Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

G3031204 - Documentación Informativa (Organización e producción informativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación
  • Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
OTERO LÓPEZ, MARÍA LUÍSA.SI
PEREZ PEREIRO, MARTA.NON
REDONDO NEIRA, FERNANDO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Expositivo 1OrdinarioClase ExpositivaSISI
Laboratorio 1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 3OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 4OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Titorizado 1OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 2OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 3OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 4OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 5OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 6OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 7OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 8OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Incidencia da documentación no proceso de construcción do temario. Estudo e análise dos sistemas de documentación utilizados nos medios de comunicación. Formas e ferramentas de acceso e uso das principais bases e fondos documentais (BOE).
    Estudo de sistemas de documentación informativa e dos xeitos de acceso, así como o uso de bases de datos informativas e documentais.
    Saber manexar as fontes, así como estruturar e sintetizar a información relevante.
    Coñecer e comprender o significado da documentación tanto en soportes analóxicos como dixitais.
    Establecer fórmulas de contraste e valoración das fontes a través da recuperación de documentos.


    Contidos
    Tema 1. Introducción á documentación
    1.1 Concepto de documentación
    1.2 Orixe e desenvolvemento histórico
    1.3 Características e tipoloxías
    1.4 Dato, información e coñecemento

    Tema 2. Documentación informativa
    2.1 Definición e evolución histórica
    2.2 Aplicación, necesidade e función
    2.3 Noticia, información de actualidade e documentación
    2.4. Modelos e centros documentais informativos

    Tema 3. Achegamento á investigación científica
    3.1. Obxectivos da investigación
    3.2. Organización e etapas do traballo
    3.3. Normas de citación das referencias bibliográficas
    3.4. Resultados da investigación e difusión

    Tema 4. A sociedade da información e do coñecemento
    4.1. Definición. Características. Instrumentos
    4.2. Internet e a World Wide Web. Evolución e situación actual
    4.3. Funcións da documentación e dos documentalistas no novo entorno
    4.4. Xestión do coñecemento

    Tema 5. Documento tradicional e dixital
    3.1 Concepto e evolución
    3.2 Tipoloxía e características. Selección de fontes documentais
    3.3 Novos soportes e formatos
    3.4. A documentación e o ciberxornalismo

    Tema 6. As fontes de información.
    6.1 Concepto de documento e fonte de información
    6.2 Clasificación e tipoloxía
    6.3 Funcións e proceso de selección de fontes
    6.4 Fontes xeralistas e especializadas

    Tema 7. Proceso documental e as súas fases
    7.1 Identificación. Entrada
    7.2 Tratamento e análise documental
    7.3 Difusión e recuperación
    4.4 Servizos de valor engadido

    Tema 8. As linguaxes documentais
    8.1 Concepto e función
    8.2 Tipoloxía e criterios de clasificación
    8.3 Linguaxes de indización/indexación
    8.4 Metadatos. Función e clasificación

    Tema 9. Tratamento de fontes na World Wide Web
    9.1 Clasificación e indización
    9.2 Avaliación e criterios de calidade
    9.3 Tipoloxía dos recursos dixitais
    9.4 Dicotomía entre calidade e cantidade

    Tema 10. Busca e recuperación da información
    10.1 Definición e selección do asunto.
    10.2 Realización da busca dos documentos
    10.3 Sistemas de busca e recuperación en Internet
    10.4 Bases de datos e especialización

    Tema 11. A documentación nos medios impresos
    11.1 Rasgos, función e finalidade
    11.2 Documentación, organización e xestión dos contidos noticiosos
    11.3 Análise documental dos textos xornalísticos
    11.4 Difusión da información

    Tema 12. Análise do documento gráfico
    12.1 Indización e rasgos documentais da fotografía
    12.2 Recurso fotográfico e a súa representación
    12.3 Resumo e atributos do recurso
    12.4 Elementos e modelos de análise

    Tema 12. Documentación audiovisual
    12.1 Definición e características
    12.2 Documento audiovisual, televisivo e cinematográfico
    12.3 Xestión e proceso documental de arquivos audiovisuais
    12.4. Sistemas e fontes de documentación audiovisual

    Tema 13. Documentación sonora.
    13.1 Concepto e función
    13.2 Tipos de documentos sonoros
    13.3 Dixitalización e xestión de arquivos sonoros
    13.4 Indización e catalogación

    Tema 14. Documentación publicitaria
    14.1 Documento e documentación publicitaria.
    14.2 Organización do centro de documentación de axencia de publicidade
    14.3 Análise documental e publicidade
    14.4 Bases de datos e acceso á documentación publicitaria en Internet

