Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

G3031324 - Xéneros Radiofónicos e Televisivos (Información xornalística e comunicación dixital) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación
  • Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
POUSA ESTEVEZ, JOSE RAMON.NON
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Expositivo 1OrdinarioClase ExpositivaSISI
Laboratorio 1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 3OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 4OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Titorizado 1OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 2OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 3OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 4OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 5OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 6OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 7OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 8OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 9OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Estudo en profundidade dos xéneros radiofónicos e televisivos, tanto monologales como dialogales. Estrutura, características e tipoloxía. Técnicas de interrogación e control da dinámica de grupo. Técnicas de investigación e de documentación. Teoría da controversia e do intercambio de información. Técnicas de realización e de produción.


    Xéneros Radiofónicos e Televisivos é unha materia incorporada como obrigatoria ó programa de estudos de 3º curso do Grao en Xornalismo, ten como obxectivo principal achegarlles ós alumnos as claves teórico-prácticas necesarias para a análise e o exercicio destes xéneros nos distintos produtos/formatos radiofónicos e televisivos. No caso da radio faise unha énfase especial naqueles xéneros de máis emprego na información diaria (reportaxe, entrevista…). No apartado do programa específico de televisión trabállase ó redor, fundamentalmente, dos xéneros dialogais en relación coas funcións básicas da tele.
    Atendendo ó estipulado nos descritores da materia, nos que se dá a entender ésta como un estudo en profundidade dos xéneros radiofónicos e televisivos, definimos os obxectivos da materia. Pasan por:
    • Saber analiza-los xéneros radiofónicos e televisivos como medios de comunicación e información que son pero tendo en conta que
    forman parte dunha unidade de acción (programación).
    • Aprender a aplica-las técnicas dos xéneros (redacción,
    deseño, condución…) a través da elaboración dos distintos
    tipos.
    • Ser quen de integra-los xéneros na realidade radiofónica.
    • Coñece-los fundamentos dos xéneros sen esquecer que son unha realidade viva que precisa unha revisión constante.

    Contidos
    Contidos teóricos

    Tema 1: Os xéneros radiofónicos. Definición. Características. Tipoloxía. Os xéneros nas grellas radiofónicas. Os xéneros informativos.
    Tema 2: A crónica e a reportaxe. Definición. Características. Tipoloxía. Técnicas de elaboración. A crónica e da reportaxe nas grellas radiofónicas.
    Tema 3: A entrevista. Definición. Características. Tipoloxía. Técnicas de elaboración. A entrevista nas grellas radiofónicas.
    Tema 4: O comentario e o editorial radiofónicos. Definición. Características. Tipoloxía. Técnicas de elaboración. Os xéneros de opinión nas grellas radiofónicas.
    Tema 5: A tertulia, o debate e a mesa redonda na radio. Definición. Características. Técnicas de elaboración.
    Tema 6: Os xéneros televisivos. Introdución. Definicións. A difusión de fronteiras: a hibridación. Tipoloxías. Evolución e vixencia: xéneros clásicos e emergentes. Xéneros para xornalistas: os xéneros informativos en televisión. A presenza dos xéneros de programa e dos xéneros informativos nas grellas televisivas. Produción e realización dos xéneros informativos en televisión.
    Tema 7: Os xéneros dialóxicos. Retórica dialóxica e discurso televisivo. A intensidade e o interese informativo na lóxica da conversa.Técnicas de interrogación. O fondo e a forma da conversa: linguaxe verbal e linguaxe xestual.
    Tema 8: A entrevista informativa en televisión. Tipoloxía segundo a temática, según o obxectivo informativo, segundo o formato e segundo os sistemas de produción e realización. A entrevista de actualidade, a entrevista de carácter, a entrevista en formato roda informativa en plató, as entrevistas en formato magazine, talk show e diálogo en roda ascendente.
    Tema 9: Os xéneros coloquiais en televisión. O faladoiro, o coloquio e o debate: criterios de selección, confrontación, presentación, condución e peche.

