Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

G3031126 - Redacción Informativa (Información xornalística e comunicación dixital) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación
  • Áreas: Xornalismo
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
LOPEZ GARCIA, XOSE.NON
MIRAS FOLE, IGNACIO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Expositivo 1OrdinarioClase ExpositivaSISI
Laboratorio 1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 3OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 4OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Titorizado 1OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 2OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 3OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 4OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 5OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 6OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 7OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo prioritario da materia é que o alumno adquira coñecementos que lle permitan entender como se producen os acontecementos e os “seudo-acontecementos” na sociedade, como se converten en noticia e que pasos debe dar para a construción das mensaxes e para que estas acaden a eficiencia comunicativa. A materia fomentará no alumno a curiosidade por coñecer os o funcionamento da complexa sociedade actual, a necesidade de buscar aqueles acontecementos que teñen maior interese para os cidadáns, os criterios de valoración e as técnicas de elaboración das mensaxes.
    Contidos
    A redacción para os medios de comunicación. O valor da actualidade como elemento central do discurso informativo. Estudo e capacitación na tecnoloxía, a análise e a expresión de formas en medios impresos e electrónicos. Teoría e técnica do tratamento da mensaxe periodística. Elementos do estilo xornalístico. Aproximacións á realidade dos xornalistas galegos e doutros xornalistas de referencia. A construcción integral da mensaxe xornalística e as variantes por soporte e por modalidade expresiva.


    Os contidos do curso xirarán, por tanto, arredor do estudio e capacitación na tecnoloxía, a análise e a expresión de formas e medios impresos e electrónicos. O programa inclúe cuestións relativas a teoría e a técnica do tratamento da mensaxe periodística.


    Contidos teóricos

    Os contidos teóricos centrais xirarán arredor dos conceptos básicos arredor da preceptiva xornalística e das cuestións relativas a teoría e a técnica para redacción nos medios de comunicación. O descritor da materia inclúe os seguintes aspectos: O valor da actualidade como elemento central do discurso informativo. Estudo e capacitación na tecnoloxía, na análise e na expresión de formas en medios impresos e electrónicos. Teoría e técnica do tratamento da mensaxe periodística. Elementos do estilo xornalístico. Aproximacións á realidade dos xornalistas galegos e doutros xornalistas de referencia. A construción integral da mensaxe xornalística e das variables de xénero e modelos.

    Contidos prácticos

    Os contidos prácticos centrais xirarán arredor da redacción de noticias para os medios de comunicación. Estes contidos prácticos están relacionados cos contidos teóricos.


    Temas do programa

    Tema 1: Elementos da cultura xornalística: o sistema comunicativo e a industria cultural.
    1.1. Como funciona a sociedade. Quen é quen. O papel dos medios de comunicación
    1.2. O ecosistema informativo galego. Prensa, axencias, radio, televisión e novos medios.
    1.3. O ecosistema informativo europeo. Prensa, axencias, radio, televisión e novos medios.
    1.4.Teorías do discurso: dos medios e dos medios como construtores do .

    Tema 2: A redacción periodística hoxe.

    2.1. Os periodistas e a súa actividade.
    2.2. Ética e deontoloxía xornalística.
    2.3. O segredo profesional..
    2.4. Normas de obrigado cumprimento: os libros de estilo.

    Tema 3: A noticia: en busca dunha definición actual.

    3.1. Como nacen as noticias.
    3.2. Valores noticia ou criterios de noticiabilidade.
    3.3. Tipos de noticias.
    3.4. Información e propaganda


    Tema 4: Compoñentes da noticia.

    4.1. Os e a .
    4.2. Estructura das noticias.
    4.3. A redacción do texto por parte do profesional.
    4.4. O texto, o contexto e o usuario.


    Tema 5: O lid.

    5.1. Funcións e definición.
    5.2. Orixe histórica e proxección actual.
    5.3. Tipoloxías.
    5.4. Normas para redactar un bo lid.
    5.5. Claves para diferenciar o lid da entradiña.

    Tema 6: O corpo da noticia.

    6.1. A articulación de cada unidade informativa
    6.2. A noticia tipo: comezo-desenvolvemento ou explicación-contextualización ou background.
    6.3. Unicidade e multiplicidade na noticia: a cuestión dos subtemas.
    6.4. Modelos segundo as tipoloxías das noticias.

    Tema 7: A titulación.

    7.1. Orixe e funcións.
    7.2. A cabeza de titulación e os seus elementos.
    7.3. Clasificación, estilos e técnicas de titulación.
    7.4. Consellos para unha boa titulación.


    Tema 8: As fontes informativas no relato.

    8.1. Definición e clasificación.
    8.2. Localización, usos e atribución.
    8.3. Recollida, selección e verificación: o paradigma das tres fontes.
    8.4. A súa función na construción das mensaxes.


    Tema 9: Valoración das noticias.

    9.1. Proceso de selección e axenda temática.
    9.2. Práctica profesional e sedimentación de rutinas.
    9.3. Organización redaccional e produción da información.
    9.4. Elementos para unha elección e xerarquización actual na planificación informativa dos productos.

