G3031223 - Información Televisiva (Información xornalística e comunicación dixital) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias da Comunicación
- Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEstudo da información televisiva. Características específicas da redacción televisiva. Análise dos diferentes xeitos de construír a información. Análise e estudo dos diferentes tipos de programas informativos. Tipoloxía e características dos diferentes programas informativos de televisión. Técnicas de deseño, dirección, presentación, elaboración e realización de programas informativos.
Estudo e análise do proceso informativo en televisión en todos os seus ámbitos e fases: producción, redacción e presentación. Capacitar ao alumno para desenvolverse no eido da información televisiva. Coñecer como funciona unha redacción en televisión e cáles son os aspectos que inflúen e que condicionan o tratamento informativo. Coñecer as características da programación informativa de televisión, as peculiaridades de cada modelo de programa e os elementos necesarios para deseñar un informativo.
ContidosTEMA 1
1. A producción da información en televisión.
1.1.- A producción de noticias.
1.2.- Estructuras organizativas.
1.3.- Traballo e adscripción dos xornalistas na redacción de informativos. Seccións e programas.
1.3.- Modelos organizativos en España.
1.4.- Referentes públicos e privados
TEMA 2
2. Procedencia da información televisiva: as fontes
2.1.- O papel das fontes en televisión
2.2.- Clasificación e uso das fontes televisivas
2.3.- Fontes que buscan ao medio
2.4.- As axencias de noticias para televisión
2.5.- Filtración e desinformación. Gabinetes
2.6.- Os outros medios como fonte
2.7.- A axenda persoal
TEMA 3
3. A selección da información
3.1.-Proceso de selección.
3.2.-Pluralismo e manipulación
3.3.-Criterios de noticiabilidade e argumentacións
3.4.-O consello de redacción: as deliberacións e o tratamento das noticias. Criterios de ordenación. Interpretar e valorar.
3.5.-Opinión e información na televisión actual en España
TEMA 4
4. Contar noticias para televisión.
4.1.- Contar historias en imaxes, palabras e sons. As W nas noticias de TV.
4.2.- Estratexias narrativas.
4.3.- A información en directo.
4.4.- Transmisión e retransmisión informativa en televisión. Factores e medios
4.5.- A presencia ante a cámara. Credibilidade. Elementos e condicionantes.
TEMA 5
5. A montaxe das noticias.
5.1.- A relación entre a imaxe e a palabra
5.2.- A continuidade narrativa. O uso das transicións. Efectos
5.3.- Son e información televisiva. Características e utilización
TEMA 6
6. O soporte gráfico
6.1.- Grafismo: seccións e temática
6.2.- Tipoloxías
6.3.-Grafismo ubicativo. Posicionamento.
6.4.- Realidade virtual. Realidade aumentada.
TEMA 7
7. Os noticiarios en televisión.
7.1.- Características e principais modelos. Edicións diarias.
7.2.- A realización do noticiario.
7.3.- A escaleta. Elementos e modelos. O guión
7.4.- Os elementos identificativos dos noticiarios.
7.5.- Equipo técnico. Exteriores, plató e control de realización
TEMA 8
8. A producción nos informativos diarios.
8.1.- A producción como eixo central da consecución de noticias en televisión
8.2.- A asignación de equipos. A pre-producción
8.3.- Valoración. Desglose de producción.
8.4.- Analítica de medios na producción de informativos
TEMA 9
9.- Os programas informativos: formatos. Do Avance Informativo ás cadenas 24 horas.
9.1.- Concepto de programa e desenvolvemento
9.2.-.Tipoloxía de programas informativos.
9.3.- Os programas clasificados segundo a su periodicidade.
9.4.- Os programas segundo o seu formato
9.5.- A información como espectáculo televisivo
TEMA 10
10.- Os informativos como elementos na estructura de cadea.
10.1.-.Estructuras vertebrais. Estructuras complementarias.
10.2.- Introducción ás audiencias informativas
10.3.- Plantexamentos de futuro na información televisiva. Tenndencias e novos soportes.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
CEBRIAN HERREROS, Mariano: Información televisiva. Mediaciones, contenidos, expresión y programación. Síntesis. Madrid, 1998.
MILLERSON, Gerald.: Técnicas de Realización y producción en televisión. IORT.Madrid, 1997.
Soengas Pérez, José: El tratamiento informativo del lenguaje audiovisual, Laberinto, Madrid, 2003.
