Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Bioloxía  »  Información da Materia

P1072202 - Cultivo de microalgas e zooplancto (Produción Acuícola) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 3.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía, Departamento Externo
  • Áreas: Microbioloxía, Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Facultade de Bioloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
OTERO CASAL, ANA MARIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo de exameExamesTeóricosNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Aprendizaxe básica das técnicas de cultivo de microalgas no laboratorio e na planta de cultivo

    Cultivo e manexo do alimento vivo en Acuicultura

    Utilización de diferentes técnicas analíticas tanto para o estudo do
    crecemento dos cultivos, como para a determinación da súa composición
    bioquímica

    Introdución á posible utilización das microalgas en diferentes
    aspectos biotecnolóxicos

    Contidos
    Temario teoría
    Sección I. Cultivo de microalgas
    Tema 1. Xeneralidades do cultivo de microorganismos fotoautótrofos e especies cultivables
    Tema 2. Illamento e mantemento de cepas
    Tema 3. Factores que inflúen no crecemento: parámetros físicos de cultivo, nutrintes e medios de cultivo
    Tema 4. Composición bioquímica
    Tema 5. Sistemas de cultivo e recollida de biomasa
    Tema 6. Aplicacións biotecnolóxicas
    Sección II. Cultivo de zooplancton
    Tema 7. Xeneralidades do alimento vivo: Importancia e propósito
    Tema 8. Cultivo de rotíferos: ciclo de vida, cultivo, alimentación e enriquecemento
    Tema 9. Cultivo de Artemia: ciclo de vida, decapsulación e eclosión de cistes, cultivo, alimentación e enriquecemento
    Tema 10. Cultivo de copépodos

    Temario Prácticas
    1. Esterilización de auga y preparación de medio de cultivo
    2. Determinacións da biomasa
    3. Determinación de diferentes parámetros bioquímicos da biomasa microalgal
    4. Manipulación de cultivos e reconto de rotíferos
    5. Decapsulación e eclosión de quistes de Artemia
    7. Planificación de produción en planta
    8. Valoración de deseños experimentais


    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:
    Abalde Cid, A., Fidalgo, P., Torres, E. y Herrero, C. (1995) Microalgas: Cultivo y Aplicaciones. Servicio de Publicaciones da Universidade de A Coruña. 210 pp.
    Andersen (2005) Algal culturing techniques. Elsevier Academic Press. 578 pp.
    Richmond (2004) Handbook of microalgal culture. Biotechnology and Applied Phycology. Blackwell Science. 566 pp.
    Støttrup, J.G., McEvoy, L.A. 2003. Live feeds in aquaculture. Blackwell Publishing. Oxford, UK.

    Recursos web:
    Lavens, P. & Sorgeloos, P. 1996. Manual on the production and use of live food for aquaculture. Dispoñible en ftp://ftp.fao.org/docrep/fao/003/w3732e/w3732e00.pdf
    Sorgeloos et al. 1986. Manual para el uso y cultivo de Artemia en Acuicultura. 1986. Dispoñible en: http://www.fao.org/docrep/field/003/AB474S/AB474S00.htm
    Artemia reference center: http://www.aquaculture.ugent.be/index.htm


    Competencias
    Competencias xerais:
    • CG01- Adquisición de capacidades de análise e prospección sobre a situación actual e futura da acuicultura.
    • CG03- Valorar a importancia das análises multidisciplinares e da relación entre coñecementos para a resolución de problemas e análise de puntos críticos.
    • CG04- Utilizar as terminoloxías científicas adecuadas.
    • CG06- Encontrar as fontes de información e bases de datos necesarias; consultalas e analizar e sintetizar documentos.
    • CG09- Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo
    • CG10- Capacidade de traballar de forma individual no deseño experimental, demostrando autonomía no traballo de laboratorio.

    Competencias específicas
    • CE02- Coñocemento do ciclo biolóxico e aspectos fisiolóxicos e morfolóxicos dos animais e algas de cultivo.
    • CE03- Desenvolver e coñecer as técnicas de cultivo de peixes, moluscos, outros invertebrados, de algas, auxiliares e de produción.
    • CE04- Controlar todoslos factores fisiolóxicos, metabólicos, inmunolóxicos, ambientais, de alimentación, … que afectan ó benestar, e implementar os procesos de reprodución, produción, mantemento e patoloxía de especies clave e especies potenciais na acuicultura.
    • CE07- Adquirir coñecementos sobre as características técnicas e de deseño das instalacións para o cultivo.
    • CE09- Organizar la produción asegurando su viabilidade.
    • CE10- Identificar obxectivos relevantes de investigación e planificar a súa consecución.

    Competencias básicas
    • CB01- Garantirase que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (o multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo;
    • CB02- Garantirase que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociaies e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos;
    • CB04- Garantirase que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que deberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.

    Metodoloxía da ensinanza
    Clases maxistrais
    Seminarios nos que se analizarán deseños experimentais de investigación no cultivo de microalgas e zooplancton e tamén aspectos da planificación de sistemas de produción de microalgas na planta de cultivo.
    Prácticas de laboratorio e na planta de cultivo do IGAFA
    Exame dos coñecementos teóricos alcanzados

    Sistema de evaluación
    Consideracións xerais:
    A asistencia ás clases prácticas tanto no laboratorio como na planta do IGAFA é un requisito imprescindible para aprobar a materia.
    A nota final será a suma proporcional dos diferentes apartados avaliables que se detallan a continuación.
    Aspectos e criterios de avaliación:
    Proba escrita; esta proba representará un 70% da nota global da materia, sendo ademais imprescindible superala para poder contabilizala na nota final cos demais aspectos da avaliación.
    Avaliación do traballo práctico a través dos resultados das prácticas; a este apartado da avaliación corresponderalle un 30% da nota global da materia. Desta porcentaxe un 20% corresponde ó caso práctico de planificación da producción en planta e un 10% a folla de resultados das prácticas de laboratorio.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A docencia da materia consta de 24 horas presenciais que inclúen clases maxistrais (9 horas), Prácticas de laboratorio e planta de cultivo (9 horas), 3 horas de clases de encerado e 3 de titorías.
    As horas non presenciais requiridas para a preparación e estudio dos contidos impartidos nas clases maxistrais e a realización de exercicios e informes son 52.

    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia a clase e fundamental para o seguimento adecuado da materia e a consecución dos obxectivos plantexados. É fundamental respectar os prazos de entrega dos exercicios e traballos de avaliación.




    1º e 2º ciclo (en extinción)