
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Matrícula vacantes | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Acuicultura
Rama de coñecemento: Ciencias
Centro onde se imparte:
Facultade de Bioloxía
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n. Campus sur.
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 53/2008 do 13 de marzo (DOG 28/03/2008)
Data de publicación no BOE: 25/12/2012
Data da última acreditación: 11/10/2012
Responsable do título:
Coordinador do título: BANDIN MATOS, MARIA ISABEL
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
SiListaxe de profesores da titulación
Este Máster foi deseñado para proporcionarlle ao estudante unha formación avanzada, específica e multidisciplinar orientada á formación académica, investigadora e profesionalizante en acuicultura. Proporcionaralle ao estudante os coñecementos, destrezas e aptitudes básicos que lle permitirán deseñar e levar a cabo investigacións no campo da acuicultura, deseñar, xestionar e controlar instalacións continentais e mariñas, avaliar o seu impacto ambiental e responder ás necesidades de i+D+i do sector, implementando estratexias que permitan o futuro desenvolvemento da industria acuícola.
COMPETENCIAS XERAIS
- Adquisición de capacidades de análise e prospección sobre a situación actual e futura da acuicultura.
- Apreciar a importancia do debate e traballo en equipo, a comunicación interpersoal e a responsabilidade.
- Valorar a importancia das análises multidisciplinares e a relación entre coñecementos para a resolución de problemas e análise de puntos críticos.
- Empregar as terminoloxías científicas adecuadas.
- Redactar e defender informes profesionais e publicacións científicas, fomentando a expresión audiovisual, oral e escrita.
- Atopar as fontes de información e bases de datos necesarias; consultalas e analizar e sintetizar documentos.
- Contribuír a incrementar o coñecemento formulando e desenvolvendo proxectos de investigación e cultivo.
- Potenciar o manexo de idiomas estranxeiros.
- Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
- Adquirir capacidade para traballar de forma individual no deseño experimental, demostrando autonomía no traballo de laboratorio.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
- Asimilación da importancia da calidade da auga e da súa supervisión.
- Coñecemento do ciclo biolóxico e aspectos fisiolóxicos e morfolóxicos dos animais e algas de cultivo.
- Desenvolver e coñecer as técnicas de cultivo de peixes, moluscos, outros invertebrados, de algas, auxiliares e de produción.
- Controlar todos os factores fisiolóxicos, metabólicos, inmunolóxicos, ambientais, de alimentación..., que afectan o benestar, e implementar os procesos de reprodución, produción, mantemento e patoloxía de especies clave e especies potenciais en acuicultura.
- Diagnosticar, previr e controlar enfermidades.
- Realizar controis de calidade e trazabilidade.
- Adquirir coñecementos sobre as características técnicas e de deseño das instalacións para o cultivo.
- Previr o potencial impacto ambiental.
- Organizar a produción asegurando a súa viabilidade.
- Identificar obxectivos relevantes de investigación e planificar a súa consecución.
- Adquirir os coñecementos básicos e aplicados de xenética, xenómica e proteómica aplicada á acuicultura.
- Coñecer as técnicas utilizadas para avaliar o estado do sistema inmunitario así como a metodoloxía utilizada para determinar os efectos da dieta, estrés, inmunoestimulantes e inmunización sobre o sistema inmunitario.
- Identificar e aplicar a normativa internacional, estatal e comunitaria aplicable á acuicultura
Trátase de obter investigadores e profesionais cun alto nivel formativo e científico necesarios no sector, cun dominio de técnicas multidisciplinares, que poidan asumir responsabilidades de investigación, desenvolvemento e innovación, dirección e xestión, tanto no ámbito empresarial como no sector público. Ademais, os coñecementos e habilidades adquiridas polos alumnos permitiríanlle, de ser o seu desexo, dedicarse á docencia no ámbito da Formación Profesional.
O sector da acuicultura, sobre todo as empresas máis competitivas, busca profesionais altamente cualificados que poidan chegar a estar ao cargo dunha planta de produción, enfrontando problemas multidisciplinares alén do cultivo, ou poñerse á fronte da unidade de I+D da empresa, aínda que mantendo unha importante base de coñecementos na área produtiva.
Por outro lado, os centros de investigación en acuicultura, non só da nosa Comunidade Autónoma, debido ao alto compoñente aplicado das súas liñas de investigación, necesitan novos investigadores cun alto nivel formativo na orientación investigadora.
Por todo iso, o deseño da estrutura e das materias do máster realizouse en función das necesidades de formación profesionalizante e de investigación aplicada existentes na actualidade.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 10
Demanda do ano anterior:
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Modalidade: Máster con límite de prazas e criterios específicos.
Titulacións de Acceso por orde de preferencia:
Nivel 1 de preferencia:
- Licenciado ou Graduado en Bioloxía
- Licenciado ou Graduado en CC. Do Mar
- Licenciado ou Graduado en Veterinaria
Nivel 2 de preferencia:
- Licenciado ou Graduado en Química
- Licenciado ou Graduado en Farmacia
- Licenciado ou Graduado en Enxeñaria Agroforestal
Nivel 3 de preferencia:
- Licenciado ou Graduado en CC. Experimentais
Mais información na convocatoria anual de matrícula
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: No 1º curso deben cursarse 30 créditos obrigatorios e 30 créditos optativos, e no 2º curso 6 créditos do Traballo Fin de Máster e 24 créditos que deberá elixir o estudante entre tres posibilidades dependendo da especialidade que se queira cursar: Prácticas en empresa; Iniciación á investigación, ou Proxecto.
Plan de Acción Titorial: A facultade conta coa colaboración de varios profesores/as que actúan como coordinadores académicos, e cuxa función é titorizar e asistir nas súas decisións académicas aos estudantes propios e de acollida.
Prácticas en empresas: O alumno que elixa a materia Prácticas en empresa, do itinerario profesional, levará a cabo un circuíto polas diversas fases do proceso produtivo da empresa ou centro en cuestión, segundo a súa idiosincrasia, co fin de aprender as distintas etapas do cultivo de especies piscícolas, invertebrados ou algas. O alumno deberá elaborar un Libro de Actividades diarias que entregará á Comisión Avaliadora.
Os obxectivos e contidos mínimos da modalidade: Iniciación á investigación, do itinerario investigador, presentaranse en cada curso e corresponderá a un traballo de investigación con obxectivos, materiais e métodos estabelecidos polo profesor director propoñente de cada oferta específica. O alumno deberá elaborar un Libro de Laboratorio onde se indique claramente todos e cada un dos experimentos realizados.
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012.
Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao).
Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón:
Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións.
O texto completo da norma pode consultarse en:
Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1072101 | Bioloxía dos animais acuícolas cultivables | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1072102 | Bioloxía das algas cultivables | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1072103 | Fisioloxía dos animais acuícolas cultivables | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1072104 | Xenética aplicada á acuicultura | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1072105 | Inmunoloxía | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1072106 | Patoloxía; prevención e control | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1072107 | Calidade da auga e instalacións | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1072108 | Alimentación e nutrición animal | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1072109 | Xestión económica, xurídica e medioambiental en acuicultura | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1072201 | Cultivo de macroalgas | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1072202 | Cultivo de microalgas e zooplancto | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1072203 | Cultivo de peixes | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1072204 | Cultivo de moluscos bivalvos | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1072205 | Cultivo doutros invertebrados | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1072206 | Mareas tóxicas | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1072207 | Enfermidades en invertebrados | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1072208 | Enfermidades en peixes | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1072209 | Xenética de poboacións | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1072210 | Xenómica e mellora xenética | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1072211 | Aplicacións biotecnolóxicas en acuicultura | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1072212 | Desenvolvemento de ferramentas de prevención e control | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1072213 | Desenvolvemento de ferramentas de diagnóstico e análise epidemiolóxica | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1072214 | Calidade, mellora e procesamento dos produtos derivados da acuicultura | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1072215 | Aplicacións estatísticas ao deseño experimental e análise de datos | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1072216 | Análise filoxenética | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1072110 | Traballo fin de master | 6.00 | OB | TFGM | 2 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1072111 | Prácticas en empresa | 24.00 | OP | PEGM | 2 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1072112 | Iniciación á investigación | 24.00 | OP | PEGM | 2 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1072113 | Proxecto | 24.00 | OP | PEGM | 2 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable