Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

G3031201 - Estatística Aplicada á Comunicación (Mundo actual: Comprensión e evolución contemporánea) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Cuantitativa
  • Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ORO SAEZ, CARLOS PIO DEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Expositivo 1OrdinarioClase ExpositivaSISI
Laboratorio 1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 3OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 4OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Titorizado 1OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 2OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 3OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 4OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 5OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 6OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 7OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 8OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Presentar os coñecementos e técnicas estatísticas básicas para a elaboración de informes e resumes numéricos e cualitativos (análise e resume descritivo dos datos, relacións entre características, mostras, datos temporais, números índices, taxas de variacións, etc.) e o tratamento desta información nos medios e nas principais operacións estatísticas aplicadas á comunicación.
    Atender especialmente ás aplicacións prácticas da Estadística para a investigación na comunicación e aos medios de comunicación e soportes onde veñan recollidas.

    -A presentación dos datos nos medios e o emprego da linguaxe estatística
    -Cálculo e resume da información numérica e cualitativa
    -Análise estatística da información
    -O emprego do software informático para a obtención de resultados estatísticos
    -A obtención da información estatística precisa e as súas fontes de información
    -Comprensión de informes e datos para a súa interpretación nos medios de comunicación.

    Contidos
    TEMA 1.-INTRODUCCIÓN
    1.1.-Introdución ó concepto de Estatística
    1.2.-Conceptos xerais de Estatística
    TEMA 2.-ANÁLISE DUNHA SERIE DE DATOS
    2.1.-Tabulación de variables e distribucións de frecuencias
    2.2.-Representacións gráficas
    2.3.-Medidas de posición
    2.4.-Medidas de dispersión
    2.5.-Medidas de forma
    TEMA 3.-NUMEROS ÍNDICES
    3.1.-Principais taxas de variación
    3.2.-Índices simples e compostos
    3.3.-Cambio de base
    3.4.-Índices de prezos, cantidades e valor
    3.5.-Deflactación
    3.6.-Índice de prezos de consumo. Outros indicadores.
    TEMA 4.-SERIES TEMPORAIS
    4.1.-Modelización descriptiva dunha serie temporal
    4.2.-Compoñentes dunha serie temporal
    TEMA 5.-ANÁLISE DE MÁIS DUNHA SERIE DE DATOS. RELACIÓNS.
    5.1.-Distribucións bidimensionais. Tabulación
    5.2.-Representacións gráficas
    5.3.-Relacións entre características. Independencia.
    5.4.-Correlación e asociación
    TEMA 6.-MOSTRAXE
    6.1.-Introdución á mostraxe
    6.2.-Principais técnicas de selección de mostras
    6.3.-Aplicacións. Principais enquisas.
    TEMA 7.-A ESTATÍSTICA E OS SOPORTES INFORMÁTICOS
    7.1.-Paquetes informáticos con aplicacións na Estatística
    7.2.-Fontes de información estatística (IGE, INE, Eurostat, Anuario MC,AIMC…)

    Bibliografía básica e complementaria
    BÁSICA:
    JAUSET, J. (2000) La investigación de audiencias en televisión. Fundamentos estadísticos.
    Edit. Paidós
    MARTIN-GUZMAN, P., MARTIN-PLIEGO, F.J. (1987) Curso básico de Estadística Económica. Edit. Ariel
    PULIDO SAN ROMAN, A. (1984) Estadística y técnicas de Investigación Social. Ediciones Pirámide S.A.
    RIOBOO, J.M., DEL ORO, C.P. (2000) Representaciones gráficas de datos estadísticos. Edit. AC, Madrid.
    COMPLEMENTARIA:
    FERNÁNDEZ CUESTA, C. FUENTES GARCÍA, F. (1995) Curso de Estadística Descriptiva. Teoría y práctica. Edit. Ariel, Barcelona
    GARCIA BARBANCHO, A. (1992) Estadística Elemental Moderna. Edit. Ariel, Barcelona
    MANZANO, V.G., ROJAS, A.J., FERNÁNDEZ, J.S. (1996) Manual para encuestadores. Edit. Ariel, S.A. Barcelona
    PARRA, I. (2001). Estadística empresarial con Microsoft Excel: Fórmulas, tablas y funciones. Editorial AC, Madrid.
    PÉREZ, C. (2002) Estadística aplicada a través de Excel. Pearson Educación, Madrid.
    PEREZ, R. et al.(1992) Análisis de Datos Económicos I: Métodos Descriptivos. Edit. Pirámide
    PORTILLA, I. (2004) Estadística descriptiva para comunicadores. EUNSA, Navarra
    SARRAMONA, J. Investigación y estadística aplicada a la educación. Madrid: Ceac, 1980
    SIERRA, R. Técnicas de investigación social. Madrid: Paraninfo, 1994
    TANUR, J.M. et al.(1992) La Estadística: Una guía a lo desconocido. Edit. Alianza Editorial
    Competencias
    XERAIS:
    -Formación en Ciencias Sociais, Humanidades e Ciencia e Tecnoloxía para proporcionar unha competencia contextual básica de orden transdisciplinar.
    -Realización de traballos prácticos e de experimentación profesional e de innovación, xunto con unha introdución metodolóxica e análise aplicada á iniciación na investigación do campo informativo-comunicativo.

