Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

G3031323 - Comunicación Organizacional (Organización e producción informativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación
  • Áreas: Xornalismo
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
TUÑEZ LOPEZ, JOSE MIGUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Expositivo 1OrdinarioClase ExpositivaSISI
Laboratorio 1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 3OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 4OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Titorizado 1OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 2OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 3OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 4OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 5OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 6OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 7OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 8OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 9OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Análise das formas e modelos de xestión, análise, difusión e control da comunicación interna e externa nas organizacións. Estudo e análise do papel e das funcións dos gabinetes de comunicación nas organizacións e o seu papel na construción da imaxe e da identidade corporativa.
    Contidos
    1. A comunicación nas organizacións. Comunicación e información organizacional. Modelos. Perspectivas. Escolas. Fluxos. Tipos de comunicación: comercial, empresarial, institucional. Comunicación formal e informal, directa ou mediada. A comunicación cara a cara.
    2. Comunicación integral. Imaxe e identidade. Reputación e responsabilidade social corporativa. Marqueting, publicidade, relacións públicas, información: definición, funcións e modelos.
    3. Departamentos, asesorías de comunicación, e gabinetes de prensa. Modalidades. Funcións. Ubicación no organigrama. Dircom.
    4. Comunicación interna. Teoría da cultura organizativa e da comunicación interna. Tipos de comunicación interna nas organizacións. O plan de comunicación interna. Ferramentas da comunicación interna. Avaliación da comunicación interna.
    5. Comunicación externa. O plan de comunicación externa. Fluxos, accións, soportes e ferramentas de comunicación externa.
    6. As relacións informativas. A comunicación das organizacións a través dos medios de comunicación social. Rutinas produtivas dos gabinetes e dos medios no Free press ou publicity.
    7. Os públicos. O público e os públicos. Stakeholders e comunidades. Tipos de público. Formas e criterios de segmentación.
    8. Comunicación en contornas virtuais. Gabinetes de comunicación on line. Fluxos, ferramentas e salas de prensa on line; Públicos e relacións virtuais: Web 2.0 e redes sociais.

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFIA BÁSICA
    Grunig J. & Hunt, T. Dirección de relaciones públicas. Gestión 2000. Barcelona, 2003
    Kotler, P.; Armstrong, G.; Saunders, J.; Wong, V.; Miqel, S.; Bigné J. E.; y Cámara, D. (2002): Introducción al Marketing. Madrid: Pearson. (Segunda edición europea).
    Kreps, G.L. Organizational communication, Northern Illinois University, 1990.
    Lucas Marín, A. La comunicación en la empresa y en las organizaciones. Bosch comunicación. Barcelona,1997.
    Túñez, M. La gestión de la comunicación en las organizaciones. Editorial Comunicación Social, Zamora/Sevilla. 201

    BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA
    Garcia Jimenez, J. La comunicación interna. Ed Díaz de Santos. Madrid, 1998
    Jimenes, A (2009): Employer ...qué? Employer Branding. La gestión de las marcas para atraer y retener el talento. Almuzara, Córdoba.
    Kotler, P.; Keller, K.L.; Cámara, D.; y Mollá, A. (2009): Dirección de Marketing. Madrid: Pearson. Decimosegunda edición.
    Losada Díaz, José Carlos. Gestión de la comunicación en las organizaciones. Ariel. Barcelona 2004.
    Matilla, K. Conceptos fundamentales en la planificacion estratégica de las relaciones públicas. Editorial UOC. Barcelona, 2009
    Meerman Scott, David. As novas regras do Marketing e Relaçoes Públicas. Ideas de ler. Porto. 2008
    Míguez, M. Los públicos en las relaciones públicas. Editorial UOC. Barcelona, 2010.
    Piñuel, J.L. Teoría de la comunicación y gestión de las organizaciones. Editorial Síntesis Madrid, 2010.
    Robbins S.P. y Judge T.A. (2009): Comportamiento organizacional. Editorial Pearsons, México, 2009.
    Xifra, J. Técnicas de las relaciones públicas. Editorial UOC. Barcelona, 2007.






    Competencias
    Os gabinetes de comunicación e o perfil de Director de Comunicación son un dos campos con maior perspectiva de futuro laboral para os licenciados en Xornalismo. A pesar de que tradicionalmente a Comunicación Organizacional forma parte das relacións públicas, as organizacións prefiren por ao fronte do seu departamento de comunicación a expertos en Xornalismo.
    A materia revisa as claves para xestionar e avaliar a xestión da comunicación en calquera organización de modo que os alumnos adquiran as competencias necesarias para incorporarse ás dinámicas laborais dos gabinetes de comunicación e dos gabinetes de prensa ou, desde as redaccións dos medios, saber como foron xestionadas as propostas que se lle achegan como información para converter en noticia.
    Revisión dos conceptos claves de comunicación organizacional, comunicación corporativa e mercadotecnia, diferenciando o peso que a información xornalística ten en cada unha delas. Revisión e relación dos conceptos, marca, identidade corporativa e imaxe cos contidos informativos dos medios. Revisión dos modelos lineais e circulares, ascendentes e descendentes, horizontais e verticais, da comunicación interna e externa nas organizacións. Coñecemento das técnicas de comunicación utilizadas polas organizacións e da estrutura e funcionamento dos gabinetes de comunicación como instrumento estratéxico para lograr a presenza no temario informativo.
    Metodoloxía da ensinanza
    Partindo da revisión teórica das claves para xestionar comunicación nas organizacións desenvolveranse supostos prácticos de creación, dotación e simulación de actividade dun departamento de comunicación en organizacións de diversos campos.
    Sistema de evaluación
    Ata un 50% da materia valorarase nun exame final. A cualificación completarase coa avaliación das prácticas. A nota final será a nota media de teoría e práctica sempre que ambas estean aprobadas. Para superar a materia en calquera das convocatorias será necesario ter feitas as prácticas e aprobadas tanto o exame teórico como as prácticas desenvolvidos durante o curso.
    O exame desenvolverase a través dun cuestionario con preguntas de avaliación obxectiva no que suman os acertos e penalizan as respostas erradas. Os contidos avaliables inclúen a teoría e a lectura dos textos recomendados.
    Nas primeiras aulas prácticas darase a coñecer o calendario de traballos a desenvolver e as datas de presentación e entrega. Non se admitirán traballos fora de prazo polo que se recomenda axustarse ás datas.
    A avaliación negativa dos traballos prácticos require da súa repetición antes da seguinte convocatoria para optar a superar a materia.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Total horas de traballo presencial do alumno/a: 48
    Clases expositivas:
    Presentación e explicación dos temas, 20 horas.
    Traballos con textos: análise, síntese e discusión, 4 horas.
    Prácticas laboratorio:
    Preparación e realización dos traballos, 20 horas.
    Actividades de avaliación práctica, 1,5 horas.
    Exame final, 2 horas.

    Total de horas de traballo persoal do alumno/a: 102
    Planificación e execución da práctica: Busca, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc.), 50 horas
    Estudo autónomo individual ou en grupo, 40 horas.
    Lecturas recomendadas, 12 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    A materia aborda todas as formas de comunicación das organizacións coa sociedade a través do estudio dos modelos, ferramentas e estratexias de xestión da comunicación.
    Recolle conceptos xa abordados en ‘Produción da información’, ‘Comunicación interpersoal’ e en ‘Publicidade e relacións públicas’