G3031222 - Información Radiofónica (Información xornalística e comunicación dixital) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias da Comunicación
- Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEstudo da información radiofónica. Características específicas da redacción radiofónica. Análise das diferentes formas de construir a información. Análise e estudo dos diferentes tipos de programas informativos. Tipoloxía e características dos diferentes programas informativos de radio. Técnicas de desño, dirección, presentación, elaboración e realización de programas informativos.
- Coñecer o proceso de elaboración e tratamento da información radiofónica, analizando todos os pasos necesarios para facer un informativo: dirección, produción, redacción, posprodución e presentación-emisión.
- Estudo dos diferentes modelos de informativos: características de cada un. O guión e o deseño de informativos.
ContidosTEMA I
1.1. A redacción radiofónica nos informativos. Escribir para a radio
1.2. Estrutura e características dunha noticia estándar
1.3. Os diferentes formatos de noticias
1.4. A redundancia
1.5. O raccord
TEMA II
2.1. O informativo principal de noticias. Estrutura e características
2.2. Organigrama dunha redacción e proceso de traballo para facer un informativo. Dirección, produción, redacción, posprodución e presentación-emisión
2.3. Estrutura dun informativo radiofónico. Elementos que interveñen nun informativo. Criterios xeográficos e criterios temáticos
2.4. O guión dos informativos. Funcións do guión. Tipos de guión. O minutado
2.5. Tipos de informativos radiofónicos: segundo o formato, segundo o contido e segundo a hora de emisión
2.6. As fórmulas “Todo noticias”
TEMA III
3.1. O tratamento da información radiofónica. Características e tratamento da linguaxe informativa. O libro de estilo radiofónico
3.2. Mecanismos para o tratamento da información: a montaxe
3.3. O tratamento estético e o tratamento de contido ou informativo. Como conxugar os dous elementos
3.4. Estética sonora e estética gráfica. O tratamento visual do texto
3.5. Cómo transmitir a sensación de actualidade: as referencias horarias e o uso dos verbos. As referencias espazo-temporais no tratamento da información
TEMA IV (neste capítulo teranse en conta os contidos xa explicados na materia Produción da Información)
4.1. As fontes informativas na información radiofónica
4.2. Tipos de fontes informativas
4.3. O tratamento das fontes informativas na radio
4.4. Cómo contrastar as fontes
4.5. Diferenza entre información e opinión
4.6. As citas in voce
4.7. Outras singularidades das fontes na radio
TEMA V
5.1. Os condicionantes da información radiofónica
5.2. A censura. Mecanismos e obxectivos. Variedades e graos de censura
5.3. O contexto da información
5.4. A interpretación da realidade a través da información
5.5. Criterios para converter un feito en noticia
TEMA VI
6.1. Factores que determinan a expresividade da información radiofónica
6.2. A información radiofónica desde o punto de vista narrativo
TEMA VII
7.1. O tratamento espazo-temporal da información radiofónica
7.2. O espazo sonoro na radio
7.3. A información en directo e a información en diferido
TEMA VIII
8.1. A audiencia como destinataria da información
8.2. As distintas audiencias. Características de cada unha
8.3. A audiencia como consumidora de información. Criterio comercial
8.4. A audiencia como receptora da información. Criterio xornalístico
8.5. Educar a audiencia ou satisfacer as súas demandas
8.6. Evolución da audiencia radiofónica
TEMA IX
9.1. Os informativos como unidades especiais dentro da programación radiofónica
9.2. O informativo como unidade radiofónica autónoma
9.3. O informativo dentro da macroestrutura da programación
TEMA X
10.1. O magazine. Características e estrutura
10.2. O guión do magazine
10.3. O tratamento da información no magazine
TEMA XI
11.1. Os informativos monográficos ou especiais
11.2. Características dun informativo monográfico
11.3. Factores que xustifican a elaboración dun monográfico
11.4. Estrutura dun informativo monográfico
11.5. Cómo se prepara un informativo monográfico. Fases de investigación, documentación e selección de información
TEMA XII
12.1. O deseño de informativos
12.2. Elementos que hai que ter en conta para deseñar un informativo
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
BALSEBRE, A., La credibilidad de la radio informativa, Feed-Back Ediciones, Barcelona, 1994.
BALSEBRE, A.; MATEU, M., e VIDAL, D., La entrevista en radio, televisión y prensa, ed. Cátedra, Madrid, 1998.
CEBRIÁN HERREROS, M., Información radiofónica. Mediación técnica, tratamiento y programación, ed. Síntesis, Madrid, 1994.
MARTI, J. M., Modelos de programación radiofónica, Feed-Back Ediciones, Barcelona, 1993.
MERAYO PÉREZ, A., Para entender la radio. Estructura del proceso informativo radiofónico, Publicaciones Universidad Pontificia de Salamanca, 1992.
RODERO ANTON, E., Producción radiofónica, ed. Cátedra, Madrid, 2005.
SOENGAS, X., Informativos radiofónicos, ed. Cátedra, Madrid,2003.
A bibliografía complementaria constará de lecturas relacionadas coa actualidade informativa do momento.
Competencias- Coñecer o organigrama dunha redacción radiofónica e analizar como funciona.
- Familiarizarse cos elementos que interveñen no proceso informativo radiofónico, especialmente o acceso ás fontes e o seu tratamento.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía de ensinanza consta dunha combinación de clases teóricas e gravacións de informativos, nas que se poñen en práctica os coñecementos teóricos explicados na clase. Logo, a través da bibliografía, afóndase naqueles conceptos que se consideran máis importantes.
Sistema de evaluaciónA materia consta dunha parte teórica e doutra práctica. Cada semana farase un informativo relacionado coa teoría correspondente. Para aprobar a parte práctica é necesario realizar todos os exercicios que se programen na clase (estar presente na gravación e na súa corrección) e para superar a parte teórica haberá un exame final sobre o programa da materia e mais a bibliografía. Ademais da bibliografía obrigatoria mencionada, se procede, na clase tamén se facilitarán textos que poidan ser necesarios para ampliar algún tema.
A parte práctica da materia supérase exclusivamente facendo todas as gravacións programas durante o curso. Por tratarse de prácticas que, polas súas características, teñen que realizarse en grupo, non se poden recuperar logo de xeito individual. Polo tanto, os alumnos que suspendan as prácticas en xaneiro non poderán examinarse desa parte en xullo. Así, o exame de xullo só será para aqueles alumnos que unicamente teñen pendente a teoría.
A nota final será a media da teoría e das prácticas.
É imprescindible facer todas as prácticas para aprobar a materia. Tamén é necesario ter aprobado a teoría e máis a práctica para facer a media das dúas partes.
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo de traballo presencial do alumno é de 48 horas; o tempo de estudo e traballo persoal estimado por alumno é de 102 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaÉ importante asistir ás gravacións de tódolos informativos que se propoñen, pois na elaboración dos programas aplícanse os conceptos teóricos explicados na clase.