    Contidos prácticos

    Estudo de radio: xéneros radiofónicos:
    - Elaboración dunha crónica, práctica individual. Audición e análise de crónicas, práctica en grupo.
    - Elaboración dunha reportaxe. Audición e análise de reportaxes. Prácticas en grupo.
    - Elaboración dunha entrevista informativa. Audición e análise de entrevistas informativas e de carácter. Prácticas en grupo.
    - Elaboración dun comentario radiofónico, práctica individual. Audición e análise de comentarios e editoriais, práctica en grupo.
    - Elaboración dunha tertulia radiofónica. Audición e análise de tertulias, debates e mesas redondas. Práctica en grupo.
    Plató de TV: xéneros televisivos:
    - Análise dos materiais recomendados que proporcionará o docente (modelos de escaletas e guións).
    - Visionado en clases presenciais e como parte do traballo individual do alumno de gravacións dos distintos xéneros estudiados e análise das mesmas.
    - Elaboración dunha entrevista en rolda informativa, de actualidade, podendo elexir o obxectivo informativo pero sobre temática obrigada: a política (guión e comunicación xestual). Gravación no plató. En grupos de 3-4 persoas.
    - Guionización e gravación no plató dunha entrevista de carácter. En grupos de 3-4 persoas.
    - Elaboración dunha entrevista en formato magazine a dúas fontes (guión e comunicación xestual). Gravación no plató. En grupos de 3-4 persoas.
    - Elaboración dun debate (guión e comunicación xestual), podendo seleccionar a temática. En grupos de 3-4 persoas. Ao igual que no resto de actividades prácticas propostas no bloque televisivo, os alumnos deben traballar en directo manexando os contextos e a lóxica da improvisación.

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
    - Balsebre, A.; Mateu, M.: La entrevista en radio, televisión y prensa. Editorial Cátedra. Madrid. 1998
    - Barroso García, J.: La realización de los géneros televisivos. Síntesis. Madrid. 1996
    - Cebrián Herreros, M.: Géneros informativos audiovisuales. Editorial Ciencia 3. Madrid. 1992
    - García Jiménez, J.: Información audiovisual. Vol. I-II. Paraninfo. Madrid. 1999
    - Martínez Costa, P. e Herrera, S.: La crónica radiofónica. RTVE Instituto. Madrid. 2008
    - Martínez Costa, P. e Herrera, s.: “Qué son los géneros radiofónicos y por qué deberían importarnos” en Global Media Journal en español, vol.2, nº3. Na dirección electrónica http://gmje.mty.itesm.mx/articulos3/articulo_7.html
    - Morán Torres, E.: La tertulia, un nuevo género del periodismo. Jornadas Internacionales de CC de la Información de Navarra. Pamplona. 1990
    - Rodero, E.: Manual práctico para la realización de entrevista y reportajes
    en la radio. Editorial Cervantes. Salamanca. 2001
    - Sánchez, Ch.: Las tertulias de la radio. La plaza pública de los 90. Publicaciones Universidad Pontificia de Salamanca. Salamanca. 1994


    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
    - Arfuch, L: La entrevista, una invención dialógica. Paidós. Barcelona. 1995
    - Cantavella, J.: Manual de la entrevista periodística. Cap. 6 “Aplicación a la radio y la televisión”. Pax 169-180. Ariel Comunicación. Barcelona. 1996
    - Cebruián Herreros, M.: La información en televisión. Obsesión mercantil y política. Gedisa. Barcelona. 2004
    - Echevarría LLombart, B.: Las w´s de la entrevista. Fundación Universitaria San Pablo Ceu. Valencia. 2002
    - Echevarría Llombart, B.: Las w´s del reportaje. Fundación Universitaria San Pablo Ceu. Valencia. 1998
    - Faus Belau, A.: La radio: introducción a un medio desconocido. Editorial Latina. Madrid. 1981
    - García Jiménez, J.: Información audiovisual. Vol I-II. Paraninfo. Madrid. 1999/2000
    - Halperin, J.: La entrevista periodística. Paidós. Buenos Aires. 1995
    - Hills, G.: Los informativos en radiotelevisión. IORTV. Madrid. 1981
    - Lacalle, Ch.: El espectador televisivo. Gedisa. Barcelona. 2001
    - Marín, C.: Periodismo audiovisual. Gedisa. Barcelona. 2006
    - Martí y Martí, J.M.: Modelos de programación radiofónica. Feed-back Ediciones. Barcelona. 1991
    - Marín, C.: Periodismo audiovisual. Gedisa. Barcelona. 2006
    - Martínez Costa, P.: Información radiofónica. Ariel. Barcelona. 2002
    - Martínez Costa, P. e Díez, J.R.: Lenguaje, géneros y programas de radio. Ediciones Universidad de Navarra. Pamplona. 2005
    - Martínez Vallvey, F.: La entrevista periodística desde el punto de vista conversacional. Universidad Pontificia de Salamanca. 1995
    - Merayo, A.: Para entender la radio. Ediciones Universidad Pontificia de Salamanca. Salamanca. 1992
    - Munsó Cabús, M.: Joaquín Soler Serrano. A fondo. Planeta. 2003
    - Ortiz, M.A. e Volpini, F.: Diseño de programas en radio. Guiones, géneros y fórmulas. Paidós. Barcelona. 1995
    - Rodríguez Borges: Radio e información. Elementos para el análisis de los mensajes radiofónicos. Universidad de La Laguna. 2006
    - Saló, G.: ¿Qué es eso del formato? Cómo nace y se desarrolla un programa de televisión. Gedisa. Barcelona. 2003
    - Santamaría, L.: El comentario periodístico. Los géneros persuasivos. Editorial Paraninfo. Madrid. 1990
    - Soengas, X.: Informativos radiofónicos. Cátedra. Madrid. 2003
    - Tapia Fernández, J.: Formatos para noticias en radio. Instituto de Radio y Televisión. Barcelona. 1986

