Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

G3031325 - Multimedia:teoría, técnica y aplicacións (Información xornalística e comunicación dixital) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación
  • Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
PEREIRA FARIÑA, JOSE.SI
PEREIRA FARIÑA, JOSE.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Expositivo 1OrdinarioClase ExpositivaSISI
Laboratorio 1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 3OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 4OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Titorizado 1OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 2OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 3OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 4OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 5OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 6OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 7OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 8OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 9OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Descritor: Análise e estudo das características da linguaxe multimedia. Escribir para multimedia. Interactividade e instantaneidad. Sistemas informativos e sistemas narrativos na simulación. A opción e a acción do usuario: as condicións tecnolóxicas e culturais. As novas modalidades expresivas. Técnicas de desenvolvemento, concepción e desenvolvemento de proxectos. Narrativa hipertextual e narrativa multimedia. Orixes das narrativas hipertextuais. Lóxicas computacionales aplicadas á narrativa. Modelos e formatos de narrativas multimedia. Converxencia multimedia nos medios de comunicación. Xestión de proxectos comunicativos multimedia.

    Multimedia: Teoría, Técnica e Aplicacións é unha materia incluída nos contidos básicos da titulación de grao de Xornalismo, que no plano de estudos figura no terceiro curso, e que se imparte no primeiro cuadrimestre.
    O obxectivo prioritario da materia é que o alumno adquira coñecementos arredor da orixe e desenvolvemento das características da linguaxe multimedia informativa e que entenda o papel da interactividade nas narrativas hipertextuais e multimedia nos contextos informativos.
    Contidos
    TEMA 1: O CIBERXORNALISMO. PANORAMA E PERSPECTIVAS.
    1.1. Novo nome para unha nova forma de facer xornalismo
    1.2. Características da linguaxe ciberxornalística
    1.3. O impacto das ferramentas tecnolóxicas

    TEMA 2: A DIMENSIÓN MULTIMEDIA
    2.1.A linguaxe multimedia. Elementos definitorios.
    2.2. Elementos definitorios do produto informativo multimedia.
    2.3. Teoría e técnica da multimedialidade. Unha visión a partir dos autores.
    2.4.-A construción das mensaxes en clave multimedia. Elementos empregados na actualidade.

    TEMA 3: NARRATIVA HIPERTEXTUAL E NARRATIVA MULTIMEDIA
    3.1. O valor da interactividade
    3.2. Orixe e evolución da narrativa hipertextual e multimedia.
    3.3. Tendencias actuais: modelos e formatos de narrativas multimedia.
    3.4. Técnicas narrativas multimedia. Tendencias e debates.
    3.5. Técnicas de redacción ciberxornalística

    TEMA 4: O DESAFÍO DA MULTIMEDIALIDADE
    4.1. Retos dos que promoven produtos multimedia
    4.2. Produtos de éxito e que merecen a nosa atención
    4.3. Análise dalgunhas propostas para conta o que sucede na sociedade en clave multimedia.
    4.4. Debates actuais sobre a multimedia e o xornalismo

    TEMA 5: CONDICIÓNS TECNOLÓXICAS E CULTURAIS ACTUAIS
    5.1. Opción e acción dos usuarios.
    5.2. Opción e acción dos medios de comunicación.
    5.3. Opción e acción dos profesionais da información.
    5.4. Xestión de proxectos comunicativos multimedia.
    5.5 Os procesos de converxencia


    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica
    CASTELLS, M. (2010). Comunicación y Poder. Madrid, Alianza.
    CRAIG, R. (2005). Online Journalism. Boston: Thomson.
    LÓPEZ,X./PEREIRA, X. (2010). Convergencia digital : reconfiguración de los medios de comunicación en España. Santiago de Compostela: USC
    SALAVERRIA R. (2005). Redacción periodística en Internet. Navarra: Eunsa.


    Bibliografía Complementaria
    ASTRO GIL, M.A. (2002). Diseño y desarrollo multimedia: Sistemas, imagen, sonido y vídeo. Madrid: Ra-Ma.
    CASTELLS, M. (2001). La galaxia Internet. Barcelona: Plaza&Janes.
    COUNTS, E.L. (2004). Multimedia design and production for students and teachers. Boston: Pearson/Allyn and Bacon.
    DAVIES, T/GANGADHARAN, S.P. (2009). Online Deliberation: Design, Research, and Practice. Stanford, California: CSLI.
    DÍAZ NOCI, J. (2001). La escritura digital. Hipertexto y construcción del discurso informativo en el periodismo electrónico. Bilbao: Universidad del País Vasco.
    DÍAZ NOCI, J./SALAVERRRÍA, R. –Coods.-. (2003). Manual de Redacción Ciberperiodística. Barcelona: Ariel.
    FLORES VIVAR, J.M./ESTEVE RAMÍREZ, F. -Editores- (2009): Periodismo Web 2.0. Madrid: Fragua.
    GARCÍA GALINDO, J.A./VASALLO, M.I./VERA BALANZA, M.T. –Coord.- (2009). Construir la Sociedad de la Comunicación. Madrid: Tecnos.
    GARRAND, T. (2008): Escribir para multimedia y la web: una guía práctica para el desarrollo de contenido en los medios interactivos. Andoain: Escuela de Cine y Vídeo.
    HANDLER MILLER, C. (2008). Digital storytelling. A creator’s guide to interactive entertainment. Londres: Focal Press.
    LÓPEZ, X./GAGO, M./PEREIRA, X. (2002). Novas tendencias do xornalismo electrónico. Santiago de Compostela: Edicións Lea.
    LÓPEZ, X./OTERO, M.L. (2005). Las herramientas tecnológicas de la nueva información periodística. Sada (A Coruña): Netbiblo.
    MESQUITA, M. (2007). El cuarto equívoco. El poder de los media en la sociedad contemporánea. Fragua: Madrid.
    ROSENFELD, L., & MORVILLE, P. (2006). Information Architecture for the World Wide Web (3ª ed.). Cambridge [etc.]: O’Reilly.
    SALAVERRIA R. (2005). Redacción periodística en Internet. Navarra: Eunsa.
    SALAVERRIA R., & Negredo, S. (2008). Periodismo integrado: convergencia de medios y reorganización de redacción. Barcelona: Sol 90 Media.



    Competencias
    1.-Coñecementos ou habilidades

    O alumno analizará as características da linguaxe multimedia e a aplicación das novas modalidades expresivas nos cibermedios.
    Multimedia: Teoría, Técnica e Aplicacións debe capacitar ao alumno para a redacción de mensaxes periodísticas con linguaxe multimedia, nos diferentes modelos e formativos de narrativas multimedia.
    O noso obxectivo, polo tanto, inclúe:
    a)Entender as características da linguaxe multimedia.
    b)Analizar modelos e formatos de narrativas multimedia.
    c)Elaborar pezas informativas con linguaxe multimedia.
    d)Explorar as posibilidades das novas modalidades expresivas na construción de mensaxes xornalísticas.

    2.-Ferramentas de aprendizaxe

    A elaboración das modalidades expresivas con linguaxe multimedia e con renovadas técnicas precisa dunha fase previa de busca, recollida e valoración da información. Ese traballo de análise dos acontecementos implica unha reflexión sobre quen o promove, que actores interveñen, con que finalidade o fan e o interese dese acontecemento para a sociedade e para os cidadáns, que son os suxeitos da información. É por iso que se dará continuidade ao traballo feito noutras materias arredor da reflexión e o debate sobre o coñecemento do estado do mundo actual e a súa evolución recente, en particular nas sociedades do noso entorno. Deste xeito, como competencia xeral, estimularase a capacidade de análise, a reflexión, o debate, o respecto aos puntos de vista plurais, a tolerancia, a creatividade, a participación e unha visión crítica arredor do funcionamento da sociedade.
    O noso obxectivo, polo tanto, inclúe:
    a)Capacidade de argumentación, reflexión e debate arredor dun acontecemento
    b)Fomento da tolerancia e a visión crítica arredor do que acontecemento.
    c)Fomento da creatividade, o espírito emprendedor e a toma de decisións.
    d)Fomento e aplicación da participación cidadán na elaboración das modalidades expresivas con linguaxe multimedia.