    2.2. Contidos prácticos
    Ao longo do cuadrimestre, o alumnado realizará ao redor de oito traballos prácticos vencellados ao Ao longo do cuadrimestre, o alumnado realizará entre oito e dez traballos prácticos, con prazos que oscilarán entre os 10 e 15 días, dependendo da complexidade dos asuntos, e relacionados có ámbito da información da actualidade en soportes analógicos e dixitais. O obxectivo xeral das prácticas será o establecemento de contraste e valoración das fontes utilizables para calquera finalidade informativa. Polo tanto, a tarea esixirá enfrontarse cos procesos documentais e tomar decisións sobre os materiais fiables e relevantes para o desenvolvemento das propostas. Así, a valoración do esforzo centraráse nos sistemas de selección, avaliación, recuperación das fontes así como o uso e plasmación da información específica que se obtivo das mesmas. Pero tamén teráse en conta, unha vez fixados os criterios previos para cada tarea, a adecuación a esos criterios, as aportacións novidosas e, mesmo, a presentación formal dos documentos finais.

    1. Análise documental e identificación de fontes nunha reportaxe de actualidade
    2. Ideación e construcción dunha reportaxe sobre algún aspecto de interese
    3. Desenolvemento dunha busca e recuperación de información a partir de buscadores xeralistas e/ou especializados
    4. Análise dos servizos de valor engadido documental que ofrecen as webs de xornais
    5. Elaboración dun informe dixital sobre un asunto de actualidade
    6. Análise documental dunha tertulia emitida por televisión ou por radio
    7. Análise documental e catalogación dun recurso gráfico
    8. Elaboración dun catálogo virtual para unha web informativa

    A estas propostas poderánse incorporar iniciativas do alumnado, sempre e cando haxa un acordo xeral e se adapten aos obxectivos e competencias da materia.

    Bibliografía básica e complementaria
    3.1 Bibliografía básica
    3. Bibliografía
    3.1 Bibliografía básica
    • Caridad Sebastián, Mercedes; Hernández Pérez, Tony; Rodríguez Mateos, David e Pérez Lorenzo, Belén: Documentación audiovisual. Nuevas tendencias en el entorno digital, Madrid, Síntesis, 2011.
    • Cordón García, José Antonio [et al.]: Las nuevas fuentes de información: Información y búsqueda documental en el contexto de la web 2.0, Barcelona, Pirámide, 2010
    • Galdón, Gabriel (coord.): Teoría y práctica de la documentación informativa, Barcelona, Ariel, 2002.
    • Moreiro, José Antonio (coord.): Manual de documentación informativa, Madrid, Cátedra, 2000.
    • Rubio Lacoba, María: Documentación informativa en el periodismo digital, Madrid, Síntesis, 2007.

    3.2 Bibliografía complementaria
    • Abadal Falgueras, Ernest: Sistemas y servicios de información digital, Gijón, Trea, Barcelona, Edicions de la Universitat de Barcelona, 2001
    • Abadal Falgueras, Ernest: Prensa digital y bibliotecas, Gijon, Trea, 2010
    • Frías, José Antonio y Ríos Hilario, Ana B. (eds.): Metodologías de investigación en información y documentación, Salamanca, Ediciones Universidad de Salamanca, 2004
    • Fuentes i Pujol, María Eulàlia: Documentación y periodismo, Pamplona, EUNSA, 1997
    • Fuentes i Pujol, Mª Eulàlia: Manual de documentación periodística, Madrid, Síntesis, 1995
    • Galdón López, Gabriel: Principios operativos de la documentación periodística, Madrid, Dossat, 1989
    • Galdón López, Gabriel: El Servicio de documentación en prensa: funciones y métodos, Barcelona, Mitre, 1986
    • Galdón López, Gabriel: Perfil histórico de la documentación en la prensa de información general: (1845-1984), Pamplona, Universidad de Navarra, 1986
    • Giménez Toledo, Elea: Manual de documentación para comunicadores, Pamplona, Eunsa, 2004.
    • López Hernández, Ángeles: Introducción a la documentación audiovisual, Sevilla (Tocina), S&C Ediciones, 2003.
    • López Yepes, Alfonso (dir.): El cine en la era digital: aplicaciones de la documentación cinematográfica (1992-2005), Madrid, Fragua, 2006.
    • López Yepes, José: La sociedad de la documentación: seis calas en el ámbito de la Teoría de la Documentación, del documento y de las fuentes de información, Madrid, Fragua, 2011
    • López Yepes, José (coord): Manual de Ciencias de la Documentación, Madrid, Pirámide, 2002.
    • Pérez Alarcón, Adoració (ed.): La documentació a l’era de la información, Barcelona, Ediuoc, 1998.
    • Tramullas Saz, Jesús y Mª Dolores Olvera Lobo: Recuperación de la información en Internet, Madrid, Ra-Ma, 2001.
    • Valle Gastaminza, Félix del: Manual de documentación fotográfica, Madrid, Síntesis, 1999.

