Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

G3031221 - Xéneros Informativos en Prensa (Información xornalística e comunicación dixital) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación
  • Áreas: Xornalismo
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Neira Cruz, Xose Antonio.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Expositivo 1OrdinarioClase ExpositivaSISI
Laboratorio 1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 3OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 4OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Tirorizado 2OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 1OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 3OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 4OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 5OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 6OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 7OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 8OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Definición dos xéneros informativos. Estrutura, tipoloxía, técnicas e características. A noticia. A reportaxe. A entrevista informativa. Outros xéneros informativos. Técnicas de realización e de produción da información nos xéneros informativos.
    Estudo en profundidade das tipoloxías e das estruturas, técnicas de preparación, realización e dos xéneros informativos en prensa e internet. Teoría, técnica e tipoloxía do repertorio de formas para trasladar a información nos soportes dos medios de comunicación de masas.

    Contidos
    Contidos teóricos:

    1.Xéneros informativos
    Definición xeral dos xéneros informativos; características diferenciais dos xéneros; clasificación dos xéneros; os estilos.

    2.A reportaxe
    Definición e clasificación; as partes da reportaxe; técnicas de elaboración da reportaxe; tipos de reportaxe; a reportaxe na prensa actual; reporteirismo en Galicia.

    3.A crónica
    Definición e clasificación; as partes da crónica; técnicas de elaboración da crónica; tipos de crónicas; a crónica na prensa actual; cronistas galegos.

    4.A entrevista
    Definición e clasificación; proceso e técnicas de elaboración da entrevista; a distribución dos roles: entrevistador e entrevistado; tipos de entrevistas; a entrevista na prensa actual; presenza da entrevista na prensa galega.

    5.Novas formas e formatos para os xéneros informativos
    Relacións entre xornalismo e literatura. Estilo xornalístico e estilo literario. Espazos abertos para a creación na prensa; novos e novísimos xornalismos; os novos xéneros na prensa actual; relacións entre novela negra e xornalismo.

    6.Os xéneros informativos en internet
    Presenza, repercusión, formatos e novas formas de construir os xéneros nos novos soportes da información.

    Contidos prácticos:
    1. Prevese a formulación de un exercicio práctico sobre cada un dos contidos teóricos previstos, facendo fincapé na elaboración por parte do alumnado de, cando menos, unha reportaxe, unha entrevista, unha crónica e dous seguimentos de contidos publicados na prensa.
    2. Tamén se avaliará como contido práctico a elaboración e desenvolvemento dun proxecto de publicación periódica, de forma individual ou en grupo
    3. Finalmente, entrarán a formar parte dos contidos prácticos os exercicios sobre lecturas formuladas ao longo do desenvolvemento dos contidos teóricos.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:
    Baena Paz, G. (1993) Géneros periodísticos informativos. México D.F.: Pax México
    Bernal, M. (1997) La crónica periodística (Tres aproximaciones a su estudio). Sevilla: Padilla Libros
    Bernal, S. e Chillón, L. A. (1985) Periodismo informativo de creación. Barcelona: Mitre
    Bezunartea, O., Del Hoyo, M. e Martínez, F. (1998) Lecciones de reporterismo. Bilbao: Universidad del País Vasco
    Cantavella, J. (1996) Manual de la entrevista periodística. Barcelona: Ariel
    Casasús, J. M. e Núñez Ladevéze, L. (1991) Estilo y géneros periodísticos. Barcelona: Ariel
    Echevarría Llombart, B. (1998) Las w’s del reportaje. Valencia: Fundación Universitaria San Pablo CEU
    Echevarría Llombart, B. (2002) Las w’s de la entrevista. Valencia: Universidad Cardenal Herrera CEU
    Edo, C. (2003) Periodismo informativo e interpretativo. El impacto de Internet en las noticias, las fuentes y los géneros. Sevilla: Comunicación Social Ediciones y Publicaciones
    López, X. (1998) A reportaxe de prensa en Galicia. Santiago: Lea
    López Hidalgo, A. (1997) La entrevista periodística. Entre la información y la creatividad. Madrid: Libertarias
    López Pan, F. (1996) La columna periodística: teoría y práctica. Pamplona: EUNSA
    Martín Vivaldi, G. (1978) Géneros periodísticos. Madrid: Paraninfo
    Quesada, M. (1984) La entrevista, obra creativa. Barcelona: Mitre