    3.-Valores e actitudes

    O traballo xornalístico ten que estar presidido sempre por unha conduta ética que asegure a veracidade e a honestidade da información. O xornalista ten un compromiso cívico na medida en que a información é un ben público, o que implica o cumprimento dunhas obrigas básicas na súa actividade que están recollidas nos códigos deontolóxicos da profesión xornalística. A aplicación destes códigos constitúe supón unha garantía para os cidadáns, que teñen dereito a recibir unha información veraz e precisa.
    O noso obxectivo, polo tanto, inclúe:
    a)Fomentar un sentido ético da actividade profesional.
    b)Fomentar a honestidade profesional.
    c)Comprender a dimensión social do xornalismo a través das novas plataformas
    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía para as clases expositivas conformarase a través de clases maxistrais
    Nas clases interactivas realizaranse exercicios de grupo que permitan debater e reflexionar de xeito colectivo e individual
    Nas clases interactivas de laboratorio, ademais de promover a reflexión, realizaranse exercicios que permitan ao estudantado coñecer de xeito práctico os contidos teóricos da materia.
    Sistema de evaluación
    Criterios básicos de avaliación.
    Será unha avaliación de caracter sumativo cos seguintes items:
    a. grao de coñecementos teóricos básicos sobre os temas do curso
    b. capacidade para reflexionar criticamente sobre o concepto e o nacemento da técnica e das aplicacións multimedia ao mundo da información.
    c. demostración de coñecementos sobre os modelos de produtos multimedia
    d. capacidade de análise crítico das mensaxe informativas construídas con linguaxe multimedia.
    e. capacidade de elaboración de noticias e demais xéneros informativos, interpretativos e de opinión con linguaxe multimedia.
    f. capacidade de analizar criticamente o xornalismo actual e o papel do xornalista que constrúe pezas multimedia.

    Os instrumentos de avaliación de contidos e actitudes serán básicamente:
    a. Exame/s teórico/s
    b. Prácticas realizadas durante as clases prácticas.
    c. Asistencia e participación activa e positiva nas sesións expositivas e interactivas
    d. Avaliación dos proxectos ou estudios de caso formulados ao longo do curso.

    Ademais realizaremos avaliación do curso a través de tres test:
    a. Un inicial co obxectivo de coñecer o nivel, os coñecementos previos e as expectativas dos alumnos.
    b. Un na metade do curso para coñecer o funcionamento do mesmo dende a perspectiva do alumno.
    c. Un final que servirá ao profesor para coñecer as carencias e fortalezas do curso e da súa comunicación co alumnado e, no caso de ser necesario, reelaborar o proxecto.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia divídese en clases expositivas, interactivas e titorizadas, que deberán ser reforzadas co traballo individual e en grupo do estudante

    As 48 horas lectivas terán a seguinte distribución ao longo do curso:
    Clases maxistrais: 24 horas
    Clases interactivas: 24 horas

    Ás horas lectivas é preciso engadirlle o traballo individual e as clases titorizadas
    Traballo individual/grupo: 100 horas
    Clases titorizadas: 3 horas

    Deste xeito cúmprense as 150 horas de esforzo do estudante, necesarias para superar a materia (6 créditos ECTS)
    Recomendacións para o estudo da materia
    Se recomenda o traballo continuo ao longo de todo o curso. Non soamente se trata da adquisición de coñecementos senón tamén de actitudes e habilidades que soamente se obterán cun seguimento continuo.