
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión ao grao | ||
| Admisión para continuación dende univ. españolas | 01/07/2013 | 31/07/2013 |
| Admisión para continuación dende univ. estranxeiras | Solicitude na unidade de xestión correspondente. Dende o 1 de xullo | 31/07/2013 |
| 6ª convocatoria CIUG | 16/10/2013 | 18/10/2013 |
| Matrícula de continuación para alumnos USC | 28/01/2014 | 07/02/2014 |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. españolas | Prazo de matrícula notificado individualmente ao alumno | |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. estranxeiras | Matrícula en la unidad de gestión correspondiente hasta el 31 de Julio | |
| Listaxe de admitidos en continuación de estudos para alumnos de universidades españolas | 02/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Grao en Bioloxía
Rama de coñecemento: Ciencias
Centro onde se imparte:
Facultade de Bioloxía
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n. Campus sur.
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 385/2009 do 27 agosto (DOG 16/09/09)
Data de publicación no BOE: BOE do 5 de marzo de 2010
Data da última acreditación: 22/06/2009
Responsable do título:
Coordinador do título: GONZALEZ CAAMAÑO, MARIA LUZ
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:Non
Proporcionar adecuados coñecementos sobre a vida en todos os seus niveis de organización, así como das relacións que se establecen entre os distintos niveis e entre estes e o ambiente. Proporcionar os coñecementos teóricos e prácticos fundamentais para poder exercer profesionalmente en ámbitos tan diversos como a docencia, a investigación, empresas de base biotecnolóxica, sanidade, xestión ambiental, entre outros.
1.- Coñecer conceptos, métodos e resultados das distintas ramas da Bioloxía.
2.- Reunir e interpretar datos, información e resultados e emitir informes.
3.- Comunicar coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Bioloxía.
4.- Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica
1.- Coñecementos instrumentais, destrezas e habilidades
2.- Orixe e bases moleculares da vida, células, tecidos e órganos
3.- Análise da Biodiversidade, poboacións e ecosistemas
4 - Bioloxía humana, herdanza e evolución
5- Biotecnoloxía e biomedicina
A profesión de biólogo/a ten en España estatus de profesión regulada (Real Decreto 1754/1998, do 31 de xullo; BOE do 7 de agosto de 1998). No marco das funcións do biólogo/a definidas no artigo 15 dos Estatutos do Colexio Oficial de Biólogos (RD 639/1996, do 26 de Abril; BOE do 23 de maio de 1996) relaciónanse os principais ámbitos de exercicio profesional:
- Profesional sanitario en laboratorio clínico, reprodución humana, saúde pública, nutrición e dietética, saúde animal e vexetal entre outros.
- Profesional da investigación e desenvolvemento científico en centros e departamentos de investigación.
- Profesional da industria farmacéutica e agroalimentaria.
- Profesional agropecuario na optimización dos cultivos de vexetais, animais e fungos.
- Profesional do medio ambiente
- Profesional de información, documentación e divulgación
- Profesional do comercio e marketing de produtos e servizos relacionados coa ciencia biolóxica.
- Profesional da xestión e organización de empresas relacionadas coa formación e a profesión do biólogo.
- Profesional docente no ensino secundario, universitario e na formación profesional.
Créditos totais: 240.00
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Os estudantes poderán obter ata un máximo de 12 créditos polo recoñecemento das actividades contempladas no artigo 12.8 do RD 1393/2007 e das competencias transversais da USC. Considéranse competencias transversais para todas as titulacións de Grao da USC o coñecemento instrumental de (i) linguas estranxeiras; (ii) lingua galega, e (iii) tecnoloxías da información e da comunicación.. En todo caso o máximo de créditos recoñecibles polas actividades do artigo 12.8 do RD 1393/2007 será de 6.
Adaptacións: A adaptación da anterior titulación está regulada polas resolucións reitoriais:
Resolucion de adaptación ao Grao en Bioloxía [pdf - 2255 kb][Actualizado: 8/9/10]
Número de prazas de novo ingreso: 150
Demanda do ano anterior: 5.174 nota de corte en preinscrición curso 2012-2013
Perfil de ingreso: Dado que non se esixe ningunha formación previa específica, os alumnos/as poden ser admitidos na titulación de Grado de Biología si reúnen os requisitos de acceso. De todos os xeitos, recoméndase que o alumno/a haxa cursado as ramas científico-tecnolóxica ou ciencias da saúde. Dentro destes perfís, ademais da biología, resulta recomendable, pero non imprescindible, haber cursado as materias de matemáticas, física e química.
Calidades desexables do futuro estudante do grado de Biología:
- Capacidade de traballo
- Capacidade de razonamiento
- Capacidade de obter, interpretar e aplicar coñecementos
- Espírito científico
Criterios de acceso e admisión: Os xerais para as titulacións de grao.
Non se contemplan condicións nin probas de acceso especiais.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
3.- A permanencia estará supeditada á superación do 50% dos créditos matriculados nos tres primeiros anos de estudos consecutivos ou alternos
Información sobre o curso ponte: Non se contempla
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Para iniciar estudos en titulacións de grao con límite de prazas, os alumnos de Galicia que rematan o ensino medio deben realizar Probas de Acceso, organizadas por unha comisión mixta entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas. Tales probas convócanse e realízanse nos meses de xuño e setembro. Podes consultar o calendario para este proceso na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: O alumnado poderá inscribirse para a realización do Traballo de Fin de Grao unha vez superados na súa totalidade os tres primeiros cursos (180 ECTS). No momento da presentación do traballo o alumnado deberá superar todos os demais créditos necesarios para a obtención do Grao, polo menos 234 ECTS. A Facultade ofertará traballos fin de grao nos dous cuadrimestres.
