Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

G3031224 - Xéneros Interpretativos e de Opinión en Prensa (Información xornalística e comunicación dixital) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación
  • Áreas: Xornalismo
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FERNANDEZ FREIXANES, VICTOR.NON
GALINDO ARRANZ, FERMIN.SI
GALINDO ARRANZ, FERMIN.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Expositivo 1OrdinarioClase ExpositivaSISI
Laboratorio 1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 3OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 4OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Titorizado 1OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 2OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 3OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 4OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 5OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 6OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 7OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 8OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Información, interpretación e opinión, tres actitudes, para informar.
    Estudo en profundidade das tipoloxías e das estruturas, técnicas en
    profundidade, a entrevista e a crónica. Teoría, técnica e tipoloxía do
    repertorio de formas de construír a opinión na prensa.

    Esta materia ten como obxectivo proporcionar coñecementos sobre os distintos xéneros interpretativos e de opinión na escrita, contribuíndo a que o alumnado adquira e asimile as técnicas de cada un dos xéneros, tanto desde o punto de vista teórico como na vertente práctica, tendo en conta as especificidades de cada un deles e procurando a reflexión sobre a presentación que dos xéneros se fai na prensa.




    Contidos
    Contidos
    2.1 Contidos teóricos

    1.-Xéneros interpretativos e de opinión na escrita
    Definición dos xéneros interpretativos e de opinión; características diferenciais dos xéneros; clasificación dos xéneros; os estilos
    2. A reportaxe interpretativa
    Definición e clasificación; as partes da reportaxe; técnicas de elaboración da reportaxe; tipos de reportaxe; a reportaxe na prensa actual; reporteirismo en Galicia
    3. A crónica interpretativa
    Definición e clasificación; as partes da crónica; técnicas de elaboración da crónica; tipos de crónicas; a crónica na prensa actual; cronistas galegos
    4. A entrevista interpretativa
    Definición e clasificación; proceso e técnicas de elaboración da entrevista; a distribución dos roles: entrevistador e entrevistado; tipos de entrevistas; a entrevista na prensa actual; presenza da entrevista na prensa galega
    5. A opinión
    Definición e clasificación dos subxéneros de opinión; a páxina aberta; a participación do lector na opinión; as cartas ao director e ao defensor do lector; a opinión na prensa actual; a situación da opinión na prensa galega
    6. O editorial
    Definición, funcións e características; os editorialistas e o consello editorial; a figura do editor; a influencia do editorial; o editorial na prensa actual; o editorial na prensa de Galicia
    7. O artigo
    Definición do artigo e doutros xéneros de opinión; o ensaio e o artigo de fondo; o artigo costumista; articulistas: épocas e xeracións; o artigo na prensa actual; o artigo galego
    8. O comentario e a columna
    Definición e características do comentario; trazos definitorios da columna; estilo e estrutura das columnas; o comentario e a columna na prensa actual; as sinaturas da prensa galega
    9. A crítica
    A crítica e o seu espazo; a tensión crítica e a formación cultural do público; a crítica e a súa técnica de elaboración; a crítica na prensa actual; a crítica na prensa galega
    10. O humor
    O lugar do humor na prensa; tiras cómicas, caricaturas e viñetas; ironía, sátira e opinión; función crítica do sorriso; humorismo e censura; función editorializante da ilustración; o humor na prensa actual; caricaturistas, debuxantes e humoristas galegos
    11. Xornalismo e literatura: novas formas para os xéneros
    Relacións entre xornalismo e literatura. Estilo xornalístico e estilo literario. Espazos abertos para a creación na prensa; a prensa que tamén poden ler os lectores máis novos; novos e novísimos xornalismos; os novos xéneros na prensa actual; relacións entre novela negra e xornalismo; literatura e xornalismo en Galicia
    12. Os xéneros nos novos soportes da información
    Presenza e desenvolvemento dos xéneros interpretativos e de opinión nos novos soportes da información; novos estilos e novas formas de redacción na chamada terceira revolución da lectura; o aproveitamento para os xéneros dos recursos que ofrecen as novas tecnoloxías

    2.2 Contidos prácticos
    1. Leitura e redacción dos xéneros interpretativos e de opinión na escrita
    Definición dos xéneros interpretativos e de opinión; características diferenciais dos xéneros; clasificación dos xéneros; os estilos
    2. Leitura e redacción da reportaxe interpretativa
    Definición e clasificación; as partes da reportaxe; técnicas de elaboración da reportaxe; tipos de reportaxe; a reportaxe na prensa actual; reporteirismo en Galicia
    3. Leitura e redacción da crónica interpretatiuva
    Definición e clasificación; as partes da crónica; técnicas de elaboración da crónica; tipos de crónicas; a crónica na prensa actual; cronistas galegos
    4. Leitura, visionado e redacción da entrevista interpretativa
    Definición e clasificación; proceso e técnicas de elaboración da entrevista; a distribución dos roles: entrevistador e entrevistado; tipos de entrevistas; a entrevista na prensa actual; presenza da entrevista na prensa galega


    5. Leitura e descripción analítica das paxinas de opinión
    Definición e clasificación dos subxéneros de opinión; a páxina aberta; a participación do lector na opinión; as cartas ao director e ao defensor do lector; a opinión na prensa actual; a situación da opinión na prensa galega
    6. Leitura e redacción de editoriais
    Definición, funcións e características; os editorialistas e o consello editorial; a figura do editor; a influencia do editorial; o editorial na prensa actual; o editorial na prensa de Galicia
    7. Leitura e redacción do artigo
    Definición do artigo e doutros xéneros de opinión; o ensaio e o artigo de fondo; o artigo costumista; articulistas: épocas e xeracións; o artigo na prensa actual; o artigo galego
    8. Leitura e redacción de comentarios e columnas
    Definición e características do comentario; trazos definitorios da columna; estilo e estrutura das columnas; o comentario e a columna na prensa actual; as sinaturas da prensa galega
    9. Leitura e redacción de críticas
    A crítica e o seu espazo; a tensión crítica e a formación cultural do público; a crítica e a súa técnica de elaboración; a crítica na prensa actual; a crítica na prensa galega
    10. Leitura e descripción analítica dos xéneros humorísticos
    O lugar do humor na prensa; tiras cómicas, caricaturas e viñetas; ironía, sátira e opinión; función crítica do sorriso; humorismo e censura; función editorializante da ilustración; o humor na prensa actual; caricaturistas, debuxantes e humoristas galegos
    11. Leitura e descripción analítica das novas formas dos xéneros
    Relacións entre xornalismo e literatura. Estilo xornalístico e estilo literario. Espazos abertos para a creación na prensa; a prensa que tamén poden ler os lectores máis novos; novos e novísimos xornalismos; os novos xéneros na prensa actual; relacións entre novela negra e xornalismo; literatura e xornalismo en Galicia
    12. Exercicios de redacción nos novos soportes da información
    Presenza e desenvolvemento dos xéneros interpretativos e de opinión nos novos soportes da información; novos estilos e novas formas de redacción na chamada terceira revolución da lectura; o aproveitamento para os xéneros dos recursos que ofrecen as novas tecnoloxías


    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica e complementaria

    Bibliografía básica:

    Abril, N. (1999) Periodismo de opinión: claves de la retórica periodística. Madrid: Síntesis
    Armañanzas, E. e Díaz Noci, J. (1996) Géneros de opinión. Bilbao: Universidad del País Vasco
    Bernal, S. e Chillón, L. A. (1985) Periodismo informativo de creación. Barcelona: Mitre
    Casasús, J. M. e Núñez Ladevéze, L. (1991) Estilo y géneros periodísticos. Barcelona: Ariel
    Echevarría, B. (1998) Las w’s del reportaje. Valencia: Fundación Universitaria San Pablo CEU
    Galindo, F. (2000) Guía de los géneros periodísticos. Santiago, Tórculo.
    León Gross, T y Gómez Calderón (2010) Diez articulistas para la historia de la literatura española, Madrid, Fragua


