Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

G3031124 - Locución Audiovisual (Expresión oral e escrita para os medios de información) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 12.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 36.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación
  • Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
POUSA ESTEVEZ, JOSE RAMON.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Expositivo 1OrdinarioClase ExpositivaSISI
Laboratorio 1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 3OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 4OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Titorizado 1OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 2OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 3OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 4OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 5OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 6OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 7OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Estudio do proceso de produccíón da voz e formación no manexo das súas cualidades sonoras, imprescindiobles para a correcta locución de mensaxes informativos.
    Coñecementos e habilidades: Coñecer e practicar as técnicas de voz para evitar patoloxías vocais; dominar a voz como principal instrumento de comunicación para facer máis efectivos os contidos audiovisuais; manexar os recursos expresivos da voz para aplicalos á interpretación de distintas mensaxes.
    Ferramentas de aprendizaxe: O control da respiración e do aparato fonador como principal instrumento de proucción da voz; O estudo de radio e televisión, micrófonos, cámaras e gravadoras como elementos para a potenciación da comunicación oral.
    Valores e actitudes: Trátase de controlar o dominio da expresión oral mediante o control da entoación, vocalización, o ritmo e actitude tanto na lectura de textos como na improvisación de contidos audiovisuais. E preciso unha disciplina física e mental para exercitar os músculos que favorecen a respiración costo-diafragmática.

    Contidos
    A sustancia sonora da voz como instrumento de comunicación, manexo dos elementos determinantes da producción da voz: respiración, fonación, resonancia e articulación; conseguir unha maior expresividade coa voz, mediante exercicios de entoación, acento, ritmo e pronunciación. Gravación ante o micrófono e cámara de TV. Escoita e corrección.
    A materia divídese en tres bloques de importancia: Introducción ao medio audiovisual co estado das particularidades da linguaxe da Radio e da linguaxe da televisión; a redacción de textos adaptados a unha estructura oral e a locución dos mesmos ante o micrófono da radio e ante a cámara de TV.

    Temas do programa:
    I.- Introducción á Radio e á Televisión; a locución dentro da Comunicación Audiovisual: marco teórico, introducción aos conceptos clave da materia; liñas xerais do programa; obxectivos da materia; material necesario para a realización das prácticas; organización do curso; fontes bibliográficas; sistema de avaliación; métodos e datas da avaliación.

    II.- O texto audiovisual: escribir para falar; características da redacción audiovisual; adaptación ás particularidades do medio radiofónico e televisivo. O libro de estilo e o uso do idioma.

    III.- Mecanismos de producción da voz: Mecanismo respiratorio; tipos de respiración: a respiración costodiafragmática; mecanismo fonador; mecanismo articulatorio.

    IV.- Calidades da voz: A intensidade da voz, a duración ou cantidade de voz; o ton da voz; o timbre da voz. Mecanismos reguladores da intensidade, o ton e o timbre; clasificación e características da voz audiovisual: o condicionamento radiofónico, e o condicionamento televisivo, o condicionamento vocal.

    V.- A educación da voz: ortofonía. Factores técnicos: relaxación, respiración, fonación e articulación; factores físicos, factores psicolóxicos; factores externos. A construcción da locución audiovisual.

    VI.- Prosodia audiovisual: definición; funcións da Prosodia: función distintiva, función integradora, función delimitadora, función contrastiva, función semántica.

    VII.- Elementos prosódicos: entoación, acento, ritmo e actitude. A entoación: niveles ou fonemas tonais; tonemas ou xunturas terminais; o acento; o ritmo: velocidade de lectura, pausas, a adaptación ás características do discurso radiofónico e televisivo. A actitude do locutor ante o texto. Niveles e patróns prosódicos.

    VIII.- A pronunciación radiofónica; definición de pronunciación; tipos de pronunciación; procesos articulatorios de vocais e consonantes; clasificación e articulación das vocais; adaptación ás características de cada lingua.

    IX.- A locución a partires dos textos escritos: características; unidades fónicas: definición; identificación de unidades e subunidades fónicas; atribución de unidades melódicas; palabras de valor; enlaces de entoación; cadencia; o estilo do locutor.

    X.-A locución improvisada: funcións; diferencias entre improvisación e repentización; tipoloxías de improvisación; principais estratexias de preparar a improvisación en Radio y Televisión.


    Contidos prácticos:
    Unha vez asumida a teoría da redacción e da locución audiovisual, os contidos prácticos consistirán: na realización de exercicios de respiración, fonación, entoación, vocalización, ritmo e actitude, así como a redacción e lectura de guións audiovisuais realizados polos propios alumnos no estudio de radio e no plató de televisión. Nestas prácticas será obrigatoria a participación activa do alumnado –debate, lectura entoada de textos, exercicio dos distintos tipos de locución para radio e televisión, visionado, escoita e análise crítica de productos audiovisuais profesionais, etc-.

