G3031103 - Fundamentos de Economía da Información (Mundo actual: Comprensión e evolución contemporánea) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Aplicada
- Áreas: Economía Aplicada
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaDotar a cada alumno dos coñecementos básicos para a comprensión das relacións económicas e dos métodos utilizados polos economistas, que lle permita a súa aplicación ao mundo contemporáneo e, en concreto, ao ámbito da información
Contidos1. Conceptos básicos de Economía
- Obxecto e método da Economía
- ¿Debemos estudar Economía?
- As principais escolas económicas
2. Microeconomía básica
- Demanda, oferta, elasticidades
-Tipos de mercados: competencia perfecta, competencia monopolista, oligopolio, monopolio
- Os mercados dos factores produtivos
3. Macroeconomía básica
- As contas nacionais. ¿Son una ferramenta adecuada para a medición dos resultados económicos?
- A balanza de pagamentos
- O modelo macroeconómico básico
- O comercio internacional
4. Aspectos económicos do mundo contemporáneo
- O papel do sector público
- O fenómeno do desemprego
- O crecemento
- A globalización
- A crise económica
Bibliografía básica e complementaria(a) Básica
MANKIW, N.G., Principios de Economía, Thomson, 2007
GONZÁLEZ GONZÁLEZ, M.J. E AMELIA PÉREZ ZABALETA, Introducción a la Economía, Pearson -UNED, 2009,
ALONSO, J.A. (DIRECTOR) Lecciones sobre economía mundial, Civitas, Madrid, 2009
(b) Complementaria
VARA MIGUEL, A., Economía básica para comunicadores, Eunsa, 2009
MUÑOZ, C., BELÉN IRAIZOZ, MANUEL RAPÚN, Las Cuentas de la Nación I. Introdución a la Economía Aplicada, Thomson/Civitas, 2008
GARCÍA DE LA CRUZ, J.M.; DURÁN ROMERO, G.; SÁNCHEZ DÍEZ, A. (Coord.)(2011): La economía mundial en transformación, Paraninfo, Madrid.
STIGLITZ, J.E. (2010): Caída libre: el libre mercado y el hundimiento de la economía mundial, Taurus, Madrid.
Competencias- Coñecer o razonamento da economía
- Desenvolver a capacidade de análise precisa para enfrontar problemas
económicos
- Manexar os conceptos económicos básicos
- Identificar e utilizar fontes de información económica básica
- Abordar os problemas económicos do mundo contemporáneo
Metodoloxía da ensinanza A materia consta de 6 créditos con aproximadamente 48 horas presenciais, das que a mitade son de carácter expositivo e as outras de carácter interactivo.
O traballo nas aulas parte da explicación de cada tema do programa polo profesor, explicando as cuestións básicas incluídas no programa e a información que posibilite o traballo autónomo do alumno
As clases interactivas destinaranse fundamentalmente a desenvolver actividades de carácter práctico propostas para cada tema (que variarán en función do tema de que se trate), para aprofundar nos conceptos por medio de exemplos, utilizando as técnicas de análise adecuadas.
As titorías servirán de apoio ao proceso de aprendizaxe do alumnado.
Sistema de evaluaciónHaberá dúas opcións de avaliación:
Opción 1 (avaliación mixta); basearase en:
a) sistema de avaliación continua no que se teñen en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do curso (valorando aspectos tales como o cumprimento das actividades que se propoñan, a claridade e capacidade expositiva, o dominio de conceptos propios da materia, a participación activa e colaborativa e, no seu caso, probas de curta duración);
b) exame final sobre os coñecementos teóricos e prácticos desenvolvidos ao longo da explicación dos contidos da materia.
O peso relativo de cada parte na cualificación final da materia será o seguinte:
Avaliación continua ....... 30%
Exame final ................. 70%
Opción 2 (avaliación única); basearase nun exame final sobre os coñecementos teóricos e prácticos desenvolvidos ao longo da explicación dos contidos da materia, que terá un peso relativo do 100% na cualificación final da materia.
Esa opción 2 sería a aplicable por defecto cando o alumno non cumplimentou os mínimos da avaliación continua ou a partir da primeira convocatoria (sempre que apliación da avaliación continua prexudicase ao alumno)
Tempo de estudo e traballo persoalTEMPO DE ESTUDO E DE TRABALLO
(a) Traballo presencial do alumno
- Asistencia a clases expositivas...24 horas
- Clases interactivas: 24 horas
- Titorías: 3 horas
- Exame final: 3 horas
TOTAL: 54 HORAS
(b) Traballo autónomo do alumno
- Preparación das clases expositivas: 15 horas
- Lecturas recomendadas: 15 horas
- Preparación das clases interactivas (exposicións, realización de exercicios, busca de material de apoio): 40 horas
- Preparación do exame: 30 horas
TOTAL: 100 HORAS
TOTAL: 154 HORAS
Recomendacións para o estudo da materia• Preparación previa das clases presenciais
• Seguimento das clases presenciais
• Seguimento das clases interactivas
• Realización dos exercicios recomendados
• Lectura da bibliografía recomendada
• Atención á actualidade económica