G3031205 - Comunicación Interpersoal e Comunitaria (Mundo actual: Comprensión e evolución contemporánea) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias da Comunicación
- Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO descritor da materia segundo o plano de estudos
vixente a define como " estudo e análise das relacións e da
influencia do intercambio comunicativo entre persoas.
conceptualización, políticas e estratexias comunicativas
para a organización de grupos na construción do ben
comunitario. identidade dos axentes e acceso aos medios,
espazos e exercicios de participación comunicativa".
Defínese como obxectivo fundamental da materia, por
tanto, proporcionar aos alumnos de xornalismo ámbitos,
modelos e técnicas para o desenvolvemento da
interacción e da participación no espazo social.
do mesmo xeito, é do seu interese a análise da
comunicación, como ben común; entre os medios e as
comunidades; respecto das mediacións comunicativas; das
formas corporativas, culturais e políticas organizadas;
das súas mensaxes, usos e da súa apropiación.
Estes obxectivos se explorarán:
a) á luz do marco conceptual desenvolto polas teorías da
comunicación, como campo transversal e tamén de
aplicación doutras disciplinas e prácticas sociais no
decurso do século xx até a actualidade.
b) atendendo á pertinencia da produción e o consumo
respecto da matriz cultural e social propia, no
posicionamento e negociación con outras emerxentes e
amplificadas na contemporaneidade.
c) entendendo que a comunicación interpersoal e a
comunitaria, como contextos en mudanza, non se esgotan
no xornalismo e na súa organización e exercicio da
realidade.
d) a partir da análise das demandas e conflictos sociais e
culturais, e de exemplos e exercicios de investigaciónprodución.
e) entendendo que existe un itinerario e unha interacción
lóxica e entrecruzada entre o interpersoal e o
comunitario como ámbitos de comunicación.
ContidosA materia componse de tres bloques: o primeiro
(temas 1 e 2) analisa os conceptos, modelos e
características relativas á comunicación interpersoal e á
comunicación comunitaria; o segundo (temas 3 e 4)
desenvolve unha sistemática da análise e desprega os
diferentes ámbitos e os diversos planos onde interveñen
as técnicas e as estratexias comunicativas. o terceiro
bloque (temas 5 a 7) explora espazos, relatos e
apropiacións significativas nos medios, organizacións e
comunidades.
Temas do programa:
Desenvolvemento teórico:
tema 1.- a comunicación interpersoal: concepto,
características, modelos.
concepto de comunicación interpersoal como proceso no
espazo e no tempo. as súas características; copresencia, a
multiplicidade dos códigos, a orientación dos axentes,
alternancia dialóxica e a retroalimentación e a
percepción. os modelos e aportacións: criterios de
intersubxectividade, atribución, sentido común,
interacción, congruencia, transparencia, constructo e
incertidume.
tema 2.- a comunicación comunitaria: concepto,
características, modelos.
concepto de comunicación comunitaria como proceso no
espazo e no tempo. as súas características: interese,
participación, escala técnica, alternatividade,
territorialización (local, sub local, virtualidade),
proximidade, acceso, apropiación, recoñecemento. os
modelos na esfera pública, de identidade cultural e étnica
e as redes comunitarias. desenvolvemento da
microcomunicación.
tema 3.- ámbitos e planos de análise:
a realidade múltiple: do interpersoal e/ao común. métodos
e técnicas de interacción e participación en comunicación
no espazo social: o c.a.r.m.a (compoñentes, atributos,
relacións, medios, ambiente) análises de interlocución,
negociación, participación, procesos e obxectivos. dietas
relacionais, dietas de medios e círculos de actuación
(axentes sociais, axentes públicos; axentes profesionais).
os marcos lóxicos como proposta para a acción
comunicativa.
tema 4.- o "ben comunicativo":
concepto de comunicación como ben común. a cultura do
ben común. recurso ou proceso deliberativo? mercancía,
ben común e ben público na comunicación:
desenvolvemento persoal ou espazo de control. obrigas e
dereitos na comunicación interpersoal e comunitaria nos
sistemas democráticos. as persoas como nós
comunicativos: os "commons". influencia e usos das
mensaxes na construción do ben comunicativo. estatuto e
rol do comunicador.