    As clases prácticas estarán estructuradas en oito apartados:

    1.- O guión para radio.O guión para a TV. As figuras de montaxe. Formatos e estilos de programas. Exercicios e recomendacións prácticas.
    2.- A relación entre redacción e locución na radio e na TV.
    3.- Os conceptos clave da redacción audiovisual. Exercicios e recomendacións prácticas en radio e TV.
    4.- A voz: Respiración e fonación. Órganos resoador e articulatorio. Exercicios e recomendacións prácticas.
    5.- Intensidade, ton, timbre. Exercicios e recomendacións prácticas.
    6.- A emisión da voz ante o micrófono. Vocalización. Articulación. Exercicios e recomendacións prácticas.
    7.- Entoación. Ritmo. Pausas fónicas. Grupos fónicos. Palabras-valor. A impostación. Exercicios e recomendacións prácticas.
    8.- Locución informativa e creativa. Repaso final.


    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica

    -Barea, P e Montalvillo, R. “Radio Redacción y Guiones” ED UPV. Bilbao 1992
    -Elliot, Marie-France “Saber respirar bien” Ed. MENSAJERO. Madrid 1980
    -Huertas Bailén, A, y Perona Páez J.J. “Redacción y locución en medios audiovisuales”. Ed.Bosch. Barcelona 1998
    -Larrañaga Zubizarreta J. “Redacción y Locución de la información audiovisual”. Ed. UPV. Bilbao 2006
    -Rodero Antón, Emma. "Locución Radiofónica" Ed. IORTV. Madrid 2003
    -Tirado, J. A.; Ruíz del Árbol, M.; e Albar, M. I., “Técnicas para leer y escribir en radio y televisión” Bosch, Barcelona, 2003.
    -Tubau, I., “Periodismo oral”, Paidós, Barcelona, 1993.

    Bibliografía complementaria:
    -Arnheim, Rudolf: “Estética Radiofónica”. Ed. GUSTAVO GILI. Barcelona 1980
    -Balsebre, A. “El Lenguaje Radiofónico”. Ed. CATEDRA. Madrid 1994
    -Cebrián Herreros, M. “Información televisiva. Mediaciones,contenidos, expresión y programación” Ed. Síntesis. Madrid 1998
    -Chion M. “El sonido”. Ed PAIDOS. Barcelona 1999
    -Mateos Sainz de Medrano, V., “La radiovoz, sonido e información” Ed. Universidad Antonio de Nebrija, Madrid, 2003.
    -Merayo Pérez, A. e Pérez Álvarez, Carmen, “La magia radiofónica de las palabras. Aproximación a la lingüística en el mensaje de la radio” Ed Cervantes, Salamanca, 2001.
    -Prado, E. “Estructura de la información radiofónica”.ATE. Barcelona 1981
    -Rodríguez, A. “La dimensión sonora del lenguaje audiovisual”. Ed. PAIDOS. Papeles de Comunicación. Barcelona 1998

    Competencias
    Como competencias específicas, en canto a coñecementos, o alumno deberá caracterizar o proceso de produción da voz así como identificar e diferenciar as súas cualidades acústicas. En canto a habilidades, o alumno deberá adquirir unha correcta técnica vocal e empregar con destreza as diferentes cualidades da voz na lectura de mensaxes informativos. Por último, en canto a actitudes, o alumno deberá saber evaluar e analizar locucións informativas dende unha perspectiva crítica.


    Metodoloxía da ensinanza
    Exposición na clase dos temas teóricos; escoita, análise e seguimento de produccións audiovisuaisis; práctica nos estudios profesionais de radio e plató de televisión, correción dos traballos ante a clase.

    Sistema de evaluación
    .Hasta un 50% da materia valorarase nun exame final, que inclúe teoría e lectura de textos. O 50% restante complementarase coa avaliación das prácticas. Para superar a materia será necesario realizar todas as prácticas, que teñen carácter obrigatorio, e aprobar o exame teórico. A nota final será a media entre teoría e práctica.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo Presencial do alumno
    Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas
    Traballos con textos: análises, sínteses e discusións
    Prácticas de laboratorio
    Titorías de traballos de curso
    Actividades de avaliación
    Exame final
    Total horas de traballo presencial: 51 horas

    Traballo persoal do alumno:
    Estudio individual ou en grupo
    Lecturas recomendadas
    Búsqueda, rexistro e preparación de material de apoio (texto, imaxes, audio, etc) Planificación e execución da práctica
    Total de horas de traballo persoal do alumno: 99 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Importante a lectura dos textos básicos recomendados, do material de apoio subministrado polo profesor, así como o seguimento crítico dos medios audiovisuais –radio e televisión-