    ESPECIFICAS:
    -Especialista en investigación e análise de fenómenos e procesos de comunicación, actuais ou prospectivos, capacitado para as tarefas de mediación, asesoría, consultoría e medición

    Metodoloxía da ensinanza
    A materia consta cun total de 6 créditos, dos que a metade serán dedicados a clases expositivas e o resto ás clases interactivas. A materia non contará con dúas partes totalmente diferenciadas en canto a teoría e práctica, desenvolvéndose ámbalas dúas partes de xeito coordinado durante o curso. O material das clases do profesorado facilitarase na aula virtual da materia

    Clases expositivas: Empregarase para as actividades presenciais de tipo expositivo que non requiran unha participación activa dos estudantes, e nas que, o número de estudantes por grupo non sexa un factor crítico para o seu desenvolvemento: presentación de contidos, debates,...

    Clases interactivas: Nelas organizaranse actividades presenciais que buscan ou requiran unha participación activa dos estudantes: discusión de casos prácticos, resolución de problemas, traballo con textos ou datos, prácticas con ordenador, exposición de traballos, etc. O estudantado traballará en grupos.

    Titorías: Destinadas ao desenvolvemento de actividades presenciais de orientación, dinamización e titoría do traballo dos estudantes: orientación para a realización de traballos, preparación das exposicións, procura e selección de material bibliográfico e fontes estatísticas, revisión de prácticas ou problemas...

    Sistema de evaluación
    AVALIACIÓN ORDINARIA E EXTRAORDINARIA:
    -Unha proba final que representará o 70% da nota máxima posible.
    -O estudantado que teña asistido, cando menos, ao 80% das actividades interactivas e titoriais programadas, poderá complementar a nota da súa proba final cos resultados de sondaxes e/ou traballos realizados ou encargados durante o curso, o traballo en grupo así como coa súa participación activa durante as actividades académicas. Esta valoración suporá ata o 30% restante da cualificación máxima posible.

    ESTUDANTADO REPETIDOR:
    O estudantado repetidor poderá optar pola avaliación ordinaria ou pola realización dun traballo de síntese da materia.
    O estudantado repetidor terá ata o día 4 de outubro para poder optar polo segundo sistema de avaliación. A cualificación máxima que terá o traballo de síntese será de 7 puntos.
    O tema terá que ser escollido dentro da listaxe de temas que se recollerán na aula virtual ao comezo do curso ou de calquera tema de elección da/o estudante. En ambos casos, a elección do tema terá que ser autorizada polo profesorado. As normas específicas estarán dispoñibles na aula virtual ao comezo do curso

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial do estudantado: 48 horas

    Traballo persoal do estudantado:
    Estudio autónomo, individual ou en grupo: 45 horas
    Planificación, busca, rexistro e preparación de material de apoio: 20 horas
    Lecturas, recomendacións, actividades en bibliotecas ou semellantes: 15 horas
    Preparación de presentacións orais, debates ou semellantes: 10 horas
    Escritura de exercicios, conclusións e/ou outros traballos: 12 horas

    Total: 150 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    A linguaxe matemática é necesaria para o desenvolvemento da materia xa que esta lingua é na que se expresa a Estatística. Neste sentido o estudante ten que facer un esforzo ao comezo do curso cara o emprego dunha linguaxe precisa.

    O estudante ten que adquirir as ferramentas necesarias para a interpretación precisa dos resultados estatísticos obtidos ou recollidos noutras fontes. O debate na aula sobre os contidos é unha ferramenta útil para a comprensión da materia.

    As expresións matemáticas non teñen que ser memorizadas polo estudante, son facilitadas no momento de empregarse. Téntase así que se adquiran destreza na análise e a interpretación dos resultados recollidos nos medios de información.