Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Bioloxía Mariña
Rama de coñecemento: Ciencias
Centro onde se imparte:
Facultade de Bioloxía
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n. Campus sur.
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: 245/2011 do 15 de decembro (DOG do 03/01/2012)
Data de publicación no BOE: 28/05/2012
Data da última acreditación: null
Responsable do título:
Coordinador do título: FERNANDEZ PULPEIRO, EUGENIO GENARO
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
SiListaxe de profesores da titulación
Obxectivos xerais do título:
A especial vinculación da Comunidade Autónoma de Galicia co medio mariño demanda a formación de especialistas que poidan facerse cargo da avaliación, xestión e correcta valoración da diversidade e dos recursos mariños dun área xeográfica determinada, garantindo a súa conservación dentro do marco xurídico vixente. Así mesmo, é igualmente imprescindible a formación de persoal dedicado a desenvolver tarefas docentes e investigadoras no campo da bioloxía mariña.
Obxectivos específicos do título:
Proporcionar aos alumnos as técnicas e ferramentas máis recentes e novas para deseñar e executar traballos experimentais, así como para analizar, e avaliar problemas teóricos e prácticos relacionados co ámbito da bioloxía mariña.
Formalos en capacidades e competencias que permitan a súa integración en departamentos de I+D+ i ou centros de investigación doutras institucións tanto públicas como privadas.
Dotalos dos coñecementos fundamentais na xestión sostible dos recursos mariños.
Dotalos de ferramentas complementarias xerais que lles serán de utilidade no futuro noutras áreas biolóxicas e biotecnolóxicas relacionadas coa conservación e xestión do medio mariño.
Conseguir estes obxectivos leva parello obter unha serie de coñecementos e adquirir unha serie de habilidades e destrezas. Entre os coñecementos que os alumnos poden adquirir neste programa, destacan aqueles sobre:
Organización, estrutura, funcionamento e métodos de estudo de organismos e ecosistemas mariños.
Avaliación e métodos de estudo de procesos contaminantes e outras agresións ao medio mariño.
Resposta dos ecosistemas mariños á actividade antropogénica.
Técnicas de análise molecular e as súas aplicacións en acuicultura, pesqueiras, trazabilidade, conservación e evolución.
As habilidades e destrezas que os estudantes poderán adquirir serán diversas. De forma xeral pódense destacar que recibirán instrucción sobre:
Procura e utilización de bibliografía científico-técnica.
Manexo de software básico para a análise de datos e a avaliación de procesos.
Manexo de instrumental para a mostraxe de comunidades naturais e cuantificación de variables ambientais. Aplicación de técnicas de tratamento estatístico de datos.
Redacción e elaboración de informes técnicos e artigos científicos.
Emprendemento de iniciativas e toma de decisións relacionadas con impactos ambientais nos ecosistemas mariños.
SAÍDAS PROFESIONAIS:
Hai necesidade de profesionais formados en bioloxía mariña tanto para a administración autonómica, administracións locais, cofradías de pescadores e mariscadores, así como para empresas de avaliación de riscos e impactos ambientais, etc. Demándase a formación de especialistas que poidan facerse cargo da avaliación, xestión e correcta valoración da diversidade e dos recursos mariños dun área xeográfica determinada, garantindo a súa conservación dentro do marco xurídico vixente. Así mesmo, é igualmente imprescindible a formación de persoal dedicado a desenvolver tarefas docentes e investigadoras no campo da bioloxía mariña.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 8
Demanda do ano anterior:
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Titulacións en Bioloxía e Ciencias do Mar e outras titulacións relacionadas coa área de Ciencias Experimentarias ou coa área de Ciencias da Saúde.
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula.
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: null
Plan de Acción Titorial: Plan de accion titorial
Prácticas en empresas: null
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1171101 | O medio mariño: oceanografía física | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1171102 | Botánica mariña | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1171103 | Zooloxía mariña | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1171104 | Microbioloxía mariña | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1171105 | Ecoloxía mariña | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1171106 | Fisioloxía de organismos mariños | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1171107 | Bases Moleculares da adaptación ao medio mariño | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1171108 | Técnicas de estudo de organismos mariños | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1171109 | Deseño experimental e recursos de información | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1171110 | Técnicas de mostraxe e recoñecemento de organismos e comunidades | 6.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1171111 | Cartografía S.I.G. e teledetección | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1171112 | Xestión do medio: socioeconomía, educación ambiental e lexislación | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1171113 | Bioloxía da Conservación | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1171114 | Diversidade xenética e as súas aplicacións ao estudo de organismos mariños | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1171115 | Contaminación e ecotoxicoloxía mariña | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1171116 | Bioloxía das especies explotadas e potencialmente explotables | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1171117 | Avaliación e explotación de recursos no litoral | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1171118 | Pescarías e explotación de derivados da pesca | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1171201 | Mecanismos de toxicidade e desintoxicación de xenobióticos | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1171202 | Estatística espacial e modelización | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1171203 | Bioloxía do desenvolvemento de organismos mariños | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1171204 | Especies invasoras e fouling | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1171119 | Prácticas Externas | 18.00 | OB | PEGM | 2 | P1171120 | Traballo fin de máster | 12.00 | OB | TFGM | 2 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable