Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Bioloxía  »  Información da Materia

P1121216 - Medida e estimación cuantitativa da biodiversidade (Biodiversidade Animal Terrestre) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Zooloxía e Antropoloxía Física
  • Áreas: Zooloxía
  • Centro: Facultade de Bioloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
CASTILLEJO MURILLO, JOSE.NON
IGLESIAS PIÑEIRO, FRANCISCO J..SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
TI-ECTS_01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Dende distintos puntos de vista (taxonómico, evolutivo, ecolóxico, bioxeográfico....), a diversidade foi historicamente un tema central de estudo en moitas ramas da bioloxía, fundamentalmente no ámbito da investigación básica. Nas últimas décadas, ademais, a diversidade biolóxica pasou a ser un tema de preocupación social e política, e dende o punto de vista científico adoptou, en boa medida, un enfoque de investigación aplicada. Así, ante a evidente perda de diversidade biolóxica que sofre o planeta, a súa preservación converteuse nunha motivación de primeira orde na investigación biolóxica, nas políticas ambientais e no activismo social.
    A medida e estimación cuantitativa da diversidade, aos seus diferentes niveis, é unha ferramenta indispensable para avaliar ata que punto alcánzanse as metas de grandes plans estratéxicos de conservación como os establecidos no marco do Convenio sobre a Biodiversidade Biolóxica, pero tamén para unha ampla variedade de obxectivos máis modestos, a diversas escalas espaciais e temporais, como por exemplo a realización de estudos meramente descritivos da diversidade de taxóns determinados en zonas concretas, estudos cuxo obxectivo sexa caracterizar o estado de conservación dunha zona, estudos orientados a cuantificar a perda de biodiversidade e contribuír a identificar as súas causas, para a monitorización da eficacia de medidas de conservación, para priorizar zonas a protexer, etcétera.
    Neste contexto, os obxectivos desta materia céntranse en que os estudantes comprendan a importancia e utilidade da cuantificación da diversidade biolóxica para a conservación do medio natural, dotándoos dos coñecementos teóricos e prácticos necesarios para poder realizar o estudo da biodiversidade dende un punto de vista cuantitativo. Ao superar a materia, o estudante debe adquirir as competencias que se citan no apartado correspondente.
    Contidos
    Programa teórico

    Os compoñentes da biodiversidade. A diversidade de especies no marco da biodiversidade. Conceptos e supostos. Riqueza. Abundancia. Uniformidade. Heteroxeneidade. Dominancia. Rareza. A importancia da mostraxe para a cuantificación da diversidade.

    A distribución da abundancia das especies. Representacións gráficas e modelos de distribución: modelos estatísticos, modelos biolóxicos e modelos neutros.

    A medida da riqueza de especies. Índices de riqueza específica. Estimación da riqueza específica: curvas de acumulación de especies, estimas paramétricas e estimas non paramétricas.

    Os índices de diversidade. Definición e propiedades dos principais índices. Como elixir un índice de diversidade. Diversidade taxonómica e diversidade funcional.

    O estudo comparativo da diversidade. Conceptos e métodos. A medida da diversidade beta. Importancia do estudo cuantitativo da diversidade na conservación. Revisión de software especializado.


    Programa de prácticas

    Estudo de casos tomados de bibliografía especializada.
    Estudo de casos in situ: recollida de datos de campo, análise destes, e elaboración de resultados e conclusións.
    Bibliografía básica e complementaria
    Halffter, G., Moreno, C.E. y Pineda, E.O. 2001. Manual para la evaluación de la biodiversidad en reservas de la biosfera. M&T-Manuales y Tesis SEA, vol. 2. Zaragoza.

    Hawksworth, D.L. (ed.) 1995. Biodiversity. Measurement and Estimation. Chapman & Hall-The Royal Society, London, UK.

    Heywood, V.H. (ed.) 1995. Global Biodiversity Assessment. Cambridge University Press, Cambridge, UK.

    Krebs, C.J. 1999. Ecological Methodology. Addison Wesley Longman, New York, USA.

    Magurran, A.E. 2004. Measuring Biological Diversity. Blackwell Publishing, Oxford, UK.