Soengas Pérez, José: El enfoque informativo. Los puntos de vista de una noticia en televisión. Laberinto, Madrid, 2008.
Bibliografía complementaria
CEBRIAN HERREROS, Mariano: Información audiovisual: concepto, técnica, expresión y aplicaciones, Síntesis. Madrid 1995
AGUILERA, Miguel de: EL TELEDIARIO: Un proceso informativo. Mitre. Barcelona 1985.
BARROSO GARCIA, Jaime: Proceso de la información de actualidad en Televisión, IORT. Madrid 1992.
CARRIZO, Gloria: IRUETA-GOYENA, Pilar / LOPEZ, Eugenio, Manual de Fuentes de Información, CEGAL. Madrid, 1994.
GARCIA JIMENEZ, Jesús: Narrativa Audiovisual. Cátedra. Madrid. 1996.
LÓPEZ, Manuel.: Cómo se fabrican las noticias, Fuentes, selección y planificación, Paidós, Barcelona, 1995
MILLERSON, Gerald.: TV producción eficaz. Tecnicas y procesos. Hispano europea, Barcelona, 1984
OLIVA, Llúcia i Sitjà, Xavier.: Las noticias en televisión. IORT. Barcelona 1992.
OLIVA, Llucía y Sitjà, Xavier: Noticias en radio y televisión. Periodismo audiovisual en el siglo XXI, Ediciones Omega, Barcelona, 2007
SANABRIA, Francisco.: Información audiovisual. Teoria y técnica de la información radiofónica y televisiva. Boch comunicación, Barcelona, 1994.
VILALTA i CASAS, Jaume: El reportero en acción. La noticia, reportaje y documental en televisión, Comunicación Activa, Universidad de Barcelona, Barcelona, 2007.
MARZAL FELICI, Javier y CASERO RIPOLLÉS, Andreu: Periodismo en televisión. Comunicación Social, ediciones y publicaciones, Salamanca, 2011
Competencias- Coñecer o organigrama dunha redacción de televisión e analizar o seu funcionamento.
- Familiarizarse cos elementos que interveñen no proceso informativo televisivo, especialmente coa utilización e selección de fontes informativas, o tratamento da noticia e os seus elementos, a montaxe e a posta en antena.
- Coñecer os diferentes formatos informativos e a súa utilización, así como o seu proceso de creación e análise crítica.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía aplicada para a comprensión da asignatura Información Televisiva está programada seguindo os criterios establecidos polo número de créditos teóricos e prácticos e tendo en conta que é unha asignatura cuatrimestral.
Nestas sesiones teóricas os alumnos adquirirán os fundamentos para a busca de información, da redacción para televisión e se inicirán nos conceptos de linguaxe audiovisual en informativos, elementos necesarios para ter unha visión de conxunto de cómo se desenvolve o traballo diario dunha redacción de informativos nunha canle de televisión.
A través das clases prácticas, os alumnos percorrerán o proceso de elaboración de información: búsqueda, selección e contraste de noticias, elaboración dunha escaleta y realización en grupo dun informativo en plató.
Sistema de evaluaciónA asignatura consta dunha parte teórica e doutra parte práctica. Cada unha delas equivale ao 50% da nota final e para aprobar a materia deberán estar superadas ambas. Polo tanto, o 50 % da materia evalúase mediante un exame final teórico e o outro 50% coas as prácticas que realicen os alumnos durante o curso.
Tempo de estudo e traballo persoalÉ unha asignatura cun valor de 6 créditos ECTS e unha carga de traballo para os alumnos de 150 horas (48 de traballo presencial e 102 persoal).
Os alumnos comezan as prácticas introducindose no proceso de selección das noticias e elaboración de escaletas, para continuar coa sua pre-producción de cara a realización do informativo final.
Realización e grabación, redacción e edición das informacións-
Elaboración dun informativo en directo en plató por parte de cada un dos grupos de traballo.
Durante o curso o profesor proporá outro tipo de traballos prácticos de cara a familiarizar ós alumnos coa estructura das noticias, os diferentes estilos e formatos informativos e a súa presencia en antena.
Recomendacións para o estudo da materiaÉ recomendable que o alumno asista ás clases teóricas para lograr unha concepción global da asignatura. A realización das prácticas é obligatoria.
Sería interesante que o alumno fixese un seguemento dos distintos formatos que están actualmente en televisión, asesorado polo profesor, para realizar análises críticas ó respecto
Para un correcto aprendizaxe é recomendable que o alumno realice as lecturas bibliográficas recomendadas.