    Competencias
    Coñecemento das características dos diferentes xéneros radiofónicos e televisivos, particularmente a estrutura e o estilo de cada modalidade. Coñecemento das técnicas de redacción, de diálogo e de consulta propias destas modalidades informativas. Coñecemento da evolución dos diferentes formatos informativos en radio e televisión. Aplicación das técnicas de deseño, produción, realización e presentación propias dos diferentes xéneros informativos.
    Metodoloxía da ensinanza
    Na primeira parte da materia hanse achega-las claves teóricas sobre os xéneros radiofónicos e televisivos. Háselle explicar ó alumno en que consisten cada un dos xéneros, as súas características, as tipoloxías… e sempre procurando contextualizalos na realidade radiofónica ou televisiva actual, é dicir, que se lles achegarán exemplos e casos reais sobre os conceptos teóricos explicados.
    A segunda parte da materia afondará na práctica dos xéneros. A partir dos conceptos teóricos explicados previamente proporanse unha serie de traballos de execución de xéneros e análises que os alumnos deberán realizar individualmente ou en grupo dependendo do caso. Esas prácticas serán comentadas posteriormente pola profesora. O propósito desta parte práctica é que os alumnos adquiran coñecementos sobre as técnicas de investigación, documentación, realización, produción… e que, ó mesmo tempo, naza neles un espirito crítico cara ós xéneros.

    Sistema de evaluación
    Á hora de avalia-la materia teranse en conta tanto os coñecementos teóricos como os prácticos. Os teóricos hanse ter que demostrar nun exame final que suporá o corenta por cento da nota final, os prácticos hanse avaliar a través de tódolos traballos que se vaian facendo ó longo do curso, cada un deles será cualificado cunha nota e xuntos suporán o sesenta por cento da cualificación final da materia. A parte referida á radio e a referida á da televisión serán avaliadas independentemente por cada un dos profesores que imparten a asignatura: as súas notas finais sumaranse e farase unha media, ó cincuenta por cento. É necesario ter aprobadas as catro partes de xeito independente para poder facer esta media (é dicir, o alumno debe ter aprobadas as prácticas e a teoría -tanto en radio como en televisión- para poder facer a nota media e superar a totalidade da materia).
    Tamén é preciso ter feitas todas as prácticas para poder presentarse ao exame teórico da asignatura, tanto na primeira como nas seguintes convocatorias.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    O traballo dos alumnos nesta materia é en parte presencial e en parte persoal, cálculase que necesitará ó redor de 150 horas para poder superala. As horas de traballo presencial (48) consistirán en clases expositivas nas que se presentarán e explicarán os temas, traballos con textos para analizar e discutir, prácticas de laboratorio, titorías, actividades de avaliación e exame final. As horas de traballo persoal do alumno (102) consistirán no estudo individual ou en grupo, lecturas recomendadas, preparación de exposicións e debates, preparación de material de apoio e planificación e execución da práctica.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Para optimiza-lo rendemento do alumno na superación desta materia recoméndase, ademais da asistencia ás clases teóricas e prácticas, o seguimento dos xéneros nas producións audiovisuais actuais. É preciso escoitar radio e ver televisión cun afán crítico que mesmo dea pé a comentarios e novas liñas de traballo nas clases. O mesmo á hora de le-la bibliografía recomendada.


    Observacións
    Os xéneros radiofónicos e televisivos son unha realidade viva, cambiante, e por iso é preciso ter un ollo sempre posto na actualidade mediática. Os casos reais, os exemplos prácticos, serán a clave desta materia e tentarase implica-lo alumno nesta observación e crítica continua