G3041102 - Fundamentos de economía da información (Industrias culturais e movementos estéticos contemporáneos) - Curso 2011/2012
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 48.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Aplicada
- Áreas: Economía Aplicada
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaDotar a o alumno de coñecementos básicos de economía , que calquera licenciado en CC. da Comunicación debería coñecer, incluso aqueles que, en principio, non pensan dedicarse a informar destes asuntos.
Contidos1. Conceptos básicos de Economía.
2. A industria da comunicación: aspectos microeconómicos básicos.
3. A industria da comunicación: aspectos macroeconómicos básicos.
4. A industria da comunicación no contexto das economías actuais.
Bibliografía básica e complementaria(a) Básica.
José A. Alonso (director). Lecciones sobre economía mundial. Civitas, Madrid 2009 (4ª edición).
Juan Gimeno e outros. Principios de Economía. McGraw-Hill, 2ª ed., 2008.
Manuel J. González González y otros. Introducciñon a la Economía. Pearson, 2009.
Alfonso Vara Miguel. Economía básica para comunicadores. Eunsa, 2009 (3ª edición).
(b) Complementaria.
N.G. Mankiw. Principios de Economía. Thomson 2007.
Cándido Muñoz Cidad. Estructura económica internacional. Thomson-Civitas, Madrid 2003.
Jaime Requeijo. Economía mundial. McGraw-Hill, Madrid 2006 (3ª edición).
Ramón Tamames y Begoña G. Huerta. Estructura económica internacional. Alianza editorial. Madrid, 2008.
Competencias- Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a nivel xeral.
- Coñecer a realidade económica internacional.
- Identificar, acceder e manexar fontes de información económica.
- Desenvolver a capacidade analítica necesaria para abordar estudios económicos.
Metodoloxía da ensinanza A ensinanza da materia realizarase a través das seguintes actividades: clases teóricas, clases prácticas e titorías.
As clases teóricas corren a cargo do profesor e teñen como abxectivo a explicación dos aspectos básicos de cada tema incluído no programa, proporcionándolle ó alumno a información necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónomo. Estas exposicións irán acompañadas por un programa de clases prácticas, que permitan profundizar os conceptos e as técnicas de análisis empregadas nas distintas leccións.
Asemesmo, as titorías servirán para que os alumnos traballen en grupos reducidos, intentando resolver os problemas que o profesor pantexera e/ou plantexar dúbidas que a explicación do profesor lles suscitara.
Sistema de evaluaciónA evaluación levarase a cabo mediante a realización dun exame final. O exame consistirá nunha serie de preguntas, preferentemente obxectivas, sobre o temario desenvolto ó longo do curso académico.
De todas as formas, a calificación de este exame non ten por qué constituir a única nota do alumno. Procurarase, tamén, calificar (ata un 10% da nota final) as presentacións, as intervencións en debates, os traballos realizados, etc, por parte dos alumnos.
Tempo de estudo e traballo persoal(a) Traballo presencial do alumno.
– clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 20.
– traballo con documentos: análises, síntesis e discusión: 5.
– seminario ou prácticas en clase: 15.
– titorías de traballos de curso: 2.
– actividades de evaluación: 3.
– exame final: 3.
– total horas traballo presencial: 48.
(b) Traballo persoal do alumno.
– estudio autónomo individual ou en grupo: 45.
– lecturas recomendadas: 15.
– preparación de presentacions orais, debates, etc: 10.
– planificación do seminario. Búsqueda, rexistro e preparación de material de apoio: 20.
– total horas traballo persoal: 102.
– TOTAL HORAS: 150.
Recomendacións para o estudo da materiaRecomendase ó alumno o seguimento continuado das clases presenciais, así como da bibliografia básica e complementaria sinalada pólo profesor a medida que se desenvolve o programa. Tamén se considera convinte consultar com frecuencia as principais fontes estatísticas recomendadas co obxectivo de familirizarse co uso e poder aplicar as técnicas de análise necesarias para o coñecemento da realidade econômica obxecto de estúdio.
Por último, o uso das titorías debera suplir calquera tipo de problema que poda surxir ó longo do proceso de ensinanza-aprendizaxe da materia.