    Tema 10: Presentación gráfica da noticia.

    10.1. A páxina e os seus elementos.
    10.2. Recursos tipográficos.
    10.3. A nova identidade da prensa.
    10.4. A identidade da información en cada un dos soportes.

    Tema 11: A trama entre información, interpretación e opinión.

    11.1. Tipoloxía dos textos informativos.
    11.2. Diferencias entre e : os exemplos do breve e do billet.
    11.3. O tratamento dos materiais nos medios informativos.
    11.4. O papel dos principios editoriais.

    Tema 12: A influenza das tecnoloxías actuais na construción das mensaxes.

    12.1. Características das ferramentas actuais e aplicación na industria dos medios de comunicación.
    12.2. O impacto social da innovación tecnolóxica nas redaccións.
    12.3. Os cibermedios e os novos modelos de organización das redaccións.
    12.4. Tecnoloxías actuais e participación dos usuarios na construcción das mensaxes.

    Tema 13: A influenza das técnicas e estilos literarios no xornalismo escrito.

    13.1. Novo xornalismo e narración de non-ficción.
    13.2. O retorno da subxectividade aos medio.
    13.3. A figura dos escritores nos medios.
    13.4. Tendencias nos territorios fronteirizos de xornalismo e literatura.

    Tema 14: O papel do xornalista na sociedade actual.

    14.1. Informar, interpretar o que pasa e mediar.
    14.2. A especialización, a investigación e a polivalencia.
    14.3. Divulgar coñecemento na Sociedade da Información.
    14.4. Retos dos xornalistas na Sociedade da Información.


    Tema 15: A influencia dos diversos soportes na mensaxe. O risco da manipulación.

    15.1. A mensaxe adaptada aos diferentes soportes de comunicación.
    15.2. A especificidade da comunicación audiovisual.
    15.3. A manipulación a través da xerarquización e ordenación.
    15.4. Desviacións da comunicación: o amarillismo.





    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica

    ARMENTIA, J.I./CAMINOS, J.M. (2003). Fundamentos de periodismo impreso. Barcelona: Ariel.
    DIEZHANDINO, M.P. (2009): El quehacer periodístico ante el desafío digital. Criterio noticioso. Madrid: Pearson.
    FONTCUBERTA, M. (2011). La noticia. Pistas para percibir el mundo. Madrid: Ediciones Paidós. (Nova edición revisada e ampliada).
    LÓPEZ, X./GARCÍA, B. (2009): Construíndo a realidade. Santiago: Edicións Lea.



    Bibliografía complementaria


    DÍAZ NOCI, J./SALAVERRÍA, R. (2003). Manual de Redacción Ciberperiodística. Barcelona: Ariel.
    DIEZHANDINO, P. -Coord.- (2012): El periodista en la encrucijada. Barcelona: Ariel. Colección Telefónica.
    MARTÍNEZ ALBERTOS, J.L. (2002). Curso general de redacción periodística. Madrid: Editorial Paraninfo.
    LÓPEZ, X./TÚÑEZ, M. (1995). Redacción en prensa: a noticia. Santiago de Compostela: Edicións Lea.
    LÓPEZ, X. (1999). Comunicación e información escrita. Redacción periodística. Santiago de Compostela: Edicións Lea.


    Competencias
    O obxectivo prioritario da materia é que o alumno adquira coñecementos que lle permitan entender como se producen os acontecementos e os “seudo-acontecementos” na sociedade, como se converten en noticia e que pasos debe dar para a construción das mensaxes e para que estas acaden a eficiencia comunicativa. A materia fomentará no alumno a curiosidade por coñecer o funcionamento da complexa sociedade actual, a necesidade de buscar aqueles acontecementos que teñen maior interese para os cidadáns, os criterios de valoración e as técnicas de elaboración dos mensaxes.
    A materia debe contribuír a que o alumno teña competencias e habilidades para a redacción de noticias e a construción de pezas informativas a partir de feitos de actualidade.

    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas (incluirá clases maxistrais teóricas, clases de seminario teóricas, clases de seminario prácticas, traballos individuais e grupais tutorizados, estudos de caso…), propiciando en todo momento a implicación do estudante no seu proceso formativo. Ademais, o estudante realizará prácticas de laboratorio en salas de redacción.
    Sistema de evaluación
    A avaliación será continua, polo que haberá un seguimento constante dos coñecementos que vai adquirindo o alumno. Os instrumentos de avaliación de contidos e actitudes serán basicamente:
    a. Exame/s teórico/s
    b. Prácticas realizadas durante as clases prácticas.
    c. Participación activa e positiva nos seminarios.
    d. Avaliación dos proxectos ou estudios de caso formulados ao longo do curso.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    O alumno terá que dedicar 51 horas de traballo presencial e 99 horas de traballo de preparación e de realización das actividades programadas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Seguimento da actualidade nos medios de comunicación, seguimento das actividades programadas e seguimento do material que se actualizará na páxina da materia (www.novosmedios.org/xornalismo) e na plataforma do campus virtual da USC.