Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Bioloxía  »  Información da Materia

P1072208 - Enfermidades en peixes (Produción Acuícola) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
  • Clase Interactiva Seminario: 6.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía, Departamento Externo
  • Áreas: Microbioloxía, Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Facultade de Bioloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo de exameExamesTeóricosNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1) Coñecer a etioloxía, sintomatoloxía e epidemioloxía das principais patoloxías infecciosas que afectan a peixes de cultivo.

    2) Ser quen de diagnosticar cualquera patoloxía infecciosa en peixes e identificar correctamente os patóxenos implicados.

    3) Ser quen de deseñar e poñer en práctica medidas de tratamento e de profilaxe axeitadas para levar a cabo o control dos axentes infecciosos detectados.


    Contidos
    Temario teoría:

    Tema 1. Enfermidades causadas por virus ADN: Iridovirus e Herpesvirus
    Tema 2. Enfermidades causadas por virus ARN: Rhabdovirus, Aquabirnavirus, Orthomyxovirus, Nodavirus e Alfavirus de salmónidos
    Tema 3. Principais enfermidades por bacterias gram positivas; características do patóxeno, sintomatoloxía, diagnostico, epizootioloxía, patoxenicidade e control.
    Tema 4. Enfermidades por bacterias gram negativas; características do patóxeno, sintomatoloxía, diagnóstico, epizootioloxía, patoxenicidade e control
    Tema 5. Enfermidades causadas por parasitos


    Temario Prácticas:
    Diagnóstico bacteriano 3h
    Diagnóstico parasitolóxico 3h




    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliograf�a b�sica:

    Austin & Austin, (2007). Bacterial fish pathogens: diseases of farmed and wild fish�. (4º Ed.) Springer, Berlin.
    Buller, N.B. ( 2004) “bacterial from fish and other aquatic animals� . CABI publishing. Oxfordshire.
    Lom, J., Dyková, I. (1992). Protozoan parasites of fishes. Developments in Aquaculture and Fisheries Sciences, 26. Elsevier, Amsterdam.
    Noga, E.J. (2000). Fish diseases. Diagnosis and treatment. Iowa State University Press, Ames.
    Whitman, K.A. ( 2004) “Finfish and Shellfish Bacteriology Manual Techniques and Procedures�. Iowa State Press. Iowa.
    Woo, P.T.K. (ed) (2006). Fish diseases and disorders, Volume 1: protozoan and metazoan infections, 2nd Ed. CABI Publishing, Oxfordshire.
    Woo, P.T.K. & Bruno, D.W. (eds) (2011). Fish diseases and disorders, Volume 3: Viral, bacterial and fungal infections, 2nd Ed. CABI Publishing, Oxfordshire.
    Woo, P.T.K. & Buchmann, K. (eds) (2012). Fish parasites. Pathobiology and protection. CABI, Oxfordshire.


    Recursos web:
    http://portico.bugalicia.org (metabuscador con enlace a bases de datos ASFA Aquatic Sciences, AGRIS, Science Direct, Scopus, etc.)
    http://www.fishbase.org
    http://www.oie.int/en/international-standard-setting/aquatic-manual/access-online

    Competencias
    Competencias xeráis:
    • CX02- Apreciar a importancia do debate e traballo en equipo, a comunicación interpersoal e a responsabilidade.
    • CX03- Valorar a importancia dos análises multidisciplinares e a relación entre coñecementos para a resolución de problemas e análises de puntos críticos.
    • CX04- Utilizar as terminoloxías científicas adecuadas.
    • CX06- Atopar as fontes de información e bases de datos necesarias; consultalas e analizar e sintetizar documentos.
    • CX08- Potencialo manexo de idiomas estranxeiros
    • CX09- Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo

    Competencias específicas
    • CE04- Controlar todos os factores fisiolóxicos, metabólicos, inmunolóxicos, ambientais, de alimentación, … que afectan ó benestar, e implementar os procesos de reproducción, producción, mantemento e patoloxía de especies clave e especies potenciais na acuicultura.
    • CE05- Diagnosticar, preveir e controlar enfermidades.
    • CE09- Organizala producción asegurando a súa viabilidade.
    • CE10- Identificar obxectivos relevantes de investigación e planificar a súa consecución.


    Competencias básicas
    • CB01- Garantizarase que os estudantes sepan aplicalos coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa sua área de estudo;
    • CB02- Garantizarase que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrentarse á complexidade de formular xuizos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobor das responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecemeentos e xuizos;
    • CB03- Garantizarase que os estudantes sepan comunicar as suas conclusións (e coñecemeentos e razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sin ambigüedades;
    • CB04- Garantizarase que os estudantes teñan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.

    Metodoloxía da ensinanza
    Clases teóricas de aproximadamente 50 min apoiadas en abundante iconografía (presentacións power-point e vídeos). Ao alumno entregaráselle un guión de cada un dos temas coa iconografía correspondente e as referencias bibliográficas recomendadas.

    Seminarios, para cuxa realización, os alumnos deberán preparar e expoñer unha presentación sobre distintos aspectos relacionados coa temática da materia ou resolverán casos prácticos propostos polo profesor.

    Clases prácticas en laboratorio deseñadas para que o alumno poida aplicar parte dos coñecementos teóricos aprendidos e adquira as habilidades e destrezas necesarias para levar a cabo o diagnóstico das principais enfermidades infecciosas dos peixes.

    Sistema de evaluación
    Consideracións xerais:
    A cualificación final resultará da suma das cualificacións acadadas nas seguintes actividades:
    Exame de teoría
    Clases prácticas
    Seminarios

    Aspectos e criterios de avaliación:
    Exame de teoría (65% da cualificación final)
    Realizarase unha única proba tipo test que incluirá unha serie de preguntas sobre aspectos teórico-prácticos formuladas polos distintos profesores que imparten a materia.

    Clases prácticas (25% da cualificación final)
    Avaliaranse, de forma continua, as habilidades e destrezas adquiridas polo alumno durante o desenvolvemento das clases prácticas.

    Seminarios (10% da cualificación final)
    Avaliaranse, entre outros aspectos, a calidade da documentación empregada, a estructuración e claridade da exposición presentada, a utilización e dominio de ferramentas multimedia, e, cando sexa o caso, a capacidade para traballar en equipo. Na resolución dos casos prácticos avaliarase a solidez dos argumentos empregados así como a claridade na exposición.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Clases expositivas
    Clases maxistrais: 9h presenciales 18h no presenciales
    Clases interactivas
    Prácticas de laboratorio: 6h presenciales 6h no presenciales
    Pizarra/Seminarios 6h presenciales 27h no presenciales
    Titorías 2h presenciales

    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistir as clases presenciais
    Consultar a bibliografía recomendada
    Estudar de xeito regular
    Utilizar as tutorías para consultar calquera tipo de dúbida relacionada ca materia




    1º e 2º ciclo (en extinción)