G3031206 - Industrias Culturais (Mundo actual: Comprensión e evolución contemporánea) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias da Comunicación
- Áreas: Xornalismo
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaConceptualización da produción cultural como actividade industrial. Composición e estrutura dos distintos sectores que conforman as industrias da cultura, da comunicación e do coñecemento. Análise e avaliación da súa importancia nas sociedades desenvolvidas. Subsectores, concentración e fenómenos de transnacionalización.
Capacitar o alumnado no coñecemento dos procesos de produción e consumo das distintas industrias culturais. Sen entrar na elaboración de contidos, analizar e comprender a singularidade das industrias de produtos simbólicos nos procesos de creación de produtos e as canles de comercialización que dan acceso a eles.
O alumno terá unha visión global contextualizada de cada unha das industrias (editorial, fonográfica, medios de comunicación (prensa, radio e televisión), cine, publicidade). Tamén haberá un acercamento aos lugares comúns das distintas ramas que permiten un estudo vinculado entre elas.
ContidosConceptualización da produción cultural como actividade industrial.
Análise e avaliación da súa importancia nas sociedades desenvolvidas.
Subsectores, concentración e fenómenos de transnacionalización.
• Aproximación ao concepto teórico das industrias da cultura.
• Economía e contextualización das industrias culturais. Valor simbólico da cultura e a comunicación. Industrias culturais e industrias creativas.
• Distintas ramas das industrias da cultura: editorial, fonográfica, medios de comunicación, cine e publicidade. Novas tecnoloxías. Mapa simbólico das industrias culturais.
• Produción e consumo das industrias da cultura, a súa especificidade
• Ámbito legal das industrias da cultura. Dereitos de autor. Políticas culturais.
• Novas formas de organización. Os grupos empresariais. Estratexias. Grupos multimedia. Transnacionalización e globalización das industrias
• Impacto tecnolóxico nos procesos de produción e comercialización das industrias da cultura
Bibliografía básica e complementariaÁlvarez Monzonillo, J.M. La industria cinematográfica española 1980-1993.
Madrid: Fundesco /Ministerio de Cultura, 1993
Bustamante, Enrique (ed). Industrias creativas. Amenazas sobre la cultura digital. Barcelona. Gedisa. 2011.
Cebrián Herreros, Mariano et al. (ed). Industrias culturales. El modelo nórdico como referencia para España. Zamora. Comunicación Social, 2011.
Consello da Cultura Galega. A comunicación en Galicia, 2013. Santiago de Compostela.
Diaz Nosty, B.1989-1999-2001.Informe Anual de la Comunicación. Barcelona: Zeta
Freixanes, V.F; Meixide, A (ed). O capital da cultura. Unha achega ás industrias culturais de Galicia. Fundación Caixa Galicia. Santiago de Compostela, 2010
Mattelart, Armand. Diversidad cultural y mundialización. Barcelona. Paidós Comunicación. 2005
Outeiriño. M. (comp.) Globalización e imperialismo cultural, Vigo, Galaxia, 2011.
Reig, Ramón. Los dueños del periodismo. Claves de la estructura mediática mundial y de España. Barcelona. Gedisa, 2011
Vogel, H. La industria de la cultura y el ocio. Un análisis económico. Madrid. Fundación Autor. 2004
VV.AA, Comunicación y Cultura en la era digital, Fundación Alternativas, Madrid 2002
VV.AA, Las industrias culturales en la era digital, Fundación Alternativas, Madrid 2003
Zallo, Ramón, Economía de la Comunicación y la Cultura, Ed. Akal, Madrid, 1988
Zallo R.(director),1995.Industrias y políticas culturales en España y el País Vasco. Servicio Editorial de la Universidad del País Vasco. UPV-EHU.
CompetenciasCoñecemento e comprensión das novas achegas que a industria cultural incorpora á sociedade da comunicación no seu conxunto.
Coñecemento e comprensión da cultura en canto que organización, forma de socialización e formas de desenvolvemento económico nas sociedades avanzadas.
Coñecemento e comprensión das transformacións que se producen e veñen producindo nas últimas décadas verbo das vías de creación cultural e a comunicación.
Identificación do variado espectro de vías de expresión cultural, organizadas en formas e procesos industriais, que configuran o mapa simbólico da comunicación nas sociedades contemporáneas.
Coñecer e comprender a significación de todas e cada unha das industrias da cultura en canto que formas ou fenómenos novos da creación cultural e contidos simbólicos. Coñecer e comprender a súa significación na configuración das sociedades contemporáneras, moi especialmente na sociedade de masas, nas sociedades postindustriais e na sociedade da globalización.
Coñecer e comprender as distintas formas de organización que as industrias da cultura amosan na actualidade, enmarcadas na tradición da produción cultural e proxectadas cara ao futuro das novas tecnoloxías, analizando a súa repercusión nos procesos xerais de socialización.
Coñecer e comprender a organización das industrias culturais tanto no plano da comunicación como no discurso político e socioeconómico.
Metodoloxía da ensinanza As clases están vencelladas á actualidade dos procesos industriais. As dinámicas de cada unha das industrias, en constante transformación, obrigan a prestar atención aos feitos que os medios difunden de cada actividade analizada.
Haberá un primeiro ciclo onde se desenvolverá o programa teórico para pasar, na parte final do curso, á elaboración de traballos prácticos (exercicios de campo) para a súa exposición e discusión en grupos. Estes traballos incorpóranse como material teórico do programa.
Os alumnos, orientados polo profesor, elaborarán en grupos traballos de recopilación, organización de la información, sistematización e análise de distintas áreas ou actividades da industria cultural.
A exposición destes traballos na aula permitirá harmonizar nun todo o concepto e a realidade da industria cultural e da comunicación.
Sistema de evaluaciónAo final do curso realizaraseun exame final que computa un 50% da nota final. O 50% restante configúrao un traballo monográfico en grupo que permita ao alumno o achegamento a algunha área de interés específica, acaso no abondo tratada na clase.
Valorarase a aportación individual ao grupo, así como a súa participación nos debates, seguimento do traballo e capacidade expositiva á hora de presentalos na aula.
Non é imprescindible a presentación ou defensa na clase do traballo (sempre en función da disponibilidade de horario), pero a non entrega do mesmo imposibilita o aprobado.
Tempo de estudo e traballo persoalCincuenta e unha horas de traballo en presenza e noventa e nove de traballo individual do alumno
Recomendacións para o estudo da materiaO seguimento da materia obriga á atención permanente de canta información que sobre o macrosector apareza nos medios. As iniciativas lexislativas, os movementos empresariais, os informes de comportamento e de consumos...
Recoméndase un achegamento a estas cuestións dende a óptica económica e empresarial, sen perder de vista a influencia no deseño de produtos.