Regulación TFM Facultade de Bioloxía
Prácticas en empresas: Prográmanse prácticas externas de carácter obrigatorio de 4,5 créditos. As Prácticas Externas poderán realizarse en forma de estancias en empresas, rotatorios pola Estacións de Bioloxía da USC, en Centros de Investigación da USC ou do CSIC, en Museos, Acuarios, Hospitais, etc.
Regulación Prácticas en empresas Facultade de Bioloxía
Plan de Acción Titorial:
A Facultade conta coa colaboración de varios profesores/as que actúan como coordinadores académicos, e cuxa función é titorizar e asistir nas súas decisións académicas aos estudantes propios e de acollida.
A USC ten un programa de alumnos titores para as titulacións de grao, de forma que alumnos de últimos cursos, logo dunha formación que lles facilita a Universidade, realizan tarefas de orientación aos alumnos que inician os estudos.
Información programa alumnos titores:
Programa alumnos titores
Programa titores Facultade de Bioloxía
Mobilidade: A mobilidade dos estudantes realízase a partir do segundo ano de estudos na titulación, en períodos cuadrimestrales ou anuais. A selección dos candidatos lévase a cabo, para cada convocatoria ou programa, por unha Comisión de Selección, composta polo decano ou decana, o vicedecano ou vicedecana responsable de programas de intercambio, o/a responsable da UAGCD e os/as coordinadores académicos, de acordo con criterios de baremación, previamente establecidos, que teñen en conta o expediente académico, unha memoria e, no seu caso, as competencias en idiomas que esixe a Universidade de destino.
A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Portal Internacional
Regulación mobilidade Facultade de Bioloxía
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012.
Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao).
Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón:
Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións.
O texto completo da norma pode consultarse en:
Normativa de avaliación
Máis normativa de interese para o alumnado
Resultados:
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G1021101 | Matemáticas para Bioloxía | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G1021102 | Biofísica | 9.00 | FB | ANG | OFERTA.1 | G1021103 | Química para Bioloxía | 9.00 | FB | ANG | OFERTA.1 | G1021104 | Xeoloxía | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G1021105 | Bioloxía da célula | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G1021106 | Fundamentos de Bioloxía Animal e Vexetal | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G1021107 | Bioestatística | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G1021108 | Bioloxía dos tecidos e órganos | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G1021109 | Técnicas Básicas | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G1021221 | Botánica I (Plantas non Vasculares) | 6.00 | OB | 1SG | G1021222 | Zooloxía I | 6.00 | OB | 1SG | G1021223 | Bioquímica I | 6.00 | OB | 1SG | G1021224 | Xenética I | 6.00 | OB | 1SG | G1021225 | Bioloxía do desenvolvemento | 6.00 | OB | 1SG | G1021226 | Botánica II (Plantas Vasculares) | 6.00 | OB | 2SG | G1021227 | Zooloxía II | 6.00 | OB | 2SG | G1021228 | Bioquímica II | 6.00 | OB | 2SG | G1021229 | Xenética II | 6.00 | OB | 2SG | G1021230 | Bioxeoquímica | 6.00 | OB | 2SG |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G1021321 | Fisioloxía Vexetal I (Captación de recursos e metabolismo) | 6.00 | OB | 1SG | G1021322 | Fisioloxía Animal | 6.00 | OB | 1SG | G1021323 | Microbioloxía I (Fundamentos de Microbioloxía) | 6.00 | OB | 1SG | G1021324 | Ecoloxía I | 6.00 | OB | 1SG | G1021325 | Xenética Evolutiva | 6.00 | OB | 1SG | G1021326 | Fisioloxía Vexetal II (Fisioloxía do Desenvolvemento) | 6.00 | OB | 2SG | G1021327 | Fisioloxía Animal Comparada | 6.00 | OB | 2SG | G1021328 | Microbioloxía II (Diversidade Microbiana e Microbioloxía Aplicada) | 6.00 | OB | 2SG | G1021329 | Ecoloxía II | 6.00 | OB | 2SG | G1021330 | Antropoloxía Biolóxica | 6.00 | OB | 2SG |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G1021421 | Ecoloxía III | 4.50 | OB | 1SG | G1021422 | Redacción e execución de proxectos | 4.50 | OB | 2SG | G1021424 | Bioloxía Molecular | 4.50 | OB | 1SG | G1021441 | Biodiversidade vexetal e conservación | 4.50 | OP | 1SG | G1021442 | Microbioloxía clínica | 4.50 | OP | 1SG | G1021443 | Inmunoloxía | 4.50 | OP | 1SG | G1021444 | Edafoloxía | 4.50 | OP | 1SG | G1021445 | Fitopatoloxía | 4.50 | OP | 1SG | G1021446 | Neurobioloxía | 4.50 | OP | 1SG | G1021447 | Parasitoloxía | 4.50 | OP | 1SG | G1021448 | Viroloxía | 4.50 | OP | 1SG | G1021449 | Evolución humana e diversidade molecular | 4.50 | OP | 2SG | G1021450 | Biodiversidade animal e conservación | 4.50 | OP | 2SG | G1021451 | Biotecnoloxía vexetal | 4.50 | OP | 2SG | G1021452 | Bioquímica clínica e Patoloxía molecular | 4.50 | OP | 2SG | G1021453 | Xeobotánica | 4.50 | OP | 2SG | G1021454 | Enxeñaría Xenética | 4.50 | OP | 2SG | G1021455 | Xenética humana | 4.50 | OP | 2SG | G1021456 | Zooxeografía | 4.50 | OP | 2SG | G1021423 | Prácticas externas | 4.50 | OB | PEGM | G1021425 | Traballo fin de grao | 6.00 | OB | TFGM |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable