G3031322 - Teorías da Comunicación e da Información (Fundamentos e análise da información e da comunicación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 48.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias da Comunicación
- Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo principal da materia é estudar os elementos, formas, procesos e estruturas da comunicación e da información, atendendo á evolución histórica das formas de comunicación na sociedade.
ContidosEstudo dos elementos, formas, procesos e estruturas da comunicación e da información, atendendo á evolución histórica das formas de comunicación social.
1. A comunicación de masas e as disciplinas académicas.
Disciplinas que estudan a comunicación de masas. Definicións de comunicación de masas. A comunicación e o discurso social.
2. Comunicación, sociedade e “teorías dos medios”.
As sociedades orais. Os procesos de alfabetización. As sociedades orais modernas. As comunicacións electrónicas. A comunicación electrónica oral. Joshua Meyrowitz e a noción de “interacción parasocial”. Comunicación e comunidade segundo Kenneth Burke.
3. Masa, público e audiencia.
Multitude a masa. Público e racionalidade. O concepto de opinión pública.
Atracción da atención e organización grupal. Tipos de audiencias.
4. Modelos para o estudio da comunicación.
Conceptos fundamentais da teoría da comunicación. Comunicación e información. Canle, medio e códigos. Retroinformación.
O modelo de Shannon e Weaver. O paradigma de Lasswell. O modelo de Newcomb. O modelo de Westley e McLean. O modelo de Gerbrner. O modelo de Jakobson. O Modelo de Maletzke.
Modelos para o estudio da difusión gradual da información. O fluxo en dous banzos.
5. Evolución das investigacións.
A análise funcional da comunicación e as teorías de rango intermedio. Funcionalismo e investigacións sobre comunicación. Nocións de función e disfunón.
Estrutura e función segundo Lasswell. O desenvolvemento da análise funcional: P. F.
Lazarsfeld, R. K. Merton e Ch. Wright. A “conexión canadense”: do determinismo técnico á ironía nihilista: H. A. Innis e Marshall McLuhan.
A investigación sobre comunicacións en Europa. Os estudos de publicística e periodística. A escola de Francfort e a teoría crítica: discusión das análises funcionais. O concepto de “industria cultural”. A investigación despois da segunda guerra mundial. Os analistas pluridisciplinarios franceses. A escola semiótica italiana.
6. Medios e audiencias.
Relacións sociais e creación de significado. Investigacións sobre os efectos dos medios
de comunicación. Estudos sobre usos e gratificacións. As investigacións sobre “configuración de axendas”. A teoría da espiral de silencio. Fragmentación da audiencia e novas teorías da recepción. Teorías sobre os efectos culturais dos medios. Abraham Moles e o concepto de “cultura mosaico”. O concepto de “sociedade da información” e o novo discurso conservador estadouidense: Daniel Bell e a retórica das “contradicións culturais do capitalismo”. Medios de comunicación e cambio social.
7. Comunicación de masas e análise semiótica.
As tradicións do pensamento semiótico en Estados Unidos e Europa. Conceptos fundamentais da análise semiótica. As formacións significantes. Sintaxe, semántica e
pragmática. Denotación e connotación. Problemas do obxectivismo abstracto. Crítica
da concepción estática dos signos. O signo e o trazo.
8. Ideoloxía e significado.
Significado e grupos sociais. Definicións de ideoloxía. Suxeición, mediación cultural e ideoloxía. Raymond Williams e a noción de “estructuras do sentir”. A tradición
británica de análises culturais: Richard Hoggart e o CCCS, Raymond Williams e E. P. Thompson.
Evolución dos conceptos “cultura popular” e “cultura de masas”. Hall e Whannel e
o concepto de “artes populares”. Frederic Jameson e a crítica das imaxes. A análise feminista dos medios.
9. Os fluxos da comunicación.
Comunicación e dominio. As funcións das axencias internacionais e as estratexias de contención social. Exportación e importación de productos audiovisuais. O informe McBride. As directivas sobre comunicación da Comunidade Europea. Conglomerados multinacionais de información
e diversión. Comunicación e colonialismo.
O xornalismo e a Declaración universal dos dereitos humanos. A “Declaración dos dereitos e obrigas dos xornalistas” de Munich. Os xornalistas e a factura das noticias. Tres tópicos actuais: sociedade postindustrial, globalización e socidedade rede.
- Contidos prácticos
É requisito escribir dous comentarios sobre dous textos da bibliografía básica e tamén un ensaio breve sobre algúns dos temas da materia. Cómpre participar nos coloquios e debates sobre os textos da materia que se han desenvolver nas aulas prácticas.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA.
Bennett, T. “Media, “reality” and signification” en T. Bennett et al.,
Media, Culture and Society. Londres, Routledge, 1992.
Bennett, T. “Teorías dos medios, teorías da sociedade”, versión galega de
Bennet, T. “Theories of Media, Theories of Society” en T. Bennett et al.,
Media, Culture and Society. Londres, Routledge, 1992.
