G3031207 - Fotoxornalismo (Información xornalística e comunicación dixital) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias da Comunicación
- Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaXénese histórica, función e aplicación da foto nos medios. Xéneros e propostas narrativas no fotoxornalismo.
Contidos1. INTRODUCIÓN. A imaxe fotográfica.— Fotografía e pensamento.— Diferentes perspectivas sobre a fotografía. A fotografía como reprodución da realidade. A fotografía como interpretación da realidade. A fotografía como índice.— As cuestións da realidade, verdade e verosimilitude.— Diferentes calas na historia da fotografía documental.
2. A COMUNICACION. O esquema clásico: emisor—meio—código—mensaxe—receptor—efectos. A interrupción como fonte de información. A enunciación do novo: a interpelación. A subxectividade.
3. A INTERACCIÓN TEXTO-IMAXE. A transmisión|construción da noticia: a “construción” da realidade. A “manipulación” de primeiro nivel. A “manipulación” de segundo nivel. Da interacción de mensaxes ao pé de foto como orientación ideolóxica. A credibilidade do medio fotográfico.
4. AS FRONTEIRAS DELIMITADORAS. Reportaxe, fotografía documental, fotoxornalismo. Prensa e fotografía. Os xéneros: problemas de definición e sistematización da información.
5. A PRODUCIÓN DE IMAXES. Introdución.— A imaxe fotográfica – A luz. - A toma de imaxes.— A técnica e os medios técnicos.— A cámara: elementos.— Principios de óptica.— Composición, selección de foco, profundidade de campo, velocidade e sensibilidade.-A planifica-ción do traballo.— Resolución dos retos cotiás no traballo de fotoxornalista. – Tratamento dixital das imaxes para a sua publicación. – Almacenamento e arquivo de imaxes.
6. 1839—1895. OS PRIMORDIOS DO FOTOXORNALISMO. O xornal ilustrado.— O gravado en madeira. The Illustrated London News, L’Illustration e Illustrirte Zeitung.— A fotografía de guerra. A Guerra de Crimea: Roger Fenton.— A Segunda Guerra do Opio: Felice Beato.—A Guerra de Secesión norteamericana. Alexander Gardner, Mathew Brady, Timothy O’Sullivan. A fotografía colonizadora. Edward Sheriff Curtis.— A fotografía delatora: A Comuna de París.— A introdución do proceso halftone.— Os primordios da entrevista. Nadar e Chevreul.— Outros fotógrafos.
7. 1896—1914. NOTICIAS E ACONTECEMENTOS ILUSTRADOS
A evolución da reportaxe até a I Guerra Mundial.— Jacob Riis. Lewis Hine.— Eugente Atget.—Leslie’s Weekly.
8. TÍTULO: 1914—1918. O FOTOXORNALISMO NA I GUERRA MUNDIAL. Georg Hackel, Paul Thompson, Vladimir Betzitch. Sasha Stone.
9. 1919—1936. FOTOXORNALISMO DE ENTREGUERRAS. A consolidación. O período entreguerras. A Modernidade. O aparecemento das novas condicións técnicas e o seu albo na fotografía. Alemaña: AIZ e Berliner Illustrierte Zeitung. Erich Salomon, Felix H. Man, Alfred Eisenstaedt, Margaret Bourke-White, André Kertesz, A. Noël, Max Alpert, Arkadich Schaichet.— O proxecto documental de August Sander.— 1933—1936. Propaganda política e fotografía.— O nazismo: John Heartfiel e Leni Riefenstahl.— Freiherr von Gudenberg, Alexander Liberman, Franz Bauer. Aleksander Rodschenko. VU, Life.
10. 1937—1945. DA FSA Á II GUERRA MUNDIAL. Brassaï. Paris la nuit.— A situación nos Estados Unidos. A Farm Security Administration.— A fotografía de guerra. Eugene Smith. Robert Capa.— Henri Cartier-Bresson.— A Guerra Civil española. Look.
11. 1945—1949. OS ANOS DE APÓS-GUERRA. A axencia Magnum.— Werner Bischof, Bill Brandt, Walker Evans, David Seymour, Gisele Freund.— Picture Post, Heute.