tema 5.- comunicación, persoa e comunidade.
conceptos de vida cotiá e vida social. construción e
exposición da persoa na comunicación. estratexias e
tácticas da persoa na comunidade e na sociedade.
comunidades: tipos e características. necesidade e
consumo: usos. representación e acción das comunidades
nos medios. os medios comunitarios e as comunidades
mediáticas.
tema 6.- a comunicación e as organizacións:
a construción da cidadanía desde a interacción e a
participación democrática. escenario social e procesos de
institucionalización. os medios como institución social.
dinámicas corporativas e operativas; dinamicas de
representación política: liderado, ideoloxía e partitismo.
os movementos sociais e os medios. representacións no
espazo comunicativo: o "storytelling". conciliación,
integración e exclusión na mensaxe comunicativa.
tema 7.- comunicación e territorio.
pertenza, memoria e imaxinario: a conformación do
territorio na cultura. mudanzas territoriais: territorio e
espazos comunicativos. territorio, cobertura,
diversificación: as fronteiras dos medios. representación
territoriais na mensaxe comunicativa. o espazo urbano:
encrucillada da reterretorialización. a creación da imaxe
da cidade. o "flâneur" como rol comunicativo.
Desenvolvemento práctico:
Ao longo do curso os alumnos en grupo
desenvolverán un traballo contínuo de análise de caso:
neste traballo grupal o proceso será contrastado
continuadamente nas aulas, na dinámica investigaciónprodución
e terá como resultado un artigo de 6-10 páx.
individual. as propostas, baixo a supervisión do docente,
serán libres dentro do marco tematico e metodolóxico do
programa da materia.
nas aulas interactivas correspondentes aos temas 1,
2, 4, 5, 6 e 7, os alumnos manexarán textos escritos a
audiovisuais, mapas relacionais e outros materiais
proporcionados polo docente para a preparación do
debate e contrastación na práctica.
No caso dos temas 5, 6 e 7 o profesor e os grupos de alumnos poderán convidar a
expertos nos diversos temas para o establecemento de
debates orientados. os alumnos presentarán ao rematar
cada un dos temas do programa, agás no caso do tema 3,
unha recensión grupal, froito dunha posterior
contrastación e debate interno, de non máis de 1-2 páx..
por tema.
no caso do tema 3, ao seren de aplicación, o profesor
e os alumnos desenvolverán un laboratorio teóricotécnico
de procedementos, cuxos resultados serán logo
avaliados no conxunto da aplicación do artigo e das
recensións solicitadas sobre os outros temas.
do mesmo xeito, os alumnos están obrigados
individualmente a entregar cada mes nas titorías e por
correo electrónico as súas dietas relacionais e de
medios, segundo pautas do docente, co fin de contrastar,
comparar e usar a súa experiencia persoal, ao igoal que as
recensións dos temas, no artigo final individual solicitado
como traballo continuado da asignatura.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía:
Básica:
BAUMAN, Z. (2003) COMUNIDAD. LA SEGURIDAD EN UN MUNDO
HOSTIL. MADRID: SIGLO XXI.
BERRIGAN, F. (1984) LA COMUNICACIÓN COMUNITARIA. COMETIDO
DE LOS MEDIOS COMUNITARIOS EN EL DESARROLLO, PARÍS:
UNESCO.
CÁCERES, M.D. (2003) INTRODUCCIÓN A LA COMUNICACIÓN
INTERPERSONAL, MADRID: SÍNTESIS.
DE CERTEAU, M. (2006)LA INVENCIÓN DE LO COTIDIANO, VOL.1.
ARTES DEL HACER, MÉXICO: UNIVERSIDAD IBEROAMERICANA-ITESO.
JANKOWSKI, N. I PREHN, OLE (ED.) (2002) COMMUNITY MEDIA IN THE
INFORMATION AGE. PERSPECTIVES AND PROSPECTS, CRESSKILL, N.
J.: HAMPTON PRESS INC..
KAPUSZINSKI, R. (2007)ENCUENTRO CON EL OTRO, BARCELONA:
ANAGRAMA.
MARCHIONI, M. (2001)COMUNIDAD, PARTICIPACIÓN Y DESARROLLO.