    Competencias
    Capacidade para atopar a documentación previa á elaboración da información. Teoría e técnica de indexación, almacenamento e recuperación de información (BOE).
    Capacidade para definir a natureza e necesidade de información, buscar, seleccionar e sistematizar calquer tipo de documento nunha base de datos, así como a súa utilización e distribución empregando métodos e instrumentos dixitais.
    Deseñar e pór en práctica mecanismos que permitan xestionar documentos rigurosos e fiables para a elaboración de calquera proxecto e produto documental de calidade.
    Desenvolver aquelas habilidades que permitan eficacia no proceso documental e na utilización dos instrumentos axeitados para a recuperación de fontes.
    Coñecemento e aplicación das tecnoloxías e os sistemas utilizados para buscar, filtrar e acceder ás mensaxes documentais nos medios impresos, audiovisuais e multimedia.
    Saber e comprender o significado da documentación tanto en soportes analóxicos e sistemas dixitais. Capacidade para buscar, seleccionar e sistematizar cualquera tipo de documento nunha base de datos, así como o seu uso en diferentes soportes empregando métodos e instrumentos dixitais.
    Coñecementos dos aspectos tecnolóxicos e de xestión vencellados con todos os servizos documentais. Ademáis trátase de estimular a iniciativa, evolución, crítica, descernimento, toma de decisións, creatividade, indagación, síntese, avaliación, asociación, coordinación, execución, lucidez, imaxinación, rapidez, resolución, traballo en equipo.


    Metodoloxía da ensinanza
    O programa comprende clases cunha carga teórica que se baseará en exposicións/debates, así como de clases prácticas que se desenvolverán en salas de ordenadores. En todo caso, o alumnado terá unha participación activa no desenvolvemento das clases. No apartado teórico, se lle facilitará a documentación básica que deberán ler para logo revisar e debatir nas horas teóricas. O alumnado no terá que recoller apuntes. A súa tarea será a lectura da documentación, despois deberá expoñer dúbidas e interrogantes sobre os contidos da mesma, aportar novos materiais que completen o recurso básico e, ó mesmo tempo, tenrá que elexir cuestións determinantes para debatir na clase. De feito, celebraráse un debate mensual sobre asuntos de actualidade.
    O seu traballo xirará en torno á lectura, exame crítico dos textos, ampliación deses textos con outras propostas e a asunción de debates puntuais que permitan facer un uso efectivo da información para a creación de coñecemento.
    O alumnado, individual e/ou por grupos, deberá manexar e xestionar bitácoras e/ou wiki, como espazos de interación e debate, así como a creación de bases de datos axeitadas ós contidos da materia. Sempre se valorará a participación activa do alumnado, as aportacións críticas e argumentadas e as iniciativas personais e suxerencias continuadas. A idea é que os aspectos analizados desde o punto de vista teórico podan aplicarse de maneira concreta nos exercicios prácticos. A idea é que o alumnado ou equipo poda resolver un problema ou respostar unha pregunta que forme parte de situacións reais do entorno no que se move. Así, unha vez dispoña dos coñecementos básicos que conforman o perfil da materia, o alumnado estea capacitado para realizar un diagnóstico e propoñer a resolución do problema ou ofrecer a resposta ó interrogante. Polo tanto, a análise de casos específicos, a realización de proxectos propios, de forma individual ou en equipo, entre outros, integrarán as actividades prácticas de aprendizaxe. Para todo isto precisaránse ferramentas como as tecnoloxías da información e comunicación, materiais dixitais, recursos audiovisuais e impresos, Internet.

    Sistema de evaluación
    Na avaliación final concurrirán un exame teórico, lectura de textos, debates, participación e labores prácticas realizadas en clase, de forma individual e /ou en equipo.
    Para presentarse ao exame teórico final é necesario superar todas as prácticas. Para poder superar a materia o alumnado terá que ter aprobado tanto a parte teórica como a parte práctica. O exame constará de 10 preguntas curtas, cun valor dun punto cada resposta correctamente elaborada, ou un cuestionario de resposta múltiple, de 30 preguntas. O tempo dedicado a este apartado non superará os 90 minutos.
    As prácticas serán avaliadas unha vez que sexan entregadas polo alumnado.
    A parte teórica suporá o 50 por cento da nota final.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo de estudos presencial do alumnado é 51 horas
    O tempo de traballo persoal é 99 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Na avaliación teráse en conta a participación activa do alumnado, as aportacións críticas e argumentadas, así como as iniciativas personais e suxerencias continuadas. Tamén incluiráse a interación nos espazos como as bitácoras e/ou o wiki creados en torno á asignatura.
    As recomendacións serían estar atento ó desenvolvemento do proceso de traballo, realizar as tareas que se vaian propoñendo, ter iniciativa e manter unha interación activa e continuada.
    Será moi importante co alumnado manexe a información precisa para a elaboración dos traballos, antes da súa materialización.
    Deberá manexarse ben por Internet.