Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

G3031203 - Lingua Española (Expresión oral e escrita para os medios de información) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Lingua Española
  • Áreas: Lingua Española
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
SANTALLA DEL RIO, MARIA PAULA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Expositivo 1OrdinarioClase ExpositivaSISI
Seminario 1OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Seminario 2OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Titorizado 1OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 2OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 3OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 4OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 5OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 6OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 7OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    a) Enriquecer o coñecemento de falantes e potenciais escritores que xa teñen os alumnos, facéndoos reflexionar sobre o uso da lingua oral e escrita.
    b) Facer ver aos alumnos o papel que cumpre o periodista como difusor da lingua e conciencialos da necesidade de ser esixentes cos seus propios usos idiomáticos.
    c) Dotar aos alumnos de instrumentos para mellorar a súa competencia gramatical, discursiva e comunicativa

    Contidos
    Preliminar

    TEMA 1. Comunicación e lingua

    1.1 A comunicación e o acto comunicativo lingüístico
    1.2 Oralidade e escritura

    Primeira parte: competencia discursiva e comunicativa

    TEMA 2. O texto

    2.1 A gramática do texto
    2.2 O texto no seu entorno comunicativo
    2.3 A variación

    Segunda parte: competencia gramatical en lengua oral y escrita

    TEMA 3. Fonética e fonoloxía

    3.1 Repaso de nocións de fonética e fonoloxía do español
    3.2 Ortoloxía
    3.3 Ortografía
    3.4 Ortotipografía

    TEMA 4. Gramática

    4.1 Repaso de nocións de gramática do español
    4.2 Cuestións normativas relativas a morfoloxía
    4.3 Cuestións normativas relativas a clases de palabras e as súas categorías
    4.4 Cuestións normativas relativas a sintaxe

    TEMA 5. Léxico

    5.1 Repaso de nocións de léxico
    5.2 Cuestións normativas relativas ao léxico
    5.3 A información léxica nos dicionarios
    5.4 Tipos de dicionarios e o seu manexo

    Bibliografía básica e complementaria
    Dicionarios de dudas:

    Academia, Real __ Española: Diccionario panhispánico de dudas, Santillana, Madrid, 2005.
    Martínez de Sousa, José: Diccionario de usos y dudas del español actual, Gijón, Trea, 20084.ª ed. corr. y aum. .
    Seco, Manuel: Diccionario de dudas y dificultades de la lengua española, Madrid, Espasa-Calpe, 1963.

    Manuais de español correcto:

    Gómez Torrego, Leonardo: Manual de español correcto (2 vols.), Arco/Libros, Madrid, 19978.
    Gómez Torrego, Leonardo: Nuevo manual de español correcto (2 vols.), Arco/Libros, Madrid, 2002.
    Gómez Torrego, Leonardo: El léxico en el español actual: uso y norma, Arco/Libros, Madrid, 1995.

    Gramáticas:

    Academia, Real ___ Española: Nueva gramática básica de la lengua española, Barcelona, Espasa, 2011.
    -, Nueva gramática de la lengua española. Manual, Madrid, Espasa, 2010.
    Gómez Torrego, Leonardo: Gramática didáctica del español, Madrid, SM, 19984.

    Libros de exercicios:

    Gómez Torrego, Leonardo: Ejercicios de gramática normativa, Madrid, Arco/libros, 1996.

    Dicionarios de lingua:

    Academia, Real __ Española: Diccionario de la lengua española, Madrid, Espasa-Calpe, 200122.
    Alvar Ezquerra, Manuel (dir.): Diccionario general de la lengua española, Barcelona, Biblograf, 1990.
    Alvar Ezquerra, Manuel (coord.): Diccionario ideológico de la lengua española, Barcelona, Biblograf, 1995.
    Bosque, Ignacio: Redes: diccionario combinatorio del español contemporáneo, Madrid, SM, 2004.
    Bosque, Ignacio: Diccionario combinatorio práctico del español contemporáneo: las palabras en su contexto, Madrid, SM, 2006.
    Casares, Julio, Diccionario ideológico de la lengua española: desde la idea a la palabra, desde la palabra a la idea. Barcelona: Gustavo Gili, 19942.
    Moliner, María: Diccionario de uso del español, Madrid, Gredos, 19982.
    Maldonado, Concepción (dir.): Clave. Diccionario de uso del español actual, Madrid, SM, 20025.
    Seco, Manuel, Olimpia Andrés y Gabino Ramos: Diccionario del español actual, Madrid, Aguilar, 1999.
    Seco, Manuel: Diccionario fraseológico documentado del español actual: locuciones y modismos españoles, Madrid, Aguilar, 2004.