    Moreno, C.E. 2001. Métodos para medir la biodiversidad. M&T-Manuales y Tesis SEA, vol 1. Zaragoza.


    http://www.springer.com/life+sciences/evolutionary+%26+developmental+biology/journal/10531 (revista Biodiversity and Conservation)

    http://www.cbd.int/ (Convenio sobre a Diversidade Biolóxica)

    http://www.alarmproject.net/alarm/ (biodiversity links)

    http://www.mma.es/portal/secciones/biodiversidad/ (biodiversidade Goberno de España)

    http://www.siam.medioambiente.xunta.es/siam/template_indicadores.jsp?page=biodiversidade.jsp (biodiversidade Xunta de Galicia)

    Competencias
    Competencias específicas
    Coñecer os conceptos fundamentais, a terminoloxía, as metodoloxías e as ferramentas utilizadas para a medición e a estimación cuantitativa da biodiversidade
    Saber interpretar traballos de biodiversidade cuantitativa
    Saber deseñar e executar estudos de biodiversidade cuantitativa

    Competencias instrumentais
    Recollida, organización e representación gráfica dos datos utilizados en estudos cuantitativos da biodiversidade
    Software especializado na análise cuantitativa da biodiversidade
    Manexo de bibliografía especializada

    Competencias sistémicas
    Aprendizaxe e traballo autónomo
    Capacidade de análise e síntese
    Capacidade de organización e planificación

    Outras competencias
    Capacidade de aplicación práctica dos coñecementos.
    Metodoloxía da ensinanza
    Ao longo das clases expositivas o docente desenvolverá os fundamentos teóricos da materia. Estes contidos teóricos serán aplicados de forma práctica polos estudantes durante as clases interactivas, por medio da realización de 1) estudos de casos reais extraidos de bibliografía especializada, e 2) a realización de estudos de casos in situ, a partir de datos obtidos no campo, que cada estudante deberá analizar para elaborar os seus resultados e conclusións. O estudo de casos bibliográficos realizarase na aula, conxuntamente entre o profesor e os estudantes, aínda que o maior protagonismo debe recaer nos estudantes; para iso, o profesor facilitará aos estudantes, coa antelación suficiente, o material necesario para que poidan preparar cada caso antes da súa análise na aula. Para o estudo de casos in situ, o profesor asistirá aos estudantes no deseño do estudo, e posteriormente, cada estudante deberá elaborar e expoñer os seus resultados e conclusións de forma individual e autónoma. A materia dispón dunha aula virtual para a comunicación e o intercambio de material docente entre o profesor e os estudantes.
    Sistema de evaluación
    Para superar a materia é imprescindible 1) asistir a todas as actividades docentes programadas (a non asistencia debe xustificarse axeitadamente), 2) elaborar e expoñer un traballo sobre o estudo dun caso in situ, e 3) aprobar un exame. O non cumprimento de calquera destes tres puntos implica a cualificación de suspenso. A cualificación final dos estudantes que reúnan os requisitos sinalados establecerase en función da nota do exame (60%), a nota do traballo (30%) e a asistencia (10%).
    Tempo de estudo e traballo persoal
    HORAS PRESENCIAIS / TRABALLO AUTÓNOMO / ECTS

    CLASES MAXISTRAIS (exp.) 9 / - / 0.36
    ESTUDO DE CASOS BIBLIOGRÁFICOS (int.) 4 / 4 / 0.32
    ESTUDO DE CASOS in situ (int.) 8 / 8 / 0.64
    ASISTENCIA A TITORÍAS (tut.) 3 / - / 0.12
    ELABORACIÓN DE TRABALLOS - / 12 / 0.48
    ESTUDO E PREPARACIÓN DE EXÁME - / 25 / 1.00
    REALIZACIÓN DE EXAME - / 2 / 0.08
    TOTAL VOLUMEN DE TRABALLO 24 / 51 / 3.00

    Recomendacións para o estudo da materia
    Participar de forma activa en todas as actividades docentes programadas.
    Realizar en prazo todas as actividades propostas polo profesor.
    Manexar a bibliografía e software recomendados.




    1º e 2º ciclo (en extinción)