TEORÍA Y METODOLOGÍA DE LA INTERVENCIÓN COMUNITARIA,
MADRID: EDITORIAL POPULAR.
MARTÍNEZ, M. (COORD.)(2009)CIUDAD Y COMUNICACIÓN, MADRID:
FRAGUA.
SALMON, C. (2008) STORYTELLING, LA MACHINE À FABRIQUER DES
HISTOIRES ET À FORMATER LES ESPRITS, PARIS: LA DÉCOUVERTEPOCHE
Complementar:
BENJAMIN, W.(2005) LIBRO DE LOS PASAJES, MADRID, AKAL.
BATESON, G.; BIRDWHISTELL, R; GOFFMAN, E.; HALL, E.; JACKSON,
D.; SCHEFLEN, A.; SIGMAN, S. I WATZLAWICK, P. (2005)LA NUEVA
COMUNICACIÓN, BARCELONA: KAIRÓS.
BERGER, C. (2005) “INTERPERSONAL COMMUNICATION:
THEORETICAL PERSPECTIVES, FUTURE PROSPECTS”. JOURNAL OF
COMMUNICATION. VOL. 55, Nº. 3., PP. 415-447.
COSTA, J. (1999) LA COMUNICACIÓN EN ACCIÓN. INFORME SOBRE LA
NUEVA CULTURA DE LA GESTIÓN, BARCELONA: PAIDÓS..
GARZA, M.R. (2005)"LA COMUNICACIÓN INTERPERSONAL DENTRO
DEL CAMPO DISCIPLINARIO DE LA COMUNICACIÓN SOCIAL", EN
NIETO, J. (ED.) COMUNICACIÓN PARA EL DESARROLLO, TAMPICO:
UAT.
GEERTZ, C.(1994)CONOCIMIENTO LOCAL. ENSAYOS SOBRE LA
INTERPRETACIÓN DE LAS CULTURAS, BARCELONA: PAIDÓS.
HELLER, A. (1996) UNA REVISIÓN DE LA TEORÍA DE LAS
NECESIDADES. BARCELONA: PAIDÓS.
JOSEPH, I. (1988) EL TRANSEUNTE Y EL ESPACIO URBANO. SOBRE LA
DISPERSIÓN Y EL ESPACIO PÚBLICO, BARCELONA: GEDISA.
KNAPP, M.; DALY, K.; ALBADA, F. I MILLER, G.R. (2002)
“BACKGROUND AND CURRENT TRENDS IN THE STUDY OF
INTERPERSONAL COMMUNICATION”. EN: KNAPP, M. I DALY J. A.
(EDS.). HANDBOOK OF INTERPERSONAL COMMUNICATION. (PP.3-
20),THOUSAND OAKS, CA: SAGE.
LAUTERER, J. (2000) COMMUNITY JOURNALISM, IOWA: IOWA STATE
UNIVERSITY PRESS.
MARTÍN-BARBERO, J. (1987)DE LOS MEDIOS A LAS MEDIACIONES,
COMUNICACIÓN, CULTURA Y HEGEMONÍA, BARCELONA: GUSTAVO
GILI.
MEAD, G. H. (1999) ESPÍRITU, PERSONA Y SOCIEDAD. BARCELONA:
PAIDÓS.
REGUILLO, R. (2000)MOVIMIENTOS SOCIALES Y COMUNICACIÓN,
MÉXICO: REDALYC-UAM
RODRÍGUEZ, C. (2001)FISURES IN THE MEDIASCAPE, CRESSKILL, N.J.:
HAMPTON PRESS INC..
ROGERS, C.R. I STEVENS, B. (2003) PERSONA A PERSONA. BUENOS
AIRES: AMORRRORTU.
SCHUTZ, A (1974) ESTUDIOS SOBRE TEORÍA SOCIAL, BUENOS AIRES:
AMORRORTU.
SIMMEL, G. (1971)ON INDIVIDUAL AND SOCIAL FORMS, CHICAGO: THE
UNIVERSITY OF CHICAGO.