    Competencias
    A asignatura concíbese como unha “introdución teórico-práctica ao coñecemento e uso da lingua española”, específicamente, e de acordo con tal descrición, propoñémonos que o alumno desenvolva as seguintes competencias ou habilidades:
    a) Ter un coñecemento básico, desde unha aproximación tradicional, dos principios xerais de acordo cos cales se estructura o español.
    b) Coñecer os principais problemas que, desde o punto de vista do uso correcto da variedade estándar culta do español, atañen á construción das unidades lingüísticas de distinto tipo na nosa lengua, en especial ás unidades gramaticais.
    c) Empregar dicionarios e gramáticas en distintos soportes para resolver problemas de uso.
    d) Entender os principios sobre os que se basa a comunicación lingüística.
    e) Ter conciencia e capacidade de recoñecemento (e, incluso, reprodución) das distintas variedades do español.

    Metodoloxía da ensinanza
    A impartición da materia levarase a cabo a partir dos desenvolvementos teórico-descritivos que sobre cada aspecto tratado realizará cada semana o profesor nas sesións expositivas. O material teórico estará previamente a disposición dos alumnos que terán que consultalo con anterioridade ás explicacións. O explicado nestas clases será, xunto a, en determinados casos, a bibliografía proposta, a base inicial de coñecemento. Os conceptos explicados aplicaranse despois nas sesións prácticas semanais, por medio de exercicios orientados fundamentalmente a que o alumno poda comprobar a pertinencia e o alcance descritivo dos conceptos introducidos. Os exercicios, ben serán propostos e realizados en clase, ben propostos en sesións prácticas ou expositivas previas, e corrixidos despois en clase.

    Sistema de evaluación
    1.ª oportunidade

    A avaliación terá en conta a asistencia e participación en clase, así coma os resultados de dúas ou tres (dependendo da evolución) probas parciais non eliminadoras de materia, as datas concretas das cales se determinarán con antelación, e un exame final na data prevista pola Universidade. Poderán ademais realizarse outros exercicios na clase ou fora da aula, consistirán estos en probas breves, preferentemente de tipo práctico, co fin de controlar o traballo do alumno ao longo do curso.
    Na seguinte táboa recóllense os aspectos avaliabeis e os criterios de avaliación:

    Aspectos avaliabeis e criterios de avaliación:

    Aspecto/Criterios/Instrumento/Peso
    Asistencia e participación/Asistencia regular e participación activa nas distintas actividades. Porcentaxe mínimo de presencialidade para ser tida en conta: 80%/Observación e notas dos profesores/10%
    Contidos da materia/Dominio dos contidos teóricos e prácticos/Exame escrito teórico-práctico/60%
    Exercicios/Estrutura, contidos, argumentación, orixinalidade, presentación/Valoración e calificación dos profesores/30%

    2.ª oportunidade

    Utilizarase o que dos dous seguintes modos de valoración máis favoreza ao alumno: mesmo criterio que na 1.ª oportunidade ( exame escrito teórico-práctico cun peso do 60%, e respecto ao 40% restante, mantense a nota obtida na primeira oportunidade), ou ben, exame teórico-práctico exclusivamente (cunha valoración do 100%).

    Alumnado con dispensa de asistencia

    Para os alumnos que obteñan a dispensa de asistencia a clase e a acrediten debidamente, a avaliación limítase ao exame final, que suporá o 100% da nota e que se realizará nas datas oficiales que fixe a Facultade. Este sistema de avaliación aplicarase tanto na primeira coma na segunda oportunidade.





    Tempo de estudo e traballo persoal
    Por cada hora de exposición teórica, supóñense dúas horas de traballo persoal do alumno. A preparación das sesións prácticas, contando con que o alumno traballara e interiorizara os contidos desenvolvidos nas sesións expositivas, pode requerir unha hora e media de traballo persoal do alumno por cada hora de sesión de seminario. Se todo o anterior se cumpre con regularidade e rigor, a preparación das sesións de avaliación suporá tres horas de traballo do alumno (unha por cada hora de avaliación).