G3031102 - Historia do Mundo Actual (Mundo actual: Comprensión e evolución contemporánea) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia Contemporánea e de América
- Áreas: Historia Contemporánea
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaA materia permitirá que os alumnos/as:
- Adquiran unha visión global das transformacións estruturais acontecidas no século XX, especialmente a segunda metade, e comezos do século XXI.
- Coñezan os principais debates historiográficos segundo os contextos, temas e períodos co fin de que reflexionen de xeito crítico sobre a historia do tempo presente.
- Exploren a historia do mundo actual desde unha perspectiva comparada e diferentes enfoques (xeopolíticos, económicos, sociais) que lles permitan vincular pasado e presente.
- Analicen as tendencias actuais da realidade global dende a perspectiva do coñecemento histórico.
Contidos1. Os fundamentos do mundo actual
2. As consecuencias da Segunda Guerra Mundial e a nova orde internacional
3. O mundo occidental despois de 1945. Crecemento económico e Estado de Benestar.
4. As economías de planificación centralizada
5. España durante o franquismo e a transición
6. O proceso de integración europeo
7. O Terceiro Mundo: dependencia e subdesenvolvemento
8. Retos e perspectivas na era da globalización e da crise actual
Bibliografía básica e complementariaMANUAIS E OBRAS BÁSICAS:
ARACIL, R.; OLIVER, J.; SEGURA, A. (1995): El Mundo Actual. De la II Guerra Mundial a nuestros días, Barcelona, Universidade de Barcelona.
ARTOLA, M. e PÉREZ LEDESMA, M. (2005): Contemporánea: la historia desde 1776, Madrid, Alianza.
AZCONA, J.M. (2005): Historia del mundo actual (1945-2005) : ámbito sociopolítico, estructura económica y relaciones internacionales, Madrid, Universitas.
CARRERAS, A. e TAFUNELL, X. (2004): Historia económica de la España contemporánea, Barcelona, Crítica.
DIEZ ESPINOSA, J. R. et. al. (ed.) (2006): Historia del Mundo Actual (Desde 1945 hasta nuestros días), Valladolid, Universidade de Valladolid (3ª revisión ampliada).
GARCIA DE CORTAZAR, F.; LORENZO ESPINOSA, J. M. (1996): Historia del mundo actual (1945-1995), Madrid, Alianza.
JUDT, T. (2006): Posguerra. Una Historia de Europa desde 1945, Madrid, Taurus.
JULIA, S. (2007): Un Siglo de España : política y sociedad, Madrid, Marcial Pons.
MARTINEZ CARRERAS, J.U. (1996): Historia del mundo actual, Madrid, Marcial Pons.
PALACIOS BAÑUELOS, L., NÚÑEZ DE PRADO, S., RODRÍGUEZ JIMENEZ, J.L. (2011): Nueva historia del mundo actual, Madrid, Editorial Universitas.
TUSELL, J. (2001): Manual de Historia Universal. T.9.: El Mundo Actual. Madrid, Historia 16.
VILLARES, R.; BAAMONDE A. (2001): El mundo contemporáneo. Siglos XIX y XX, Madrid, Taurus.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
AGUILAR FERNÁNDEZ, P. (1996): Memoria y olvido de la Guerra civil española, Madrid, Alianza
ALDCROFT, D.H.(2002): Historia de la Economía europea, 1914-2000, Barcelona, Crítica.
AMBROSIUS, G. e HUBBARD, W.H. (1992): Historia social y económica de Europa en el siglo XX, Madrid, Alianza Universidad.
ANDERSON, P. (2012): El nuevo viejo mundo, Madrid, Akal.
BARCIELA, C. et al (2001): La España de Franco (1939-1975). Economía, Madrid, Síntesis.
BRIGGS, A e CLAVIN, P. (2000): Historia Contemporánea de Europa (1789-1989), Barcelona, Crítica.
CAMPS CURA, E. (2013): Historia económica mundial. La formación de la economía internacional (siglos XVI-XX), Mac Graw Hill.
DOMÉNECH, J.L. (2006): ¿Adónde va China?, Barcelona, Paidós.
FONTANA, J. (2000): Europa ante el espejo, Barcelona, Crítica.
FRIEDEN, J. (2012): Capitalismo Global. El trasfondo económico de la historia del siglo XX, Barcelona, Crítica.
GAILLARD, J. M.; ROWLEY, A. (2000): Historia de un Continente. Europa desde 1850, Madrid, Alianza.
GARCÍA DELGADO, J. L. e JIMÉNEZ, J. C. (1999): Un siglo de España. La economía, Madrid, Marcial Pons.
HOBSBAWM, E. (2000): Historia del siglo XX, Barcelona, Crítica.
LANDES, D. S. (2008): La riqueza y la pobreza de las naciones: por qué algunas son tan ricas y otras son tan pobres, Barcelona, Crítica.
MAMMARELLA, G. (1996): Historia de Europa Contemporánea desde 1945 hasta hoy, Barcelona, Ariel.
PAREDES, J (coord.) (2004): Historia contemporánea de España, Barcelona, Ariel.
