo industrial das macroalgas mariñas: Historia, importancia mundial e evolución das distintas técnicas. Ficocultura de sostemento, extensiva e intensiva.
Tema 2. Técnicas de cultivo en planta (indoor), en mar (outdoor) e mixtos mar-planta.
Tema 3. Principais técnicas de cultivo de alxinófitos. Cultivo de Laminariales.
Tema 4. Principais técnicas de cultivo de agarófitos. Cultivo de Gracilaria e Gelidium.
Tema 5. Principais técnicas de cultivo de carraxenófitos. Cultivo de Eucheuma, Kappaphycus e Chondrus.
Tema 6. Principais técnicas de cultivo de algas alimentarias. Cultivo de Porphyra. Outros cultivos.
Tema 7. Aplicacións dos cultivos de macroalgas mariñas nas técnicas de acuicultura multitrófica integrada e na biorremediación ambiental. Perspectivas de futuro dos cultivos de macroalgas mariñas.
Temario Prácticas
Práctica 1. Visita Técnica / Estudo da morfoloxía, fases do ciclo de vida e distintas estruturas reprodutoras dos principais tipos de macroalgas mariñas cultivadas.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
ANDERSEN, Robert A. (2005) Algal culturing techniques. Academic Press.
CRITCHLEY, A.T. & OHNO, M. (Eds.). (1997). Cultivation and Farming of Marine Plants. World biodiversity Database CD-ROM series. UNESCO.
CRITCHLEY, A.T., OHNO, M. & LARGO, D.B. (Eds.). (2006). World Seaweed Resources. ETI. University of Amsterdam. (CD-ROM).
GUIRY, M.D. & BLUNDEN, G. (1991). Seaweeds Resources in Europe: Uses and Potential. John Wiley & Sons, West Sussex.
PEREZ, R.; KAAS, R.; CAMPELLO, F.; ARBAULT, S. & BARBAROUX, O. (1992). La culture des algues marines dans le monde. Service de la Documentation et des Publications (SDP). IFREMER. Plouzane.
YARISH, C. & PEREIRA, R. (2008). Mass production of Marine Macroalgae. In: Sven Erik Jørgensen, S.E., Fath, B.D. (Eds.), Ecological Engineering. Encyclopedia of Ecology, 5 vols. Elsevier, Oxford, pp. 2236-2247.
Bibliografía complementaria:
DAWES, C.J. (1997) Marine Botany. John Wiley & Sons, Inc., New York.
GRAHAM, L. E. & L. W. WILCOX (2000) Algae. Prentice-Hall.
HOECK, C. van den, D.G. MANN & H.M. JAHNS (1995) Algae: An Introduction to phycology. Cambridge Univ. Press, Cambridge.
LEE, R. E. (1999) Phycology. Cambridge Univ. Press, Cambridge.
LOBBAN, C.S. & P.J. HARRISON (1994) Seaweed ecology and physiology. Cambridge Univ. Press, Cambridge.
LÜNING, K. (1990). Seaweeds their environment, biogeography and ecophysiology. John Wiley & Sons, Inc. Toronto, 572 pp.
Recursos web:
Bases de datos BUGALICIA
http://www.algaebase.org/
Outros materiais de apoio:
Revistas:
Aquaculture
Botanica Marina
Bulletin of the Faculty of Fisheries
Ciencias Marinas
Hydrobiologia
Journal of Applied Phycology
Journal of Experimental Marine Biology and Ecology
The Korean Journal of Phycology
CompetenciasCompetencias xeráis:
• CX01- Adquisición de capacidades de análise e prospeción sobre a situación actual e futura da acuicultura.
• CX02- Apreciar a importancia do debate e traballo en equipo, a comunicación interpersoal e a responsabilidade.
• CX03- Valorar a importancia dos análises multidisciplinares e a relación entre coñecementos para a resolución de problemas e análises de puntos críticos.
• CX04- Utilizar as terminoloxías científicas adecuadas.
• CX05- Redactar e defender informes profesionais e publicacións científicas, fomentando a expresión audiovisual, oral e escrita.
