Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

G3031223 - Información Televisiva (Información xornalística e comunicación dixital) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación
  • Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CARBALLO VARELA, CARLOS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Expositivo 1OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Laboratorio 1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Laboratorio 2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Laboratorio 3OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Laboratorio 4OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Estudo da información televisiva. Características específicas da redacción televisiva. Análise dos diferentes xeitos de construír a información. Análise e estudo dos diferentes tipos de programas informativos. Tipoloxía e características dos diferentes programas informativos de televisión. Técnicas de deseño, dirección, presentación, elaboración e realización de programas informativos.

    Estudo e análise do proceso informativo en televisión en todos os seus ámbitos e fases: producción, redacción e presentación. Capacitar ao alumno para desenvolverse no eido da información televisiva. Coñecer como funciona unha redacción en televisión e cáles son os aspectos que inflúen e que condicionan o tratamento informativo. Coñecer as características da programación informativa de televisión, as peculiaridades de cada modelo de programa e os elementos necesarios para deseñar un informativo.

    Contidos
    TEMA 1
    1. A producción da información en televisión.
    1.1.- A producción de noticias.
    1.2.- Estructuras organizativas.
    1.3.- Traballo e adscripción dos xornalistas na redacción de informativos. Seccións e programas.
    1.3.- Modelos organizativos en España.
    1.4.- Referentes públicos e privados

    TEMA 2
    2. Procedencia da información televisiva: as fontes
    2.1.- O papel das fontes en televisión
    2.2.- Clasificación e uso das fontes televisivas
    2.3.- Fontes que buscan ao medio
    2.4.- As axencias de noticias para televisión
    2.5.- Filtración e desinformación. Gabinetes
    2.6.- Os outros medios como fonte
    2.7.- A axenda persoal

    TEMA 3
    3. A selección da información
    3.1.-Proceso de selección.
    3.2.-Pluralismo e manipulación
    3.3.-Criterios de noticiabilidade e argumentacións
    3.4.-O consello de redacción: as deliberacións e o tratamento das noticias. Criterios de ordenación. Interpretar e valorar.
    3.5.-Opinión e información na televisión actual en España

    TEMA 4
    4. Contar noticias para televisión.
    4.1.- Contar historias en imaxes, palabras e sons. As W nas noticias de TV.
    4.2.- Estratexias narrativas.
    4.3.- A información en directo.
    4.4.- Transmisión e retransmisión informativa en televisión. Factores e medios
    4.5.- A presencia ante a cámara. Credibilidade. Elementos e condicionantes.

    TEMA 5
    5. A montaxe das noticias.
    5.1.- A relación entre a imaxe e a palabra
    5.2.- A continuidade narrativa. O uso das transicións. Efectos
    5.3.- Son e información televisiva. Características e utilización

    TEMA 6
    6. O soporte gráfico
    6.1.- Grafismo: seccións e temática
    6.2.- Tipoloxías
    6.3.-Grafismo ubicativo. Posicionamento.
    6.4.- Realidade virtual. Realidade aumentada.

    TEMA 7
    7. Os noticiarios en televisión.
    7.1.- Características e principais modelos. Edicións diarias.
    7.2.- A realización do noticiario.
    7.3.- A escaleta. Elementos e modelos. O guión
    7.4.- Os elementos identificativos dos noticiarios.
    7.5.- Equipo técnico. Exteriores, plató e control de realización

    TEMA 8
    8. A producción nos informativos diarios.
    8.1.- A producción como eixo central da consecución de noticias en televisión
    8.2.- A asignación de equipos. A pre-producción
    8.3.- Valoración. Desglose de producción.
    8.4.- Analítica de medios na producción de informativos

    TEMA 9
    9.- Os programas informativos: formatos. Do Avance Informativo ás cadenas 24 horas.
    9.1.- Concepto de programa e desenvolvemento
    9.2.-.Tipoloxía de programas informativos.
    9.3.- Os programas clasificados segundo a su periodicidade.
    9.4.- Os programas segundo o seu formato
    9.5.- A información como espectáculo televisivo

    TEMA 10
    10.- Os informativos como elementos na estructura de cadea.
    10.1.-.Estructuras vertebrais. Estructuras complementarias.
    10.2.- Introducción ás audiencias informativas
    10.3.- Plantexamentos de futuro na información televisiva. Tenndencias e novos soportes.


    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica

    CEBRIAN HERREROS, Mariano: Información televisiva. Mediaciones, contenidos, expresión y programación. Síntesis. Madrid, 1998.
    MILLERSON, Gerald.: Técnicas de Realización y producción en televisión. IORT.Madrid, 1997.
    Soengas Pérez, José: El tratamiento informativo del lenguaje audiovisual, Laberinto, Madrid, 2003.
    Soengas Pérez, José: El enfoque informativo. Los puntos de vista de una noticia en televisión. Laberinto, Madrid, 2008.