SARTORIUS, N.; SABIO, A. (2007): El final de la dictadura: la conquista de la democracia en España (noviembre de 1975 - junio de 1977), Madrid, Temas de Hoy.
TORTELLA CASARES, G. e NÚÑEZ ROMERO-BALMÁS, C. E. (2011): El desarrollo de la España contemporánea. Historia económica de los siglos XIX y XX, Madrid, Alianza.
TORTELLA CASARES, G. (2006): Los orígenes del siglo XXI. Un ensayo de historia social y económica contemporánea, Madrid, Gadir.
VAN DER WEE, H. (1987): Prosperidad y crisis. Reconstrucción, crecimiento y cambio 1945-1980, Barcelona, Crítica.
WILLIAMSON, J. (2012): El desarrollo económico mundial en perspe
CompetenciasCOMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
Os alumnos e alumnas obterán:
- Análise crítica e racional de diferentes documentos.
- Boa redacción de ensaios e informes.
- Habilidades comunicativas na exposición razoada das ideas.
- Capacidade de traballar en equipo.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
Os alumnos/as serán capaces de:
- Localizar, identificar e empregar apropiadamente as fontes de información histórica para a investigación xornalística.
- Utilizar e ampliar os instrumentos de recompilación de información (catálogos, inventarios, bases de datos, etc.).
- Ler e analizar textos e documentos especializados.
- Capacidade de facer unha presentación oral/escrita/multimedia dun tema histórico integrando elementos de análise política, económica e social
- Coñecer o entorno económico e político que os capacite para interactuar coa sociedade.
Metodoloxía da ensinanza A docencia desta materia, que consta de 3 créditos teóricos e 3 prácticos, desenvólvese da seguinte forma:
- Clases expositivas, dedicadas á explicación de contidos teóricos. Actividade presencial na aula.
- Clases interactivas, dedicadas a prácticas presenciais relacionadas cos contidos teóricos previamente impartidos. As mesmas consistirán en comentarios de textos, gráficas e mapas; lecturas, proxección e comentario de audiovisuais. Algunhas destas actividades realizaranse individualmente e outras en grupos reducidos para garantir a participación de todos os alumnos/as.
- Titorización personalizada, dedicada a orientar a elaboración de traballos de curso que deberán realizar os alumnos: bibliografía; recompilación de información, organización e sistematización da documentación, redacción. Os traballos serán presentados na aula polos respectivos autores, en varias sesións expositivas.
O tempo presencial por cada alumno/a será o seguinte:
Docencia Expositiva: 24 horas.
Docencia Interactiva: 24 horas.
Titorización personalizada: 3 horas.
Sistema de evaluaciónA avaliación será continua e terase en conta a participación dos alumnos/as nas actividades propostas ao longo do cuadrimestre. A nota final obterase do seguinte xeito:
a) O exame final consistirá nunha proba escrita sobre as cuestións tratadas nas aulas teóricas e representará o 50% da cualificación total da materia. Os alumnos/as deberán obter, cando menos, un 4 sobre 10 no exame para superar a materia.
b) A realización de exercicios prácticos e debates nas aulas valorarase cun 25% da nota final.
c) A nota da AAD ponderará un 25%. O traballo entregarase á profesora en Xaneiro do 2010 e será exposto polos alumnos/as durante ese mes na aula.
Os mecanismos de seguimento das actividades prácticas serán os seguintes:
-Unha lectura para cada un dos temas sobre a que os alumnos/as farán exercicios prácticos, que serán corrixidos pola profesora nas aulas interactivas.
-Un documental por cada un dos temas que será visionado nas aulas interactivas.
-Titorización dos traballos de curso (AAD). Estas titorías terán lugar en semanas alternas durante todo o cuadrimestre (Ver horarios de titorías).
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais no cuadrimestre:
- Teóricas: 24
- Prácticas: 24
- Titorías: 3
Horas non presenciais no cuadrimestre: 96
Estas supoñen 6 horas de traballo semanal que se poden dividir da seguinte maneira:
1) Horas de preparación de prácticas: 2
2) Horas de preparación do exame: 2
2) Preparación do traballo de curso: 2
Horas de avaliación:
- As probas de avaliación das prácticas e dos traballos realizaranse dentro do horario de docencia.
- O exame final determínao a facultade fóra do horario de docencia. A duración do mesmo estará entre dúas e tres horas.
Total volume de traballo do alumno: 150 horas
Recomendacións para o estudo da materia- Lectura dos capítulos dos manuais básicos correspondentes aos temas que se irán explicando nas clases teóricas.
- Preparación das lecturas correspondentes ás clases prácticas.
- O traballo de curso terá un seguimento por parte do profesor polo que se recomenda que os alumnos utilizen as horas de titorías para calquera consulta con respecto ao mesmo e, en xeral, para calquer apoio que precisen sobre a materia.
Observacións1. Analizar e comprender, non memorizar.
2. Desenvolver a capacidade de relación dos acontecementos e das dinámicas sociais, políticas e económicas no espazo e no tempo.