G3031101 - Institucións Políticas e Movementos Sociais Contemporáneos (Mundo actual: Comprensión e evolución contemporánea) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencia Política e da Administración
- Áreas: Ciencia Política e da Administración
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaIntroducir ao coñecemento dos actores e institucións políticas contemporáneas. Coñecemento das principais ideoloxías e movementos sociais do noso tempo e comprensión dos principais debates políticos contemporáneos. Debater os límites económicos e políticos da acción política.
ContidosIntrodución ao estudo do sistema político e dos seus compoñentes institucionais . Introdución ao sistema político galego e español. Estudo das principais ideoloxías contemporáneas (socialismo, anarquismo, liberalismo e conservadorismo). Coñecemento dos actores políticos: partidos, grupos de presión e burócratas. Introdución aos debates e movementos sociais contemporáneos (ecoloxismo, nacionalismo, feminismo, antiglobalización). Estudo dos límites económicos e sociais da actuación política
Bibliografía básica e complementaria- Caminal Abadía, Miquel (coord.), Manual de Ciencia Política, Tecnos, Madrid, 1996.
- Del Águila, Rafael (ed.), Manual de Ciencia Política, Trotta, Madrid, 1997.
- Goodin, R. E. e Klingemann, H. D., Nuevo manual de Ciencia Política (2 vols.), Istmo, Madrid, 2001.
- Jasay, Anthony de, El Estado, Alianza, Madrid, 1996.
- Jouvenel, Bertrand de, El Poder, Unión Editorial, Madrid, 2000.
- Marsh, D. e Stoker, G. (eds.), Teoría y métodos de la Ciencia Política, Alianza, Madrid, 1997.
- Meny, Y. e Thoenig, J. C., Las políticas públicas, Ariel, Barcelona, 1989.
- Pasquino, G. et al., Manual de Ciencia Política, Alianza Editorial, Madrid, 1993.
- Pastor, M. (coord.), Fundamentos de Ciencia Política, McGraw-Hill, Madrid, 1994.
- Sartori, G., Partidos y sistemas de partidos, Alianza, Madrid, 1980.
- Vallespín, F. (ed.), Historia de la teoría política, 6 vols., Alianza, Madrid, 1990-1995.
- Vilas Nogueira, X. et al., O sistema político galego. As institucións, Xerais, Vigo, 1994
CompetenciasInterese polo estudo dos fenómenos políticos.
- Atención e capacidade crítica.
Metodoloxía da ensinanza - Clases teóricas participativas.
- Titorías personalizadas para afondar na especialización nos temas que poidan ser de interese para o alumno.
- Clase prácticas de debate de cuestións políticas de actualidade.
- Os alumnos deberán estudar as lecturas propostas polo profesor ao principio do curso como base mínima para superar a disciplina.
Sistema de evaluaciónExame presencial escrito que determinará se o alumno supera ou non a disciplina. A nota definitiva virá da suma da cualificación do exame coas lecturas voluntarias realizadas e a participación do alumno nas clases. A proporción será de 50% exame, 40 % traballos titorizados e 10% participación nas clases, teóricas e práticas.
Tempo de estudo e traballo persoal50 horas con presencia do profesor e 100 horas de traballo individual
Recomendacións para o estudo da materia- Clases teóricas participativas.
- Titorías personalizadas para afondar na especialización nos temas que poidan ser de interese para o alumno.
- Clase prácticas de debate de cuestións políticas de actualidade.
- Os alumnos deberán estudar as lecturas propostas polo profesor ao principio do curso como base mínima para superar a disciplina