    Bibliografía complementaria:
    Blanco Amor, E. (2004): Crónicas en La Nación, Vigo: Galaxia
    Casares, C. (1994) Na marxe de cada día. A Coruña: Biblioteca Gallega
    Edo, C. (2003) Periodismo informativo e interpretativo. El impacto de Internet en las noticias, las fuentes y los géneros. Sevilla: Comunicación Social Ediciones y Publicaciones
    García Márquez, G. (1997) Notas de prensa. Madrid: Mondadori
    Grijelmo, A. (2001) El estilo del periodista. Madrid: Taurus
    Hernández Les, J.A. (2010) Dramas y debates del periodismo. Andavira, Santiago.
    López, X. (1998) A reportaxe de prensa en Galicia. Santiago: Lea
    López Hidalgo, A. (1997) La entrevista periodística. Entre la información y la creatividad. Madrid: Libertarias
    López Pan, F. (1996) La columna periodística: teoría y práctica. Pamplona: EUNSA
    Parrat, S. (2003) Introducción al reportaje. Antecedentes, actualidad y perspectivas, USC, Santiago de Compostela.
    Van Dijk, T. A. (1999) Discurso y literatura: nuevos planteamientos sobre el análisis de los géneros literarios. Madrid: Visor Libros
    Vilamor, J. R. (2001) Cómo escribir en Internet. Madrid: Universitas


    Competencias
    Competencias específicas
    Dominar as técnicas de elaboración dos xéneros interpretativos e de opinión
    Coñocer as tipoloxías dos xéneros de opinión da escrita.
    Obter capacidade para diferenciar e optar polo xénero adecuado no contexto da producción do medio impreso. Distinguir con claridade as diferencias entre información, interpretación é opinión. Desenrrolar as técnicas da redacción dos contidos interpretativos e de opinión na prensa. Obter o marco de referencia da elección dos xéneros na confección dos medios impresos.


    Metodoloxía da ensinanza
    Metodoloxía da ensinanza
    Explicación teórica do programa, lecturas obrigatorias e realización de traballos prácticos dos xéneros propostos no programa e contarase co apoyo de material informático e audiovisual.
    O alumnado realizará as prácticas relacionadas con cada un dos xéneros interpretativos e de opinión que lles presente o profesor. O profesor presentará e desenvolverá os presupostos correspondentes en relación con este apartado, atendendo á realización do máximo número posible dos xéneros traballados desde o punto de vista teórica, é dicir: reportaxe, entrevista, crónica, artigo de opinión e crítica. A realización dos traballos prácticos ten que facerse dentro do prazo establecido polos profesor da materia. Para poder superar a parte práctica da asignatura cada alumno/a debe ter entregado en prazo as prácticas da mesma. Proporase, asemade, a realización de traballos en grupo, ao longo do curso, de dimensión teórico-práctica.


    Sistema de evaluación
    Sistema de avaliación da aprendizaxe
    A parte teórica da materia avaliarase mediante unha proba escrita, realizada á final de curso, sobre os contidos do programa. Esta proba puntuarase sobre 10.
    A cualificación da parte teórica suporá o 50% da nota final.
    A parte práctica avaliarase a través dos traballos que realice e entregue o alumnado, segundo os criterios de avaliación establecidos e formulados na clase, os cales terán en conta, como eixos fundamentais de avaliación: a calidade de contidos, a idoneidade de formatos e estruturas manexadas e a orixinalidade e esforzo innovador dentro dos parámetros establecidos para cada xénero, e a capacidade de superación do alumno.
    A cualificación da parte práctica suporá o 50% da nota final.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala
    Traballo presencial do profesor 51horas.
    Traballo xeral do alumno entre sesións presenciais, sesións non presenciais e traballos complementarios, 150 horas.







    Recomendacións para o estudo da materia
    Recomendacións para o estudo da materia
    Lectura da bibliografía recomendada.
    Seguimento habitual na prensa diaria do desenvolvemento dos xéneros interpretativos e de opinión.
    Realización de todos os traballos prácticos propostos, tendo en conta a especificidade de cada un dos xéneros interpretativos e de opinión.

    Observacións
    Observacións
    Os traballos prácticos versarán sobre actualidade informativa do momento, a orden de exposición do temario e da materia pode verse modificada por esta circunstancias.