12. 1950—1973. REPORTAXE CLÁSICA E GUERRA DE VIETNAM. A fotografía humanista.— The family of Man.— Robert Frank. Les Americains.— E. Smith. Spanish Village. Minamata.— Esplendor e declinio da prensa gráfica. Vietnam.
13. A CONTEMPORANEIDADE. Panorama xeral. As novas condicións xurdidas de 1968 e da Guerra de Vietnam. A relación entre documento e arte. A aparición das técnicas dixitais e o progresivo enfraquecemento do estatuto de verdade da fotografía: Pedro Meyer. A I Guerra do Golfo. A noción de distancia: de James Natchwey a Alfredo Jaar. O documentalismo contemporáneo.
Bibliografía básica e complementariaA. Básica. Leituras obrigatorias
· Baeza, P. Por una función crítica de la fotografía de prensa. Barcelona, Gustavo Gili, 2001
· Barthes, R. A cámara clara. Reflexión sobre a fotografía, Santiago de Compostela, Laiovento, 2003.
· Freund, G. La fotografía como documento social. Barcelona, Gustavo Gili, 1976
· Jeffrey, I. La fotografía.Barcelona, Destino, 1999
B. Complementaria. Leituras complementarias
· Bourdieu, Pierre. Un arte medio: ensayo sobre los usos sociales de la fotografía, Barcelona, Gustavo Gili, 2003
· Fontcuberta, J. La cámara de Pandora. Barcelona, Gustavo Gili, 2010
· Ledo, M. Documentalismo fotográfico. Madrid, Cátedra, 1998
· Sontag S. Olhando o sofrimento dos outros. Algés, Gótica, 2003
· Sousa, J.P. Uma história crítica do fotojornalismo ocidental. Chapecó, Grifos, 2000
CompetenciasA análise da imaxe como discurso fotográfico. A fotografía e a comunicación. A fotografía como un meio de expresión susceptíbel de ser usado nos meios de comunicación e a foto como instrumento criativo. Estudo da fotografía do ponto de vista da produción e da edición na prensa. Coñecemento dos diferentes elementos técnicos tradicionais e dixitais.
Ademais destas competencias, tratarase igualmente de chantar os alicerces para futuros traballos profisionais que teñan a ver coa fotografía documental ou co fotoxornalismo, así como tamén a campos que teñan a ver coa reflexión teórica.
Metodoloxía da ensinanza A) TEORÍA
As clases teóricas terán lugar, de acordo co calendario escolar, entre os meses de febreiro e maio. Ao tempo, desenvolverase o programa práctico, consistente en proxeccións comentadas que atinxan a comprensión dos aspectos técnicos, históricos e sociais do proceso de comunicación no que se acha mergullado o fotoxornalismo.
B) PRÁCTICAS
Faranse prácticas de aula, consistentes na análise de fotografías, na comparanza entre distintas imaxes, ou na análise da interacción entre texto e imaxe.
Por outra parte, o alumnado debera levar a cabo un proxecto fotográfico autónomo, de temática libre, construído ao longo de todo o curso, constituído como unha extensa foto-reportaxe. Dito proxecto deberá vir acompañado dunha memoria que encadre, xustifique e propoña a metodoloxía de dito traballo. O proxecto fotográfico, sexa cal for o estado no que se achar, deberase apresentar dentro da última semana de cada mes, coa fin de poderse facer un seguimento do mesmo.
Sistema de evaluaciónA cualificación final obterase a partir dun exame escrito que ha ter lugar á fin do curso, así como dun exame de recoñecemento visual de imaxes e do proxecto fotográfico acima sinalado. Tamén se terán en conta as prácticas de aula, a participación en debates ou a asistencia a titorías.
Tempo de estudo e traballo persoalAo pé das 150 horas, incluíndos os tempos de traballo presenciais e persoais.
Recomendacións para o estudo da materiaTodas aquelas actividades dirixidas a afortalar o coñecemento da materia, tales como leituras, revisión de traballos fotográficos, asistencia a exposicións, en primeiro lugar fotográficas aínda que tamén de arte en xeral, ou conferencias.