    Bibliografía complementaria:
    Alcalde, C. (1981) Cómo leer un periódico. Barcelona: ATE
    Álvarez Pousa, L. (1999) A identidade fronte á rede. Vigo: Edicións Xerais de Galicia
    Blanco Amor, E. (2004): Crónicas en La Nación, Vigo: Galaxia
    Casais, E. e López, X. (1999) Xoves xornalistas. Crónica aberta. Santiago de Compostela: Lea
    Casal González, C. (1994) A pel do xornalismo. Santiago de Compostela: Lea
    Fallaci, O. (1976) Entrevistas con la historia. Barcelona: ATE
    García Márquez, G. (1997) Notas de prensa. Madrid: Mondadori
    Grijelmo, A. (2001) El estilo del periodista. Madrid: Taurus
    Haro Tecglen, E. (1993) Qué estafa. Memorias y notas de un tiempo difícil. Madrid: El País Aguilar
    Hemingway, E. (1996) La guerra, los toros, Cuba, Africa y mi mujer (los reportajes inéditos en España). Madrid: Temascinco Ediciones
    Kapuscinski, R. (2000) Los cínicos no sirven para este oficio: sobre el nuevo periodismo. Barcelona: Anagrama
    López García, X. (1995) Detrás da prensa popular. Santiago de Compostela: Lea
    Martínez Albertos, J.L. (1989) El lenguaje periodístico. Madrid: Paraninfo
    Martínez Albertos, J.L. (1997) El ocaso del periodismo. Barcelona: CIMS
    Méndez Ferrín, X.L. (2001) Un escritor nos xornais. Artigos periodísticos. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela
    Núñez Ladevéze, L. (1993) Métodos de redacción periodística y fundamentos del estilo. Madrid: Síntesis
    Rivas Barrós, M. (2004) Un espía no reino de Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia
    Todorov, T. (1988) Teoría de los géneros literarios. Madrid: Arco Libros
    Túñez, M. (1996) Da teoría á práctica. Perfil do periodista galego. Santiago de Compostela: Lea
    Van Dijk, T. A. (1999) Discurso y literatura: nuevos planteamientos sobre el análisis de los géneros literarios. Madrid: Visor Libros
    Vilamor, J. R. (2001) Cómo escribir en Internet. Madrid: Universitas
    Wolfe, T. (2002) El periodismo canalla y otros artículos. Madrid: Punto de lectura

    Competencias
    Coñecer os diferentes formatos de clasificación da información
    Coñecer e analizar as estratexias de construción de cada unha das tipoloxías de información. Comprender a importancia dos tipos de información no discurso dos medios de comunicación

    Metodoloxía da ensinanza
    Explicación teórica do programa, lecturas obrigatorias e realización de traballos prácticos de todos os xéneros propostos no programa.
    O alumnado realizará as prácticas relacionadas con cada un dos xéneros informativos que lles formulen. Proporase, asemade, a realización dun proxecto, individual ou en grupo, ao longo do curso, de dimensión teórico-práctica.

    Sistema de evaluación
    A parte teórica da asignatura avaliarase mediante unha proba escrita, realizada ao final do curso, sobre os contidos do programa. A dita proba puntuarase sobre 10. A cualificación da parte teórica suporá o 50% da nota final.
    A parte práctica avaliarase a través dos traballos que realice e entregue o alumnado, segundo os criterios de avaliación establecidos e formulados na aula polo profesor. A cualificación da parte práctica suporá o 50% da nota final.
    Para aprobar a asignatura é necesario superar a asignatura nas súas dúas partes. Suspender unha das partes suporá suspender a asignatura.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo previsto para esta asignatura é dun total de 150 horas, distribuidas en 51 horas lectivas e 99 horas de traballo persoal do alumnado. As 60 horas lectivas distribuiranse en 24 horas de clases expositivas (CLE) e 24 horas de clases interactivas, máis as horas de titorías.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Realización de todos os traballos prácticos propios, tendo en conta a especificidade de cada un dos xéneros informativos. Lectura de, cando menos, unha obra para cada tema da bibliografía básica recomendada.
    Observacións
    Un excelente dominio da lingua escrita e a creatividade e capacidade de innovación á hora de formular e desenvolver os traballos previstos serán aspectos que se terán moi en conta.