TÖNNIES, F. (1979) COMUNIDAD Y ASOCIACIÓN. MADRID: PENÍNSULA
CompetenciasÉ competencia da materia, segundo o plano vixente,
o "desenvolvemento ao través da interlocución e do
intercambio de pareceres da percepción da realidade para
o exercicio da práctica xornalística. coñecemento das
identidades e formas de expresión para a comunicación de
necesidades individuais e colectivas. consideración e
categorización das estratexias colectivas no acceso aos
medios impresos e audiovisuais. coñecemento dos métodos
e exercicios de reterretorialización ideolóxica e mediática
para o deseño da influencia comunicativa de individuos e
comunidades".
Por tanto, a materia habilitará ao alumno na creación
e construción dun posicionamento propio a partir do
coñecemento de modelos e técnicas, recursos e
instrumentos, para o seu uso, intervención e
participación nas dinamicas de comunicación personais e
colectivas.
Metodoloxía da ensinanza A ensinanza se impartirá en horas de exposición, a
xeito de lección maxistral e horas interactivas nas que
o profesor disporá de materiais e pautas xerais para
desenvolver técnicas e recursos ou deseñar co plenario
as prácticas da materia.
Nas aulas interactivas, con cada grupo, atenderá o
desenvolvemento dos traballos grupais, debates e
eventos, namentres que nas titorías supervisará aos
grupos no seguimento dos traballos continuados
estipulados na materia,
O profesor, mediante cita, atenderá aos alumnos
para solventar dúbidas respecto da
materia e para o seu seguemento persoalizado.
Para a realización axeitada das prácticas
aconséllase, segundo os ratios da asignatura, que no
marco dos grupos da materia os subgrupos de traballo
sexan de 3-4 persoas min.-máx.
Sistema de evaluaciónA asistencia ás aulas é obrigatoria e contará na nota
final do alumno.
Haberá control de sinaturas nas aulas e
ás 3 faltas non xustificadas debidamente, o alumno
suspenderá a convocatoria.
De igual xeito, os prazos de entrega dos traballos son improrrogables e serán
debidamente anunciados no calendario da asignatura que
proporcionará o docente a principio do semestre. todas as
prácticas e traballos deben ser entregados para
proceder á súa avaliación. a non entrega de traballos ou
prácticas supon suspender a materia.
Respecto dos traballos que se deben entregar na
materia, a avaliación será a seguinte:
Proba escrita final: 30% do valor da nota total.
a proba escrita final terá unha duración de 1 hora e
constará de 2 preguntas a desenvolver nun máximo de
dous folios por ámbalas dúas cariñas.
Artigo individual (a entregar o día da proba): 30% do
valor total. de 6-10 páx.
A avaliación contempla que no caso de non acadar o
aprobado por separado, nas notas obtidas na proba
escrita persoal e no artigo individual, ámbolas dúas
probas serían suspendidas e non sumarían. xa que logo, o
alumno tería que presentarse á seguinte convocatoria,
entregando as modificacións precisas no seu artigo, se
fora o caso, e realizando unha nova proba escrita.
Recensións grupais e decálogo: 10% do valor total da
nota. son 6 recensións en grupo (1-2 páx. cada unha) e 1
Decálogo individualizado (1-2 páx.)
Dietas relacionais e de medios individuais: 15% do
valor total. son 4 dietas, máis conclusións. cada dieta 1-2
páx., máis 1 de conclusións.
Asistencia, prazos dos traballos e esforzo persoal
na asignatura: 15% do valor total.
O esforzo persoal avaliarase dacordo ao compromiso
e participación do alumno nas aulas da materia.
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo do estudo e traballo persoal e presencial
na asignatura por alumno será de 51 horas
no decurso do semestre.
Para a busca, rexistro e preparación de materiais o
tempo do alumno será de 99 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase relacionar os conceptos da materia ao
través de mapas de estudo contrastados e comparados en
grupo e seguir as pautas do docente, que facilitará, á hora
das aplicacións.
Do mesmo xeito, na comprobación empírica e no
planeamento dos debates compre consultar ao docente
perante as dúbidas de procedemento ou das dinámicas de
produción a seguir. recoméndase optar por manter unha
axenda de estudo e produción ben ao día.
ObservaciónsMateria de formación básica adscrita ao módulo mundo
actual: comprensión e evolución contemporánea, ámbito
de comunicación, na rama de ciencias sociais e xurídicas.
6 créditos ects. 120 horas.
A materia será impartida en galego.