
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión e matrícula provisoria no máster | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Biodiversidade e Conservación do Medio Natural
Rama de coñecemento: Ciencias
Centro onde se imparte:
Facultade de Bioloxía
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n. Campus sur.
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: 434/2009 do 2 de decembro (DOG 12/03/2010)
Data de publicación no BOE: 24/08/2010
Data da última acreditación: 29/07/2009
Responsable do título:
Coordinador do título: OTERO GONZALEZ, JOSE CARLOS
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
Proporcionar ao alumno coñecementos avanzados sobre o concepto de biodiversidade e das metodoloxías máis adecuadas para o seu estudo, tanto no campo botánico como faunístico. Analizar a importancia do coñecemento da biodiversidade como ferramenta básica para a xestión integral do territorio, tendo en conta que a introdución de especies alóctonas, debida ás actividades humanas, está alterando a composición específica das comunidades e o funcionamento dos ecosistemas, e que as variacións climáticas están favorecendo cambios na distribución das especies, cuxa introdución en determinadas zonas pode resultar prexudicial. Analizar a situación actual da conservación da biodiversidade, con especial atención á problemática de Galicia
A finalidade do título deberá ser a adquisición por parte do estudante dunha formación avanzada, de carácter especializado e multidisciplinar, orientada á especialización investigadora.
COMPETENCIAS XERAIS :
- Adquisición de ferramentas biolóxicas para diversas aplicacións cubrindo as expectativas de graduados en Bioloxía
- Coñecer o amplo panorama da biodiversidade e conservación do medio natural, tanto nas súas liñas de investigación, como metodolóxicas, recursos e problemas que aborda nos seus diferentes ámbitos. Capacitar para a análise, formulación e resolución de problemas dentro do contexto da biodiversidade e conservación.
COMPETENCIAS ESPECIFICAS
1. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos, ou multidisciplinares
relacionados coa súa área de estudo;
2. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos;
3. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades;
4. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
5.Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xenerais e específicos en biodiversidade e conservación
6. Xestionar e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, identificando erros
SAÍDAS PROFESIONAIS:
As actividades humanas están causando, en todo o planeta, a devastación de comunidades biolóxicas. As ameazas á diversidade biolóxica non ten precedentes, e nunca na historia da vida tantas especies habían estado ameazadas de extinción nun período de tempo tan curto. As próximas décadas decidirán que fracción da diversidade do planeta sobrevivirá. Os esforzos actuais céntranse en coñecer a diversidade, salvar especies, establecer novas áreas de conservación e protexer os parques naturais existentes.
A implantación dun novo Grao en Bioloxía obriga á organización dun máster con orientación investigadora que permita ampliar a formación aos novos graduados. Esta nova formación permitiralles adaptarse a novos retos, temáticas e actividades nun tema tan sensible socialmente como é a Biodiversidade.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 20
Demanda do ano anterior: null
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Titulacións de acceso:
a. Titulados en Bioloxía.
b. Titulacións da área de ensinanzas técnicas.
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula.
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: A proposta de traballo de fin de máster, por parte do alumno e de acordo co seu titor, poderá realizala cando supere todas as materias obrigatorias do primeiro cuadrimestre. Para a dita proposta, é aconsellábel que o alumno cursase as materias optativas relacionadas co traballo. Para a exposición do traballo de fin de máster, o alumno deberá ter superado todos os créditos necesarios para a obtención do título.
Plan de Acción Titorial: A Comisión Académica nomeará un titor para cada un dos alumnos, que non terá necesariamente que ser o futuro director do seu Traballo fin de máster. O titor fará un seguimento dos seus estudos e asesorarao naquelas cuestións que o tutorando lle formule.
Prácticas en empresas: Non se contemplan
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1121101 | Biodiversidade | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1121102 | Biodiversidade actual e evolutiva e biometría aplicada | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1121201 | Biodiversidade e sistemas de información | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1121103 | Plantas ameazadas e conservación | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1121202 | Biodiversidade de plantas non vasculares | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1121203 | Ecofisioloxía e tecnoloxía de sementes | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1121204 | Micromicetos: concepto, téncicas de estudo e biodiversidade | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1121205 | Bioloxía e biodiversidade de protistas | 3.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MR | P1121206 | Biodiversidade e Conservación de Insectos | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1121207 | Biodiversidade e conservación de moluscos gasterópodos terretres | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1121208 | Biodiversidade e conservación de aves da península ibérica | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1121216 | Medida e estimación cuantitativa da biodiversidade | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1121104 | Biodiversidade e conservación do macrobentos das augas continentais | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1121209 | Funcionamento dos sistemas acuáticos epicontinentais | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1121210 | Conservación e ordenación das poboacións piscícolas epicontinentais ibéricas | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1121211 | Avaliación da contaminación e métodos de restauración en ecosistemas acuáticos continentais | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1121105 | Biodiversidade dos fondos mariños | 6.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1121212 | Biodiversidade de animais mariños | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1121106 | Xestión e planificación de espazos naturais. biodiversidade da paisaxe. | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1121213 | Componentes vexetais da rede natura 2000: hábitats e especies | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1121214 | Técnicas de análise de imaxe | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1121215 | Aproveitamento histórico dos productos pesqueiros | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1121107 | Traballo fin de máster | 12.00 | OB | TFGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable