G3031104 - Dereito da Información (Libertade de expresión, responsabilidade xornalística e opinión pública) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Dereito Común
- Áreas: Dereito Civil
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaPARTE I: CONCEPTOS BÁSICOS DE DEREITO:
1.Concepto de dereito
2.As fontes do dereito
3.As normas xurídicas
4.;Interpretación das normas xurídicas
5.Eficacia das normas xurídicas
6.Aplicación das normas xurídicas
PARTE II: O ESTADO DE DEREITO E Os DEREITOS FUNDAMENTAIS:
7.O estado soberano. Nacemento do estado de dereito
8.Os dereitos fundamentais. Concepto e natureza. elementos. Características
9.O exercicio dos dereitos fundamentais e os seus límites
10.Defensa e protección nacional dos dereitos fundamentais. Defensor do pobo. Tribunal Constitucional. Amparo ordinario
11.Procedemento de Habeas Corpus
12.A suspensión de dereitos. Suspensión individual. Suspensión colectiva: os estados de alarma, excepción e sitio
13.Declaración mundiais e internacionais dos dereitos fundamentais
14.Defensa dos dereitos fundamentais. Protección mundial. Amparo internacional
PARTE III: DEREITO Á INFORMACIÓN:
15.O dereito á información na normativa internacional
16.Liberdade de información versus liberdade de expresión
17.O dereito á información. Fundamento e caracteres
18.Cláusula de conciencia. Segredo profesional. Segredos oficiais. Censura e secuestro de publicacións
19.O dereito á información e os dereitos personalísimos
20.A protección penal dos dereitos personalísimos
21.Os dereitos de autor dos xornalistas
Contidos - Fundamentos e prácticas derivadas dos dereitos á información.
- Aplicación do dereito ao exercicio xornalístico e á empresa informativa.
- Reflexión sobre o sinal e relevancia do dereito nos contidos informativos a través da análise dos medios de comunicación tradicionais e os novos medios. Estudo dos procedementos legais, xurídicos e procesuais españois e das institucións europeas e internacionais para a elaboración de información e publicación xornalísticas. A liberdade de expresión e de información. O dereito á propia imaxe e á intimidade.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
• Asensi Sabater, José Esquembre Valdés, María del Mar. Derecho de la información: normativa básica y de desarrollo. 1ª. ed. Ed. Tirant Lo Blanch. 1998.
• Azurmendi Adarraga, Ana. Derecho de la información: guía jurídica para profesionales de la comunicación. 2ª ed. Ed. Eunsa. 2001.
• Bel Mallén, José Ignacio; Corredoira y Alfonso, Loreto Derecho de la información. Ed. Ariel. 2003.
• Carreras i Serra, Lluís de Las normas jurídicas de los periodistas. Derecho español de la información. 1ª ed. Ed. UOC. 2008.
• Cousido González, María Pilar; Santiago Freda, Manuel de; González Ballesteros, Teodoro. Medios de comunicación, mensajes y derecho a la información. Ed. Colex. 2011.
• Cousido González, María Pilar; Santiago Freda, Manuel de; González Ballesteros, Teodoro. Medios de comunicación, mensajes y derecho a la información. Ed. Colex. 2011.
• Desantes Guanter, José María. Fundamentos del derecho de la información. Madrid. Confederación Española de Cajas de Ahorros. 1977.
• Escobar de la Serna, Luis. Derecho de la información Ed. Dykinson. 2004.
• Fernández Areal, Manuel. Introducción al derecho de la información. ATE. Barcelona. 1977.
• Fisac de Ron, Mª Paloma. Derecho para periodistas. Ed. Andavira. 2013.
• Molinero, César. Teoría y fuentes del derecho de la información. PPU. Barcelona. 1989.
• Ortega Gutiérrez, David. Manual de derecho de la información. Ed. Centro de Estudios Ramón Areces. 2003.
• Ramos Fernández, Fernando. Manual de derecho de la información y la publicidad. Ed. Lea. 2000.
• Rodríguez-Izquierdo Serrano, Miryam; Vázquez Alonso, Víctor Javier. Derecho de la información. información [Recurso electrónico] (2012). Editorial/es: Universidad de Sevilla. Secretariado de Recursos Audiovisuales y Nuevas Tecnologías
• Sanjurjo Rebollo, Beatriz. Manual de derecho de la información: una perspectiva legal para un mundo cada día más mediático. Ed. Dykinson. 2009.
• Urías, Joaquín. Lecciones de derecho de la información. Ed. Tecnos. 2009.
BIBLIOGRAFÍA PARA PRÁCTICAS:
• Fisac de Ron, Mª Paloma. 2222 preguntas y respuestas de Derecho civil patrimonial Andavira. Santiago de Compostela. 2009. (Sólo para la primera parte del programa).
NORMATIVA:
• Código Derecho de la Información. Eugenio Llamas Pombo-Agustín Macias Castillo. Ed. La Ley. 2008.
• Código Derecho de la Información y Publicitario. Eugenio Llamas Pombo-Agustín Macias Castillo. Ed. La Ley. 2007.
• Legislación audiovisual y publicitaria. Agustín Macías Castillo. Ed. Ratio Legis. 2011.
Competencias- Fundamentos e prácticas derivadas dos dereitos á información.
- Aplicación do dereito ao exercicio xornalístico e á empresa informativa.
- Reflexión sobre o sinal e relevancia do dereito nos contidos informativos a través da análise dos medios de comunicación tradicionais e os novos medios. Estudo dos procedementos legais, xurídicos e procesuais españois e das institucións europeas e internacionais para a elaboración de información e publicación xornalísticas. A liberdade de expresión e de información. O dereito á propia imaxe e á intimidade.
Metodoloxía da ensinanza Ás clases expositivas nas que se introducirá o estudante nas cuestións básicas da materia.
Ás anteriores, sumaranse as interactivas, nas que o estudante contrastará a teoría coa práctica dos medios de comunicación, escritos, audiovisuais ou só audios. A práctica interactiva estenderase ao campo dos anuncios e ás películas sobre xornalistas para analizar conceptos xurídicos propios do dereito da información. En menor medida analizaranse outras cuestións xurídicas coas que terá que enfrontarse o xornalista na súa práctica diaria en calquera medio de comunicación, blog ou onde desenvolva a súa actividade profesional.
Como complemento arbítrase un sistema de titorías, garantindo unha atención máis individual.
Ademais utilizarase a aula virtual como ferramenta para a resolución de casos prácticos de dereito da información, así como para as prácticas realizadas de Dereito audiovisual.
Sistema de evaluaciónA nota final será o resultado da suma das cualificacións parciais de acordo co seguinte esquema:
- Asistencia e participación en clases expositivas e interactivas: 10 %
- Tarefas realizadas ao longo do curso: 40%
- Exame final tipo test: 50%
Para superar a avaliación é necesario obter un unha nota mínima de 2,5 (sobre 5) no exame final tipo test, e un mínimo de 2,5 (sobre 5) nas tarefas e asistencia participativa activa.
Tempo de estudo e traballo persoalTempo de estudo e traballo persoal:
- Horas expositivas: 24
- Horas interactivas: 24
- Horas titorías: 3
Tempo de estudo e traballo persoal a maiores:
- 2 horas á semana para reforzar coñecementos adquiridos nas prácticas a realizar
- 15 horas de repaso exame final
Recomendacións para o estudo da materia- Recoméndase que dende o inicio do semestre o estudante consiga a bibliografía básica e complementaria que se lle facilitou
- A asistencia ás actividades docentes imponse como o método máis axeitado para o seguimento da materia
- O tempo de estudo debe ser o máis continuado e estandarizado posible, realizando un seguimento semanal da materia.
- Baixo ningún concepto se debe memorizar contido ningún se non se entendeu previamente. Para iso a realización das prácticas é indispensable xa que pon de manifesto a comprensión ou non das normas xurídicas.
ObservaciónsUtilizarase Aula Virtual para proporcionar xestionar as actividades propostas de resolución de casos prácticos de Dereito da información e para as prácticas de Dereito audiovisual.