    Bibliografía complementaria

    AGUILERA, Miguel de: EL TELEDIARIO: Un proceso informativo. Mitre. Barcelona 1985.
    BARROSO GARCIA, Jaime: Proceso de la información de actualidad en Televisión, IORT. Madrid 1992.
    CARRIZO, Gloria: IRUETA-GOYENA, Pilar / LOPEZ, Eugenio, Manual de Fuentes de Información, Madrid, 1994 CEGAL.
    GARCIA JIMENEZ, Jesús: Narrativa Audiovisual. Cátedra. Madrid. 1996.
    LÓPEZ, Manuel.: Cómo se fabrican las noticias, Fuentes, selección y planificación, Paidós, Barcelona, 1995
    MILLERSON, Gerald.: TV producción eficaz. Tecnicas y procesos. Hispano europea, Barcelona, 1984
    OLIVA, Llúcia i Sitjà, Xavier.: Las noticias en televisión. IORT. Barcelona 1992.
    Oliva, Llucía y Sitjà, Xavier: Noticias en radio y televisión. Periodismo audiovisual en el siglo XXI, Ediciones Omega, Barcelona, 2007
    PRADO.E: Información televisiva y nuevas tecnologías, en El Periodismo audiovisual ante el 2000. I Jornadas Internacionales, Carmen Peñafiel, José Luis Ibáñez y Manu Castilla editores. Universidad del Pais Vasco.
    SANABRIA, Francisco.: Información audiovisual. Teoria y técnica de la información radiofónica y televisiva. Boch comunicación, Barcelona, 1994.
    Vilalta i Casas, Jaume: El reportero en acción. La noticia, reportaje y documental en televisión, Comunicación Activa, Universidad de Barcelona, Barcelona, 2007.

    Competencias
    - Coñecer o organigrama dunha redacción de televisión e analizar o seu funcionamento.
    - Familiarizarse cos elementos que interveñen no proceso informativo televisivo, especialmente coa utilización e selección de fontes informativas, o tratamento da noticia e os seus elementos, a montaxe e a posta en antena.
    - Coñecer os diferentes formatos informativos e a súa utilización, así como o seu proceso de creación e análise crítica.
    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía aplicada para a comprensión da asignatura Información Televisiva está programada seguindo os criterios establecidos polo número de créditos teóricos e prácticos e tendo en conta que é unha asignatura cuatrimestral.

    Nestas sesiones teóricas os alumnos adquirirán os fundamentos para a busca de información, da redacción para televisión e se inicirán nos conceptos de linguaxe audiovisual en informativos, elementos necesarios para ter unha visión de conxunto de cómo se desenvolve o traballo diario dunha redacción de informativos nunha canle de televisión.

    A través das clases prácticas, os alumnos percorrerán o proceso de elaboración de información: búsqueda, selección e contraste de noticias, elaboración dunha escaleta y realización en grupo dun informativo en plató.


    Sistema de evaluación
    A asignatura consta dunha parte teórica e doutra parte práctica. Cada unha delas equivale ao 50% da nota final e para aprobar a materia deberán estar superadas ambas. Polo tanto, o 50 % da materia evalúase mediante un exame final teórico e o outro 50% coas as prácticas que realicen os alumnos durante o curso.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    É unha asignatura cun valor de 6 créditos ECTS e unha carga de traballo para os alumnos de 150 horas (48 de traballo presencial e 102 persoal).

    Os alumnos comezan as prácticas introducindose no proceso de selección das noticias e elaboración de escaletas, para continuar coa sua pre-producción de cara a realización do informativo final.

    Realización e grabación, redacción e edición das informacións-

    Elaboración dun informativo en directo en plató por parte de cada un dos grupos de traballo.

    Durante o curso o profesor proporá outro tipo de traballos prácticos de cara a familiarizar ós alumnos coa estructura das noticias, os diferentes estilos e formatos informativos e a súa presencia en antena.

    Recomendacións para o estudo da materia
    É recomendable que o alumno asista ás clases teóricas para lograr unha concepción global da asignatura. A realización das prácticas é obligatoria.
    Sería interesante que o alumno fixese un seguemento dos distintos formatos que están actualmente en televisión, asesorado polo profesor, para realizar análises críticas ó respecto
    Para un correcto aprendizaxe é recomendable que o alumno realice as lecturas bibliográficas recomendadas.