Dijk, T. A. van “Discurso, poder e acceso”, A trabe de Ouro, n. 16., 1993,
pp. 11-34.
Innis, H. A. Limiar de Empire and Communications. Oxford,
Oxford U. P., 1991.
Horton, D. e Wohl, R. “The Concept of Para-Social Interaction”,
Psychiatry, 1957
Burke, K. “Dous aspectos da fala” versión galega de “Two Aspects of
Speech” en Permanence and Change. An Anatomy of Purpose. Berkeley,
University of Califormia Press, 1992, pp.
Otero Pedrayo, R. “A masa neutral e indefrente” en R. O. P.,
Prosa Miúda. Sada, Edicións do Castro, 1988, pp. 69-70.
Price, V., La opinión pública. Barcelona, Paidós, 1996, caps. 1-3.
Escarpit, R. Teoría general de la información y la comunicación.
Barcelona, Icaria, 1977, pp. 23-83.
Rodrigo Alsina, M. Los modelos de la comunicación. Madrid, Tecnos,
1996, pp. 31-47 e 61-85.
Cmiel, K., “On Cynicism, Evil and the
Discovery of Communication in the 1940´s”, Journal of Communication,
46 (3), 1996.
Adorno, T. W. “A teoría freudiana e o modelo da propaganda fascista”,
A trabe de ouro, nº 34, pp. 11-28.
Adorno, T. W. “Resumo sobre a industria culttural”, A trabe de ouro, nº
34, pp. 63-68.
Poster, M. “O concepto de sociedade postindustrial: Daniel Bell e o
Problema de retórica”, A trabe de ouro nº 31, pp. 33- 54.
Blumler, J. G.. e Gurevitch, M., “Media Change And Social Change: Linkages and Junctures” en Curran, J. e M. Gurevitch
Mass Media and Society. Londres, Arnold, 1996, pp. 120-137.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Floridi, L. Information. A very Short Introduction. Oxford, Oxford University Press, 2010.
Giddens, A. Sociología. Madrid, Alianza, 2010.
Outeiriño, M. (comp.) Globalización e imperialismo cultural. Vigo, Galaxia, 2011.
CompetenciasCoñece r a evolución das formas e técnicas de comunicación e de información nas sociedades modernas. Coñecer os conceptos fundamentias das teorías da comunicación e da información. Relacionar as diferentes teorías cos diferentes métodos de investigación. Coñecer a evolución histórica das investigacións sobre comunicación e as achegas dos autores de referencia.
Metodoloxía da ensinanza A materia vai desenvolverse seguindo unha planificación secuencial. Na primeira fase, haberá aulas teóricas nas que se presentarán os conceptos fundamentais das teorías da comunicación de masas, con especial atención a algúns textos das bibliografía básica, dos que se facilitarán traducións. Na segunda fase, combinaranse aulas explicativas con aulas de debate sobre algúns textos da bibliografía básica, por mor de facilita-la elaboración dos comentarios e ensaios que formarán parte da avaliación.
Sistema de evaluaciónA avaliación ha facerse segundo tres notas, correspondentes ó exame final, ós escritos do alumnado e á participación activa nos debates e discusións da aula.
O exame final achega o 50% dos puntos. Os traballos escritos -dous comentarios de breves de dous artigos da bibliografía básica e un ensaio de seis folios sobre un tema da materia- achegan o 40% da puntuación; a participación nos coloquios e discusións da aula achegan o 10% da nota.
Tempo de estudo e traballo persoalVelaí a distribución de traballo persoal e traballo na aula:
Traballo na aula
Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 30 horas.
Traballos con documentos: análises, sínteses e exposicións: 15 horas.
Exame final: 3 horas.
Total: 48 horas.
Traballo persoal
Estudo 60 horas.
Busca, rexistro e preparación de material de apoio 12 horas.
Tempo para as lecturas recomendadas 25 horas.
Preparación de presentacións orais e debates 5 horas.
Total: 102 horas.
Tempo total da materia: 150 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaÉ importante consultar todo tipo de dúbidas segundo se vaian expondo os conceptos e textos no traballo de aula. Convén moito participar nos debates e advertir tanto as interpretacións atinadas coma as erróneas que se xeren nos comentarios e discusións dos textos fundamentais
Para a escritura dos comentarios de artigos e do ensaio, convén examinar previamente tódolos materiais que se propoñen por mor de optar conscientemente por traballar sobre o tema e autores que se queiran comentar. O alumnado poderá propor comentarios de textos académicos que non aparezan no programa sempre que acheguen información sobre o programa da materia. Na escritura de ensaios e comentarios non deben evitarse nin simplificarse cuestións contorvertidas.
ObservaciónsO contraste de interpretacións teóricas sobre as funcións dos medios de comunicación nas sociedades contemporáneas é un dos obxectivos principais da materia.