Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

G3031448 - Movementos xornalísticos e comunicación cidadá (Teorías e Historia do Xornalismo) - Curso 2012/2013

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación, Ciencias da Comunicación
  • Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade, Xornalismo
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
LOPEZ GARCIA, XOSE.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Expositivo 1OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Seminario 1OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Seminario 2OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo prioritario da materia é que o alumno adquira coñecementos arredor da orixe e desenvolvemento dos diferentes movementos xornalísticos, que entenda o papel da participación cidadán nos diferentes movementos, que analice as técnicas de traballo dos principais movementos e que aplique esas técnicas aos seus traballos.
    A explicación destes movementos e das súas características orientaranse a capacitar ao alumno para que dispoña de coñecementos que poidan aplicarse na construción de mensaxes informativas con renovadas técnicas.
    Movementos Xornalísticos e Comunicación Cidadán debe capacitar ao alumno para a redacción de reportaxes con renovadas técnicas, é dicir, na teoría e técnica do tratamento da reportaxe xornalística que aplica a participación cidadán nas súas múltiples variantes.

    Contidos
    Orixe e desenvolvemento dos diferentes movementos xornalísticos. Análise das tendencias actuais do xornalismo nos medios impresos, audiovisuais e electrónicos. A participación ciudada e os seus condicionantes. Conceptualización e análise do desenvolvemento da comunicación alternativa. Estudo dos modelos, dos actores e das estratexias dos medios no contexto da información alternativa. Produción da comunicación e impacto e participación da cidadanía. Políticas de dinamización informativa. Xestión da participación en medios convencionais e alternativos. Mecanismos e novos sistemas de xestión da información.

    Contidos teóricos

    Os contidos teóricos centrais xirarán arredor dos conceptos básicos sobre os movementos xornalísticos e as iniciativas de participación cidadán na produción de contidos para os medios. As novas canles para o diálogo cidadáns-xornalistas e as súas consecuencias para o xornalismo actual.

    Contidos prácticos

    Os contidos prácticos centrais xirarán arredor da elaboración de reportaxes aproveitando as técnicas das principais correntes xornalísticas. Estes contidos prácticos están relacionados cos contidos teóricos.

    Temas do programa

    Tema 1: Cando e como nacen os movementos xornalísticos
    Tema 2: A Comunicación Cidadán
    Tema 3: O “Novo Xornalismo”
    Tema 4: O “Xornalismo de Servizo”
    Tema 5: O “Xornalismo de Precisión
    Tema 6: O “Xornalismo Público”
    Tema 7: O “Xornalismo Cidadán”
    Tema 8: A participación dos cidadáns no xornalismo


    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica

    ALBERDI, A./ARMENTIA, J.I./CAMINOS, J.M./MARÍN, F. (2002). El Diario de Servicios en España. Oviedo: Septem.
    ÁLVAREZ TEIJEIRO, C. (2000). Comunicación, democracia y ciudadanía. Fundamentos teóricos del Public Journalism. Buenos Aires: CiCCUS-La Crujía.
    BERNAL, S./CHILLÓN, A. (1985). Periodismo informativo de creación. Barcelona: Editorial Mitre.
    BERRIO, J. (2000). La Comunicació en la democràcia. Barcelona: Universidad Autónoma de Barcelona (Colección Aldea Global).
    CHILLÓN, A. (1999). Literatura y periodismo: una tradición de relaciones promiscuas. Barcelona: Universidad Autónoma de Barcelona (colección Aldea Global).
    DADER, J.L. (1997). Periodismo de precisión. Madrid: Editorial Síntesis.
    DIEZHANDINO, P. (1994). Periodismo de servicio. Barcelona: Bosch Comunicación.
    GARCÍA, N. (2004). Periodistas, ciudadanos del mundo. Madrid: Fragua.
    GILLMOR, D. (2005). Nós, os media. Lisboa: Editorial Presença.
    MEYER, Ph. (1993). Periodismo de Precisión. Nuevas fronteras para la investigación periodística. Barcelona: Bosch Comunicación .
    VV.AA. (1999). Los usuarios en la Sociedad de la Información. Madrid: Confederación Española de Organizaciones de Amas de Casa, Consumidores y Usuarios (CEACCU).


    Bibliografía complementaria

    BARRERA, C. –Coord.- (2004). Historia del periodismo universal. Barcelona: Ariel.
    CESAREO, G. (1986). Es noticia. Fuentes, procesos, tecnologías y temas en el aparato informativo. Barcelona: Editorial Mitre.
    DE PABLOS, J.M. (1986). El periodismo herido. Madrid: Foca.
    DIEZHANDINO, P. (2007). Periodismo y poder. Madrid: Pearson.
    GARCÍA CANCLINI, N. (2007). Lectores, espectadores e internautas. Gedisa: Barcelona.
    GUERRERO, S. (2007). La creatividad en el lenguaje periodístico. Madrid: Cátedra.
    GALDÓN, G. –Coord.- (2001). Introducción a la Comunicación y a la Información. Barcelona: Ariel Comunicación.
    GÓMEZ MOMPART, J.LL./MARÍN, E. (1999). Historia del periodismo universal. Madrid: Editorial Síntesis.
    LÓPEZ, X. (2005). Mundo global, alternativa local. Valencia: Le Monde Diplomatique –edición española-, número 3, septiembre de 2005.
    LÓPEZ, X./OTERO, M. (2007). Bitácoras. La consolidación de la voz del ciudadano. Sada (A Coruña): Netbiblo.
    MESQUITA, M. (2007). El cuarto equívoco. El poder de los media en la sociedad contemporánea. Fragua: Madrid.
    PAVLIK, J.V. (2005). El periodismo y los nuevos medios de comunicación. Barcelona: Paidós.
    REYES MATA, F. (1981). Comunicación alternativa y desarrollo solidario ante el mundo transnacional. México: Editorial ILET.
    PISANI, F./PIOTET, D. (2008). La alquimia de las multitudes. Cómo la web está cambiando el mundo. Barcelona: Paidós Comunicación.
    VV.AA. (2005). Medios de comunicación en crisis. Valencia: Le Monde Diplomatique –Edición Española-, nº 31.

    Competencias

    O obxectivo prioritario da materia é que o alumno adquira coñecementos que lle permitan entender as características dos principais movementos xornalísticos e as súas achegas renovadoras ao xornalismo.
    A materia debe contribuír a que o alumno teña competencias e habilidades para a construción de reportaxes xornalísticas aplicando as técnicas dos principais movementos xornalísticos.

    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas (incluirá clases maxistrais teóricas, clases de seminario teóricas, clases de seminario prácticas, traballos individuais e grupais titorizados, estudos de caso…), propiciando en todo momento a implicación do estudante no seu proceso formativo. Ademais, o estudante realizará prácticas de laboratorio en salas de redacción.
    Sistema de evaluación
    A avaliación será continua, polo que haberá un seguimento constante dos coñecementos que vai adquirindo o alumno. Os instrumentos de avaliación de contidos e actitudes serán basicamente:
    a. Exame/s teórico/s
    b. Prácticas realizadas durante as clases prácticas.
    c. Participación activa e positiva nos seminarios.
    d. Avaliación dos proxectos ou estudios de caso formulados ao longo do curso.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    O alumno terá que dedicar 51 horas de traballo presencial e 99 horas de traballo de preparación e de realización das actividades programadas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Seguimento da actualidade nos medios de comunicación, seguimento das actividades programadas e seguimento do material que se actualizará na páxina da materia (www.novosmedios.org/xornalismo) e na plataforma do campus virtual da USC.