• CX06- Atopar as fontes de información e bases de datos necesarias; consultalas e analizar e sintetizar documentos.
• CX07- Contribuir a incrementar o coñecemento plantexando e desenrrolando proxectos de investigación e cultivo.
• CX08- Potencialo manexo de idiomas estranxeiros
• CX09- Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo
• CX10- Capacidade de traballar de forma individual no deseño experimental, amosando autonomía no traballo de laboratorio.
Competencias específicas:
• CE02- Coñecemento do ciclo biolóxico e aspectos fisiolóxicos e morfolóxicos dos animáis e algas de cultivo.
• CE03- Desenvolver e coñecer as técnicas de cultivo de peixes, moluscos, outros invertebrados, de algas, auxiliares e de produción.
• CE04- Controlar todoslos factores fisiolóxicos, metabólicos, inmunolóxicos, ambientais, de alimentación, … que afectan ó benestar, e implementar os procesos de reproducción, producción, mantemento e patoloxía de especies clave e especies potenciais na acuicultura.
• CE07- Adquirir coñecementos sobre as características técnicas e de deseño das instalacións para o cultivo.
• CE08- Previr o potencial impacto ambiental.
• CE09- Organizala producción asegurando a súa viabilidade.
• CE10- Identificar obxectivos relevantes de investigación e planificar a súa consecución.
Competencias básicas:
• CB01- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
• CB02- Garantizarase que os estudantes sepan aplicalos coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa sua área de estudo.;
• CB03- Garantizarase que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrentarse á complexidade de formular xuizos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobor das responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecemeentos e xuizos.
• CB04- Garantizarase que os estudantes sepan comunicar as suas conclusións (e coñecemeentos e razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sin ambigüedades.
• CB05- Garantizarase que os estudantes teñan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Metodoloxía da ensinanza Clases presenciais para exposición do temario de teoría e a docencia interactiva
Clases presenciais no laboratorio para o desenvolvemento da docencia práctica.
Traballo autónomo do alumno para o estudo e comprensión dos conceptos de teoría e prácticas, así como para a procura de información e bibliografía necesaria para a preparación da actividades programadas na docencia interactiva.
Titorías personalizadas para a resolución de dúbidas do alumno e formulacións de novos obxectivos e retos na materia.
Sistema de evaluaciónConsideracións xerais:
Terase en conta os coñecementos e as destrezas adquiridas polo alumno, mediante proba escrita e avaliación continua.
Aspectos e criterios de avaliación:
Proba escrita: Realizarase unha proba escrita para avaliar a adquisición por parte do alumno dos principais conceptos teóricos e prácticos (80% da cualificación na materia).
Avaliación continua: Se avaliará a asistencia as clases, o progreso do alumno así como as presentacións orais e contidos dos traballos adicionais propostos no seu caso na docencia interactiva (20% da cualificación na materia).
Tempo de estudo e traballo persoal• 3 créditos ECTS x 25 = 75 horas curso.
Horas presenciais:
Clases maxistrais: 12
Prácticas de laboratorio:4
Seminarios: 5
Titorías: 3
Totais: 24
Horas non presenciais:
Clases maxistrais: 12
Prácticas de laboratorio:2
Seminarios: 10
Preparación exame clases expositivas: 25
Exame das clases teóricas: 1,5
Revisión de exames: 0,5
Totais: 51
Presenciais + non presenciais: 24 + 51 = 75
Recomendacións para o estudo da materiaAsistir e participar nas clases de teoría, prácticas e titorías.
Consultar a bibliografía recomendada.
Dedicación continuada ao estudo da materia durante o período de impartición da docencia teórica e práctica
ObservaciónsPrerrequisitos
Coñecementos sobre as características xerais dos principais grupos de algas e a súa clasificación.
Coñecementos sobre os procesos de reprodución e ciclos biolóxicos das algas.
Coñecementos sobre os principais factores que inflúen no crecemento e reprodución das macroalgas mariñas.